C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Empresa de ACERSA HIERROS, S.L. de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 29 de Junio de 2015 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 120 del 29/06/2015

    ...Convenio Colectivo de Empresa de ACERSA HIERROS, S.L. de Coruña... ...grupos profesionales... ...A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña RESOLVE: 1.º.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Col... ...Comisión negociadora... ...Contrato de prácticas... ...Clasificación profesional... ...Comisión Paritaria... ...Grupo profesional... ...Grupo profesional...

  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 87 del 08/05/2013

    Convenio Colectivo de Empresa de ACERSA HIERROS, S.L. Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Acersa Hierros, S.L. ACERSA HIERROS, S.L. Convenio Colectivo de Empresa de ACERSA HIERROS, S.L. de Coruña Visto o expediente do convenio colectivo da empresa ACERSA HIERROS, SL, que foi subscrito pola comisión negociadora na xuntaza do 18.03.2013, de co...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Acersa Hierros, S.L. 29/06/2015 Boletín Oficial de A Coruña 29/06/2015 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Acersa Hierros, S.L. 08/05/2013 Boletín Oficial de A Coruña 08/05/2013 No Vigente Documento oficial en PDF
Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Acersa Hierros, S.L. (Boletín Oficial de A Coruña núm. 120 de 29/06/2015)

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa ACERSA HIERROS, S.L., que foi subscrito pola comisión negociadora na xuntaza do 30.01.2015, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña

RESOLVE:

1.º.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.º.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 9 de xuño de 2015.

Xefa territorial de Traballo e Benestar

MARÍA PILAR CARIDAD ALONSO

CONVENIO COLECTIVO DE ACERSA HIERROS, S.L. 2015-2016

Artículo preliminar.-Partes concertantes.

Este convenio está asinado pola comisión negociadora constituída por Manuel Sánchez Añón, administrador da empresa Acersa Hierros, S.L., pola parte empresarial, e pola representación legal dos traballadores no seu delegado de persoal José Luis Villar Esmorís, na parte social.

Ambas partes recoñécense mútuamente a capacidade para negociar e asina-lo presente convenio colectivo, así como a súa lexitimación, a tenor do disposto no artigo 87.1 do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO I.-EXTENSIÓN E VIXENCIA

Artigo 1.º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa ACERSA HIERROS, S.L. e afectará a todo o persoal da empresa dos centros de traballo da provincia da Coruña que non quede excluído pola aplicación da lexislación vixente.

Artigo 2.º.-Ámbito temporal.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Non obstante, producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 2015, e a súa duración será ata o día 31 de decembro do ano 2016.

Artigo 3.º.-Revisión, rescisión ou prórroga.

Calquera das partes poderá formular denuncia propondo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto á data de expiración do período de vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante o contido normativo e económico do convenio unha vez denunciado e finalizada a vixencia seguirá rexéndose por este texto ata que se firme un novo.

Artigo 4. º.-Garantías personais

As condicións pactadas neste convenio teñen a condición de mínimas, respetándose, a título individual, as condicións económicas que foran superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual. Establécese de aplicación subsidiaria, no que non se pacte expresamente neste texto, o Convenio Colectivo Provincial de Industrias Siderometalúrxicas da Provincia da Coruña.

CAPÍTULO II.- EMPREGO E CONTRATACIÓN

Artigo 5.º.-Contratación temporal.

A) Contrato para a formación e a aprendizaxe.

Poderánse realizar contratos de formación para todas as profesións, conforme á lexislación xeral vixente en cada momento.

A retribución dos contratos formativos será a correspondente ó grupo 6 nivel 3 no ano da contratación en proporción ó tempo de traballo efectivo.

B) Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores con un contrato en prácticas será do 75% ou do 85% do salario asignado para o seu grupo profesional e nivel, durante o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato respectivamente.

C) Contrato eventual por circunstancias da producción.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun periodo de 18 meses.

CAPÍTULO III.-CLASIFICACIÓN PROFESIONAL

Artigo 6.º.-Clasificación profesional.

Os traballadores/as que presten os seus servizos na empresa serán clasificados tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grado de autonomía, responsabilidad e iniciativa, de acordo coas actividades profesionais que desenrolen e coas definicións que se especifican neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizaráse en grupos e niveis, dentro de cada grupo.

Os grupos profesionais correspóndese coa clasificación profesional do Convenio de Industrias Siderometalúrxicas da Provincia da Coruña.

Artigo 7.º.-Sistema de clasificación.

Tódo-los traballadores/as afectados por este convenio serán adscritos a un determinado Grupo Profesional e a un Nivel; a conxunción de ambos establecerá a clasificación organizativa de cada traballador/a.

Así, establécense os seguintes grupos profesionais e niveis:

Grupo

Niveis

1

Directivo/as. Titulados superiores.

1 ó 3

2

Titulados grado medio

1 ó 3

3

Xefe/as taller, Administración, organización

1 ó 3

4

Técnicos, encargados

1 ó 5

5

Persoal Administración, oficiais primeira e segunda

1 ó 5

6

Axudantes taller, Aux. Admón. e oficiais terceira

1 ó 3

7

Servicios auxiliares, peóns

1 ó 3

A adscrición ó grupo realizaráse por área operativa e o nivel asignaráse pola empresa tendo en conta as aptitudes profesionais dentro do grupo de clasificación, constituindo en todo caso como nivel de entrada na empresa o máis baixo do grupo profesional, nivel a partir do cal se realizará a movilidade funcional ascendente.

A adscrición a cada nivel dentro do grupo profesional será competencia da empresa, que terá en conta os seguintes factores: experiencia, grado de autonomía, responsabilidade, iniciativa e funcións que desenrola dentro do seu grupo profesional, entendéndose sempre como o nivel de oficial cualificado o nivel intermedio de cada grupo e procurando a movilidade ascendente.

Cando se acceda a un nivel determinado dentro de cada grupo profesional entenderáse que este se consolida ós 6 meses de traballo continuado percibindo as retribucións de ese nivel, non podendo operar a movilidade descendente a partir de ese periodo.

CAPÍTULO IV.-TEMPO DE TRABALLO

Artigo 8.º.-Xornada laboral.

A xornada anual será de 1.752 horas.

Os traballadores afectados por este convenio terán unha xornada semanal máxima de 40 horas semanais durante a vixencia do convenio de luns a venres a razón de 8 horas diarias.

O exceso de xornada do cómputo anual acumularase en días completos e serán de libre disposición para os traballadores.

Artigo 9.º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuidas serán de 23 días laborais. O periodo de disfrute fixaráse de común acordo entre empresa e traballadores/as.

Artigo 10.º.-Permisos e licencias.

Os permisos e licencias retribuídas serán os establecidos no Convenio Colectivo Provincial de Industrias Siderometalúrxicas da Provincia da Coruña.

Establecese como permiso complementario o tempo indispensable para a visita a médicos acompañando a familiares de primeiro grado.

CAPÍTULO V.-RETRIBUCIÓNS

Artigo 11.º.-Retribucións e estructura salarial.

Os salarios para o presente convenio son os establecidos nas táboas salariais que se reflicten no Anexo I.

A estructura do salario comporáse de:

- Salario base de grupo e nivel: retribución establecida por cada grupo profesional e nivel retributivo ó que este adscrito.

- Pagas extraordinarias: aboaranse dúas pagas extraordinarias de salario base ó ano, que se farán efectivas o 30 de xuño e o 30 de decembro. Por pacto entre empresa e traballador poderáse prorratear o abono das dúas pagas en 12 mensualidades.

- Plus de asistencia: inclúe o concepto de plus de asistencia do convenio colectivo do sector de industrias siderometalúrxicas da Coruña. Retribuirase en 12 mensualidades.

Establécense os seguintes niveis salariais:

Gupo 0

Grupo 1 - Niveis 1 ó 3.

Grupo 2 - Niveis 1 ó 3.

Grupo 3 - Niveis 1 ó 3.

Grupo 4 - Niveis 1 ó 5.

Grupo 5 - Niveis 1 ó 5.

Grupo 6 - Niveis 1 ó 3.

Grupo 7 - Niveis 1 ó 3.

O nivel de entrada será sempre no nivel 3.

Nos grupos 4 e 5, o cambio de nivel 5 ó nivel 4 producirase automaticamente ó levar 2 anos na empresa. Do grupo 4 ó 3 producirase ó levar 5 anos na empresa.

O cambio de nivel 3 ó 2 en todos os grupos producirase ós dous anos de consolidado o nivel 3.

O cambio de nivel 2 ó 1 en todos os grupos producirase ós 3 anos de consolidado o nivel 2.

CAPÍTULO VI.-DISPOSICIÓNS VARIAS

Artigo 12.º.-Traballos realizados en sábados, domingos e festivos.

Establécese o descanso compensatorio respetando a proporción segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 13.º.-Horas extraordinarias.

Establécese que a realización das horas extraordinarias compensaráse por descanso equivalente dentro dos dous meses seguintes á súa realización, incrementadas no 1,60. Nas horas extras en domingos e festivos o recargo será do 1,75.

Artigo 14.º.-Réxime disciplinario.

Acórdase aplicar, subsidiariamente, ó código de conducta establecido no capítulo IX do Convenio Colectivo de Industrias Siderometalúrxicas da Provincia da Coruña.

CAPÍTULO VII.-DA COMISIÓN PARITARIA

Artigo 15.º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión comporase de dous vocais, un por cada parte, formado polo Administrador da Empresa e o Delegado de Persoal. Levantaranse actas dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinadas polas persoas que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes non teñan dereito a voto.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de antemán de acordo sobre o lugar, día e hora da reunión.

A comisión paritaria resolverá tamén as discrepancias trala finalización do periodo de consultas en materia de inaplicación do convenio colectivo, para o que disporá do prazo establecido no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores. O procedemento a seguir para a efectiva resolución das discrepancias nesta materia será o establecido na Disposición Derradeira Primeira de este convenio en canto á convocatoria das partes e o sometemento á mediación do AGA.

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

Primeira.-Cláusula de acollida ao AGA.

Ante a importancia que pode ter a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofisional Galego sobre procedimentos extraxudiciais de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UXT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someter-se ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Coa finalidade de buscar unha avinza conciliatoria e como trámite previo á formalización, ante a autoridade laboral administrativa ou xudicial que corresponda, de calquera situación conflictiva, calquera que sexa a súa natureza (folga ou peche patronal), as partes firmantes, de acordo coa representación que ostentan, obríganse, no se propio nome e no dos seus representados a someter a tratamento conxunto da comisión paritaria calquera discrepancia que, afectando a máis de un traballador individual ou colectivamente considerado, derive ou esté relacionada coa interpretación ou aplicación do presente convenio.

Recibida a comunicación pola outra parte, a reunión conxunta da comisión paritaria celebraráse dentro dos dous días laborais seguintes. A data e hora será fixada conxuntamente por ambas partes, logo do cal, cada unha delas procederá a convoca-los seus miembros.

Os Acordos adoptaránse conxuntamente entre as dúas representacións, e serán efectivos desde a mesma data da reunión en que se adopten, levantándose Acta ó efecto, que será firmada polas dúas representacións. Caso de non chegarse a acordo, ambas partes, someteránse obrigatoriamente á mediación do AGA.

Ambas partes expresamente comprométense a non iniciar acción de peche patronal ou folga mentras dure o trámite regulado neste artigo.

ANEXO I.-TÁBOA SALARIAL ANUAL

Grupo

Nivel

Salario base

Pagas extraordinarias

Plus asistencia

Total anual

1

Directivos/as. Titulados superiores

Nivel 1

19.775,72

3.295,95

360,60

23.432,27

Nivel 2

18.039,33

3.006,56

360,60

21.406,49

Nivel 3

15.031,67

2.505,28

360,60

17.897,55

2

Titulados grado medio.

Nivel 1

16.483,43

2.747,24

360,60

19.591,26

Nivel 2

15.031,67

2.505,28

360,60

17.897,55

Nivel 3

11.903,66

1.983,94

360,60

14.248,20

3

Xefe/as taller, Administración, organización

Nivel 1

16.483,43

2.747,24

360,60

19.591,26

Nivel 2

15.031,67

2.505,28

360,60

17.897,55

Nivel 3

11.903,66

1.983,94

360,60

14.248,20

4

Técnicos, encargados

Nivel 1

16.002,31

2.667,05

360,60

19.029,97

Nivel 2

14.519,47

2.419,91

360,60

17.299,98

Nivel 3

11.452,55

1.908,76

360,60

13.721,91

Nivel 4

10.982,10

1.830,35

360,60

13.173,05

Nivel 5

9.100,22

1.516,70

360,60

10.977,53

5

Persoal Administración, oficiais primeira e segunda

Nivel 1

16.002,31

2.667,05

360,60

19.029,97

Nivel 2

14.519,47

2.419,91

360,60

17.299,98

Nivel 3

11.452,55

1.908,76

360,60

13.721,91

Nivel 4

10.982,10

1.830,35

360,60

13.173,05

Nivel 5

9.100,22

1.516,70

360,60

10.977,53

6

Axudantes taller, Aux. Administración e oficiais de terceira

Nivel 1

12.823,46

2.137,24

360,60

15.321,31

Nivel 2

11.452,55

1.908,76

360,60

13.721,91

Nivel 3

9.100,22

1.516,70

360,60

10.977,53

7

Servicios auxiliares, peóns

Nivel 1

12.759,40

2.126,57

360,60

15.246,57

Nivel 2

12.357,15

2.059,52

360,60

14.777,27

Nivel 3

9.100,22

1.516,70

360,60

10.977,53

2015/6551