Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
04/04/2008

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DA ILLA DE AROUSA. PERSOAL FUNCIONARIO de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007 en adelante

Tiempo de lectura: 81 min

Tiempo de lectura: 81 min

Acordo Marco e Convenio Colectivo do Persoal Funcionario de Carreira do Concello de A Illa de Arousa (Boletín Oficial de Pontevedra num. 65 de 04/04/2008)

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o 13 de marzo de 2008, acordou aprobar o Acordo Marco e Convenio Colectivo do Persoal do Concello, o que en cumprimento do disposto no artigo 38.6 da Lei 7/2007, de 12 de abril, que aproba o Estatuto Básico do Empregado Público, faise público, ós efectos oportunos.

O texto do documento é o seguinte:

ACORDO MARCO E CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA

TÍTULO PRELIMINAR

A negociación do presente acordo regulador efectúase ao amparo da lei 7/ 2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, da Lei 9/87, de 12 de xuño, polo que se regulan os órganos de representación, a determinación das condicións de traballo e a participación do persoal ao servicio das administracións públicas, nos termos da disposición derogatoria única da lei 7/ 2007, Lei orgánica de liberdade sindical, 11/85, do 2 de agosto, Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada por Lei 13/2007, do 27 de xullo, e Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como aqueloutras disposicións que as desenvolvan.

CAPÍTULO I ÁMBITO DE APLICACIÓN E VIXENCIA

Artigo 1. Condicións xerais

As normas contidas neste acordo marco e convenio colectivo serán de aplicación a todo persoal funcionario de carreira que preste os seus servicios ao Concello de A Illa de Arousa, tanto da propia corporación como habilitados nacionais e interinos e persoal laboral fixo.

Quedan expresamente excluídos deste acordo:

a) O persoal eventual que desempeñe un posto de traballo de confianza ou asesoramento especial

b) Os que estean autorizados para realizar prácticas en centros dependentes deste Concello con carácter voluntario e gratuíto

c) Os que teñan unha bolsa de formación posgradual, de investigación ou docencia en centros dependentes do Concello

d) O persoal funcionario que fose transferido á Comunidade Autónoma de Galicia.

e) O persoal laboral temporal

Artigo 2. Ámbito funcional e natureza xurídica

As estipulacións conformadoras deste texto así como os compromisos nel reflectidos relativos a materias económicas, laborais, asistenciais, sindicais ou, en xeral, cantas afecten ás condicións de emprego, retributivas e ao ámbito das relacións dos representantes dos empregados públicos municipais e as súas organizacións representativas co empresario, teñen carácter de norma reguladora das relacións individuais de traballo comprendidas no ámbito deste Concello, e son vinculantes para as partes negociadoras e para tódolos empregados a que lles sexa de aplicación, segundo o determinado no artigo anterior. A validez do AR queda, en calquera caso, subordinada á súa aprobación polo Pleno da Corporación.

Artigo 3. Ámbito temporal: vixencia, duración, prórroga e denuncia

3.1. Vixencia: O Acordo Marco e Convenio Colectivo entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, salvo as condicións económicas, que rexerán dende o 1 de xaneiro de 2007, con independencia da data en que sexa asinado polas partes e aprobado polo Pleno, e sen prexuízo do disposto nas súas cláusulas económicas en canto a eficacia retroactiva, se é o caso. Nembargantes, en canto ao seu contido obrigacional, entrará en vigor dende o día da súa aprobación polo Pleno da Corporación.

3.2. Duración: O acordo asínase por un período de 2 anos, contado para estes efectos dende a data da súa publicación no BOP, sen prexuízo de que as retribucións fixadas nel sexan revisadas anualmente tendo en conta as previsión da Lei de orzamentos xerais do Estado sobre incrementos retributivos.

3.3. Prórroga: O acordo entenderase prorrogado expresa, temporal e accidentalmente ata a entrada en vigor doutro que o substitúa, e por períodos anuais en ausencia de denuncia expresa, por resolución tácita

3.4. Denuncia: Denunciado o AR permanecerá vixente o contido normativo ata tanto sexa substituído por un novo. A denuncia efectuarase por calquera das partes con tres meses de antelación ao remate da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas, co obxecto de iniciar as deliberacións e negociacións dun novo acordo nunha data non posterior a un mes contado a partir do día seguinte ao da denuncia.

Artigo 4. Obxecto

Este AR ten por obxecto regular e establecer as normas que han de desenvolver as condicións de traballo dos traballadores do Concello de A Illa de Arousa, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións, no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma. O acordo regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal do Concello de A Illa de Arousa e a súa entrada en vigor implica a substitución ou renovación das condicións laborais vixentes ata dita data polas que se establecen nel, ao considerarse que as modificacións que recolle son apreciadas e aceptadas, en conxunto, como máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 5. Indivisibilidade do acordo

Este acordo ten un carácter indivisible a tódolos efectos, constituíndo as condicións pactadas un todo orgánico e unitario, non sendo posible ou pretenderse a aplicación de parte do seu articulado rexeitando o resto, senón que sempre deberá de aplicarse e observarse na súa integridade.

Artigo 6. Condicións máis beneficiosas e aplicación favorable: interpretación do acordo

6.1. As melloras establecidas noutras disposicións de calquera rango, e todas aquelas situacións colectivas que, comparadas analítica ou globalmente sexan superiores ás do acordo, serán de aplicación consonte o principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para os empregados públicos, con exclusión de situacións singulares e sen prexuízo do previsto no artigo seguinte.

6.2. Tódalas condicións establecidas no acordo deberán ser interpretadas e aplicadas consonte a súa organización e da forma que resulte máis beneficiosa para os empregados do Concello; en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ao seu sentido e alcance, resolverase o de ser consultada a comisión de seguimento e interpretación.

Artigo 7. Compensación e absorción

As condicións económicas establecidas neste acordo compensarán tódalas existentes á súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza.

Artigo 8. Irrenunciabilidade

Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos empregados públicos a calquera dos beneficios establecidos no acordo. Así mesmo, tacharase de nulidade, entendéndose como non disposto e sen efecto ningún, calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos beneficiosas para os empregados do Concello de A Illa de Arousa.

Artigo 9. Aplicación directa e preferente

As partes asinantes do acordo comprométense á súa aplicación directa e a non promover cuestións que poidan supoñer modificacións das condicións pactadas.

As disposicións que contén este acordo aplicaranse con preferencia sobre calquera outra e, en todo caso, serán de aplicación supletoria da correspondente normativa vixente de carácter imperativo do Estatuto dos traballadores e máis do réxime estatutario do persoal das administracións públicas.

Artigo 10. Publicación do acordo

Este acordo remitirase á oficina pública a que fai re ferencia a Lei orgánica 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e publicarase no BOP inmediatamente despois da súa aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

O Concello procurará que todo o persoal ao seu servicio dispoña dun exemplar deste acordo.

Artigo 11. Conflictividade laboral

As partes asinantes do acordo comprométense a esgotar a vía do diálogo e a negociación antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes de conflicto colectivo.

CAPÍTULO II SEGUIMENTO E CONTROL

Artigo 12. Comisión paritaria mixta de control e seguimento do acordo regulador

12.1. Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixilancia, control e aplicación do acordo, a mesa negociadora deste, designa, de entre os seus compañeiros signatarios, unha comisión paritaria mixta de control e seguimento do acordo con carácter central e único para todo o concello, coa configuración seguinte: estará constituída por 3 representantes dos sindicatos e 3 membros designados pola corporación. Ambas partes designarán titulares e suplentes.

12.2. A comisión paritaria de control e seguimento terá as seguintes funcións:

12.2. a) Interpretación auténtica do texto do acordo, na súa aplicación práctica.

12.2. b) Resolución definitiva para as partes solicitantes ou implicadas de cantos asuntos e reclamacións se sometan á súa decisión respecto a calquera das condicións establecidas no acordo. Naqueles casos complexos e con especificidade concreta nun ente, a resolución non será de aplicación ao resto das institucións, tal que estas o pidan expresamente.

12.2. c) Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado no acordo segundo as oportunas recomendacións e interpretacións.

12.2. d) Denuncia do incumprimento do acordo 12.2. e) Estudio da evolución das relacións entre as partes signatarias do acordo

12.2. f) Informe referente a extensión e o grado de aplicación do acordo, dificultades encontradas a nivel de cada entidade e propostas de superación destas.

12.2. g) Negociar, redactar, formalizar e asinar o texto do acordo por delegación da súa mesa negociadora

12.2. h) Emitir informes cando así lle sexa solicitado, en relación coas propostas de clasificación e valoración de postos de traballo antes da súa aprobación polos órganos competentes das entidades locais correspondentes

12.2. i) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do acordo ou veñan establecidas no seu texto

12.2. j) Calquera outra que, se é o caso, poidan serlle atribuídas ao abeiro de disposicións que no futuro se promulguen

12.3. A comisión paritaria mixta de control e seguimento poderá utilizar os servicios ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto

12.4. A comisión paritaria mixta de control e seguimento recibirá cantas consultas e reclamacións lle sexan formuladas por escrito respecto a cuestións da súa competencia, pero tan só polas vías procedementais seguintes:

12.4. a) Por medio das centrais sindicais máis representativas e as signatarias do acordo

12.4. b) A través de solicitude escrita realizada polos traballadores/as da entidade local

12.5. A comisión reunirase: 12.5. a) Con carácter ordinario, semestralmente o día que oportunamente se sinale

12.5. b) Con carácter extraordinario cando o soliciten polo menos o 50% dos seus compoñentes.

12.5. c) As sesións da comisión paritaria celebraranse no domicilio desta, aínda que poderán efectuarse tamén en calquera outro lugar, tralo acordo dos voceiros, estando a asistencia a elas reservada aos membros e asesores correspondentes. Na sesión constitutiva procederase á elección do presidente/a e do secretario/a.

12.6. As convocatorias das diversas sesións da comisión paritaria mixta, as realizará o Presidente, mediante citación por escrito na que conste o lugar, data e hora, así como a orde do día, enviándose por correo certificado ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de que convoque sesión ordinaria, e dous días naturais para o caso en que se cite á sesión extraordinaria.

12.7. A orde do día das diversas sesións da comisión paritaria mixta será fixada polo presidente.

12.8. En todo caso, os membros da comisión e asesores das partes que teñan a condición de empregados públicos en activo, terán dereito á correspondente licencia retribuída por todo o tempo necesario para o axeitado cumprimento da súa misión como tales membros ou asesores; o tempo invertido polos delegados/ as de persoal do concello nas reunións da comisión paritaria mixta, non será computado como horas sindicais

12.9. Para que as sesións da comisión paritaria mixta poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 50% dos compoñentes da comisión, en primeira convocatoria, establecéndose unha segunda convocatoria do 25% da cada parte hora máis tarde.

12.10. De cada xuntanza e ao seu remate redactarase a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, a data e a hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados con opinión sintética das opinións emitidas e a expresión dos votos; a correspondente acta así redactada pasarase inmediatamente á aprobación e sinatura de tódolos asistentes

12.11. As actas das sesións da comisión paritaria mixta arquivaranse nun rexistro, podándose expedir certificacións dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada

12.12. No caso de non haber acordo entre as partes da comisión paritaria mixta nun prazo máximo de tres meses, estas someterán as súas diferencias a unha conciliación ou mediación e/ou arbitraxe ante o SMAC ou outro organismo, coa fin de que as partes remitan os informes pertinentes. A decisión deste será entón determinante e de carácter vinculante para a comisión paritaria mixta, que emitirá dictame no sentido deste, excepto no caso de que ámbalas partes chegasen a un acordo posterior ou simultáneo, caso no que prevalecerá este sobre aquel, que quedará nulo sen efecto

12.13. O dictame da comisión paritaria mixta notificarase ás partes implicadas.

12.14. Cando ámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo restrinxidas para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán os dictames que logo serán presentados á comisión paritaria mixta, non sendo estes vinculantes senón meramente informativos.

12.15. As partes asinantes do acordo colaborarán coa comisión paritaria mixta facilitando canta axuda e información lles sexa requirida, en virtude do cumprimento do pactado no texto do acordo. O empregado público que obstaculizase o labor da comisión paritaria mixta será obxecto de requirimento en forma ao respecto por parte do alcalde da entidade local onde preste servicios e no caso de persistir na actitude, incorrerá na falta grave de insubordinación

12.16. As comunicacións oficiais da comisión paritaria mixta de control e seguimento verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproduccións a través doutras instancias.

CAPÍTULO III NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Artigo 13. Do dereito á negociación colectiva dos empregados públicos locais

Os/as empregados/as públicos/as ao servicio do Concello de A Illa de Arousa terán dereito á participación na determinación das súas condicións de traballo conforme á lexislación vixente aplicable e no disposto nos seguintes artigos.

Artigo 14. Mesa xeral de negociación

14.1. Coa finalidade de posibilitar a participación dos/as empregados/as na determinación das súas condicións de traballo, no Concello de A Illa de Arousa constituirase unha mesa de negociación na que estarán presentes os representantes da entidade local e as organizacións sindicais máis representativas.

14.2. A mesa de negociación virá constituída e formada por unha representación do concello e os sindicatos máis representativos e será a encargada de renegociar os futuros e distintos acordos reguladores e convenios colectivos ou, se é o caso, convenios colectivos únicos a que houbera lugar, unha vez rematada a vixencia dos anteriores.

14.3. A composición da mesa de negociación será paritaria.

14.4. A mesa de negociación reunirase como mínimo unha vez ao ano.

14.5. As decisións tomaranse por maioría de máis do 50% dos compoñentes de cada unha das partes da mesa.

Recoméndase a constitución dunha mesa xeral de negociación única para funcionarios e laborais para os efectos sinalados.

Artigo 15. Principio da boa fe

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio de boa fe.

CAPÍTULO IV XORNADA DE TRABALLO, CALENDARIO E VACACIÓNS

Sección primeira Xornada e calendario laboral Artigo 16. Xornada e horario normal de traballo.

Horarios especiais.

16.1. A duración máxima da xornada de traballo para o persoal desta entidade local establécese en trinta e sete horas e media semanais.

16.2. O horario de traballo para o persoal en xeral establécese de 8: 00 a 15: 00 horas, de luns a venres. E de 9: 00 a 13: 00 horas os sábados. O persoal baixo o ámbito de aplicación do presente convenio fará quendas rotatorias entre os sábados ao longo do ano ata completar unha xornada semanal de 37,50 horas.

16.3. O horario de atención ao público establécese de 9: 00 a 14: 00 horas, de luns a venres.

16.4. A oficina de rexistro xeral abrirase tamén os sábados de 9: 00 as 13: 00 horas, e será atendida individualmente, tanto para entrada como para saída de documentos, por persoal que preste servicios nesa unidade ou por calquera outro funcionario de oficinas de xeito rotatorio entre todos eles.

16.5. O horario de traballo para a policía local e outros servicios específicos fixarase mediante un plan anual, atendendo as especiais características do servicios prestado.

16.6. Os empregados públicos municipais disporán dunha pausa de traballo de trinta minutos diarios, que se computarán como de traballo efectivo, retribuídos e non recuperables. O momento de efectuar esta interrupción está limitado pola obriga de non afectar de maneira notable a prestación dos servicios, que procurarán autoorganizarse de xeito que, atendendo ao criterio de facilitar a atención aos cidadán, no se vexa desvirtuado o dereito do persoal a esta pausa ou descanso. O persoal en réxime de xornada partida disfrutará de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas respectivamente, computándose como de traballo efectivo.

16.7. O incumprimento da xornada de traballo establecida neste acordo dará lugar ás correspondentes deduccións en nómina, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias a que poida dar lugar. Para que poidan contribuír de maneira preventiva a que non se produzan desigualdades de trato, e mesmo co obxecto de velar por unha aplicación obxectiva das consecuencias derivadas de posibles incumprimentos horarios, darase copia periodicamente, de ser o caso, de calquera informe ou traballo de seguimento que se faga ao respecto, e concretamente dos resultados reflectidos polos aparellos técnicos instalados ou que se instalen no futuro, aos órganos unitarios de representación dos empregados públicos, e ás seccións sindicais que acadasen algún representante.

Artigo 17. Réxime de especial dedicación

17.1. O réxime de especial dedicación implicará:

a) A dispoñibilidade por razón de servicios para o desenvolvemento de 163 horas anuais dispoñibles fóra do horario e quendas ordinarias, sen dereito a compensación

b) A incompatibilidade para o exercicio de calquera outra actividade lucrativa, pública ou privada, consonte ao establecido pola Lei 53/84.

17.2. Estarán sometidos ao réxime de especial dedicación:

a) Os postos singularizados de nivel 22 ou superiores que se obteñan por concurso ou libre designación.

b) Os postos singularizados correspondentes ás categorías profesionais que teñan recoñecido, un nivel de complemento de destino superior ao mínimo do grupo de clasificación no que se encadre a categoría e así se determine na correspondente RPT.

17.3. Os funcionarios pertencentes a estas categorías que desexen renunciar ao réxime de especial dedicación poderá solicitalo. En caso de concederse tal renuncia percibirán as retribucións complementarias minoradas en dous niveis, sen prexuízo dos dereitos adquiridos por consolidación de grao persoal.

Artigo 18. Xornada de verán

18.1. Durante a temporada dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, o horario ordinario de traballo para o persoal en xeral, establécese de 8: 00 a 14: 00 horas, de luns a venres.

18.2. Durante a temporada dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, o horario de atención ao público, establécese de 8: 30 a 13: 30 horas, de luns a venres.

Artigo 19. Semana Grande

Na semana que coincida coas festas do verán o horario xeral será de 9.00 a 13.00 horas e o do Rexistro de 9.30 a 12.30 horas.

Artigo 20. Traballo en período nocturno e de tarde

Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 22.00 e as 6.00 horas. A quenda de tarde comprenderá en xeral dende as 15.00 ás 22.00 horas, salvo as especificidades que se establezan para cada servicio neste acordo ou en calquera dos seus anexos.

Artigo 21. Traballo en período festivo

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22: 00 horas da véspera e as 22: 00 de cada domingo ou festivo.

Artigo 22. Traballo en quendas

22.1. Naqueles servicios municipais en que pola natureza da súa actividade deban organizarse quendas de traballo, estas efectuaranse, preferentemente mediante rotación voluntaria, entre tódolos empregados dese servicio.

22.2. Especificamente, procurarase que nos servicios en que a actividade se desenvolva en domingos, festivos ou horas nocturnas, as xornadas traballadas en ditas circunstancias serán repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servicio.

Artigo 23. Horas extraordinarias

23.1. Os servicios extraordinarios realizados fóra da xornada laboral, terán unha consideración excepcional e terán que ser argumentadas baseándose en excepcionais necesidades de servicio, en todo caso non poderán exceder de 80 ao ano por traballador/a.

23.2. Para o debido control do número de horas extraordinarias feitas, recoméndase levar un rexistro por servicios co número de horas realizado trimestralmente, que en todo caso será entregado tamén trimestralmente aos representantes dos traballadores.

23.3. As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, á razón dunha hora e media por cada hora traballada. No caso de que sexan realizadas en domingos, festivos ou días de descanso, compensarase con dúas horas.

Serán acumulables para o seu desfrute ata completar xornadas enteiras de traballo.

23.4. De non ser posible a súa compensación en días, por necesidades do servicio ao longo do ano, serán compensadas economicamente como gratificacións adoptando o seguinte módulo:

Valor hora traballada: retribución fixa mes entre xornada media mensual por 1,50.

Retribución fixa mes: retribucións básicas máis complementos de destino e específico.

Xornada media mensual: 150 horas. Nos casos de horas traballadas en réxime nocturno o valor resultante da hora incrementarase nun 25%, valor que tamén será aplicable si se realiza en día festivo. En coincidencia de hora traballada en réxime nocturno e festivo o valor incrementarase nun 50%

Para os efectos anteriores considerarase hora nocturna a traballada entre as 22: 00 e as 6: 00 horas.

As fraccións de tempo traballadas que sexan inferiores a 20 minutos, non será abonables.

En ningún caso poderán presentarse ao cobramento nin aboarse tempos de traballo realizados en xornadas que correspondan como días de permiso solicitados ou de vacacións.

Artigo 24. Calendario

24.1. O calendario laboral será o que os organismos competentes das administracións central, autonómica e o propio concello establezan dentro das súas competencias respectivas.

24.2. Consideraranse festivos para tódolos efectos, como festas propias do concello, con carácter de non re cuperables, e para todo o persoal, as seguintes datas:

b) 24 de decembro, Noiteboa. c) 31 de decembro, Fin de Ano. Non obstante, os días indicados, de non cadrar en domingo ou festivo, o rexistro xeral estará aberto de 10.00 a 13.00 horas, e atendido segundo as correspondentes quendas.

O calendario laboral do concello establecerá medidas de compensación para o caso de que as datas indicadas coincidas con días festivos ou non laborables para o persoal ao seu servicio.

24.3. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organizar o seu traballo en réxime de quendas, ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os empregados públicos.

24.4. Os calendarios laborais elaboraranse antes do 15 de febreiro de cada ano, e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas así o requiran.

Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada, argumentada e negociada cos representantes dos traballadores, e notificarase coa antelación oportuna aos interesados.

24.5. O cambio dun funcionario ou grupo de funcionarios dentro de quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante un informe do xefe do servicio. En todo caso, deberán ser oídos os interesados e os órganos de representación sindical e logo de negociación cos ditos órganos cando se trate de modificacións colectivas no réxime de quendas.

Artigo 25. Absentismo

O concello de A Illa de Arousa potenciará os instrumentos de control e de reducción do absentismo laboral adoptando, entre outras cousas, medidas de mellora dos sistemas de medición do absentismo laboral e do seu seguimento, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas, que deberá debater cos Delegados de Persoal por se fose mester acollerse ás medidas tendentes a súa re ducción, procedendo ao desconto automático das retribucións correspondentes ao tempo de traballo nos casos de causa inxustificada de asistencia, puntualidade e productividade, que se comunicará con antelación ao funcionari@.

Artigo 26. Comunicación de ausencias

As ausencias e as faltas de puntualidade ou de permanencia do persoal, en que se aleguen causas de enfermidade, incapacidade temporal e outras de forza maior, deberán comunicárselle, o antes posible, ao responsable do servicio con independencia da súa ulterior xustificación acreditativa que será presentada no rexistro xeral.

En todo caso e sen prexuízo da facultade do alcalde de esixir a xustificación documental oportuna, a partir do cuarto día de enfermidade será obrigatoria a presentación do parte de baixa e os sucesivos de confirmación coa periodicidade que regulamentariamente proceda.

Sección segunda Vacacións, permisos, licencias e situacións administrativas.

Artigo 27. Vacacións

27.1. Todo persoal terá dereito a gozar, por cada ano completo de servicio activo, dunhas vacacións retribuídas dunha duración dun mes natural, ou de 22 días hábiles anuais, ou ben dos días que en proporción lles correspondan se o tempo de servicios efectivos fose menos. A estes efectos os sábados non serán considerados días hábiles. As vacacións, como dereito individual, gozaranse dentro do ano natural, e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, segundo a planificación que efectúe cada servicio. En ningún caso poderán compensarse economicamente.

As vacacións colleranse preferentemente entre os meses de xuño a setembro, ambos inclusive. No caso de que se soliciten fóra deste período a súa concesión quedará supeditada ás necesidades do servicio e á cobertura do seu posto de traballo.

Asemade, e para os efectos de determinar o período computable para o cálculo das vacacións anuais, as ausencias do traballo por motivos independentes da vontade do funcionario/a, tales como enfermidade, accidente ou maternidade, así como aquelas outras derivadas do goce de licencias a que se refiren os artigos 71 e 72 do articulado da Lei de funcionarios civís do Estado de 1964, ou os permisos recollidos no artigo 30 da Lei 30/84, do 2 de agosto, computaranse como servicios efectivos.

Aqueles funcionarios cunha antigüidade na Administración de 15, 20, 25, 30 ou máis anos completos terán dereito aos seguintes días de vacacións anuais:

Quince anos de servicio: 23 días hábiles Vinte anos de servicio: 24 días hábiles Vinte e cinco anos de servicio: 25 días hábiles Trinta ou máis anos de servicio: 26 días hábiles 27.2. O comezo do período de vacacións quedará suspendido por instancia do interesado, cando se presente unha situación de baixa con anterioridade á data prevista como inicio destas

Igualmente dará lugar á interrupción das vacacións, con suspensión do período que lle queda ao interesado, contando dende o primeiro día da baixa, nos casos en que durante o seu goce se acredite unha situación de incapacidade temporal e esta sexa superior a 5 días naturais.

No caso de baixa por maternidade, cando esta situación coincida co período de vacacións quedará interrompido este, e poderán gozarse as vacacións rematado o período de permiso por maternidade, dentro do ano natural ou ata o 15 de xaneiro do ano seguinte.

En calquera dos casos anteriores, de producirse colisión de intereses entre quen ve modificado o seu cadro de vacacións por esta causa e outros empregados da súa mesma dependencia ou unidade que xa as teña programadas, terán preferencia estes sobre aquel, que, en todo caso, deberá suscitarse para estes efectos ás necesidades do servicio.

27.3. Co obxecto de establecer o calendario anual para o goce das vacación, antes do 1 de abril cada oficina ou servicio terá elaborado o seu cadro de vacacións, o cal se entregará á unidade administrativa que se encargue destas tarefas, quen se ocupará de acadar o visto e prace do AlcaldePresidente e será exposto en cada oficina. A pesar do aquí establecido, poderán realizarse variacións ás previsións contidas no cadro de vacacións xa elaborado; estas variacións deberán comunicarse á unidade administrativa encargada cunha antelación mínima dun mes, para a súa tramitación en iguais termos, e sen prexuízo do indicado no punto anterior.

Artigo 28. Permisos e licencias

28.1. Se concederán permisos, logo do aviso e xustificación por escrito, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo máximo seguinte:

a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grado de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous ou máis membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio.

c) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

d) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días de súa re alización.

e) A traballadora, por lactancia dun fillo menor de doce meses, terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha reducción da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada, ou en unha hora ao inicio ou ao final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen. Igualmente, poderase solicitar a substitución do tempo de lactancia por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou ben por un crédito de horas, podéndose aproveitar, en ambos os casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade.

A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.

Este permiso incrementarase proporcionalmente en caso de parto múltiple.

Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento

f) Nos casos de nacementos de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a traballadora ou o traballador terán dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias, percibindo as retribucións íntegras. Así mesmo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas coa diminución proporcional das súas retribucións.

g) O traballador que, por razóns de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación ou de persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito á reducción dun tercio ou un medio da súa xornada de traballo, coa diminución das retribucións que correspondan.

Terá o mesmo dereito o traballador que precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por sí mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

h) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade de realización delas dentro da xornada de traballo.

i) O persoal terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

j) Para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, o persoal terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para este permisos.

k) Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grado, acollidos/as ou familiares conviventes, e para atender o seu coidado, o persoal terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

l) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.

Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta re ducción poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses.

m) O persoal terá dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas os fillos e as fillas e as persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

n) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable, de carácter público ou persoal, e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

o) O longo do ano os empregados públicos terán dereito a gozar ata nove días por asuntos propios ou particulares, sen prexuicio da concesión dos restantes permisos e licencias establecidos na normativa vixente. Tales días non se poderán acumular ós períodos de vacacións anuais, establecéndose para o seu disfrute un período ata o 31 de decembro. O persoal poderá distribuír ditos días a súa conveniencia, o que se comunicará a unidade administrativa que corresponda, e respectando sempre as necesidades do servicio, debidamente motivadas, se é o caso. Así mesmo, terase dereito ao gozo de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

p) Permiso por parto: Terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas mais no suposto de discapacidade do fillo e, por cado fillo a partir do segundo, no suposto de parto múltiple. O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. En caso de falecemento da nai o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso.

Non obstante o anterior, e sen prexuizo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir disfrutando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo, esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.

Este permiso poderase disfrutar a xornada complete ou a tempo parcial, cando as necesidades do servicio o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinan.

Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos concursos de formación que convoque a administración.

q) Nos supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, o permiso terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido, e por cada fillo, a partires do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

O computo do prazo contarase a elección do traballador, a partires da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partires da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de disfrute deste permiso.

No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderá disfrutala de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos no poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

O permiso a que se refire o presente apartado poderá disfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servicio o permitan e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción ou acollemento internacional, se fora necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, terase dereito, ademais, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este período, exclusivamente as retribucións básicas.

Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no paragrafo anterior e para o suposto contemplado no mesmo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderase iniciar ata 4 semanas antes da resolución xudicial, pola que se constitúa a adopción ou decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoca a administración.

Os supostos de adopción ou acollemento previstos neste artigo, serán os que así se establezan no código civil ou nas leis civís das comunidades autónomas que o regulen, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.

r) Permiso de paternidade por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo:

Terá unha duración de vintenove días naturais, a disfrutar polo pai ou outro proxenitor a partires da data do nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos proxenitores fosen persoal ao servicio da Administración pública galega, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en período ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos na alíneas p) e q).

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas alíneas p) e q) nos seguintes supostos:

Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso.

Se a filiación paterna non estivese determinada. Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.

Cando en resolución xudicial dictada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer.

No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea.

Nos casos previstos nas alíneas p), q) e r), o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computados como de servicio efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.

Os traballadores que fixesen uso do permiso de parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, así que finalice o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles re sulten menos favorables ao gozo do permiso, así

como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.

s) Permiso por razón de violencia de xénero sobre a muller traballadora:

As faltas de asistencia destas traballadoras, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servicios sociais de atención ou de saúda segundo procedan.

Así mesmo, as traballadores víctimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva a súa protección ou dereito de asistencia social integral, terán dereito a unha reducción da xornada con diminución proporcional da retribución, ou a reordenación do tempo de traballo a través da adaptación do horario, da aplicación de horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo do traballo que sexan aplicables, nos termos en que para estes supostos estableza a administración pública competente en cada caso.

28.2. Os traballadores que lles falten menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa poderán obter a súa solicitude, a reducción da súa xornada de traballo ata un medio, coa reducción de retribucións que se determine regulamentariamente, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

A citada reducción de xornada poderá ser solicitada e obtida, de maneira temporal, por aqueles funcionarios que a precisen en procesos de recuperación por razón de enfermidade, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Para o resto de permisos estarase ao disposto no presente documento, na Lei 4/88, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, modificada pola Lei 13/ 2007, do 27 e xullo, e á Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público e Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores.

O persoal laboral gozará, en calquera caso, dos mesmos permisos e licencias que o persoal funcionario.

28.3. Licencias

a) As enfermidades que impidan o normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licencias de ata tres meses de duración con plenitude de dereitos económicos. Unha vez transcorridos os tres meses de baixa por enfermidade e ata o prazo máximo dun ano natural, incluíndo os tres meses, o traballador afectado percibirá unicamente as re tribucións básicas ou o 75% da base reguladora da prestación de incapacidade temporal, en función de cal sexa mais favorable ao traballador.

Aos tres meses de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, o traballador someterase a dictame do facultativo que se determine alleo aos servicios médicos que presten asistencia.

Artigo 29. Común a permisos e licencias

Nas referencias feitas neste capítulo a días de permiso ou licencias, entenderanse feitas a días naturais, sexan laborables ou non, agás no relativo a permisos por asuntos propios que se entenderán sempre como días laborables.

En todo caso os días de permiso por: traslado de domicilio, asistencia a exames, matrimonio de parentes, enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares deberán de coincidir necesariamente co día no que se produza o evento.

Tramitación

O trámite relativo aos permisos e ás licencias será o seguinte.

a) As comunicacións de permisos e licencias que sexan previsibles faranse mediante modelos normalizados no rexistro xeral do Concello, con 3 días de antelación á data do seu comezo, sempre que se achegue o visto e prace do xefe do servicio, salvo os casos de urxente necesidade, en que non será necesario o cumprimento do indicado aviso previo. De non achegar o visto e prace do xefe do servicio será necesario solicitar a licencia con 10 días de antelación. Estes impresos deberán ser cubertos polo interesado, facendo constar a clase de permiso ou licencia que se solicita e a súa duración, e achegando se é o caso a xustificación documental pertinente.

As comunicacións dos permisos sobrevidos ou imprevisibles faranse da mesma maneira, pero ademais comunicaráselle directamente ao xefe do servicio correspondente.

En calquera caso, presentarase a oportuna xustificación documental do permiso dentro do prazo de 7 días naturais a partir da data do seu comezo.

b) A concesión dos permisos e licencias corresponderá ao alcalde do concello ou persoa en quen delegue, quen dictará para o efecto a oportuna resolución.

c) No eido do establecido na liña anterior, as solicitudes das licencias formuladas en forma e prazo, consonte ao establecido neste capítulo, deberán resolverse e notificarse aos solicitantes coa debida antelación con respecto da data en que se deba comezar a licencia solicitada. No caso de que tal re solución non se produza, entenderase concedida nos termos do solicitado, sempre que se axuste ao establecido neste acordo.

CAPÍTULO V RETRIBUCIÓNS

Artigo 30. Conceptos retributivos

30.1. As retribucións do persoal son básicas e complementarias.

Son retribucións básicas:

a) O soldo base. É o que corresponde a cada un dos cinco grupos de clasificación que se determinan no artigo 25 da Lei 30/84, en que se organizan as diferentes categorías dos empregados públicos, nos termos da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007 do 12 de abril. As súas contías serán as anualmente reflectidas na Lei de ornamentos xerais do Estado.

b) Os trienios/antigüidade. É unha cantidade igual para cada grupo de clasificación, ou asimilado, por cada tres anos de servicios efectivos indistintamente prestados en calquera administración pública, tanto en calidade de funcionario de carreira como de interino ou laboral, de conformidade co establecido na Lei 70/1978, de recoñecemento de servicios prestados na administración pública.

As cantidades percibidas por este concepto serán as establecidas na Lei de orzamentos xerais do

Estado para cada grupo de funcionarios e percibiranse a partir do día en que se cumpran tres ou múltiplo de tres anos de servicio activo. Para os efectos da aplicación desta alínea non existirán discriminacións entre persoal fixo ou temporal.

c) As pagas extraordinarias. Serán dúas ao ano, polo importe que determine a Lei de orzamentos do Estado para o persoal e deberanse aboar nas nóminas de xuño e decembro.

Cando o período de servicios prestados fose inferior ao total correspondente dunha paga, esta aboarase na parte proporcional que resulte segundo os meses e días de servicio prestados efectivamente.

Son retribucións complementarias:

a) O complemento de destino. É o que corresponde ao nivel asignado ao posto de traballo que desempeñe e a súa contía será a que determine a Lei de orzamentos xerais do Estado.

A asignación de nivel de cada posto funcionarial farase a través da RPT, valorando os factores re quiridos de titulación, especialización, responsabilidade, mando, competencia e complexidade territorial e funcional; para o caso de postos de empregados laborais estableceranse as táboas de conversióncorrespondencias para as obrigadas compensacións que permitan asimilalos como complementos de posto de traballo.

b) O complemento específico. Estará destinado a re tribuír a instrucción, formación, experiencia, especial dificultade técnica, mobilidade por razóns do servicio, réxime de incompatibilidades, responsabilidade, mando, risco, perigosidade, penosidade, así como a especificidade dos horarios de traballo.

A súa especificación e valoración corresponde ao RPT, que valorará os factores de especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, perigosidade, penosidade, esforzo intelectual e esforzo físico necesarios para desenvolver as tarefas do posto; para o caso de postos de empregados laborais estableceranse as táboas de conversión para as correspondentes compensacións que permitan asimilalos como complementos de posto de traballo.

c) O complemento de productividade, que se asigna en función do especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa co que o funcionario desempeña o seu traballo, e a súa apreciación deberá realizarse en función de circunstancias obxectivas relacionadas co posto de traballo e obxectivos asignados ao mesmo, non dando lugar ao recoñecemento de ningún tivo de dereito individual polas diferencias entre o asignado durante un período de tempo respecto a valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

Corresponde ao Pleno determinar no orzamento a asignación do complemento de productividade e ao alcalde a súa distribución, segundo os criterios aprobados polo Pleno.

d) As gratificacións por servicios extraordinarios fora da xornada normal de traballo, que non poderán ser fixas na súa contía nin periódica no seu devengo, correspondendo ao Pleno determinar no orzamento a súa asignación e o alcalde a distribución, segundo os criterios aprobados polo Pleno.

4. Os créditos destinados a estes complementos serán os que resulten de restar á masa retributiva global presupostada para cada exercicio económico e para cada clase de persoal, a suma das cantidades que ao persoal funcionario lle correspondan polos conceptos de retribucións básicas, axuda familiar e complemento de destino

A cantidade que resulte se destinará:

a) Ata o máximo do 75% para o complemento específico.

b) Ata o máximo do 30% para complemento de productividade

c) Ata o máximo do 10% para gratificacións.

5. As retribucións básicas e complementarias que se perciban con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do traballador ao día primeiro do mes que corresponde, salvo os seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino nunha escala, clase ou categoría, no de reingreso no servicio activo, e no de reincorporación por conclusión de permisos sen dereito a retribución.

b) No mes en que se cese no servicio activo, salvo que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro; e no de iniciación de permisos sen dereito a retribución.

Artigo 31. Retribucións do persoal que desempeñe accidentalmente ou temporalmente outro posto superior ao do seu grupo.

1. O nomeamento accidental ou desempeño de funcións superiores ao do seu grupo dará lugar á percepción das seguintes retribucións básicas e complementarias:

a) Básicas (soldo, trienios e pagas extraordinarias) e CD: as que lle correspondan ao persoal en función do grupo ao que pertenza.

b) Complementarias:

1. Complemento específico: o complemento específico do posto desempeñado, sempre e cando a duración efectiva do nomeamento sexa superior a 15 días naturais seguidos ou ben a 30 días naturais alternos nun período de 3 meses seguidos.

2) Grado persoal consolidado

3) Respecto do complemento de productividade e gratificación, observarase o establecido no acordo presente.

Artigo 32. Indemnizacións

Rexeranse polo RD 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón do servicio, ou norma legal que a substitúa.

Artigo 33. Anticipos:

33.1. Todo persoal funcionario e laboral fixo terán dereito a solicitar un anticipo de ata 4.200. Con tal fin habilitarse anualmente unha partida de 25.000.

33.2. A partir do mes seguinte á data de percepción do anticipo detraerase da nómina do funcionario en cuestión a cantidade que resulte de dividir a contía global do anticipo entre o número de mensualidades que correspondan ao importe que teña solicitado, de acordo coa seguinte escala:

Anticipo de 1.200

Reintegro en 10 mensualidades

Anticipo de 1.800

Reintegro en 15 mensualidades

Anticipo de 3.000

Reintegro en 20 mensualidades

Anticipo de 4.200

Reintegro en 28 mensualidades Estes anticipos solicitaranse a través do Rexistro xeral do Concello, e concederanse en función da data de entrada neste.

33.3. Non se tramitarán novas solicitudes de anticipos ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade.

33.4. No suposto de que un traballador ao que se lle outorgase un anticipo causase baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión de relación laboral, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa.

Artigo 34. Aplicación orzamentaria

As partidas orzamentarias destinadas a atender os anticipos sen interese terán vinculación xurídica.

CAPÍTULO VI AXUDAS E MELLORAS ECONÓMICAS, SOCIAIS,

ASISTENCIAIS E PROFESIONAIS

Artigo 35. Asistencia xurídica

35.1. O Concello de A Illa de Arousa garantirá a asistencia e defensa xurídica especializada aos empregados que a precisen por razón de conflictos derivados da prestación normal do servicio.

35.2. Así mesmo, asume as posibles responsabilidades civís que poidan derivarse da prestación normal do servicio, salvo os derivados de neglixencia ou imprudencia temeraria debidamente probadas.

35.3. Para os efectos de número anterior, o Concello de A Illa de Arousa subscribirá unha póliza de responsabilidade civil que garanta unha cobertura axeitada para todo o persoal ao seu servicio.

Artigo 36. Incapacidade temporal

O concello completará as percepcións dos funcionarios municipais durante a situación de incapacidade temporal ata o 100% das súas retribucións mensuais durante o seu período debéndose xustificar tal situación mediante o correspondente parte facultativo.

Artigo 37. Capacidade diminuída

37.1. Cando se dean nun empregado municipal circunstancias de capacidade diminuída, sobrevida e permanente, debidamente acreditadas mediante informe médico, poderá ser destinado mediante resolución da Alcaldía, coa súa conformidade e con informe previo do comité de empresa ou delegados de persoal, a postos de traballo vacantes, definidos na relación, que sexan axeitados ás súas condicións, deixando vacante o posto de que era titular.

Na medida do posible, procurarase un novo destino dentro do servicio a que pertenza.

37.2. Sen prexuízo do establecido no número anterior, os traballadores municipais maiores de 55 anos que desempeñen postos de traballo en condicións de penosidade, perigosidade e toxicidade poderán solicitar a adscrición a posto de segunda actividade, preferentemente dentro do propio servicio.

37.3. A comisión paritaria mista de control e seguimento establecerá durante o primeiro ano de vixencia deste acordo, unha relación de postos de traballo de segunda actividade para cada servicio, vistas as propostas que para estes efectos formulen os respectivos xefes dos servicios.

Artigo 38. Integración dos minusválidos

38.1. Nas convocatorias para postos ou prazas da oferta de emprego público do concello non se establecerán exclusións por eivas físicas ou psíquicas, salvo nos casos en que estas sexan incompatibles co normal desempeño das tarefas e funcións propias do posto de traballo obxecto da convocatoria.

38.2. O concello velará polo estricto cumprimento da Lei 13/1982, de integración social de minusválidos e Lei 51/2003, do 2 de decembro.

38.3. Nas probas selectivas estableceranse para as persoas minusválidas que así o soliciten, adaptacións de tempo e medios para a súa realización, de tal xeito que gocen de igualdade de oportunidades respecto dos demais participantes.

Artigo 39. Revisión médica e roupa adecuada

Ademais do recoñecemento médico de ingreso, efectuarase a todo o persoal un recoñecemento médico como mínimo cada dous anos, e cunha periodicidade anual, ou inferior ao ano, ao persoal que ocupe postos de traballo con risco de toxicidade, penosidade, perigosidade ou calquera circunstancia de risco excepcional para a saúde.

As revisións médicas serán adaptadas e específicas en relación ao perfil e características do posto desempeñado e obrigatorias para todo o persoal.

A corporación dotará da roupa adecuada para o desempeño do seu traballo ao persoal que o necesite por razóns das súas funcións.

No que atinxe ao colectivo da policía local, observarase o disposto nas normas da comunidade autónoma sobre elementos de identificación e uniformidade.

En canto as características do vestiario e ao período de renovación do vestiario correspondente, será a comisión paritaria mista de control e seguimento e interpretación a encargada de propor a súa determinación.

CAPÍTULO VII CONDICIÓNS DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAIS

Artigo 40. Dereitos e deberes en materia de seguridade e saúde laboral

40.1. O persoal do concello de A Illa de Arousa ten dereito na prestación dos seus servicios a contar cunha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral. Para tal efectos, adoptaranse as medidas oportunas que garanten debidamente a súa protección no desenvolvemento das súas tarefas.

40.2. Os empregados públicos están obrigados a observar estrictamente tódalas medidas de seguridade e saúde laboral que se adopten con carácter xeral e específico en cada centro ou posto de traballo.

40.3. Así mesmo, os empregados públicos municipais teñen o deber de cooperar na prevencións dos riscos profesionais e manter a máxima hixiene no traballo cumprindo coas instruccións e ordes sobre estas materias.

Neste eido, os empregados públicos estarán expresamente obrigados a:

Usar correctamente os medios de protección persoal e coidar do seu perfecto estado de conservacións.

Dar conta inmediata ao responsable da unidade de traballo ou administrativa en que se integren ou directamente ao comité de seguridade e saúde laboral das avarías e deficiencias que poidan supoñer riscos ou ocasionar perigo en calquera centro de traballo

Coidar e manter a súa hixiene persoal para evitar enfermidades contaxiosas ou molestias aos seus compañeiros.

Someterse a recoñecementos médicos periódicos e a vacinacións ou inmunizacións ordenadas polas autoridades sanitarias ou polo comité de seguridade e saúde laboral.

Non consumir bebidas alcohólicas durante a xornada laboral e absterse de fumar nos lugares que puidesen re sultar molestos aos propios compañeiros ou cidadáns, e non presentarse ou permanecer no posto de traballo en estado de embriaguez ou de calquera outro tipo de intoxicación.

Cooperar na extinción de sinistros e no salvamento e auxilio de víctimas de accidente de traballo nas condicións que, en cada caso, fosen racionalmente esixibles.

40.4. Todo traballador, en caso de risco inminente, e logo de solicitar do seu inmediato responsable de unidade os medios de protección e prevención de carácter preceptivo para realizar o seu traballo, poderá demorar a execución en tanto non se lle faciliten os ditos medios. Neste suposto, poderá dar conta inmediatamente do feito ao comité de seguridade e saúde laboral ou a algún dos seus membros, sen prexuízo de poder poñelo en coñecemento da Inspección Provincial de Traballo.

40.5. Para o non previsto neste artigo, será en todo caso de aplicación a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e demais normas legais re lativas a esta materia.

40.6. O persoal terá obrigatoriamente que usar o material.

Artigo 41. Comité de seguridade e saúde laborais

41.1. O persoal ten dereito a participación por medio dos seus representantes na procura da súa protección en materia de seguridade e saúde. Para estes efectos, constituirase un comité de seguridade e saúde laboral, que terá por obxecto velar pola adopción, mantemento e perfeccionamento das medidas axeitadas de seguridade e saúde laboral nos centros de traballo dependentes do Concello de A Illa de Arousa.

41.2. Este comité, que estará integrado de forma paritaria polos representantes dos empregados públicos e máis da corporación, deberá constituírse á entrada en vigor deste acordo e deberá aprobar o seu propio regulamento de funcionamento.

Artigo 42. Función do comité de seguridade e saúde

Son funcións do comité de seguridade e saúde:

a) Promover nos centros de traballo a observación das disposición vixentes en materia de seguridade e saúde, impoñéndoas e facéndoas cumprir.

b) Estudiar e propor as medidas oportunas para prever riscos laborais, integridade física e psíquica, saúde, condicións de salubridade e benestar do persoal.

c) Organizar campañas de formación e sensibilización do persoal en materia de seguridade e hixiene.

d) Investigar as causas de enfermidades e accidentes.

e) Promover a paralización provisional dun traballo ante a presencia dun grave ou inminente risco para a integridade física do persoal, salvo caso de forza maior.

f) A proposta ao concello para a selección das mutuas patronais para continxencias profesionais.

g) Calquera outra relacionada coa seguridade e saúde laborais que se determine no seu regulamento de funcionamento.

Artigo 43. Actividades tóxicas, penosas ou perigosas

43.1. As tarefas que leven a cabo os traballadores do Concello de A Illa de Arousa, no desenvolvemento das súas funcións, consideraranse tóxicas, penosas ou perigosas, segundo o establecido neste artigo, aínda cando a execución de tales actividades sexa inherente ao estricto cumprimento das obrigas laborais dos propios empregados públicos.

43.2. Consideraranse actividades tóxicas todas aquelas tarefas que supoñan unha exposición continuada a calquera substancia que teña a consideración de tóxica ou nociva para a saúde, como exposicións a fumes, gases, pos en suspensión e outras.

43.3. Consideraranse actividades penosas as tarefas que se executen en situación de exposición continua ou frecuente a ruídos, vibracións, fumes, lume, cheiros, brétema e outras substancias que non poidan ser consideradas tóxicas, así como aquelas outras que, como consecuencia da exposición continuada a elas, poidan cegar a producir risco para a integridade física ou a saúde, como o traballo en posturas incómodas ou forzadas, levantamento continuo de pesos, movementos continuados que supoñan esforzo físico e tarefas executadas en frecuente exposición ás inclemencias meteorolóxicas ou ambientais.

43.4. Consideraranse actividades perigosas as susceptibles de producir lesión física, tales como as que impliquen manipulación, expenderías ou almacenamento de productos con risco de producir explosión, inflamación, radiación ou semellantes, ou o manexo de máquinas, vehículos ou ferramenta de traballo que poidan poñer en perigo a integridade física dos traballadores, así como as tarefas que frecuentemente se desenvolvan en situación de conflictividade ou de inseguridade.

43.5. En calquera caso, procurarase resolver mediante a implantación das necesarias medidas de seguridade e saúde laboral as condicións de toxicidade, penosidade ou perigosidade.

CAPÍTULO VIII DERECHOS SINDICAIS

Artigo 44. Principio xeral

O Concello de A Illa de Arousa que asume este acordo recoñece e aplicará a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS), modificada pola Lei orgánica 14/1994, do 19 de maio, así como a Lei 9/1987, do 12 de maio (LORP), de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servicio das administracións públicas, así como o convenio 151 da OIT, do 27 de xuño de 1978, sobre a protección do dereito de sindicación e os procedementos para determinar as condicións de emprego nas administracións públicas, así como calquera outra que lle sexa de aplicación.

Artigo 45. Garantías e facultades dos representantes dos traballadores:

Os membros dos órganos de representación electos terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano competente nos supostos de seguirse procedemento disciplinario a un deles, sen prexuízo do/a interesado/a que se regule no dito procedemento.

b) Expresar individualmente e colexiadamente, con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír as informacións de interese profesional, laboral e social, comunicándoo ao presidente da entidade. Para estes efectos débese garantir a súa publicidade en lugares visibles e facilitarlle a utilización de medios e materiais de traballo para a confección das informacións.

c) Non pode ser sancionado disciplinariamente nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, nin trasladados con carácter forzoso en razón precisamente do desempeño da súa representación, durante o seu mandato, nin dentro do ano seguinte a expiración deste.

d) Dispoñer das horas regulamentarias mensuais das correspondentes á súa xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o exercicio das súas funcións de representación.

e) Serlles admitida a súa abstención ou recusación no suposto de ser designados como instructor/a ou secretario/a nun expediente disciplinario.

f) Utilizar un local, facilitado polo concello, para actividades sindicais, cunhas características e equipamento que satisfaga as diversas necesidades que en canto a capacidade, dotación, material e situación física puidesen presentarse.

g) Sección e delegados sindicais: Tódalas organizacións sindicais que conten con afiliación e representación dentro do Concello, poderán construír ao abeiro da LOLS, seccións sindicais de empresa. O seu responsable, que se nomeará entre @ s traballador@ afiliad@ s, terá os mesmos dereitos que os delegados de persoal, agás o voto.

Artigo 46. Competencias

Os órganos de representación sindical terán as seguintes competencias:

1. Recibir a información dos asuntos que afecten ao persoal da respectiva entidade local, isto por conducto dos responsables de persoal deste.

2. Investigar e informarse, por iniciativa propia, de tódalas cuestións que afecten ao persoal agás os que afecten á intimidade persoal da respectiva entidade local, lexislación para tal fin de acceso, consulta e reproducción gratuíta da documentación relativa ás ditas cuestións.

3. Para formar parte nos tribunais de calquera selección de persoal, estarase ao dictado no art. 60 da Lei 7/07.

4. Participar e colaborar así como informar xunto cos delegados de prevención, en material de prevención de riscos laborais e determinación das condicións de traballo.

5. Obtido o permiso previo da Alcaldía, convocar reunións de persoal ou asemblea de traballadores durante a xornada de traballo. Neste sentido, están lexitimados para convocar reunións ou asemblea de persoal dunha entidade local, de sector ou no seu conxunto:

a) Organizacións sindicais, ou a través dos delegados sindicais.

b) Órganos de representación electos.

c) Calquera colectivo público, sempre que o seu número non sexa inferior a un 40% do colectivo afectado.

6. O concello facilitará os locais adecuados para as reunións. As súas características e equipamento satisfarán as diversas necesidades que, en canto a capacidade, dotación material e situación puidesen presentarse.

7. Cando a asemblea se realice en horario laboral, a súa duración máxima será de unha hora e faranse na derradeira hora da mesma.

Artigo 47. Dos dereitos de negociación e participación colectiva

a) A composición da mesa xeral de negociación será paritaria. Constituirase a mesa xeral de negociación no ámbito do concello de A Illa de Arousa, en que estarán presentes os representantes desta Administración pública e as organizacións sindicais máis representativas no ámbito estatal e da comunidade autónoma, así como os sindicatos ou agrupacións de traballadores que obtivesen algún delegado de persoal.

b) A mesa xeral de negociación dotarase dun regulamento de funcionamento.

c) Serán obxecto de negociación no ámbito da mesa de negociación do Concello de A Illa de Arousa, e cos límites establecidos pola lexislación na materia, entre outros posibles:

1. A aplicación do incremento das retribucións dos funcionarios nos ornamentos ordinarios do concello de cada ano

2. A determinación e aplicación das retribucións complementarias

3. A preparación e deseño dos programas de oferta de emprego público.

4. A clasificación dos postos de traballo

5. A determinación dos programas de fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

6. Os sistemas de ingreso, provisión e promoción dos empregados público municipais.

7. As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

8. As medidas sobre seguridade e saúde laboral.

9. As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencia e, en xeral, cantas outras afecten as condicións de trabalo e ao ámbito das relacións laborais dos traballadores, funcionarios e representantes sindicais do concello.

d) Consonte ao establecido na Lei 2/1997, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, o concello entregará aos órganos de representación sindical unha copia básica de tódolos contratos de relación laboral que realice no seu ámbito institucional.

Artigo 48. Do dereito á folga

a) O persoal municipal poderá exercer o dereito á folga nos termos recollidos na lexislación vixente, sen prexuízo do establecido especificamente para a policía local na Lei 2/1996, de corpos e forzas de seguridade do Estado.

b) Cando teña lugar unha convocatoria de folga validamente tramitada, tanto na forma como no prazo, consonte a lexislación vixente, que afecte no seu ámbito aos centros de traballo do Concello de A Illa de Arousa, considerarase establecidos automaticamente os servicios mínimos que, de común acordo, determine a comisión paritaria.

CAPÍTULO IX SELECCIÓN, CLASIFICACIÓN, PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E FORMENTO DA PROMOCIÓN E DA FORMACIÓN

Artigo 49. Relación de postos de traballo

49.1. Os postos de traballo actuais do concello son os reflectidos no cadro orzamentario para o ano 2007, aprobado polo Pleno e publicado no BOP.

49.2. O concello confeccionará unha relación de postos de traballo (RPT), dentro da súa capacidade de autoorganización, que deberá comprender tódolos postos de traballo, incluíndo como mínimo o seguinte:

Denominación, tipo e sistema de provisión Requisitos esixidos para o seu desempeño Retribucións complementarias que lle correspondan.

49.3. A creación, modificación, refundición e supresión de postos de traballo efectuaranse a través da relación de postos de traballo, e por acordo do Pleno, por proposta dunha comisión constituída para o efecto, e integrada por:

a) O alcalde ou concelleiro en que delegue b) Un representante de cada grupo municipal con re presentación corporativa

c) A representación unitaria dos traballadores. 49.4. Para poder controlar adecuadamente este instrumento (RPT), con natureza de norma consensuada, ademais doutras medidas que se poidan adoptar, haberá que publicar calquera modificación que se produza no BOP e máis no taboleiro de anuncios do concello, sen prexuízo de poder facerse tamén por outros medios de difusión.

Artigo 50. Condicións profesionais

Principio xeral de acceso á Administración local e sistemas de selección.

En todo caso seguirase o disposto no Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que se deba axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén se seguirá nesta materia o disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 51. Acceso

51.1. O ingreso do persoal ao servicio da Administración local galega realizarse a través da oferta de emprego público, con total respecto aos principios básicos de acceso á función pública, de conformidade cos postulados constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, establecendo como mecanismos de garantías os seguintes.

51.2. Publicidade da convocatoria nos diarios oficiais (BOP, DOG, BOE) e, polo menos nun xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal fixo, e un xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal temporal; en todo caso para este último tipo de persoal, e como mínimo, as convocatorias será expostas e publicadas nos taboleiros de anuncios do concello.

51.3. Nas probas eliminatorias garantirase o anonimato dos aspirantes naquelas probas en que sexa posible.

51.4. Sobre as bases xerais de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así como para a promoción interna e provisión de postos de traballo, darase conta a mesa xeral de negociación.

51.5. Os tribunais e/ou comisións de selección estarán integradas, de conformidade co Decreto 364/1995, do 10 de marzo, de ingreso do persoal ao servicio da Administración do Estado, por un número impar de membros, non inferior a cinco, cos seus respectivos suplentes, debendo posuír a totalidade destes un nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o ingreso no corpo, escala ou grupo profesional de que se trate.

51.6. Para poder participar nos procesos selectivos convocados na Administración local será necesario reunir os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, ou a dun Estado membro da Unión Europea nos termos previstos na lexislación vixente.

b) Estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela no prazo de presentación de solicitudes.

c) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas habituais do corpo, escala ou praza correspondentes.

d) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder da idade de xubilación forzosa, salvo naqueles corpos ou escalas que teña determinada por lei outra idade de ingreso ou xubilación

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

Artigo 52. Proceso selectivo

52.1. Tanto o temario como a estructura do proceso selectivo deberá ter en conta que este supón o ingreso nun grupo profesional ou áreas funcionais. Atendendo a estas cuestións fundamentais, os programas das convocatorias constarán do número de temas e exercicios seguintes:

Grupo A: 90 temas (50 comúns e 40 específicos) Grupo B: 60 temas (30 comúns e 30 específicos) Grupo C: 40 temas Grupo D: 20 temas

Grupo E: 10 temas 52.2. O sistema de valoración das diferentes probas, é a seguinte:

a) A puntuación da fase do concursooposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das dúas fases.

b) A puntuación da fase de oposición virá dada pola suma das puntuacións dos exercicios correspondentes.

c) A puntuación obtida na fase de concurso non se poderá aplicar para superar a fase de oposición, que terá carácter eliminatorio.

d) As materias e programas correspondentes a cada convocatoria a título de recomendación e conforme a lexislación aplicable serán materia de estudio e negociación, sendo incorporada a este acordo como anexos. En todo caso:

Temario: tal como establece o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as re gras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración local, coa salvedade que para a promoción interna establece o artigo 77 do Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, sobre exención de probas sobre aquelas materias das que o seu coñecemento polo funcionario estea acreditada suficientemente nas de ingreso ao grupo profesional de orixe, o temario será o seguinte:

Materias comúns:

Constitución Española Organización do Estado Estatuto de autonomía Réxime local Dereito administrativo xeral Facenda pública e Administración tributaria

Materias específicas: versarán sobre o contido das funcións e tarefas atribuídas legalmente ao grupo profesional ou clase á que se refiren as probas.

O número de temas, segundo o grupo profesional será o seguinte:

Grupo D: 10 temas Grupo C: 20 temas Grupo B: 30 temas Poderase incluír, así mesmo, unha entrevista cos aspirantes que poderá contar cunha parte dirixida e/ ou test psicotécnico para valorar a idoneidade do candidato, que nunca terá carácter eliminatorio e cun valor máximo de 1,5 puntos.

Artigo 53. Selección do persoal funcionario interino:

A selección dos funcionarios interinos farase de convenio co sistema selectivo que a Administración pública determine, respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade. O referido sistema deberá permitir a máxima axilidade na selección, en razón da urxencia re quirida para o desempeño transitorio dos postos de traballo ou das funcións correspondentes.

Artigo 54. Oferta de emprego público

54.1. Os postos de traballo dotados orzamentariamente que non sexan susceptibles de seren cubertos por persoal da corporación da que se trate constituirán a oferta de emprego público, unha vez negociada na mesa xeral de negociación, axustándose ó que dispoña a Lei de orzamentos xerais do Estado, cada ano. Nas ofertas de emprego público deberá figurar o número porcentual que a lexislación vixente reserva a persoas con minusvalidez, especificando a denominación e características das prazas.

54.2. En ningún caso poderá constituír como mérito para acceder á función pública o ter desempeñado un posto de traballo con carácter eventual.

54.3. Cando, en cómputo anual e por grupos ou categorías profesionais, se exceda de 800 horas extraordinarias, deberá crearse unha nova praza no cadro de persoal.

54.4. En todo caso, os procedementos de selección de persoal derivados da oferta pública deberán de estar re matados antes de que se publique a seguinte oferta.

Artigo 55. Promoción interna

55.1. A promoción interna consiste no acceso dende corpos ou escalas dun grupo de titulación a outro do inmediato superior ou no acceso a corpos ou escalas do mesmo grupo de titulación.

A promoción profesional haberá de constituír un instrumento indispensable nun modelo avanzado de carreira profesional na función pública.

55.2. Como criterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:

a) A promoción deberá ser o instrumento para incrementar a capacidade de traballo dos/as empregados/as públicos/as e, en definitiva, os niveis de motivación e integración.

b) A promoción deberá basearse no esforzo profesional, o historial profesional e a carreira, a formación e cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto de considración a antigüidade.

c) De acordo con estes criterios, no ámbito das Administracións locais de Galicia, deberán efectuarse procesos de promoción, separados dos de ingreso, que se desenvolverán en convocatorias independentes.

d) Efectuaranse mediante o sistema de concursooposición con suxeición aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

55.3. Requisitos: Para participar en probas de promoción interna o persoal funcionario deberá posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos no grupo ou escala á que pertenza o día da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e posuír a titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ao grupo ou escala ao que aspire ingresar.

No suposto de promoción do grupo D ao C poderase eximir do requisito de titulación cando se trate de funcionarios cunha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación, de conformidade coa disposición adicional novena do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Artigo 56. Sistema de promoción

56.1. O sistema de promoción será o de concursooposición. A promoción dentro dun mesmo grupo de titulación poderá facerse polo sistema de concurso de xeito motivado e as reclasificacións por reasignación de efectivos tamén pola superación de cursos específicos. 58

Como norma xeral aconséllase valorar a fase de concurso co 30% da puntuación total, e co 70% restante a fase de oposición.

56.2 Proposta indicativa de baremo de concurso. Esta fae de concurso será puntuada de 0 a 10 puntos como máximo; o resultado da suma dos distintos méritos presentados polo/a concursante, finalmente terá que ser proporcional ao 30% establecido como máximo tamén para esta fase.

a) Antigüidade: por cada ano ou fracción do grupo ou escala de orixe; 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: pola participación en cada curso relacionado coas funcións a desenvolver, impartido polo INAP, pola EGAP ou calquera outro centro oficial autorizado, (por exemplo, sindicatos), para impartilos, incluídos os organizados ou promocionados pola corporación de que se trate; esta fase será puntuada cun máximo de 5 puntos.

* Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

* Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo, 0,40 puntos.

* Por cada curso de 10 a 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo, 0,20 puntos.

c) Cursos de aproveitamento, (cursos nos que independentemente do número de horas lectivas, esixen un exame final para a obtención do diploma)

* Por cada curso de aproveitamento un mínimo de 0,80 puntos, podendo ser incrementada a súa valoración tamén en función do seu número de horas lectivas segundo a táboa anterior, non podendo exceder en todo caso de 1 punto máximo por curso.

d) Coñecemento do idioma galego: Por superar o curso de iniciación; 0,50 puntos. Por superar o curso de perfeccionamento: 0,75 puntos

Para Administración xeral: Medio: 1 punto Superior: 1,25 puntos.

e) As titulacións superiores que os/as aspirantes poidan acreditar (á parte da esixida para poder participar), e teña relación coa praza ou posto de traballo ao que se opta, serán puntuadas con 1 punto como máximo.

56.3. Fase de oposición:

a) Consistirá na realización de dous exercicios: un teórico e outro práctico. O exercicio teórico consistirá nun test con preguntas relativas ao programa aprobado para grupo ou escala

O exercicio práctico consistirá no desenvolvemento por escrito ou materialmente de supostos derivados do temario a proposta de tribunal e que unha vez realizado será lido polo aspirante no caso de ser escrito.

b) Cando a súa natureza o permita os exercicios será anónimos.

c) Cada exercicio puntuarase globalmente de 0 a 10 puntos, e quedará eliminado o aspirante que non acade polo menos 5 puntos en cada un deles.

d) O temario, na quenda de promoción interna, reducirase con relación ao establecido para a quenda libre, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais acreditados nos exames de ingreso na Administración.

e) Proposta de aprobados: a suma de puntuacións obtidas en ámbolos dous exercicios da oposición, sumada á conseguida na fase de concurso, servirá para elaborar a relación de aprobados por orde de puntuación. No caso de empate resolverase a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persistir o empate, o de maior antigüidade; e de continuar manténdose, o de maior idade.

f) Temario: tal como establece o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as re gras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración local, coa salvedade que para a promoción interna establece o artigo 77 do Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, sobre exención de probas sobre aquelas materias das que o seu coñecemento polo empregado/a estea acreditada suficientemente nas de ingreso ao grupo profesional, corpo ou escala de orixe, o temario será o seguinte:

Materias comúns:

Constitución española Organización do Estado Estatuto de autonomía Réxime local Dereito administrativo xeral Facenda pública e Administración tributaria

Materias específicas: versarán sobre o contido das funcións e tarefas atribuídas legalmente ao grupo profesional ou clase á que se refiren as probas

O número de temas, segundo o grupo ou clase será a seguinte:

Asimilable ao grupo D: 10 temas

Asimilable ao grupo C: 20 temas

Asimilable ao grupo B: 30 temas

56.4. Acceso libre: Cando non se poidan prover con persoal propio da corporación, mediante a oportuna provisión de postos de traballo, as prazas vacantes cubriranse a través da oferta de emprego público.

Artigo 57. Provisión de postos de traballo

57.1. A provisión de postos de traballo realizarase a través do sistemas de libre designación, concurso específico ou concurso de méritos, que será o sistema xeral.

57.2. Os/as empregados/as públicos/as unicamente poderán ser removidos por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto realizada a través das relacións de postos de traballo ou prevista nestas que modifiquen os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ao posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal, mediante resolución motivada do órgano que efectuou o nomeamento.

57.3. As bases e convocatorias publicaranse no BOP ou da comunidade autónoma, e o anuncio das convocatorias no BOE, e conterán necesariamente:

a) Denominación, localización, categoría profesional e salario

b) Requisitos esixidos para o seu desempeño, entre os que unicamente poderán figurar os contados nas relacións de postos de traballo

c) Prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso poderán ser inferior a 15 días hábiles, contando a partir da publicación

57.4. Baremo. Méritos: avaliaranse como tales:

a) Antigüidade

b) Cursos de formación e perfeccionamento (relacionados sempre coas funcións do posto a que se aspira)

c) Titulación académicas superiores, excluíndo as que serviron para obter outra superior, ou complementarias das que se esixe para acceso ao grupo relacionadas coas funcións propias do posto de traballo e outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto.

d) Coñecemento do idioma galego

e) Carreira administrativa

f) No caso de empate terá preferencia para que lle sexa adxudicado o posto o que obtivese maior puntuación polo punto primeiro, de persistir o empate terá preferencia o de maior idade.

Artigo 58. Mobilidade entre administracións públicas e substitucións no propio concello

a) Unha vez rematada a quenda de promoción profesional e con cargo ás prazas que vaian ser obxecto de convocatoria libre, poderanse atender peticións de traslado formuladas por traballadoras/es doutras administracións públicas. En todo caso, será requisito imprescindible para a concesión deste tipo de traslado que a Administración de orixe teña regulado un sistema de reciprocidade que tamén o permita.

b) As substitucións a postos da subescala administrativa da admón. xeral e demais subescalas dentro do concello, veñan a producirse estas por vacantes, baixas médicas (de duración mínima dunha semana) ou vacacións, soamente poderán ser cubertas temporalmente por persoal do concello pertences a grupos inmediatamente inferiores; nos supostos nos que non existan traballadores/as deste grupo ou habéndoos exista incompatibilidade manifesta de cargos nese grupo, poderán nomearse do seguinte grupo inferior.

Percibirán a diferencia das retribucións complementarias ata a totalidade das que ten o posto para o que foi nomeado accidentalmente.

CAPÍTULO X DEREITOS E DEBERES LINGÜÍSTICOS

Artigo 59.

59.1. De acordo coa lexislación vixente, o galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de A Illa de Arousa, sen prexuízo do disposto na

Constitución Española de 1978 en relación co coñecemento e uso da lingua castelá.

59.2. A declaración de oficialidade do idioma galego esixe que todo o persoal ao servicio do concelle estea en condicións de empregalo. O persoal ao servicio do Concello de A Illa de Arousa ten dereito e o deber de desenvolver a súa actividade laboral e profesional no idioma galego, e a acceder a vías de formación lingüística en relación co servicio público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposición contidas no Estatuto de Autonomía, Lei 3/ 1983, de normalización lingüística de Galicia, Lei 5/1988, que regula o uso do galego nas entidades locais.

59.3. O Concello de A Illa de Arousa establecerá, de acordo coas disposicións normativas nomeadas e coas que puidesen dictarse nese ámbito, as medidas adecuadas para garantir aos seus empregados o exercicio pleno e sen restriccións dos dereitos recollidos neste capítulo, nos niveis oral e escrito do uso do idioma galego.

Estas medidas incluirán necesariamente, entre outras, as seguintes:

a) A elaboración dun programa de formación lingüística para o persoal

b) A regulación da avaliación do coñecemento do idioma galego para os efectos de acceso, promoción interna e provisión de postos de traballo

c) A implantación de sistemas de traballo que aseguren o exercicio do dereito dos traballadores do concello a desenvolver a súa actividade laboral en galego.

d) A adopción das medidas imprescindibles tendentes a garantir o dereito dos administrados a ser atendidos na lingua oficial de Galicia

59.4. Os empregados públicos teñen o dereito a asistir a cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do idioma galego organizados polo concello dentro do horario de traballo. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

59.5. Para potenciar o emprego do idioma galego no Concello de A Illa de Arousa e garantir o dereito dos administrados ao uso do galego nas súas relacións coa Administración pública, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase, en todo caso, unha proba de coñecemento da lingua galega, de caracter obrigatorio e non eliminatorio.

CAPÍTULO XI RÉXIME SANCIONADOR E DISCIPLINARIO

Artigo 60.

60.1. Transitoriamente, e mentres non sexa aprobado un réxime disciplinario específico para os funcionarios de Administración local ou da Administración autonómica, rexerá no Concello de A Illa de Arousa o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración do Estado, aprobado polo Real decreto 33/1986 e Lei 7/2007, do 12 de abril, tamén, no que lles poida ser aplicable, para o persoal laboral, e sen prexuízo da aplicación á policía local do réxime disciplinario previsto na lexislación vixente.

60.2. A corporación municipal comprométese a esgotar a vía do diálogo e da información reservada previa á iniciación dun expediente disciplinario a calquera traballador/a ou funcionario/a do Concello de A Illa de Arousa.

60.3. Os delegados de persoal e as seccións sindicais, con representación neste Concello, correspondentes serán oídas nos expedientes disciplinarios que se incoen contra funcionarios/as do concello, tanto na fase de instrucción como na da súa resolución, sempre que exista petición expresa neste senso por parte do/a inculpado/a.

Neste sentido, deberase notificar aos delegados de persoal e sindicais a iniciación, tramitación e resolución de tódolos expedientes sancionadores e disciplinarios que se incoen con relación ao persoal do concello por razón da súa relación de traballo. Así mesmo, terá n dereito a ser oídos en comparencia directa polo xuíz instructor e pola autoridade ou órgano competente en materia sancionadora e disciplinaria logo da adopción de re solución.

60.4. En todo caso, gardarase total discreción en canto á identidade do/a funcionario/a en cuestión e dos feitos que se lle imputan, calquera que sexa a fase do procedemento.

60.5. Sempre que se inicie un expediente sancionador e disciplinario deberá poñerse fin ao procedemento coa correspondente resolución por parte do órgano competente. A resolución deberá ser motivada e nela non se poderán aceptar feitos distintos dos que serviron de base ao prego de cargos e á proposta de resolución, sen prexuízo dunha distinta valoración xurídica.

CAPÍTULO XII SEGUIMENTO E CONTROL

Artigo 61. Comisión paritaria de seguimento e control

61.1. Constituirase unha comisión paritaria de seguimento e control intregrada por dous concelleiros re presentantes da corporación e dous representantes da parte sindical negociante deste acordoconvenio coa función de interpretar o texto deste acordoconvenio (cando xurdan dúbidas sobre a súa concreta aplicación), así como da vixilancia e seguimento do seu cumprimento.

61.2. Esta comisión constituirase no prazo máximo dos 30 días seguintes da publicación deste convenio no BOP e reunirase ordinariamente unha vez ao ano e extraordinariamente, e no prazo máximo de 4 días, cando sexa solicitada por calquera das partes.

61.3. Os acordos da comisión serán tomados por unanimidade.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Única

1. As retribucións do persoal funcionario e laboral serán inicialmente as establecidas pola Lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2008.

2. De acordo coa disposición adicional primeira deste acordoconvenio, e unha vez acordada a valoración e a subseguinte RPT, procederase, no prazo máximo de tres meses á negociación na comisión paritaria da táboa de correspondencias retributivas entre persoal laboral e funcionario para que, con base no principio básico de a igual traballo igual salario.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira

Durante o primeiro ano do período de vixencia deste acordo o concello comprométese a realizar valoración do conxunto dos postos de traballo da entidade, mediante o sistema de valoración por puntos, segundo os factores e requisitos esenciais de cada posto, como fundamentación da relación de postos de traballo (RPT) precisos para a relación de servicios que garanta un ordenamento controlado do persoal e, en xeral, a seguridade xurídica en canto a vacantes e outros aspectos con ela relacionados (forma de provisión, complemento específico, etc), e para o que se tomará como referencia o modelo do Estado.

Para poder controlar adecuadamente este instrumento (RPT), con natureza de norma consensuada, ademais doutras medidas que se poidan adoptar haberá que publicar calquera modificación que se produza no BOP e máis no taboleiro de anuncios do concello, sen prexuízo de poder facerse tamén por outros medios de difusión.

Segunda

Na RPT incluirase un determinado perfil lingüístico como requisito para determinados postos de traballo, especialmente aqueles de relación e atención ao público. Nas probas selectivas para a provisión destes postos incluirase unha proba, con carácter eliminatorio, de coñecementos do idioma galego.

Terceira

Durante o primeiro ano de vixencia deste acordo o concello comprométese a negociar o Regulamento de provisión de postos de traballo de persoal ao servicio do Concello de A Illa de Arousa, os regulamentos de funcionamento dos servicios de policía.

Cuarta

Para os efectos do disposto no artigo31.2b) deste acordoconvenio, o Concello de A Illa de Arousa, mediante resolución da Alcaldía, recoñecerá de oficio, e no prazo máximo de 30 días dende a publicación, os trienios devengados a todo o persoal temporal que, cunha antigüidade igual ou superior a 3 anos, non os viñese percibindo ata o momento.

Quinta

O Concello de A Illa de Arousa comprométese a non contratar persoal a través de empresas de traballo temporal

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Quedan derrogados a totalidade de pactos, convenios ou acordos anteriores, así como cantas instruccións, acordos parciais e outras disposicións de igual ou inferior rango poidan opoñerse, por ser incompatibles ou limita os acordos aquí adoptados.

Na Illa de Arousa, a 14 de marzo de 2008. O Alcalde, José Manuel Vázquez Vázquez. 2008003138