Convenio Colectivo de Emp...AL de Lugo

Última revisión
10/02/2014

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE GUITIRIZ. PERSOAL FUNCIONARIO Y LABORAL de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 10 de Febrero de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 7 min

Tiempo de lectura: 7 min

Convenio Colectivo
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2014-02-10
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2014-02-10
Convenio afectado por
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2014-02-10
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2014-02-10

Aprobacion definitiva da modificacion do acordo marco regulador do persoal funcionario e do convenio colectivo de persoal laboral (Boletín Oficial de Lugo num. 33 de 10/02/2014)

Preambulo

Aprobado definitivamente na sesión plenaria de data 30/05/2013 o expediente de modificacións puntuais de escasa entidade do Acordo Marco Regulador do Persoal Funcionario e do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Guitiriz (aprobados en sesión plenaria de data 31/03/2005), publícase aos efectos oportunos:

PRIMEIRO.-

Estimar a única alegación presentada ao expediente pola traballadora social do Concello e outorgar, en consonancia coa petición dos representantes sindicais, efectos retroactivos á cláusula A.2 do Anexo I relativa ao complemento polo Concello das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal do persoal funcionario e laboral dende que comezou a aplicarse a nova regulación do RDL 20/2012, do 13 de xullo.

SEGUNDO.-

Aprobar definitivamente o expediente de modificacións puntuais de escasa entidade do Acordo Marco Regulador do Persoal Funcionario e do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Guitiriz, de acordo co Anexo I ao presente acordo sometido a negociación colectiva que consta dos seguintes puntos:

A)cláusula sobre o complemento polo Concello das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal do persoal funcionario e laboral.

B)cláusula sobre os criterios para a asignación do complemento de produtividade.

C)cláusula sobre os anticipos de nóminas.

D)Cláusulas sobre a xornada de traballo, vacacións e asuntos propios, e horas sindicais.

ANEXO I

A)Engádese a seguinte cláusula sobre o complemento polo Concello das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal do persoal funcionario e laboral ao amparo do artigo 9 do RDlei 20/2012, do 13 de xullo.

1.Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns, durante os tres primeiros días, se recoñece o complemento retributivo do 50% das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade. Desde o día cuarto ata o vixésimo, ambos inclusive, o 75% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade. A partir do día vixésimo primeiro e ata o nonaxésimo, ambos inclusive, o 90% das retribucións básicas e complementarias e da prestación por fillo a cargo no seu caso.

2.Amplíanse os supostos contemplados no Real Decreto Lei 20/2012 para abonar ao persoal funcionario e laboral o 100% das retribucións nos casos de incapacidade temporal (I.T.) laboral derivada de continxencias comúns (hospitalización e intervención quirúrxica, accidente laboral) nas seguintes situacións excepcionais:

a. I.T. derivada de accidente grave ou moi grave.

b. I.T. derivada de maternidade ou risco por embarazo

c. I.T. derivada de enfermidade relacionada con discapacidade igual ou superior ó 33% d. I.T. sen hospitalización derivada de enfermidades crónicas dexenerativas, irreversibles ou incurables (por exemplo diálisis) debidamente xustificadas.

e. I.T. derivada de tratamentos oncolóxicos sen hospitalización, debidamente xustificadas.

f. I.T. derivada de recuperación post-operatoria sen hospitalización debidamente xustificadas.

g. I.T. derivada de continxencias profesionais, debidamente xustificada.

h. I.T. derivada de outros supostos moi graves distintos previo informe médico acreditativo.

3.Cotizarase sempre á seguridade social polo 100% das retribucións do persoal funcionario e laboral, aínda cando se atope en situación de I.T. con pérdida de retribucións, para non perder haberes a efectos de xubilación.

4.Non aplicar o desconto en nómina ao que fai referencia a Disposición Adicional 38ª da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013 cando o número de días de cada empregado ao ano por enfermidade ou accidente que non dean lugar a I.T. sexan inferiores ao que determine o Estado para os funcionarios da Administración Estatal (4 días).

B)Na cláusula 10.4. do Acordo Marco e o Convenio Colectivo sobre o complemento de produtividade se engaden os seguintes criterios e indicadores para a asignación obxectiva do complemento de produtividade, previo informe dos xefes de servizo no caso de que sexa solicitado pola alcaldía:

1.ESPECIAL RENDEMENTO: Retribúe a especial dedicación ao posto de traballo, a actividade extraordinaria, a capacidade manifestada na realización das tarefas propias do posto de traballo coa consecución de resultados, o grado de fiabilidade ou de eficacia que merece no seu desempeño, a celeridade e o volume de traballo desenvolvido.

Indicadores para a ponderación do especial rendemento:

1.1. Volume de trámites o expedientes realizados con celeridade por enriba do que sexa considerado polos superiores como traballo ordinario asignado a cada posto de traballo.

1.2. Fiabilidade no desenvolvemento das súa tarefas coa consecución dos obxectivos marcados polos superiores nos prazos establecidos.

1.3. Desenvolvemento circunstancial de tarefas ou actividades extraordinarias que no estean asignadas a un posto de traballo e sexan expresamente requirido pola alcaldía ou tenencia de alcaldía.

2.INTERESE E INICIATIVA PERSOAL: Retribúe o especial interese e esforzo persoal no desenvolvemento dun posto de traballo, a solución de problemas puntuais (a interesados en procedementos ou receptores de servizos) que poidan xurdir no desenvolvemento do posto de traballo por iniciativa propia, e a especial implicación e colaboración cos compañeiros para mellorar a prestación de servizos.

Indicadores para a ponderación do interese e iniciativa:

2.1. Número considerable de problemas puntuais solucionados, e toma de decisións satisfactorias ante circunstancias previstas ou imprevistas.

2.2. Propostas de mellora introducidas no servizo a iniciativa propia.

2.3. Implicación no cumprimento das súas funcións e das do servizo ao que está adscrito e colaboración activa cos seus compañeiros e superiores.

3.EXERCICIO DE FUNCIONS: Retribúe o desenvolvemento óptimo das funcións asinadas aos distintos postos de traballo.

Indicadores para a ponderación do exercicio de funcións:

3.1. Que o titular do posto de traballo exerza satisfactoriamente as súas funcións na súa sección ou servizo: organización, coordinación, asignación de tarefas, resultados do servizo, etc…

C) Modificase a cláusula 11.2 do Acordo Marco e do Convenio Colectivo relativa aos anticipos de nóminas co seguinte réxime de aplicación:

-O importe do anticipo terá o límite de 3.000 euros líquidos sen xustificar para evitar discriminacións e atender a máis solicitudes, xa que o importe anual está limitado polo importe consignado na partida correspondente dos orzamentos. -Outorgarase pola alcaldía segundo a orde de entrada da solicitude. -Os anticipos non xerarán xuros e o perceptor deberá reintegralo na contía do 10% que se descontarán mensualmente da nómina correspondente. -En casos excepcionais e urxentes poderá concederse un anticipo de ata 3.000 euros a maiores.

D)Axústanse as normas de xornada de traballo e vacacións e asuntos propios á normativa estatal actualmente vixente: -Cláusula 8.3.1 e 8.3.2. Axústase a duración da xornada legal de traballo en computo semanal que é de 37,5 horas, segundo o artigo 47 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto Básico do Empregado Público, e a Resolución da Secretaría de Estado de Administracións Públicas de data 28/12/2012 actualmente vixente. Para garantir o seu cumprimento acordouse un horario xeral de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres e o resto de horas polas mañas de 7.30 a 8.00 horas e polas tardes os días que o Concello este aberto, debendo comunicalo previamente por escrito.

-Cláusula 8.4.1. e 8.4.2.7. Axústanse os días de vacacións e asuntos propios a 22 e 3 días hábiles respectivamente segundo os artigos 50 e 48 k) Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto Básico do Empregado Público. En canto ao exercicio deste dereito, os 22 días de vacacións poderán desfrutarse de xeito flexible sen períodos mínimos, pero sempre de común acordo para atender as necesidades de cada servizo.

-Cláusula 15.2d) do Acordo Marco e 16.2.d) do Convenio Colectivo. Axústase o número de horas mensuais retribuídas dentro da xornada de traballo para o exercicio das funcións dos representantes dos traballadores ao establecido no artigo 41 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto Básico do Empregado Público, que establece 15 horas mensuais nas administracións de ata 100 empregados públicos."

Guitiriz, 28 de xaneiro de 2014.

- O alcalde, Xosé Mª Teixido Núñez

R.0413