Convenio Colectivo de Empresa de AYUNTAMIENTO DE BOIRO. PERSONAL LABORAL de Coruña

Empresa Provincial.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Aprobacion do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Boiro 08/08/2005 Boletín Oficial de A Coruña

Aprobacion do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Boiro (Boletín Oficial de A Coruña núm. 180 de 08/08/2005)

O Pleno da Corporación, na Sesión Ordinaria realizada o día 14 de xullo de 2005, aprobou o Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Boiro, e que terá unha vixencia, dende a súa publicación no BOP e no DOG ata o día 31 de decembro de 2006, data na que se entenderá prorrogado por anos naturais de non existir denuncia dalgunha das partes e ata a entrada en vigor dun novo convenio que substituía ó anterior tras a oportuna negociación.

No obstante, o anterior, as condicións económicas ás que se refire o presente convenio entrarán en vigor o día 1 de maio de 2005.

O que se fai público ós efectos oportunos.

Boiro, 20 de xullo de 2005.

O alcalde-presidente.

Asdo. Xosé Deira Triñanes

CONVENIO COLECTIVO DAS CONDICIÓNS DE EMPREGO DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE BOIRO

Í N D I C E

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 1.1.- Representación e lexitimidade

Art. 1.2.- Ámbito persoal

Art. 1.3.- Ámbito temporal, vixencia e denuncia

Art. 1.4.- Obxecto

Art. 1.5.- Carácter

Art. 1.6.- Condicións máis beneficiosas

Art. 1.7.- Irrenunciabilidade

Art. 1.8.- Aplicación favorable

Art. 1.9.- Aplicación directa

Art. 1.10.- Publicidade do Convenio

Art. 1.11.- Conflictividade laboral

CAPÍTULO II.- SEGUIMENTO E CONTROL

Art. 2.1.- Comisión Paritaria de Control e Seguimento

Art. 2.2. Réxime de funcionamento

CAPÍTULO III.- SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DOS CONFLICTOS

Art. 3.1.- Solución extraxudicial dos conflictos colectivos.

CAPÍTULO IV.- DEREITOS SINDICAIS

A.- Do dereito á actividade sindical

B.- Das Sección Sindicais

CDereito á representación colectiva

DDos dereitos de reunión

EDereitos de negociación e participación colectiva

FDo dereito de folga

CAPÍTULO V.- DEREITOS E DEBERES

Art. 5.1.- Dereitos

Art. 5.2 - Deberes

CAPÍTULO VI.- CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL

Art. 6.1.- Calidade dos servizos e absentismo laboral.

CAPÍTULO VII.- ASISTENCIA E PERMANENCIA NO TRABALLO

Art. 7.1.- Calendarios Laborais

Art. 7.2.- Calendarios de servizos especiais

Art. 7.3.- Xornada Laboral

Art. 7.4.- Servizos extraordinarios fora da xornada laboral

Art. 7.5.- Réxime de especial dedicación

Art. 7.6.- Traballo en período nocturno e festivo

Art. 7.7.- Pausa mínima entre xornada

CAPÍTULO VIII.- VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

Art. 8.1..- Vacacións anuais

Art. 8.2.- Permisos

Art. 8.3.- Licenzas

Art. 8.4.-Excedencias

CAPÍTULO IX.- SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

Art. 9.1.- Principios xerais de acceso á Admnistración local

Art. 9.2.- Proceso selectivo

Art. 9.3.- Selección do persoal laboral temporal

Art. 9.4.- Promoción Interna

Art. 9.5.- Sistemas de Promoción

Art. 9.6.- Promoción cruzada do persoal laboral fixo

Art. 9.7.- Oferta de Emprego

Art. 9.8.- Relacións de postos de traballo

Art. 9.9.- Provisión de postos de traballo

Art. 9.10.-Mobilidade entre Administraciós Públicas

Art. 9.11.-Causas de despido

Art. 9.12.-Incompatibilidades

CAPÍTULO X.- NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CAPÍTULO XI.- SISTEMA RETRIBUTIVO

Art. 11.1.- Estructura retributiva

Art. 11.2.- Complemento de destino

Art. 11.3.- Complementos específicos

Art. 11.4.- Complemento de productividade

Art. 11.5.- Gratificacións

Art. 11.6.- Indemnizacións por razóns de servizo

Art. 11.7.- Gratificación especial

Art. 11.8.- Incapacidade laboral I.T.

Art. 11.9.- Complemento de disponibilidade

Art. 11.10.-Nómina

CAPÍTULO XII.- ACCIÓN SOCIAL

Art. 12.1.- Partida de melloras sociais

Art. 12.2.- Anticipos

Art. 12.3.- Asistencia xurídica

Art. 12.4. -Seguros

Art. 12.5.- Capacidade disminuida

CAPÍTULO XIII.- RÉXIME DISCIPLINARIO

Art. 13.1.- Réxime disciplinario

CAPÍTULO XIV.- CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN

Art. 14.1.- Consolidación de emprego temporal

Art. 14.2.- Procesos de funcionarización

CAPÍTULO XV.- FORMACIÓN

Art. 15.1.- Obxectivos

Art. 15.2.- Detección de necesidades e Plans de Formación.

Art. 15.3.- Acceso aos Plans de Formación

CAPÍTULO XVI.- SAÚDE E SEGURIDADE.

Art. 16.1.- Introducción

Art. 16.2.- Funcións de Prevención

Art. 16.3.- Consulta e Participación

Art. 16.4.- Delegados de Prevención

Artigo 16.5.- Comité de Seguridade e Saúde.

Art. 16. 6. Indumentaria

Art. 16.7. Recoñecemento médico

CLAUSULAS ADICIONAIS

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

ANEXOS

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.1.- Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este Convenio son o Concello de Boiro e o Comité de Empresa, constituidos en Mesa Xeral de Negociación do Concello de Boiro, ao abeiro do establecido no Real Decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 1.2.- Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación ao Persoal que preste servizos no Concello de Boiro en réxime de contratación laboral, ou que se incorpore durante a vixencia do mesmo, independentemente da duración e tipo de contrato, en todo aquilo que non se opoña á norma específica que ampare a súa contratación

Artigo 1.3.- Ámbito temporal, vixencia e denuncia

1.- O Convenio Colectivo entrará en vigor o día en que apareza publicado no BOP, abranguendo o seu período de vixencia máximo até o 31 de decembro de 2006, data na que se entenderá prorrogado por anos naturais de non existir denuncia dalgunha das partes e até a entrada en vigor dun novo convenio que substitúa ó anterior tras a oportuna negociación.

Non obstante o anterior, as condicións económicas ás que se refire o presente convenio entrarán en vigor o día 1 de maio de 2005.

2.-Ámbas as partes conveñen que o Convenio se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da sua vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 1.4.- Obxecto.

O Convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal do Concello de Boiro, modifica e absorbe os anteriores acordos en materia de persoal, naquelas materias nas que se produzan alteracións.

Artigo 1.5.- Carácter

O convenio ten un carácter mínimo necesario e indivisíbel para todos os efeitos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico unitario, polo que non poderán ser renegociadas, modificadas ou reconsideradas parcialmente illadas do seu contexto.

Artigo 1.6.- Condicións máis beneficiosas

Enténdese este Convenio como o marco global máis favorábel. Estudiaranse caso por caso aquelas condicións laborais máis beneficiosas.

Artigo 1.7.- Irrenunciabilidade

Terase por nula e non por feita, a renuncia por parte dos traballadores, de calquera beneficio establecido no Convenio.

Así mesmo, unha vez aplicado este Convenio, tacharase de nulidade e sen ningún efecto, calquera outro acordo, resolución ou cláusula que impliquen condicións menos beneficiosas para os empregados públicos locais.

Artigo 1.8.- Aplicación favorable

Como norma xeral unha vez entre en vigor o Convenio todas as condicións establecidas, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ao seu sentido e alcance, deberán ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os empregados/as municipais, sen prexuizo das consultas a organismos de control e seguimento que se poidan constituír.

Artigo 1.9.- Aplicación directa

As partes sinatarias do Convenio ao nivel que sexa, comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Artigo 1.10.- Publicidade do Convenio Colectivo.

Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia a publicidade do presente texto farase por conta do Concello de BOIRO, dando coñecemento a todos os empregados/as.

Artigo 1.11.- Conflictividade laboral

Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflictivas de carácter colectivo, as partes asinantes do Convenio comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo á Comisión Paritaria.

CAPÍTULO II.- SEGUIMENTO E CONTROL

Artigo 2.1.- Comisión Paritaria de Control e Seguimento.

2.1.1. Aos quince días da entrada en vigor do presente Convenio, constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento e Control, constituída polos representantes da Corporación e polos representantes do Comité de empresa, ou no seu defecto polas Centrais Sindicais máis representativas.

2.1.2.- A Comisión Paritaria de Control e Seguimento terá as seguintes funcións:

a) Interpretación acorde co espiritu do texto do Convenio, na súa aplicación práctica.

b) Resolución definitiva para as partes solicitantes ou implicadas de cantos asuntos e reclamacións se sometan á súa decisión respecto a calquera das condicións establecidas no Convenio. En todo caso garantirase a publicidade das resolucións.

c) Vixiancia do cumprimento colectivo e total do pactado no Convenio segundo as oportunas recomendacións e interpretacións.

d) Denuncias do incumprimento do Convenio.

e) Estudio da evolución das relacións entre as partes sinatarias do Convenio.

f) Informe referente a extensión e o grao de aplicación do Convenio, dificultades encontradas e propostas de superación destas.

g) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do Convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Artigo 2.2.- Réxime de funcionamento.

2.2.1.- A Comisión Paritaria reunirase cando menos unha vez semestralmente e sempre que o estime preciso algunha das partes para analizar temas concretos ou expoñer as cuestións que procedan.

2.2.2.- A Comisión Paritaria poderá utilizar os servizos ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.

2.2.3.- As convocatorias das diversas sesións da Comisión Paritaria, realizaraas o secretario /a, co visto e prace dos voceiros, mediante citación por escrito na que conste, lugar, data e hora, así como a orde do día, enviándose ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de que convoque a sesión ordinaria, e dous días naturais para o caso en que se cite á sesión extraordinaria.

2.2.4.- A orde do día das diversas sesións da Comisión Paritaria será fixada polo secretario /a, co visto e prace das partes.

2.2.5.- Para que as sesións da Comisión Paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 50% dos compoñentes de cada unha das partes da Comisión, así como a do secretario/a ou dos que os substitúan nos seus cargos.

2.2.6.- De cada xuntanza e ao seu remate, o secretario/a da Comisión redactará a correspondente acta na que constará o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados cun resumo das opinións emitidas e a expresión dos votos; a correspondente acta así redactada pasarase á aprobación e sinatura de todos os asistentes no máis breve prazo posíbel.

2.2.7.- As actas das sesións da Comisión Paritaria, arquivaranse nun Rexistro que custodiará o secretario/a, baixo a súa responsabiliade, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.

2.2.8.- Cando así o considere, A Comisión Paritaria poderá mandatar a algún dos seus membros para constituír unha comisión específica para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán os dictames que logo serán presentados á Comisión Paritaria, non sendo estes vinculantes senón meramente informativos.

2.2.9.- As comunicacións oficiais da Comisión Paritaria verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproduccións a través doutras instancias.

CAPÍTULO III.- SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS.

Artigo 3.1.- Solución extraxudicial de conflictos colectivos

1.- O Concello de Boiro e o Comité de Empresa acordan como mecanismo de resolución e mediación nos posíbeis conflictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubéis, o diálogo e a negociación.

2.- Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de conflictos deberá levarse a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe.

3.- No caso de non haber acordo entre as partes da Comisión Paritaria nun prazo máximo de tres meses, estas poderan someter as súas diferencias ao AGA (acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo)

A mediación será obrigatoria cando o solicite unha das partes e as propostas de solución que ofrezan o mediador ou mediadores poderán ser libremente aceptadas ou rexeitadas polas partes.

4.- Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar conxuntamente encomendar a un terceiro a resolución do conflicto exposto, comprometéndose de antemán a acepta-lo contido desta.

5.- O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación dos Pactos e Acordos regulados por Lei, sempre que quen houbera adoptado o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lles permita acordar, no ámbito do conflicto, un Pacto ou Acordo conforme ó previsto pola Lei.

Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non observaran no desenvolmento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versara sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta contradiga a legalidade vixente.

6.- A utilización destes sistemas efectuarase conforme os procedementos que regulamentariamente sexan determinados tras o acordo co Comité de Empresa conforme ó regulado actualmente a este respecto.

CAPÍTULO IV.- DEREITOS SINDICAIS

A.-DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL

Artigo 4.1.- O persoal laboral do Concello de BOIRO ten dereito a sindicarse libremente ás centrais sindicais de traballadores que estean constituídas legal e validamente en defensa e promoción dos intereses profesionais, económicos e sociais que lles son propios como traballadores/as.

Artigo 4.2.- O Concello proporcionará a axeitada protección ao persoal ao seu servizo contra todo acto antisindical que implique discriminación ou demérito relacionado co seu emprego.

A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan:

a) Influír nas condicións de emprego do/a traballador/a para que este/a se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustigar ou relegar a calquera traballador/a no seu lugar de traballo, ou prexudicalo de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condicionar o emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa na mesma.

Artigo 4.3.- Os empregados públicos do Concello, dentro ou fóra do seu centro de traballo, teñen dereito a dedicarse á correspondente acción sindical, no tempo e forma establecidos na Lei 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, na Lei 9/87, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, no Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores e no disposto especificamente no presente acordo.

Para estes efectos, entenderanse como ámbito material inmediato para a acción sindical no Concello os centros de traballo, considerándose como tales, tanto o propio de cada traballador como calquera outra dependencia, establecemento ou local pertencente ao Concello, aínda que se encontre situado en sede fisicamente distinta.

Artigo 4.4.- Os dereitos recoñecidos aos/as empregados municipais/as neste capítulo, exercitaranse co debido respecto ás persoas e bens, procurando non interferir na boa marcha do traballo e na atención ás necesidades dos servizos.

B.-DAS SECCIÓNS SINDICAIS.

Artigo 4.5.- Os empregados públicos do Concello afiliados a centrais sindicais legal e validamente constituídas e recoñecidas poderán constituír seccións sindicais de conformidade co establecido no presente capítulo e coa lexislación vixente.

Artigo 4.6.- Para a atribución das garantías, facultades, funcións e competencias recoñecidas neste acordo, as seccións sindicais deberán acreditar de xeito fidedigno e indubidable que as centrais sindicais ás que pertenecen obtiveron polo menos o 10% dos membros dos órganos de representación do persoal nas eleccións celebradas no Concello, de conformidade co procedemento electoral recollido na Lei 9/87 de organos de representación e no Estatuto dos traballadores; que posúen unha porcentaxe mínima de afiliación do 10%, en relación co persoal que presta servizo no Concello de BOIRO; ou que teñan a condición de centrais sindicais maioritarias consonte o establecido pola Lei 11/85 de liberdade sindical.

Artigo 4.7.- As seccións sindicais terán, entre outras, as seguintes facultades, garantías, funcións e competencias:

a) Representar e defender os intereses da central sindical a que pertencen e dos afiliados da mesma.

b) Posuír e exercer a través dos correspondentes comités, delegados ou representantes sindicais, a representación legal para asuntos sociolaborais de todos e cada un dos seus afiliados, sen prexuízo doutras formas legais de representación que puidesen recabar os mesmos.

A atribución de representación ás seccións sindicais implica, entre outras facultades, a de realizar calquera clase de intervención, pedimento, reivindicación ou reclamación de índole sociolaboral, por escrito ou mediante comparecencia, en nome e representación de calquera afiliado, sen menoscabo do exercicio individualizado das mesmas que puidesen realizar este.

c) Recibir a máis completa información en todos os asuntos do persoal do Concello, por conducto dos responsables de persoal.

d) Recoller as diversas reivindicacións sociolaborais do persoal ao servizo do Concello e propoñelas ás autoridades ou órganos correspondentes, diante da Xunta de persoal, do Comité de empresa ou da asemblea xeral.

e) Investigar e informarse por iniciativa propia de todas as cuestións que afecten ao persoal do Concello, dispoñendo para tal fin, delegados ou representantes sindicais de libre acceso, consulta e reproducción gratuíta de toda documentación relativa ás ditas cuestións, logo da solicitude, dentro dos límites da reserva e o non abuso. Os xefes das dependencias ou servizos nos que conste documentación ou información relativa aos ditos asuntos estarán obrigados a facilitala, permitindo a súa consulta ou reproducción gratuíta, sen prexuízo das garantías que se consideren oportunas para evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades en que os solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional e sindical.

f) Exhibir e difundir libremente, en horas e lugares de traballo, calquera tipo de información, prensa, propaganda e publicacións de carácter sindical ou de interese laboral, profesional, sociopolítico ou cultural.

Para estes efectos, o Concello disporá a colocación ás súas expensas de taboleiros de anuncios sindicais para a exposición e divulgación de calquera documentación do tipo anteriormente reseñado en todos os centros de traballo pertenecentes ao Concello, en lugares adecuados e visibles. O número, tamaño e distribución dos taboleiros, será o adecuado ás dimensións e estructura do centro, de xeito que se garanta a máis ampla plublicidade e accesibilidade ao que se expoña.

Así mesmo, a autoridade ou órgano competente deberá facilitar á sección sindical que formalmente o solicite o emprego de medios e materiais de traballo precisos para a confección das publicacións devanditas, sempre que se efectúe de xeito racional e moderado e non prexudique o normal funcionamento e a dotación material dos servizos.

g) Dentro das posíbilicades físicas do Concello, utilizar un local facilitado polo Concello para actividades sindicais, cunhas características e equipamento que satisfaga as diversas necesidades que en canto a capacidade, dotación, material e situación física puidesen presentarse.

h) Convocar e celebrar reunións e asembleas, tanto de afiliados como de todo ou parte do persoal, durante a xornada de traballo ou fóra dela, dentro ou fóra das dependencias do Concello, de conformidade cos requisitos establecidos respecto do exercicio do dereito de reunión no apartado D.

i) Empregar asesores en calquera actividade que realicen no exercicio das súas competencias.

j) Para recadar as cotas sindicais, a sección sindical poderá acordar co Concello o seu desconto en nómina, logo da autorización dos seus afiliados.

k) Presentar e negociar perante os órganos resolutorios correspondentes cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello e, de conformidade coa regulamentación relativa aos dereitos de negociación e participación que se recollen na lei e no presente acordo.

l) Expresar libremente opinións respecto das materias relativas á súa esfera de actividade.

n) Proporcionar asistencia e defensa e obter audiencia no suposto de seguirse procedemento disciplinario a calquera dos/as seus/súas afiliados/as, sen prexuízo do dereito individual de audiencia, regulada no dito procedemento.

Artigo 4.8.- As seccións sindicais acreditadas consonte o establecido na lexislación vixente poderán designar un delegado sindical no Concello. Terán as seguintes funcións e dereitos:

a) Exercitar as competencias atribuídas á sección sindical que representan.

b) Autentificar coa súa firma o que a súa sección sindical expoña nos taboleiros de anuncios.

c) Convocar as reunións da sección sindical.

d) Dispoñer, sen menoscabo das súas retribucións, do mesmo número de horas sindicais que os membros dos órganos de representación dos traballadores dentro da xornada de traballo, sen prexuízo das que lle poidan corresponder por ser tamén membro dos mesmos.

e) Exercer en nome e representación da súa sección sindical cantas accións xudiciais ou administrativas requira no cumprimento da súa función.

f) Serlle admitida a súa abstención ou excusa no suposto de ser designado/a como instructor ou secretario nun expediente disciplinario.

C.-DO DEREITO A REPRESENTACIÓN COLECTIVA

Artigo 4.9.- O Comité de Empresa

a) O Comité de empresa é o órgano de representación específico do conxunto do persoal laboral do Concello de BOIRO, constituídos validamente logo das eleccións sindicais, e máis polas seccións sindicais acreditadas consonte o regulado no presente capítulo, sen prexuízo da representación que corresponda aos delegados e seccións sindicais en relación cos seus afiliados.

b) A composición, estructura orgánica e funcionamento dos órganos de representación serán as que se determinan na lexislación ao respecto e nos seus propios regulamentos.

Artigo 4.10.- Garantías e facultades

Os membros do Comité de Empresa terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano ao que pertencen no suposto de seguirse procedemento disciplinario a un/unha traballador/a, sempre que exista pedimento expreso neste senso por parte do inculpado/a.

b) Expresar individual ou colexiadamente con liberdade as súas opinións nas materias relativas á esfera da súa representación, podendo confeccionar, públicar e distribuír información de interese profesional, laboral ou social. Para estes efectos, O Concello facilitará aos órganos de representación idénticos medios que os sinalados para as seccións sindicais.

c) Non ser transladados, sancionados nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes á expiración do seu mandanto por razón do desempeño da súa representación.

d) Dispoñer dun número de 20 horas mensuais dentro da súa xornada de traballo para o exercicio das súas funcións de representación, sen menoscabo das súas retribucións.

Asemade, os membros do Comité de empresa que exerzan o cargo de presidente ou secretario poderán dispoñer dun número adicional de 20 horas mensuais para atender as funcións de representación para a que foron elexidos.

Dispoñer das horas sindicais só precisará de comunicación previa, dentro dos límites establecidos no presente capítulo.

No cómputo das horas sindicais excluirase o tempo de asistencia a reunións con órganos da corporación.

e) Poderanse acumular nun membro do Comité de empresa ou delegado da sección sindical as horas sindicais correspondentes a outros delgados da mesma sección sindical ou membros dos órganos de representación, podendo chegar a liberalo totalmente do seu traballo, sen detrimento das súas retribucións.

e) Seralles admitida a súa abstención ou excusa no suposto de ser designados/as como instructor/as ou secretario/as nun expedente disciplinario.

Artigo 4.11.- Capacidade xurídica

Os órganos de representación teñen capacidade xurídica propia para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ao ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

Artigo 4.12.- Competencias

Os membros do Comité de empresa terán as seguintes competencias:

a) Recibir a máis completa información dos asuntos que afecten ao persoal do Concello, por conducto dos responsables de persoal.

b) Investigar e informarse por iniciativa propia de todas as cuestións que afecten ao persoal do Concello, dispoñendo para tal fin do libre acceso, consulta e reproducción gratuíta de toda a documentación relativa ás ditas cuestións, logo da solicitude escrita.

Neste sentido, os xefes das dependencias ou servizos nos que obre documentación ou información relativa aos ditos asuntos estarán obrigados a facilitalas, permitindo a súa consulta ou reproducción gratuíta, sen prexuízo das garantías que se consideren oportunas para evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades en que os solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional e sindical.

c) Propoñer e negociar perante os correspondentes órganos resolutorios do Concello cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello.

d) Participar e intervir na fase preparatoria do proceso de formación da vontade administrativa orientada á adopción de acordos en materia de persoal, consonte co previsto no presente capítulo.

Artigo 4.13.- Os gastos derivados das funcións propias do Comité: representación, compra de material, viaxes, axudas de custo, subscrición a publicacións, correspondencia, etc., serán subvencionados polo Concello de BOIRO.

Para estes efectos, o Concello abonará no primeiro trimestre de cada ano a cantidade de 400 ?.

Como consecuencia do anterior, estarán obrigados a levar unha contabilidade exacta na que se recollan todos os ingresos e gastos debidamente xustificados. Para isto nomearase un tesoureiro de entre os seus membros. A contabilidade será pública.

D.-DOS DEREITOS DE REUNIÓN

Artigo 4.14.- 1.- Os traballadores do Concello de BOIRO poderán exercitar o dereito de reunión cos requistos e condicións sinalados neste capítulo.

2.- As reunións dentro da xornada laboral dos traballadores membros dunha sección sindical poderán autorizarse ata un máximo de 20 horas anuais.

3.- A asamblea xeral ou asembleas de centros de traballo do persoal do Concello poderán ter lugar durante a xornada de traballo ata un máximo de 10 horas anuais por cada servizo.

4.- Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, en período de eleccións sindicais, cada candidatura que se presente poderá convocar e celebrar asembleas do persoal dentro da xornada laboral ata un máximo de 4 horas, no período electoral, en cada servizo.

Artigo 4.15.- Están lexitimados para convocar reunións dentro da xornada de traballo nos termos establecidos no presente capítulo:

* A Xunta de persoal.

* O Comité de empresa.

* As organizacións sindicais que teñan o caracter de representativas no ámbito estatal, autónomico ou local, directamente ou a través dos delegados sindicais.

En calquera caso, non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, salvo a seguridade de instalacións ou dependencias, e que a súa celebración teña lugar cando se encontren abertos os lugares de reunión ou a súa apertura non supoña dificuldades importantes.

Artigo 4.16.- Os requisitos para celebrar unha reunión, sexa dunha sección sindical ou do persoal en xeral, serán os que seguen:

a) Comunicar por escrito a súa celebración cunha antelacion mínima de dous días hábiles se a reunión ten lugar fóra da xornada de traballo, e de cinco días se é dentro da xornada laboral.

b) Sinalar no escrito:

* Día, hora e lugar de celebración

* Colectivo ao que se convoca

* Orde do día.

* Identificación dos asinantes, que deberán estar lexitimados para convocar a reunión consonte o disposto neste capítulo.

c) As reunións entenderanse autorizadas e poderán celebrarse sen outro requisito se a autoridade competente non formula obxeccións á mesma mediante resolución motivada cando menos vintecatro horas antes da hora de celebración.

Artigo 4.17.- O Concello facilitará os locais adecuados para que as reunións poidan celebrarse. As súas características e equipamento satisfará ás diversas necesidades que en canto a capacidade, dotación, material e situación puidesen presentarse.

E.-DOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA

Artigo 4.18.- Do dereito á negociación colectiva

A negociación colectiva e participación na determinación das condicións de traballo dos empregados do Concello de BOIRO efectuarase mediante a capacidade representativa recoñecida ás organizacións sindicais na Lei 11/85 de liberdade sindical e no Estatuto dos traballadores.

Artigo 4.19.- Mesa Xeral de Negociación do Concello de BOIRO.

1.- Para os efectos do disposto no artigo anterior constituirase unha mesa de negociación no ámbito do Concello de BOIRO, na que poderán estar presentes, ademais dos representantes da administración, as organizacións sindicais máis representativas no ámbito estatal e da comunidade autónoma, así como os sindicatos que obtivesen o 10% ou máis dos representantes nas eleccións aos órganos de representación. A composición da mesa de negociación será paritaria.

As reunións da mesa de negociación do Concello terán lugar cunha periodicidade semestral, sen prexuízo da celebración de cantas reunións sexan precisas por pedimento de calquera das partes.

A orde do día das reunións será determinada conxuntamente, podendo incluír calquera das partes cantos asuntos considere oportunos. As partes recibirán notificación formal da celebración das reunións cunha antelación mínima de 48 horas, poñendo simultaneamente á súa disposición toda a documentación relativa aos asuntos incluídos na orde do día para os efectos do seu coñecemento e estudio previo.

Calquera das partes poderá deixar sobre a mesa os asuntos que, ao seu entender, requiran dun máis detido exame ou emisión de informe, ou cando considere que faltan datos ou antecedentes de importancia para fundamentar a adopción de acordos ou resolucións.

2.- Por acordo entre as partes designarase a un/unha empregado municipal do Concello para asumir as funcións de secretario/a da mesa de negociación, que será o encargado de redactar a correspondente acta de cada reunión, da que dará fé. Esta acta será ademais asinada por todos os membros da mesa. Encargarase tamén das tarefas administrativas propias da preparación, convocatoria e publicidade da mesa de negociación.

Artigo 4.20.- En calquera caso, os representantes dos traballadores poderán facer constar, tanto na acta da reunión como na parte expositiva da posterior resolución, o dictame ou informe que emitan ao respecto os órganos da corporación, as discrepancias de calquera índole e os argumentos en que se fundamenten.

Artigo 4.21.- Obxecto da negociación

Serán obxecto de negociación no ámbito da mesa de negociación do Concello de BOIRO:

a) O incremento de retribucións dos traballadores nos orzamentos ordinarios do Concello de cada ano.

b) A determinación e aplicación das retribucións.

c) A preparación e deseño dos programas de oferta de emprego público.

d) A clasificación de postos de traballo.

e) A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción dos traballadores municipais.

g) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

h) Medidas sobre seguridade e saúde laboral.

i) As materias de índole económica, de prestación de servizos, sindical, asistencial e, en xeral cantas outras afecten ás condicións de traballo e ao ámbito de relacións laborais do persoal e representantes sindicais co Concello.

Artigo 4.22.- Principio da boa fe

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio da boa fe.

Artigo 4.23.- Participación.

O Comité de Empresa terá dereito a participar, con voz e sen voto, nas reunións da Comisión municipal de réxime interior. Consecuentemente deberanselles notificar formalmente as convocatorias da devandita Comisión e as actas correspondentes.

Artigo 4.24.- Información

Consonte o establecido na Lei 2/91 do 7 de xaneiro sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, o Concello entregará aos órganos de representación sindical unha copia básica de todos os contratos de relación laboral que realice no seu ámbito institucional.

F.-DO DEREITO DE FOLGA

Artigo 4.25.- O persoal municipal poderán exercer o dereito á folga nos termos recollidos na lexislación vixente, sen prexuízo do establecido especificamente para a Policía Local na Lei 2/86 de corpos e forzas de seguridade de Estado.

Artigo 4.26.- Cando teña lugar unha convocatoria de folga validamente tramitada en forma e prazo consonte a lexislación vixente que afecte no seu ambito aos centros de traballo do Concello de BOIRO consideraranse establecidos automaticamente os servizos mínimos que se sinalan no anexo IV do presente acordo.

CAPÍTULO V.- DEREITOS E DEBERES

5.1..-Dereitos laborais.-

1.- Os traballadores teñen como dereitos básicos, co contido e alcance que para cada un destes dispoña a súa específica normativa, os de:

a) Traballo e libre elección de profesión ou oficio.

b) Libre sindicación.

c) Negociación colectiva.

d) Adopción de medidas de conflicto colectivo.

e) Folga.

f) Reunión.

g) Participación.

2.- Na relación de traballo, os traballadores teñen dereito:

a) Á ocupación efectiva.

b) Á promoción e formación profesional no traballo.

c) A non seren discriminados para o emprego ou unha vez empregados, por razóns de sexo, estado civil, pola idade dentro dos límites enmarcados por esta Lei, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua, dentro do Estado Español.

Tampouco poderán ser discriminados por razóns de diminucións físicas, psíquicas e sensoriais, sempre que se atopasen en condicións de aptitude para desempeñar o traballo ou emprego de que se trate.

d) Á súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene.

e) Ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.

f) A percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.

g) Ó exercicio individual das accións derivadas do seu contrato de traballo.

h) A cantos outros se deriven especificamente do contrato de traballo.

5.2 - Deberes laborais.

Os traballadores teñen como deberes básicos:

a) Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, consonte coas regras da boa fe e dilixencia.

b) Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.

c) Cumprir as ordes e instruccións do Concello no exercicio regular das súas facultades directivas.

d) Contribuír á mellora da productividade.

e)Cantos se deriven, se é o caso, dos respectivos contratos de traballo.

f) Cada traballador/a ó servizo do Concello de Boiro deberá coñecer as súas funcións e responsabilidades.

CAPÍTULO VI

CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL

Artigo 6.1.- Calidade dos Servizos e absentismo laboral

O Concello de BOIRO e o Comité de Empresa potenciarán os instrumentos de control e reducción do absentismo laboral, a través da proposta, entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos da calidade na prestación do servizo público ós cidadáns, da medición do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as causas e adoptando se é o caso as medidas que sexan procedentes para a súa reducción, podendo procederse, sempre previa audiencia ó interesado/a, o desconto automático, calculado conforme ó establecido para o persoal persoal laboral, das retribucións correspondentes ó tempo de traballo nos casos de falta inxustificada de asistencia e/ou puntualidade. Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias que, se é o caso, puideran corresponder.

Das medidas que se tomen para reducir o absentismo informarase puntualmente á Comisión Paritaria.

CAPÍTULO VII.- ASISTENCIA E PERMANENCIA NO TRABALLO

Artigo 7.1.- Calendarios laborais.-

1.- O Calendario laboral ordinario será o que se estableza polos organismos competentes da Administración Central, Autonómica e Local, dentro das súas respectivas competencias e afecten ao conxunto da Administración Local de Galicia e do Concello de Boiro en particular.

2.- Os días 24, 31 de decembro serán inábiles para os empregados públicos locais, agás ó servizo de rexistro xeral de documentos, e considerados como días festivos para tódolos efectos. Así mesmo, o día de Santa Rita será celebrado como día da patrona dos empregados públicos de Administración. Local.

Artigo 7.2.- Calendarios de servizos especiais.

1.- Os Departamentos Municipais que presten determinados servizos que pola sua peculiaridade teñan que organizarse en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as traballadores/as.

2.- Nos servizos nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servizo, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo, e procurando que ningún traballador/a permanezca no turno de noite máis de dous meses consecutivos, agás adscripción voluntaria.

3.- Os calendarios laborais específicos de cada servizo ou departamento serán negociados cos representantes sindicais.

Os calendarios laborais elaboraranse antes do 15 de decembro de cada ano e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas así o requiran.

4.- Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada e argumentada, e notificarase coa antelalación oportuna aos interesados e aos órganos de representación do persoal.

O cambio obrigado dun traballador/a ou grupo de traballadores/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do servizo. En todo caso deberán ser oídos/as os interesados/as e o órgano de representación sindical.

O Cambio voluntario dun traballador dentro das quendas preestablecidas non terá máis limitacións que a pertenza á mesma categoría profesional, corpo ou escala e a previa comunicación ao responsable do servizo cunha antelación de 24 horas.

5.- Os calendarios de servizos especiais poderán dispoñer un sistema de quendas, atendendo á disponibilidade de persoal e aos servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, así como, cando menos, 2 fins de semana de descanso ao mes. A xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal.

6.- Entenderase por distorsión horaria o prexuizo do/a traballador/a que teña que prestar servizo alternativamente en quendas variables de mañá, tarde ou noite. A distorsión horaria será retribuida nas condicións e contías que se establezan na relación de postos de traballo.

Artigo 7.3.- Xornada laboral

1.- A xornada de traballo anual máxima establécerase de acordo co disposto na legislación básica da función pública e a lexislación autonómica en materia de persoal ó servizo das Administracións Públicas.

2.- A xornada semanal ordinaria realizarase de lúns a venres, respondendo a calquera dos seguintes criterios:

Xornada de 8,00 h. a 15,00 h. de lúns a venres, complementando o resto da xornada anual con horas de asistencia a cursos de formación. Os/as traballadores/as que non complementen esta xornada co cursos de formación deberán realizar traballos coa fín de complementar o devandito horario.

3.- Os sábados pola mañá permanecerá aberto o servizo de Rexistro Xeral e no seu caso, xustificadamente, outros servizos.

4.- Xornadas reducidas:

Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ámbos os dous inclusive) quedará establecido o horario de verán, disfrutando da reducción da xornada de traballo nunha hora diaria.

.Nas festas do verán de Boiro, engadido o día posterior, a xornada ordinaria será de 9,00 a 14,00 horas.

Cando por razóns de servizo non se poida gozar desta reducción da xornada, compensarase do xeito que convenga ós/as traballadores/as e ó Concello de Boiro, de mutuo acordo..

5.- Tempo de Traballo efectivo.

a) Todo o persoal en réxime de xornada continuada desfrutará dunha pausa máxima de trinta minutos na xornada, computándose como de traballo efectivo.

b) O persoal en réxime de xornada partida, desfrutará de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas repectivamente, computándose como de traballo efectivo.

c) O tempo de traballo computarase de modo que tanto ao comezo como ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene.

d) Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de recollida ou reunión establecido ou Centro de control tanto na entrada como na saída do traballo.

6.- A xornada do traballador/a con fillos de ata nove meses de idade, reducirase nunha hora diaria, por motivos de lactancia. No caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada. O mesmo dereito terán os pais en caso de adopción dun neno, (ata os nove meses).

O traballador/a poderá partir a reducción da xornada, en dúas partes entre o principio e o final da xornada diaria.

7.4.- Servizos extraordinarios fora da xornada laboral.

a) Xustificación:

1.- Con caracter xeral, prohíbese a realización de horas extraordinarias estructurais.

2.- Poderanse realizar servizos extraordinarios fóra da xornada ordinaria de traballo por razóns de prevención ou reparación de sinistros ou danos, imprevistos, ausencias, acumulación de tarefas, interrupcións do servizo, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias excepcionais derivadas das actividades propias do servizo público, cando non sexa posible atender estas situacións coa redistribución dos efectivos do cadro de persoal.

3.- A atención dos servizos extraordinarios fora da xornada normal de traballo que respondan as características definidas no parágrafo anterior, excluídas as motivadas por razóns de forza maior, terá carácter voluntario, sen que ninguén poida ser obrigado a facelas nen represaliado pola sua negativa.

4.- Especificamente, terán a consideración de servizos extraordinarios as horas necesarias para asistir a xuízos ou comparecencias fóra da xornada de traballo derivadas da prestación do servizo., computándose tres horas e media extraordinarias si o xuizo ou comparecencia ten lugar na mesma localidade, e de sete horas si se trata dunha localidade distinta, sin prexuizo da xustificación oportuna.

Igualmente, consideraranse horas extraordinarias as consumidas polo persoal que realice traballo por quendas na espera do relevo correspondente.

b) Autorización:

Os reponsables dos servizos ou unidades administrativas, ante un suposto dos previstos no apartado 2, emitirán con cartacter preceptivo e previo o correspondente informe-proposta de realización de servizos extraordinarios indicando as causas que os xustifican, a data e hora de realización, a previsión do número de horas e a relación do persoal afectado. Este informe enviarase ao alcalde ou ao concelleiro delegado para recabar a autorización previa, que deberá formalizarse mediante decreto da Alcaldía e será amosada aos traballadores/as afectados antes da realización dos servizos extraordinarios.

Os responsables dos servizos ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización de servizos extraordinarios, así como da veracidade dos condicionamentos aludidos en apartados anteriores que xustifiquen a súa realización.

c) Control:

1.- Para os efectos de control e compensación, sempre que un traballar/a ou grupo de traballadores/as realice servizos extraordinarios fóra da xornada normal, o responsable do servizo elaborará unha relación mensual na que figure a identificación dos traballadores/as, as horas traballadas, a data da súa realización e a cuantificación das horas realizadas en total, que será exposta no taboleiro de anuncios e enviada á subunidade de persoal, entregándoselle unha copia aos traballadores/as afectados. A subunidade de persoal enviará outra copia ás seccións sindicais representadas na Mesa de Negociación.

2.- Co fin de repartir equitativamente os traballos realizados fóra da xornada normal, nos servizos especiais estableceranse listas do persoal ordenado por categorías profesionais e alfabeticamente. As tarefas extraordinarias asignaranse pola orde correlativa que figura na lista. Ningún traballar/a repetirá na quenda de disponibilidade ata que sexa esgotada pola totalidade dos da lista, a salvo de baixas laborais ou calquera outra causa que implique suspensión na prestación do servizo.

Se, chegado o momento de realizar tarefas extraordinarias, o traballador/a que lle corresponde por orde de lista non pode atendelas por coincidírenlle co servizo ordinario, manterase no mesmo lugar da lista.

3.- Establécese o seguinte límite de horas extraordinarias:

2 horas diarias cando supoñan prolongación de xornada.

14 horas mensuais

80 horas anuais

Cando en calquera servizo municipal se exceda de 800 horas extraordinarias anuais, crearase unha nova praza no cadro de persoal.

d) Compensación:

1.- A realización de traballos fóra da xornada ordinaria compensaranse con horas libres, a razón de unha hora e media por cada extraordinaria traballada. As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais enteiras. En todo caso, o persoal terá dereito a dispoñer dos días libres de compensación no prazo dos dous meses seguintes á data da realización.

Cando os servizos extraordinarios se realicen en domingo, festivo ou de noite compensaranse en todo caso con dúas horas por cada hora traballada, e tres horas si concuren as dúas circunstancias.

Excepcionalmente, cando dispoñer de horas libres para compensar a realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento do servizo, a compensación horaria poderá substituírse pola remuneración económica, nas contías que para cada nivel se estableza en cada entidade no capítulo de retribucións.

Neste suposto, o responsable do servizo deberá formular a proposta de compensación económica, facendo constar as razóns que desaconsellan a compensación horaria, concretando a identificación dos traballadores/as afectados e o número de horas realizadas. A resolución da proposta corresponderá ao Alcalde ou organo no que delegue.

De ser o caso, o pagamento das horas extraordinarias procurarase incluir na nómina do mes seguinte ao da data da resolución.

2.- A Comisión de seguimento revisará a aplicación práctica dos procedementos de xustificación, autorización e compensación definidos no presente acordo.

7.5.- Réxime de especial dedicación.

1.- O réxime de especial dedicación implicará:

a) A disponibilidade por razóns de servizo para o desenvolvemento dunha xornada adicional anual de 163 horas disponibles fóra do horario e quenda ordinarios.

b) A incompatibilidade para o exercicio de calquera outra actividade lucrativa, pública ou privada, consonte o establecido pola Lei 53/84 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, e no Capítulo XIV do presente texto.

2.- Na relación de postos de traballo determinaranse os postos de traballo suxetos ao réxime de especial dedicación e a compensación correspondente.

7.6.- Traballo en período nocturno e festivo.

Entenderase por traballo en período nocturno, o efectuado entre as 10 da noite (22 p.m.) e as 7 da mañá (7 a.m.).

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22,00 horas do véspera e as 22,00 horas de cada domingo ou festivo.

As horas que se realicen en horario nocturno ou festivo compensaranse mediante a sua retribución específica ou a reducción da xornada que corresponda, segundo se estableza especificamente en cada entidade local.

A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

7.7.- Pausa mínima entre cada xornada.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servizo municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediaran como mínimo 12 horas, agás en situacións especiais.

CAPÍTULO VIII.- VACACIÓNS PERMISOS E LICENZAS

Artigo 8.1.- Vacacións anuais.

1.- As vacacións terán a duración dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ó tempo de servizos efectivos, debendose disfrutar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte. Disfrutaranse en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, con arreglo á planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou servizo, previa consulta cos representantes sindicais. Para estes efectos, os sábados non serán considerados días hábiles.

No suposto de completar os anos de antigüidade na administración reflexados no cadro posterior terase dereito ao disfrute dos seguintes días de vacacións anuais.

15 anos de servizo....................23 días hábiles

20 anos de servizo....................24 días hábiles

25 anos de servizo................... 25 días hábiles

30 ou máis anos de servizo... ..26 días hábiles.

2.- Desfrutaranse preferentemente e con carácter xeral entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, respectando sempre as necesidades do servizo.

3.- No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comezar o período vacacional en descanso semanal establecido.

4.- No suposto de baixa por maternidade, enfermidade ou accidente, interrumpirase o computo do periodo vacacional e reanudarase unha vez recuperada o alta polo traballador, dacordo coas necesidades do servizo.

5.- O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano, para a súa negociación cos representantes dos traballadores, de modo que cada traballador poida coñece-las datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data do comezo daquelas.

6.- Nos Servizos onde poidan producirse colisión de intereses respecto ó desfrute das vacacións, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo traballador con maior antigüidade.

7.- As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador/a ou sexa declarado este en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non teña desfrutado ou completado na súa totalidade o desfrute do período vacacional.

8.- No suposto de producirse colisión de intereses entre o traballador/a afectado pola enfermidade ou por accidente e aqueles outros do seu mesmo servizo, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servizo.

9.- O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos/as interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidos.

10.- A traballadora embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as una sen solución de continuidade á baixa por maternidade.

Artigo 8.2.- Permisos.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, estabécese o seguinte réxime de permisos:

8.2.1.- Nacemento, paternidade e adopción

1.- O pai traballador poderá desfrutar dun permiso retribuído de 3 días laborábeis por nacemento, acollemento ou adopción de fillo/a, cando teña lugar dentro do termo municipal, e 5 días laborábeis canto teña lugar fora da localidade, computables desde a data de nacemento ou chegada ao fogar do adoptado/a.

2- O traballador terá dereito a un permiso de paternidade de oito días naturais de duración ou dez se o parto é múltiple, que se computará desde o nacemento, con independencia da situación laboral da nai. O devandito permiso será acumulable a calquera outro dereito recoñecido na normativa aplicable, inclusive ao permiso de nacemento. O permiso de paternidade computarase desde a finalización do permiso de nacemento no caso de acumularse a este.

3.- Se se tratase dunha adopción ou dun acollemento preadoptivo ou permanente, o permiso será de catro días a favor do pai e/ou nai que fosen persoal ao servizo do Concello de BOIRO ou cinco no suposto de adopción ou acollemento múltiple. O devandito permiso contarase, a elección da persoa titular, desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou de acollemento preadoptivo ou permanente, e será intransferible pero acumulable a calquera outro dereito recoñecido na normativa aplicable. Cando a persoa adoptante ou acolledora fose única, o permiso será de oito días de duración e de dez se a adopción ou o acollemento son múltiples.

8.2.2.- Enfermidade grave ou falecemento

1.- Por enfermidade grave ou falecemento dun parente dentro do primerio gardo de consaguinidade ou afinidade 3 días hábiles canto teña lugar dentro da localidade e 5 días hábiles cando teña lugar fora da localidade.

2.- Por enfermidade grave, accidente ou falecemento doutros familiares dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade 2 días hábiles, ampliabel a 4 días sempre que o suceso se produza fora da localidade ou exista convivencia.

En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida familiar, o Alcalde, poderá autorizar permisos, reducción de xornadas ou xornadas especiais en tanto se soluciona a situación.

Para estes efectos considerarase coma graves as enfermidades ou accidentes que cumpran os seguintes requisitos:

1) No caso de enfermidade, que requira internamento hospitalario.

2) No caso de accidente, parte expedido por facultativo no que figure a prognóstico de grave ou moi grave.

3) No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do solicitante, (acreditando tal situación co Censo, Padrón municipal ou informe médico), e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atende-lo enfermo. A duración deste permiso será de dous días.

No caso de falecemento de tíos, sobriños e curmáns: polo tempo necesario para o enterramento e funeral, (máximo 1 día). No suposto de que sexa necesario dispor dun día completo, este permiso computarse con cargo ó cupo de "asuntos propios".

8.2.3.- Permiso para acompañamento á consulta médica

1.- Permiso por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico, da Seguridade Social ou calqueira outro organismo oficial, durante a xornada de traballo, o persoal municipal terá dereito a permiso, sempre que estea debidamente xustificado, e sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

2.- Permiso para acompañamento á consulta médica (sempre que sexa da Seguridade Social ou calqueira outro organismo oficial), a menores de 12 anos, maiores de 70 anos, ou familiares ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que convivan no mesmo domicilio e parellas de feito, e convivintes (acreditando tal situación) que teñan unha discapacidade superior ó 33%, polo tempo necesario e debendo xustificarse con parte de asistencia á consulta e p correspondente informe médico.

8.2..4.- Permiso por traslado de domicilio:

1 días hábil, non podendo repetirse o permiso neste concepto máis dunha vez ó ano.

8.2.5.- Permiso por exames prenatais.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

8.2..6.- Permiso para asistencia a exames.

Por asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así coma probas selectivas, relacionadas co o seu posto de traballo, que se celebren dentro da xornada normal de traballo, 1 día, ampliándose polo tempo necesario e imprescindible cando se celebren fóra do termo municipal.

No caso de que o exame se celebre fóra da xornada normal de traballo, deberá mediar un tempo mínimo de dúas horas entre a finalización da xornada e o comezo do exame.

Deberán ser autorizados polo Alcalde ou Delegado de Persoal e deberán xustificarse cun certificado de asistencia no que conste a data de celebración e o tempo de duración, que deberá ser presentada nos cinco días seguintes á data do exame.

8.2.7.- Permiso por asuntos particulares.

Os Empregados municipais disporán de ata nove días ó ano, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servizo.

8.2.8.- Polo tempo preciso para cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal. Para a realización destes deberes os traballadores terán dereito ó permiso polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poidan facer fóra da xornada normal de traballo, e deberán acreditalo documentalmente..

Artigo 8.3.- Licenzas

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, estabécese o seguinte réxime de licenzas:

8.3.1.- Licenzas por inicio de vida en común

Por razón de inicio de vida en común, o traballador/a terá dereito a unha licenza de 15 días naturais, que poderán sumarse ás vacacións anuais. O inicio da convivencia deberá demostrarse mediante certificación rexistral de matrimonio, parella de feito ou certificado de empadroamento.

8.3.2.- Licenza por maternidade, adopción e paternidade.

a) O período de licenza por maternidade será de dezaseis semanas que se poderán utilizar con carácter pre ou post-parto, segundo a conveniencia da interesada: Se se produce parto múltiple a licenza alongarase ata dezaoito semanas. No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar porque o pai desfrute de ata catro das últimas semanas da licenza, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai, supoña un risco para a súa saúde.

b) A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o embarazo, un posto de traballo ou xornada distinto/a ó seu, sempre que, segundo prescrición médica o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos. Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal .

c) Nos supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente, de menores de ata seis anos, a licenza terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción e acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas a elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. A duración da licenza será, así mesmo, de dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores, maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que por circunstancias ou experiencias persoais ou que por proviren do estranxeiro teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servizos sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, a licenza distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos.

d) A traballadora, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, a escoller na entrada, na saída, durante a xornada, ou que poderá dividir en dúas fraccións. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai e polo pai no caso de que ámbolos dous traballasen.

Quen por razón de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos, a un ancián ou a un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha actividade retribuída ou no perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terán dereito a unha reducción da xornada total ordinaria entre ó menos un tercio e un máximo da metade da súa duración, sufrindo a conseguinte diminución proporcional das retribucións.

8.3.3.- Licenza por realización de estudios.

a) O persoal terá o dereito e o deber de realizar cursos de perfeccionamento e promoción profesional sobre materias relativas ó posto de traballo que ocupa, ou para poder acceder a outro distinto e/o de superior categoría.

b) Poderá concederse licenza para realizar estudios ou cursos en materia directamente relacionada coa función pública, despois de solicitalo presentando no rexistro xeral e con fundamento na xustificación na súa asistencia e da necesidade ou non para o servizo que preste o/a traballador/a. No caso de concederse con carácter de Comisión de Servizos o/a traballador/a terá dereito a percibir toda a súa remuneración e as indemnizacións previstas.

Artigo 8.3.4 .- Concreción do cómputo dos días de permiso ou licenza.

Nas referencias feitas no presente Capítulo a días de permiso ou licenzas, entenderanse feitas a días naturais, sexan laborábeis ou non, agás no relativo a permisos por asuntos particulares que se entenderán sempre como días laborábeis.

En todo caso os días de permiso por: asistencia a exames, matrimonio de parentes, enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares deberán de coincidir necesariamente co día no que se produza o evento.

8.3.5.- Licenzas non retribuídas

Por asuntos propios poderanse conceder licenzas sen retribuír, dunha duración determinada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos. Subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servizo.

Artigo 8.4.- Excedencias

8.4.1. Para o coidado de fillos/as menores de tres anos.

Todos os traballadores/as terán dereito a unha excedencia por tempo non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, contados desde a data de nacemento deste/a. Os fillos/as sucesivos darán lugar a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñese desfrutando.

Non será preciso que o traballador/a esgote o tempo de excedencia para reincorporarse. Cando decida reiconcoporarse deberá face-lo cun preaviso dun mes, de ser previsíble.

Concederáselle este mesmo dereito ó/á traballador/a verbo dos/as fillos/as adoptivos/as.

Durante o desfrute da excedencia para o coidado de fillos/as naturais ou adoptivos menores dun ano, ó/á traballador/a reservaráselle o posto de traballo e quenda que viñese desempeñando con carácter definitivo. No caso de que o/a fillo/a adoptivo/a tivese máis dun ano e menos de tres, reservaráselle o posto e quenda ata que o/a fillo/a cumpra tres anos.

O período no que o persoal se atope nesta situación computaráselle para efectos de antigüidade.

Este réxime aplicarase tamén nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data da resolución xudicial ou administrativa.

8.4.2.- Para coidado de familiares.

Os/as traballadores/as tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as do Concello de Boiro xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o Concello poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin á que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período no que o/a traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o/a traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a participación dos cales deberá ser convocada polo Concello de BOIRO, especialmente coa ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

8.4.3.- Voluntaria.

a) Os/as traballadores/as fixos/as, cunha antigüidade mínima dun ano no Concello de BOIRO, poderán solicitar, cunha antelación mínima de 45 días, excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a un ano,sen que poida superarse en ningún caso os anos de sevizo respectivo nas AdministraciónsPúblicas.

Unha vez solicitada, resolverase o procedente e notificaráselle ó interesado/a con quince días de antelación á data do inicio proposta pola persoa interesada.

O/a traballador/a que solicite o seu reingreso terá dereito a ocupa-la primeira vacante, con carácter provisional, que se produza no seu grupo e categoría, agás no caso de concorrer un excedente forzoso, que terá preferencia. Se a vacante fose de inferior categoría á que antes tiña, poderá optar a ela, na espera de que xurda a que corresponda á súa categoría.

O reingreso producirase por orde de antigüidade na solicitude.

En todo caso, non se poderá solicitar nova excedencia voluntaria antes de transcorrido un ano desde a súa reincorporación.

b) Ós excedentes voluntarios e ós excedentes para o coidado de familiares que xa desfrutaran máis dun ano da dita excedencia concederáselle-lo reingreso ó servizo activo, de existiren vacantes, con carácter provisional, ata que obteñan destino con carácter definitivo a través do sistema de provisión de vacantes correspondente.

Os postos de traballo provistos mediante reingreso provisional incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque e os/as reingresados/as provisionais teñen a obriga de participar nel e solicitar tódalas vacantes correspondentes á súa categoría profesional; se non o fan, serán declarados de oficio na situación de excedentes voluntarios.

Os/as reingresados/as provisionais que, participando no concurso de acordo co disposto no parágrafo anterior, non obtivesen posto de traballo, poderán ser asignados provisionalmente por decreto da Alcaldía a postos de traballo acordes coa súa categoría profesional.

8.4.4. Forzosa.

Aplicarase neste apartado o previsto na lexislación Estatal e Autonómica para o réxime de servizos sociais.

8.4.5. Excedencia voluntaria por incompatibilidade.

Procederá declarar de oficio ou por instancia de parte nesta situación ó persoal laboral fixo cando estea en servizo activo no Concello de BOIRO noutra categoría, corpo ou escala, a non ser que obtivesen a oportuna compatibilidade ou pasen a prestar servizos en organismos ou entidades do sector público e non lles corresponda quedar noutra situación.

O excedente voluntario por incompatibilidade pode solicita-lo reingreso en calquera momento. Este reingreso poderá efectuarse por adscrición temporal a un posto da súa categoría condicionada ás necesidades do servizo e sempre que se reúnan os requisitos para o seu desempeño.

O excedente voluntario por incompatibilidade que cese no outro posto deberá solicita-lo seu reingreso no prazo máximo de 30 días hábiles desde o dito cesamento. De non facelo así, quedaría na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

CAPÍTULO IX.- SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

Artigo 9.1.- Principios xerais de acceso á Administración Local.

O ingreso do persoal ao servizo do Concello de BOIRO realizarase a través da Oferta de Emprego Público, con total respecto ós principios básicos de acceso á Función Pública, de conformidade cos postulados constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, establecendo como mecanismos de garantía os seguintes:

1) Publicidade da convocatoria nos DiariosOficiais que procedan e nun xornal de tirada provincial no caso de prazas de persoal fixo.

2) Nas probas eliminatorias garantirase o anonimato dos aspirantes naquelas probas en que sexa posible.

3) As bases xerais de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así como para a promoción interna e provisión de postos de traballo serán negociadas na Mesa de Negociación podendo tomar como bases calquera proposta dalgunha Administración Local Galega ou recomendacións emanadas da FEGAMP ou outros ámbitos supramunicipais.

4) Os Tribunais e/ou Comisións de Selección estarán integrados, de conformidade co Decreto 364/95, de 10 de marzo, de ingreso do Persoal ó Servizo da Administración do Estado, por un número impar de membros, non inferior a cinco, cos seus respectivos suplentes, debendo posuí-la totalidade destes un nivel de titulación igual ou superior ó esixido para o ingreso no Corpo, Escala ou Grupo profesional de que se trate, e dos/as que formarán parte, con voz e voto un representante designado polo Comité de Empresa.

5) En ningún caso poderá constituír como mérito para acceder á Función Pública o ter desempeñado un posto de traballo con carácter eventual ou de confianza na administración.

6) Para poder participar nos procesos selectivos convocados na Administración Local será necesario reuni-los seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española, a dun Estado membro da Unión Europea, ou ser extranxeiro con permiso oficial de traballo e/ou residencia nos termos previstos na lexislación vixente.

b) Estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela no prazo de presentación de solicitudes.

c) Posuí-la capacidade funcional necesaria para ó desempeño das tarefas habituais do Corpo, Escala ou praza correspondentes.

d) Ter cumpridos dazaoito anos e non exceder da idade de xubilación forzosa, salvo naqueles Corpos ou Escalas que teñan determinada por Lei outra idade de ingreso ou xubilación.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Adminsitracións Públicas, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

Artigo 9.2.- Proceso selectivo.

En todo caso estarase ao disposto no Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, Decreto 364/95e ó Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección do persoal laboral da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén estarase nesta materia ó disposto no Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.- A extensión e profundidade dos programas adecuaranse aos niveis de titulación esixidos e á especialidade profesional dos correspondentes grupos de clasificación e categoría profesional de persoal laboral.

Artigo 9.3- Selección do persoal laboral temporal:

1.- A selección do persoal laboral temporal farase de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade. O referido sistema deberá permiti-la máxima axilidade na selección, en razón da urxencia requerida para o desempeño transitorio dos postos de traballo ou das funcións correspondentes.

2.- Para a selección de persoal laboral temporal, as convocatorias de prazas por quenda libre para persoal fixo preveerán a constitución de listas de espera dos aspirantes, tendo en conta a estes efectos as puntuacións obtidas nas distintas probas selectivas e a valoración, si é o caso, dos Servizos prestados en postos de natureza semellante nas administracións públicas. Igualmente, cando non existan listas de espera dispoñibles, poderase proceder á convocatoria dun proceso concursal para constituílas.

As listas de espera serán públicas e complementaranse substituiranse automáticamente polas correspondentes ao último proceso selectivo de prazas fixas que se realice.

3.- O persoal será nomeado directamente mediante decreto da Alcaldía pola orde correlativa que figure nas listas.

4. Cando non existan listas ou así se estabeleza nas bases da convocatoria acudirase para a provisión de candidatos e candidatas ao Servizo Galego de Colocación.

5.- Os Servizos prestados temporalmente poderan terse en conta cara o acceso a prazas fixas do cadro de persoal, nos termos que establezan as bases específicas de cada convocatoria.

Artigo 9.4.- Promoción interna.

1.-A promoción interna consiste no acceso desde un grupo ou categoría profisional ao inmediato superior ou a outro do mesmo grupo de titulación.

2.-Como criterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:

a) A promoción profesional constitue un instrumento indispensábel nun modelo avanzado de carreira profesional.

b) A promoción deberá ser o instrumento para incrementa-la capacidade de traballo dos empregados públicos e, en definitiva, os niveis de motivación e integración.

c) A promoción deberá basearse no esforzo profesional, o historial profesional e a carreira, a formación e cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto de consideración a antigüidade.

d) De acordo con estes criterios, anualmente estudiarase o cadro de persoal e analizaranse as funcións desempeñadas polos distintos postos de traballo, en aras de detectar necesidades de adaptación das categorías profesionais ás funcións realmente realizadas. Consecuentemente, modificarase o cadro de persoal no sentido de promover as modificacións de categorias profesionais que se consideren oportunas.

e) Os procesos de promoción interna deberán efectuarse separados dos de ingreso, que se desenvolverán en convocatorias independentes.

f) Efectuarase mediante o sistema de CONCURSO-OPOSICIÓN con suxeición ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3.-Requisitos:

Para participar en probas de promoción interna os aspirantes deberán posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría profesional á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso á categoría profesional á que aspire a ingresar.

No suposto de promoción do Grupo D ó C poderase eximir do requisito de titulación cando se trate de aspirantes cunha antigüidade de dez anos na categoría profesional de orixe, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación, de conformidade coa Disposición Adicional novena do Real Decreto 364/95, de 10 de marzo.

Eximirase ós candidatos daquelas materias cuio coñecemento fose acreditado suficientemente nas probas de ingreso ao grupo profesional de orixen.Para fixar esta excepción tomarase como referencia a última convocatoria.

Tan so deberán superar unha proba práctica aqueles candidatos que pertenzan a un corpo, escala ou grupo profesional cuio desempeño profesional non petrmita supoñer un coñecemento dos cometidos propios do corpo, escala ou grupo profesional de destino.

Os aspirantes que no turno de promoción interna houberan superado as probas pero, ó non reunir méritos suficintes, non obtiveran praza ou posto, quedarán exentos da realización das probas na seguinte convocatoria. Na promoción do grupo D ó C, e sempre que non existan convocatorias de acceso libre para elo, esta exención estenderase as duas seguintes convocatorias.

Nas convocatorias de promoción interna a prazas de persoal de oficios encadradas no grupo D, esixirase como único requisito para os aspirantes pertencentes ao grupo E estar en posesión do título esixido para o ingreso na praza de procedencia.

Artigo 9.5.- Sistemas de promoción.

1.- O sistema de promoción será o de CONCURSO-OPOSICIÓN. A promoción dentro dun mesmo grupo de titulación poderá facerse polo sistema de Concurso de xeito motivado e negociado, e as reclasificacións por reasignación de efectivos tamén pola superación de Cursos específicos.

2.- Os procesos de promoción interna regularanse básicamente polos mesmos procedementos que os indicados para o ingreso, polo que se estará ao disposto no Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civiles da Administración Xeral do Estado, e ao Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén estarase nesta materia ó disposto no Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como norma xeral a fase de concurso terá como puntuación máxima o 40% da puntuación máxima posible da fase de oposición.

Artigo 9.6.- Promoción cruzada do persoal laboral fixo.

1.- Os criterios que sobre promoción se conteñen no presente convenio inspirarán as previsións que sobre promoción profesional se establezcan para o persoal laboral.

2.- Cando existan categorias de persoal laboral que desempeñen funcións afins as de Corpos ou Escalas de funcionarios, o ingreso nestes Corpos ou Escalas poderán efectuarse mediante o sistema de concurso-oposición, valorandose na fase de concurso a experiencia e o historial profesional destes candidatos.

3.- A estos efectos o persoal laboral cuias funcións sexan afins as desempregadas por funcionarios do grupo E, teran o mesmo tratamento que estes para o acceso ao grupo D.

4.- Os Plans de Emprego poderán establecer criterios específicos sobre a funcionarización, en especial sobre as oportunidades dos candidatos e as probas selectivas.

Artigo 9.7. Oferta de Emprego.

A Oferta de Emprego do Concello de BOIRO respostará aos seguintes criterios:

a) Anualmente analizaranse na Mesa de Negociación as necesidades de persoal de carácter permanente que non sexan susceptíbeis de ser cubertas por procesos de promoción interna ou reasignación de efectivos.

b) Consecuentemente, en función das disponibilidades orzamentarias e dos límites que poida establecer a lexislación básica, incluiranse no cadro de persoal do Concello as prazas que se consideren prioritarias.

c) Nas ofertas de emprego público reservarase unha cota non inferior ó 5% das vacantes para seren cubertas entre as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, de modo que progresivamente se acade unha cota non inferior ó 2% dos efectivos totais da Administración pública galega, sempre que superen as probas selectivas e que no seu momento acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes segundo se determine regulamentariamente.

d) Deberán crearse novas prazas no cadro de persoal cando se exceda de 800 horas extraordinarias de carácter estructural e salvo casos de forza maior.

Artigo 9.8 .- Relacións de Postos de Traballo.

1.- Ao abeiro do disposto no artigio 16 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública, O Concello de BOIRO elaborará antes de rematar o ano 2005 a relación dos postos de traballo existentes na súa organización

2.- A relación comprenderá, conxunta ou separadamente, os postos de traballo do persoal funcionario, o número e as características dos que poidan ser ocupados por persoal eventual, así como aqueles outros que poidan desempeñarse por persoal laboral.

3.- Nas relacións de postos de traballo incluiranse en todo caso a denominación e características esenciais dos postos, os requisitos esixidos para o seu desempeño, o nivel de complemento de destino e o complemento específico, cando teñan que ser desempeñados por persoal funcionario, ou a categoría profesional e réxime xurídico aplicable cando sexan desempeñados por persoal laboral.

Entre as características esenciais dos postos de traballo e os requisitos esixidos para o seu desempeño deberán figurar necesariamente o tipo de posto, o sistema de provisión e os grupos, corpos ou escalas ás que deban adscribirse e, no seu caso, a titulación académica e formación específica necesarias para o correcto desempeño do posto. Igualmente poderán especificarse aquelas condicións particulares que se consideren relevantes no contido do posto ou no seu desempeño.

4.- As relacións de postos de traballo serán públicas.

Artigo 9.9.- Provisión de Postos de Traballo

.As relacións de postos de traballo adaptaranse aos seguintes criterios:

1.- A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal funcionario, así como a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, requerirán que os correspondentes postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo.

2.- A provisión de postos de traballo realizarase a través dos sistemas de libre designación, concurso específico ou concurso de méritos, que será o sistema xeral.

3.- Os postos de traballo provistos mediante concurso ou concurso específico poderán ser removidos por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto realizada a través das relacións de postos de traballo ou prevista nestas que modifiquen os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficinte que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ó posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal, mediante resolución motivada do organo que efectuou o nomeamento.

4.- As bases e convocatorias serán públicas no Boletín Oficial da Provincia ou da Comunidade Autónoma, e o anuncio das convocatorias no Boletín Oficial do Estado, e conterán necesariamente:

a) Denominación, localización, nivel de complemento de destino e complemento específico.

b) Requisitos esixidos para o seu desempeño, entre os que unicamente poderán figurar os contidos nas relacións de postos de traballo.

c) Prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso poderá ser inferior a 20 días naturais, contando a partir da publicación.

5.- Baremo .- Méritos: Avaliaranse como tales:

a) Antigüidade.

b) Cursos de formación e perfeccionamento (relacionados sempre coas funcións do posto a que se aspira).

c) Titulacións académicas superiores, excluíndo as que serviron para obter outra superior, ou complementarias das que se esixen para acceso ó grupo relacionadas coas funcións propias do posto de traballo e outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto.

d) Coñecemento do idioma galego.

e) Carreira administrativa.

f) No caso de empate terá preferencia para que lle sexa adxudicado o posto o que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro, de persisti-lo empate terá preferencia o de maior idade.

Artígo 9.10.- Mobilidade entre Administracións Públicas.

Unha vez rematada a quenda de promoción profesional e de provisión de postos de traballo, previa a elaboración da oferta de emprego público, poderanse atender peticións de traslado formuladas por traballadores/as doutras Administracións Públicas.

Artigo 9.11.- Causas de despido.

En consonancia coa aplicación do principio de condicións máis beneficiosas, ante unha resolución xudicial firme que estableza a improcedencia dun despido, recomendase á entidade local afectada que de opción ao trabalador/a despedido/a a escoller entre a indemnización e a readmisión.

Artigo 9.12.- Incompatibilidades.

A todo o persoal incluido no ámbito de aplicación deste Convenio aplicaráselle o réxime de incompatilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na mteria.

CAPÍTULO X : NORMALIZACIÓN LINGUISTICA

1.- Os traballadores/as do Concello de BOIRO teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma Galego, como Lingua da Comunidade Autónoma, e en particular da Administración Local, e polo tanto acceder a vías de formación lingüistica en relación co seu posto de traballo.

2.- O Concello de BOIRO proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da Lingua Galega. Os traballadores/as do Concello de BOIRO teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego, dentro do horario de traballo.

3.- O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo, sempre e cando se celebren dentro da xornada normal de traballo.

No caso de que os cursos de Galego, non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal propio ou non sexan organizados por esta, este aboará se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas de custo e gastos de desprazamento pertinentes.

4.-Todos os documentos oficiais no Concello de Boiro irán redactados no idioma galego.

5.-Promocionarase que todos os escritos dirixidos ó Concello de Boiro se redacten na Lingua vernácula.

CAPÍTULO XI.- SISTEMA RETRIBUTIVO

Artigo 11.1.- Estructura retributiva.

E estructura retributiva do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Boiro unificarase baixo os seguintes conceptos retributivos:

1.- Retribucións básicas:

a) O soldo, que se asigna en función de cada un dos grupos en que se organizan os corpos, escalas, clase ou categorías.

b) Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada grupo, por cada tres anos de servizo no corpo ou escala, clase ou categoría. Para os efectos do cálculo de antigüidade recoñeceranse todos os servizos prestados no concello, independentemente da relación laboral fixa e temporal.

c) As pagas extraordinarias, que serán de dúas ao ano por un importe mínimo cada unha delas dunha mensualidade do soldo, trienios e complemento de destino, de acordo co disposto na Lei de Ornamentos Xerais do Estado. Devengaranse nos meses de xuño e decembro.

O persoal que non teña prestados servizos no semestre completo percibirá as cantidades proporcionais correspondentes establecidas para os funcionarios según cada grupo ou nivel equivalente.

2.- Retribucións complementarias:

Estas retribucións comprenden:

O complemento de destino

O complemento específico.

O complemento de productividade

As gratificacións por servizos extraordinarios

As indemnización por razón de servizo

Artigo 11.2.-Complemento de destino.

Establecense os seguintes niveis mínimos de complementos de destino:

Grupo

Nivel mínimo

Nivel máximo

A

22

30

B

18

26

C

16

22

D

14

18

E

12

14

Os niveis de complemento de destino de cada postos de traballo do Concello serán os que figuren na relación de postos de traballo e nas taboas retributivas anexas.

Artigo 11.3 .- Complementos específicos:

1.- O Complemento específico está destinado a retribuir as condicións particulares dos postos de traballo en atención á sua especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade ou penosidade. Na valoración da dedicación e penosidade dos postos de traballo teranse en conta específicamente as tarefas desempeñadas en réxime de especial dedicación, en horarios nocturnos, festivos ou en réxime de distorsión horaria, nos terminos establecidos no capítulo VII deste convenio.

2.- En ningún caso poderá asignarse mais dun complementeo específico a cada posto de traballo, ainda que ao fixalo poderán tomarse en consideración conxuntamente dous ou mais das condicións particulares que poidan concorrer nun posto de traballo.

3.- O establecemento ou modificación do complemento específico esixirá, con carácter previo, que pola Corporación se efectúe unha valoración previa do posto de traballo atendendo ás circunstancias expresadas no número anterior.

4.- Efectuada a valoración, o Pleno da Corporación determinará as contías que corresponden a cad posto de traballo, que serán incluidas nas relacións de postos.

Artigo 11.4.- Complemento de productividade (FONDO ANUAL)

1.- O complemento de productividade está destinado a retribuir o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa con que o traballador/a desempeña o seu traballo.

2.- Para os anos de vixencia deste convenio establécese unha partida nos orzamentos destinada á asignación dos complementos de productividade.

Corresponde ao Pleno aprobar a partida orzamentaria correspondente, que nunca poderá ser inferior á consignada nos derradeiros orzamentos aprobados.

Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de productividade, con suxección aos criterios establecidos polo Pleno, sin prexuizo das delegacións que poida conferir.

En todo caso a apreciación da productividade deberá realizarse en función das circunstancias obxetivas relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo, tales como:

-Asistencia ó traballo: se abonará a cantidade que corresponda por este concepto cando o traballador non falte ningún día ó traballo, exceptuando:

a) Baixa por accidente laboral en toda a súa extesión.

b) Permisos, licenzas ou dispensas reguladas no presente convenio ou compensacións por horas traballadas fora da xornada habitual.

c) Baixas por enfermedade, ata o duodécimo día inclusive na período dun ano.

A existencia dun día de baixa ó mes suporá a pérdida de 1/12 parte da cantidade a percibir por este concepto, excepto si no periodo comprendido entre o 1º de xaneiro e o 31 de decembro se tiveran menos de doce días laborabéis de baixa.

-Impuntualidade.

-Notoria falta de rendemento, sempre que esté acreditada mediante a tramitación do oportuno expediente disciplinario.

Corresponderá ó órgano municipal competente a fijación das asignacións individuais, oídos os Xefes de Servizo correpondentes quen a súa vez recabarán os infomes que estimen pertinentes.

As cantidades que perciba cada traballador por este concepto serán de coñecemento público, tanto polos restantes traballadores como polos representantes sindicais.

En ningún caso as cuantías asignadas durante o período de tempo polo concepto de productividade orixinarán ningún tipo de dereito individual.

Este complemento non será prorrateable, non alcanzando polo tanto a aqueles traballadores que por calquera circunstancia non prestaran servizos durante, ó menos, seis meses consecutivos e anteriores á data de devengo do mesmo.

3.- Ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 9/87 de órganos de representación, os criterios de distribución e asignación individual dos complementos de productividade, serán obxecto de negociación coa representación sindical.

Artigo 11.5.- Gratificacións.

1.- As gratificacións, que en ningún caso poderán ser fixas na ús contía nin períodicas no seu devengo, deberán responder a servizos extraordinarios realizados fora da xornada normal de traballo.

2.- Tal e como se establece no artigo 7.4. apartado d), a retribución dos servizos extraordinarios terá carácter excepcional, debendo ser compensados preferentemente en tempo libre. En todo caso, cando se dean situacións de excepcionalidade previstas no dito artigo que impiden a compensación en tempo libre, os servizos extraordinarios serán retribuidos cos seguintes criterios:

a) Cada Servizo extraordinario fora da xornada normal ordinaria traballada dentro da xornada laborable e diurna retribuirase co valor dunha hora normal incrementado nun 50%.

b) Cada Servizo extraordinario fora da xornada normal en horario nocturno retribuirase co valor dunha hora normal incrementado no 100%.

c) Cada Servizo extraordinario fora da xornada normal ordinaria traballada en sábados non laborables, días libres, domingos e festivos, retribuirase co valor dunha hora normal incrementada nun 100%.

d) Cando concurran as dúas circunstancias de festividade e nocturnidade, os incrementos acumularanse ate un 200% sobre o valor da hora normal.

O seu cálculo xenérico farase coa seguinte fórmula

Prezo da hora = salario bruto anual X 1,50 /nº horas de xornada anual

Artigo 11.6.- Indemnizacións por razóns de servizo.

Aplicarase o disposto no RD 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

a) Gastos de desprazamento: Terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades a pagar ao persoal polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servizo encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta da Entidade utilizando o medio de transporte que se determine, procurando que o desprazamento se efectue por liñas regulares de transporte.

Para o ano 2005, o importe da indemnización a percibir como gastos de viaxe por uso do vehículo particular establecese no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

b) Indemnización por asistencia a sesións de tribunais ou Comisións de selección para o acceso ou promoción no emprego público.

As contías para o ano 2005 serán as seguintes, segundo o grupo da praza seleccionada:

 

1ª Categoría (grupo A)

2ª Categoría (grupos B e C)

3ª Categoría (grupos D e E)

Presidente/Secretario

45,89

42,83,

36,72

Vocal

42,83

39,78

33,66

c) Axudas de custe: Entenderase por axuda de custo a cantidade que se pagará polos gastos orixinados cada día pola estancia e manutención fóra da residencia habitual por razóns de servizo.

As contías para o ano 2005 serán as seguintes:

Por aloxamento

Por manutención

Dieta completa

58,90 euros

36,66 euros

95,56 euros

d) Indemnización especial: Que se define como a compensación que corresponde polos danos extraordinarios que se produzan sobre o patrimonio do empregado/a por razón ou como consecuencia dos servizos encomendados, e sempre e cando resulte debidamente comprobada e xustificada a existencia dunha relación de causalidade entre o dano efectivamente sufrido e a prestación do servizo.

As contías das indemnizacións por razóns de servizo establecidas neste artigo, serán actualizadas anualmente nas contías que para estes efectos determine a normativa estatal.

Artigo 11.7.- Gratificación especial.

Para todo o persoal que por necesidades do servizo, se vexa obrigado a traballa-las noites dos días 24 e 31 de Nadal, deberán compensarse cunha gratificación especial.

Artigo 11.8.- Incapacidade laboral I.T.

En caso de baixa por IT, e mentres non se resolva de forma definitiva esta situación, o concello garantirá a tódolos seus empregados e empregadas o mantemento dos salarios e previsións legalmente establecidos.

Artigo 11.9. Complemento de disponibilidade.

O Concello por mantemento do servizo fora da xornada normal poderá establecer un complemento de dispoñibilidade coa fín de garantir o bo funcionamento do servizo correspondente.

Artígo 11.10.- Nómina.-

Tódalas percepcións do persoal local realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutro xeito. O cobro da nómina deberá poder efectuarse o día primeiro de cada mes, derivándose responsabilidades noutro caso. A nómina que se deriva do Libro Rexistro de Persoal, deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados e en concreto, sempre de xeito claro, o importe bruto, as deduccións e o importe líquido, procurando a maior transparencia e claridade posibles.

CAPÍTULO XII.- ACCIÓN SOCIAL.

Artigo 12.1.- Partida de melloras sociais.

1.- O Concello dotará anualmente no seu orzamento unha partida para o financiamento de gastos de acción social do seu persoal. A dotación inicial da partida ascenderá ao 1% da masa salarial no ano 2005.

2.- A partida de acción social destinarase, inicialmente, ao financiamento das subvencións recollidas nos apartados descritos ó longo do presente capítulo, sen prexuízo de que a Comisión de Seguimento e Interpretación do poida no futuro acordar outras ou modificar as actuais, baseándose na consideración doutras necesidades ou o cambio nas prioridades establecidas.

3.- A xestión da partida de acción social, realizarase de conformidade cun Regulamaneto de Acción Social que deberá ser aprobado polo Pleno do Concello, previa negociación co Comitá de Empresa.

Os conceptos susceptibles de subvención por acción social serán os seguintes:

-Subvencións sanitarias.

- Subvención por gardería.

- Subvención de estudios.

- Subvención por fillos ou cónxuxe diminuído físico, psíquico ou sensorial.

-- Axuda compra de vivenda.

12.2- Anticipos.

1.- O Concello determinará nas normas de xestión dos orzamentos anuais unha contía máxima equivalente ao 10% da masa salarial anual, para a concesión de anticipos ao persoal cos seguintes criterios:

a) Os empregados/as municipais terán dereito a percibir anticipadamente ata o 90% das súas retribucións mensuais brutas, que se descontará automaticamente na nómina do mes en que se conceda.

b) Os empregados municipais terán dereito a percibir anticipadamente o importe das súas retribucións básicas de dúas mensualidades, que se reintegrarán sen interese no prazo máximo de 14 meses.

c) Por necesidades acreditadas, o Concello poder conceder anticipos de ata 3.000 euros, que se reintegrarán sen intereses no prazo máximo de 14 meses.

d) Excepcionalmente, o Concello poder conceder anticipos de ata 6.000 euros para gastos derivados de investimentos en compra ou mellora da vivenda propia e habitual ou de gastos de enfermidade, que se reintegrarán sen interese mediante deducción en nómina dun 10% das retribucións mensuais brutas do solicitante ata producirse a amortización total da contía concedida.

2.- Por pedimento do/a interesado/a, os anticipos poderán amortizarse en prazos inferiores aos establecidos ou mediante entrega de contías a tanto alzado.

Para pedir un novo anticipo haberá que amortizar previamente o anterior.

Os anticipos terán que ser amortizados necesariamente con anterioridade data de xubilación -sexa forzosa ou voluntaria-, ou de deixar de prestar servizos no Concello.

12.3-Asistencia xurídica.

O Concello garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a todo o persoal que a precisen por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servizo.

O concello asumirá os gastos da defensa, logo da solicitude do interesado, na que se fará constar o letrado elixido. Para estes efectos o Concello poder subscribir concerto con letrados para o asesoramento do persoal en número e especialidades necesarias.

12.4.-Seguros.

1.- O Concello asinará unha póliza de seguros que garanta unha cobertura suficiente das responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación do servizo dos/as empregados/as municipais, agás nos casos de neglixencia debidamente probada.

2.- O Concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os/as empregados/as que cubra os riscos de morte e invalidez, garantindo cando menos, os seguintes capitais:

a) Morte por accidente ordinario: 38.000,00 euros

b) Morte por accidente laboral: 38.000,00 euros

c) Invalidez total e permanente: 38.00,00 euros

d) Invalidez parcial: Segundo baremos.

O incumprimento do disposto no presente artigo suporá a obriga do Concello de asumir subsidiaria e directamente as indemnizacións establecidas en cada caso.

Artigo 12.5.- Capacidade diminuída.

1.- Cando se dean nun/nunha empregados/a circunstancias de capacidade diminuída, sobrevida e permanente, debidamente acreditadas mediante informe médico oficial, poder ser destinado mediante resolución da Alcaldía, coa súa conformidade e con informe previo do Comité de Empresa, a postos de traballo vacantes, definidos na relación, que sexan axeitados ás súas condicións, deixando vacante o posto do que era titular. Na medida do posible, procurarase un novo destino dentro do servizo ao que pertenza.

2.- Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, os/as empregado/as maiores de 55 anos que desempeñen postos de traballo en condicións de penosidade, perigosidade e toxicidade, poderán solicitar a adscrición a postos de segunda actividade dentro do propio servizo:

a) VOLUNTARIAMENTE: (para policías locais, bombeiros e persoal de recollida de lixo), cando se cumprisen ós 55 anos de idade ou 25 anos de Servizos efectivos nas situacións de servizo activo, Servizos especiais ou excedencia forzosa.

b) DE OFICIO: cando estea adscrito en Servizos de urxencia, (policía local, bombeiros), e fosen cumplidos os 55 anos de idade, (o traballador afectado poderá neste caso tamén renunciar ó dereito de pase a segunda actividade, e continuar no seu posto, excepto por razóns xustificadas, oída a representación sindical).

c) POR INSUFICIENCIA DAS APTITUDES PSICO-FÍSICAS: cando estea incapacitado para o exercicio da súa función habitual, sempre que non sexa causa de xubilación anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a 2ª actividade requirirá o exame dun tribunal médico.

3.- En todo caso, o persoal percibirá o 100% das retribucións correspondentes ao posto de traballo de orixe, deducido, se procede, o importe equivalente as pensións compatibles que perciba do réxime da Seguridade Social ao que estea acollido/a.

4.- A Comisión de Seguimento establecerá unha relación de postos de traballo de segunda actividade en cada servizo, vistas as propostas que para estes efectos formularán os respectivos xefes dos servizos.

CAPÍTULO XIII.- RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 13 º-Réxime disciplinario.

Será de aplicación ó persoal afectado por este Convenio as normas contidas na lexislación sobre réxime disciplinario do persoal funcionario ó servizo das Administracións Públicas aplicables ó persoal funcionario do Concello de Boiro, e, en especial, a enumerción de faltas disciplinarias, as sancións aplicables e a tramitación do procedemento.

CAPÍTULO XIV.- CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN.

Artigo 14.1.- Consolidación de emprego temporal.

14.1.1.Consideraranse fixos ós efectos do convenio os/as traballadores/as que teñan unha antigüidade de dous trienios cumplidos.

14.1.2.Co obxectivo de axiliza-los procesos de consolidación de emprego temporal de natureza estructural e permanente no Concello de Boiro, con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e relacións de postos de traballo para 2005, poñeranse en práctica as seguintes medidas:

a) Analizarán as prazas e tarefas desempeñadas por persoal temporal (funcionario interino ou laboral) que teñan carácter permanente ou estructural, e proporán a creación das correspondentes prazas no cadro de persoal funcionario ou laboral, según proceda en relación coas tarefas desempeñadas e ao abeiro do disposto a estes efectos na lexislación vixente.

b) Proporán a inclusión na Oferta de Emprego de cada Entidade das prazas antes sinaladas, ata o límite máximo que permita a normativa vixente.

c) As prazas e postos sinalados incluiranse con carácter xeral nas RPT.

d) A consolidación de emprego deberá realizarse de acordo coas necesidades de planificación estratéxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá conleva-la recolocación de prazas e postos de acordo coas necesidades dos servizos e trala negociación coas organizacións sindicais, sen que a citada recolocación determine unha diminución do valor dos méritos que poida adopta-lo persoal temporal.

e) A Convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino ou consolidación do emprego temporal estructural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e mediante os sistemas selectivos de oposición, concurso ou concurso - oposición. Neste último caso, na fase de concurso poderían valorarse, entre outros méritos, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria.

f) Os procesos de consolidación non deberán supoñer aumento ou diminución de efectivos.

14.1.3.En base os criterios expostos nos parágrafos anteriores, para o ano 2006 modificarase o cadro de persoal do Concello de Boiro para incorporar as prazas que figuran no Anexo II, Consolidación de Emprego Temporal.

Artigo 14.2.- Procesos de funcionarización.

Os procesos de funcionarización responden á necesidade de adaptar á normativa vixente o réxime xurídico (funcionario, laboral), dos postos de traballo das Entidades Locais. Esta adaptación reviste un maior interese despois da publicación da Lei 5/97 da Administración Local de Galicia que determina os postos que poden ser desempeñados en réxime laboral, precisando a regulación contida no artigo 15 da Lei 30/84. De acordo co sinalado, o Concello de Boiro, con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e relacións de postos de traballo para 2005, poñerán en práctica as seguintes medidas:

1.- A Mesa de Negociación revisará e concretará nas Relacións de Postos de Traballo aqueles que estando desempeñados por persoal laboral deban ser desempeñados por persoal funcionario, de acordo coa normativa vixente, adscribindo os postos á Escala e grupo correspondente.

2.- De acordo coa normativa vixente, e trala negociación sindical, estudiaranse os correspondentes procesos de funcionarización que serán aplicables ó persoal que ocupe postos de traballo que deban desempeñarse en réxime funcionarial. Ós procesos de funcionarización seranlles aplicados como mínimo os seguintes criterios:

a) Seralles de aplicación o proceso de funcionarización e, en consecuencia, poderán participar neste, aqueles traballadores contratados en réxime laboral á entrada en vigor da Lei 23/1988 que modifica o artigo 15 da Lei 30/1984 que ocupen un posto que deba ser desempeñado en réxime funcionarial.

b) Para acceder ás correspondentes prazas de persoal funcionario os aspirantes deberán reuni-los requisitos xerais de acceso á Función Pública Local, de acordo coa normativa vixente.

c) As probas selectivas serán adecuadas ó nivel profesional do Corpo ou escala correspondente.

d) As convocatorias poderán ser sectorizadas e esixiranse coñecementos relacionados coas tarefas que se desenvolvan na área de actividade correspondente.

e) Procurarase facilitar ó persoal afectado formación axeitada ás esixencias dos correspondentes procesos selectivos.

f) Os Plans de Emprego poderán establecer criterios específicos en particular sobre as oportunidades dos candidatos para concorrer ás probas selectivas.

g) Os procesos de funcionarización non poderán afectar ás expectativas do persoal funcionario e laboral en materia de mobilidade e promoción.

3.- As prazas de persoal laboral con contratos declarados indefinidos por sentenza firme serán incluidas nas relacións de postos de traballo de cada entidade coa condición de funcionario ou laboral segundo se determina na lexislación vixente, e provistas en propiedade polos procedementos que correspondan en cada caso.

CAPÍTULO XV.- FORMACIÓN.

Artigo 15.1.- Obxectivos.

A formación dos empregados do Concello de Boiro constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afronta-la modernización desta administración.

Neste contexto a Formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obrigación, constituíndo un factor básico para incrementa-la motivación e a integración dos empregados públicos e un mecanismo eficaz e indispensable para articula-la mobilidade e a promoción.

É manifesta, pois, a importancia da Formación nunha administración municipal máis eficaz, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementa-la eficacia e a calidade dos Servizos que presta o persoal.

Unha función de promoción que permita a un gran número de empregados evita-lo estancamento na súa cualificación profesional.

É unha función de axeitamento e integración, entendidos como mecanismo de planificación estratéxica dos Recursos Humanos.

Artigo 15.2.- Detección de necesidades e plan de formación.

O Concello de Boiro e as Centrais asinantes, a través da Comisión de Seguimento deste convenio, realizarán a detección de necesidades e a súa análise de formación do persoal municipal, co obxectivo de que os plans de formación se elaboren en congruencia cos obxectivos e as prioridades da organización, e se integren na planificación estratéxica dos recursos humanos do Concello.

Artigo 15.3.- Acceso aos Plans de Formación.

1.- Tódolos empregados locais deberán ter a posibilidade de acceder ós plans de formación continua do Concello, así como a plans agrupados nos que se integre esta administración local e que estén relacionados coa área de traballo correspondente. En todo caso será preceptiva a previa autorización da Alcaldía-Presidencia.

2.- En todo caso, os/as traballadores/as disporán dun mínimo de 40 horas anuais retribuídas para adicar á formación, que serán computadas como tempo de traballo efectivo.

3.- Aqueles traballadores que realicen cursos de formación de carácter oficial pertencentes os Plans de Formación Continuada da FEMP, FEGAMP, EGAP, dos propios Concellos, organizados por Sindicatos, etc., poderán adapta-lo seu horario de traballo para a asistencia ós mesmos, previa autorización do alcalde.

CAPÍTULO XVI.- SAÚDE E SEGURIDADE

Artigo 16.1.- Introducción.

Considerando que os empregados públicos teñen dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a súa saúde no traballo, e que a Administración e os delegados de prevención teñen o deber de promover, formular e aplicar unha adecuada política de prevención de riscos, as partes comprométense a colaborar estreitamente para eleva-los niveis de saúde e seguridade no traballo nos distintos centros municipais.

1.- Aos efectos de prevención, seguridade e saude laboral, será de aplicación no Concello de Boiro a Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995 de 8 de novembro).

2.- Como premisa xenérica entendemos que a acción en saúde laboral debe estar dirixida á prevención e ó control dos riscos nos lugares de traballo.

Artigo 16.2.- Funcións de prevención.

O Concello de Boiro garantirá o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, adoptando as medidas precias para elo, ben sexa a través de medios propios, ben sexa a través de medios externos.

Artigo 16.3.- Consulta e participación.-

1.-- O exercicio da función de participación en materia preventiva levarase a cabo a través dos Delegados de Prevención.

2.- A representación sindical terá dereito a participar en cada entidade nos procesos de determinación, selección e contratación -si procededos sistemas de prestación da cobertura de accidentes de traballo e enfermedades profesionais.

Artigo 16.4.- Delegados de Prevención.

1.- Os Delegados de Prevención, de acordo co disposto no artigo 35.4 da Lei 31/95, de 8 de novembro, serán designados polas Organizacións Sindicais con representación no Concello.

2.- A designación dos Delegados de Prevención debererá realizarse de entre os empregados municipais do Concello representantes nos distintos órganos de participación: 1 polo Comité e 1 pola Xunta de Persoal.

3.- No Concello de Boiro, en relación co número de traballadores/as fixos/as ou temporais do seu cadro de persoal, designaranse 3 delegados de prevención, un polo persoal funcionario e dous polo persoal laboral elegidos por e entre os representantes de persoal

4.- O tempo utilizado polos Delegados de Prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais será considerado como de exercicio de funcións de representación, para efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto na letra e) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores e a letra d) do artigo 11 da Lei 9/87 de Órganos de Representación, e artigo 10.3 da LOLS.

Os empregados públicos designados como Delegados de Prevención que non desfrutatan de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación contarán co mesmo crédito horario que os delegados sindicais.

5.- Os órganos competentes proporcionarán ós Delegados de Prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

6.- A formación deberá ser facilitada pola Administración polos seus propios medios ou mediante concerto con Organismos ou Entidades especializadas na materia.

Artigo 16.5.- Comité de Seguridade e Saúde.

1.- O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos nas Administracións Locais.

2.- Constituirase nun prazo non superior a seis meses un único Comité de Seguridade e Saúde no ámbito do Persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Boiro, que estará integrado polos Delegados de Prevención designados nos ditos ámbitos, e por representantes da Administración en número non superior ao de Delegados.

3.- A constitución do Comité de Seguridade e Saúde farase proporcionalmente ao número de efectivos do persoal funcionario e laboral existente.

4.- Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde poderán participar, con voz pero sen voto, os Delegados Sindicais e os responsábles técnicos.

5.- O Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións neste.

6.- O Comité de Seguridade e Saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Artigo 16.6. .- Indumentaria

Persoal de obras e mantenemento:

a) A principios de ano dúas camisas, dous conxuntos de cazadora e pantalón, un par de botíns de seguridade.

b) Un par de botas de auga e unha peza de roupa de augas, cambiándose por unha nova cando se estropeen ou deterioren, entregando as pezas estropeadas ou deterioradas.

c) As luvas que se precisen ó longo do ano.

2. Persoal de limpeza de edificios e locais:

-Dúas batas anuais, un par de zapatos, un par de zapatillas e as luvas que se necesiten ó longo do ano.

Artigo 16.7. º.-Recoñecemento médico.

É un dereito voluntario de tódolos traballadores o de realizar un recoñecemento médico de tipo xeral cunha periocidade anual e correndo tódolos gastos derivados del por conta do concello.

O concello, logo de acordo da comisión paritaria, poderá establece-los recoñecementos médicos para o persoal.

Co efecto de garanti-la efectividade deste dereito o concello subscribirá a póliza ou concerto que proceda.

CLÁUSULAS ADICIONAIS

PRIMEIRA: En desenvolvemento do exposto neste convenio en relación coa promoción interna, anualmente abrirase un proceso de revisión dos cadros de persoal laboral.

SEGUNDA: Igualmente,cada ano, e previa aprobación do cadro de persoal, revisaranse os postos de traballo desempeñados con persoal temporal suceptibles de consideralos fixos, procedendo á dotación das prazas no cadro que proceda e programando a súa inclusión nas ofertas de emprego.

.TERCEIRA:-Cando o Concello de Boiro tome a decisión de privatizar algún servizo, será preceptivo incluir no prego de cláusulas-económico-administrativas que regulen a execución de contrato do servizo corresponde, as seguintes garantías para os/as traballadores/as municipiais que, de acordo coas disposicións legais vixentes, sexan asumidos pola empresa adxudicataria:

1º) Se lles deberá garantir en todo caso o mantemento do seu posto de traballo nas mesmas condicións que tiñan ata entón no Concello de Boiro, e según o convenio colectivo municipal vixente en cada momento.

2º) No suposto de desaparición da empresa adxudicataria o de reasunción por parte do Concello de Boiro dos servizos privatizados, este garantírá en todo caso o retorno de todos/as traballadores/as afectados/as.

Sen prexuizo do anterior, e antes da formalización da adxudicación do servizo privatizado, estudiarase a posibilidade de negociar e suscribir un "convenio específico de recolocación" en outros postos laborais municipais semellantes, e coas mesmas condicións, de todos/as os/as traballadores/as afectados/as por estas medidas .

CUARTA: As medidas de xestión dos cadros de persoal que se derivan da aplicación deste Convenio poderán desenvolverse a través dun Plán de Emprego ou Plán de Xestión de Recursos Humanos, nos que os procesos de promoción interna ou funcionarización levaranse a cabo separadamente das Ofertas de Emprego Público.

QUINTA:1º) Todo o persoal laboral do Concello de Boiro terá dereito a percibir, en concepto de complemento de antigüedade, trienios en cuantía equivalente á dos funcionarios, según o grupo correspondente á súa categoría.

O tempo de prestación de servizos, mediante contratos temporais, computará a efectos de trienios, sempre que entre os contratos non se producese unha interrupción na relación laboral superior a 20 días.

2º) Respecto de aqueles/as traballadores/as que ante do dia 1 de xaneiro de 1998 percibiran de feito un 5% por cada trienio o poideran ter dereito a este 5% por trienio antes a entrada en vigor da Lei 11/94, se establece, con carácter excepcional, o seguinte réxime:

2º.a) O sistema do 5% por trienio se aplicará ata o día 31 de decembro de 2000, quedando consolidado este dereito a partir da devandita data como complemento fixo e revalorizable, según o IPC.

2º.b) Os trienios que se devenguen a partir do 1 de xaneiro de 2001 se percibirán na cuantía establecida no apartado primeiro primeira desta cláusula adicional quinta.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

A entrada en vigor da estructura retributiva definida no presente convenio farase efectiva no

momento en que sexan de aplicación as contías retributivas estabelcidas no ano anexo I para cada grupo e categoría.

Entretanto as retribucións correspondentes aplicaranse en doce mensualidades de salario base e dúas pagas extraordinarias por idéntica contía que as mensualidades, que se farán efectivas nas nóminas de xullo e decembro.

A antiguidade retribuirase dacordo o establecido no presente convenio.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

O presente documento, unha vez aprobado polo órgano competente derroga calquera outro acordo ou resolución municipal que se lle opoña, en especial, anteriores acordos aprobados pola corporación.

Dilixencia que practicou, eu, Secretario do Concello de Boiro, para dar fe de que o presente Convenio Colectivo das condicions de emprego ó servizo do Concello de Boiro foi aprobado polo Pleno da Corporación na sesión realizada con carácter Ordinario o día 14 de xullo de 2005,

Boiro, 20 de xullo de 2005

O secretario.Asdo. Juan Manuel Salguero del Valle.