Convenio Colectivo de Empresa de BEBIDAS PEPSICO, S.A. de Pontevedra

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 22 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía de Bebidas Pepsico, S. A. 23/10/2003 Diario Oficial de Galicia
CONVENIOS COLECTIVOS. Convenio colectivo da empresa COMPAÑÍA DE BEBIDAS PEPSICO, S. A. 13/10/2003 Boletín Oficial de Pontevedra
Resolución do 2 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía de Bebidas Pepsico, S. A. 10/01/2002 Diario Oficial de Galicia

Resolución do 22 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía de Bebidas Pepsico, S. A. (Diario Oficial de Galicia núm. 206 de 23/10/2003)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Artigo 36º.-Beneficios sociais. A empresa concederalle ós seus traballadores as asignacións seguintes, logo da oportuna xustificación:

* Por matrimonio: 69,63 A.

* Por cada fillo que naza: 39,67 A.

* Por fillo subnormal, diminuído físico, ademais das prestacións da Seguridade Social: 48,55 A.

Artigo 37º.-Caixa de producto. Durante a vixencia deste convenio, os traballadores en cadro de persoal terán un desconto do 40% en tódalas caixas de producto que adquiran nos seus respectivos centros de traballo.

Capítulo VIII Disposicións varias

Artigo 38º.-Carné de conducir e multas. No caso de suspensión do carné de conducir do traballador, a empresa procurará facilitarlle ó traballador afectado outro posto de traballo, percibindo nel as retribucións propias daquel.

As multas imputables a culpa do traballador serán aboadas por este. No caso contrario pagaraas a empresa, que se fará tamén responsable das orixinadas por exceso de carga dos vehículos e polo número de viaxeiros que teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa.

Artigo 39º.-Roupa de traballo. A empresa facilitará anualmente ó persoal de vendas unha chaqueta curta, dúas camisas, dous pantalóns e un anorak cada dous anos, que se entregarán no mes de maio.

Quedará ádiscreción dos encargados das seccións prover dalgunha prenda suplementaria de traballo, á parte das sinaladas, segundo as circunstancias que puideran presentarse e no caso de necesidade xustificada.

Artigo 40º.-Medidas disciplinarias. No caso de imposición de sancións por parte da empresa, estas serán comunicadas por escrito ó traballador, dando conta posterior e simultaneamente no caso de sancións por faltas graves e moi graves ó delegado de persoal. A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa, serán sempre revisables ante a xurisdicción competente de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Cando o traballador sexa requirido pola dirección da empresa para tratar temas relacionados co réxime disciplinario, o traballador, se o solicitase, poderá acudir acompañado dun dos seus respectivos representantes sindicais.

Artigo 41º.-Comisión paritaria. Para efectos de seguimento, cumprimento ou interpretación das cláusulas deste convenio, constitúese unha comisión paritaria cunha interpretación con carácter previo a calquera reclamación ou recurso que puidera interpoñerse de xeito oficial en calquera instancia, composta por dous representantes de entre os delegados de persoal e por dous designados pola empresa.

Artigo 42º.-Quebranto de moeda. O persoal comercial distribuidor a cargo de ruta que en cumprimento da súa función manexe diñeiro efectivo, polo concepto de quebranto de moeda, recibirá a cantidade de 9,29 A por mes e ruta, e cun aboamento efectuado por meses e días de traballo efectivo.

Artigo 43º.-Capacidade diminuída. A empresa procurará asignar aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade sufran a diminución das súas facultades físicas ou intelectuais e non tivesen recoñecida incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta e grande invalidez, un posto de traballo máis apto ás súas condicións, sempre que medie en tal sentido informe favorable do facultativo.

En tal caso, pasarán a ocupa-lo dito posto coa categoría e retribucións propias del.

Se non fose posible lles asignar ese posto, terá preferencia para ocupalo sobre calquera outro alleo á empresa cando se teña que cubrir esa vacante. Artigo 44º.-Liquidacións e control sindical.

A empresa comprométese a aceptar plenamente todo o que a lei determine no referente a ambos temas.

E para que así conste e en proba de conformidade con todo o anteriormente establecido, asinan o presente convenio de empresa e os anexos I ó VII que se citan dentro do seu articulado, no lugar e na data do encabezamento.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)