C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA. PERSOAL LABORAL (36003152011999) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, con n º de codigo 3603152 09/02/2007 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2007 Vigente

Convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, con n º de codigo 3603152 (Boletín Oficial de Pontevedra núm. 29 de 09/02/2007)

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, con n º de código 3603152, , que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 22112006, subscrito en representación da parte económica por unha representación da corporación, e, da parte social, polos delegados de persoal e delegados sindicais, en data 25102006, e aprobado polo Pleno da corporación en data 31102006. De conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/ 1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro. Dispoñer a súa publicación, no Boletín Oficial da provincia.

II CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

PREÁMBULO. MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

No Concello de Vilanova de Arousa constituirase unha mesa xeral de negociación formada pola representación do mesmo e os delegados de persoal nos termos que sinala a lexislación vixente, que será a encargada de negociala asunción do convenio colectivo na súa totalidade ou parcialmente así como os futuros convenios.

CAPÍTULO I. DISPOSICIONS XERAIS

ARTIGO 1. ÁMBITO PERSOAL E FUNCIONAL

O presente convenio regula as relacións sociolaborais do seguinte persoal que presta os seus servizos no Concello de Vilanova de Arousa.

a) Do persoal laboral fixo que ocupa posto de traballo configurados como de tal carácter laboral nas correspondentes Relación de Postos de Traballo ( RPT) .

b) Do persoal laboral temporal que ocupa postos de traballos configurados como de tal carácter laboral nas correspondentes RPT.

c) Ao resto de persoal laboral temporal vinculado ao concello por calquera dos tipos de contrato admitidos na lexislación vixente.

Respecto ao persoal laboral temporal fóra do plantel orzamentario e das R. P. T contratado para programas subvencionados por outras Administracións Públicas o presente convenio aplicarase con carácter supletorio do réxime xurídico específico, retributivo, funcional, orgánico, e de duración contractual que se estableza no correspondente programa e/ou subvención.

ARTIGO 2 º . ÁMBITO TEMPORAL, VIXENCIA E DENUNCIA

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2007 abarcando o seu período de vixencia tres anos, período que non obstante se entenderá prorrogado por anualidades, de non existir denuncia dalgunha das partes, ata a entrada en vigor dun novo convenio que substitúa o anterior trala oportuna negociación.

Ámbalas dúas partes conveñen que o convenio se considera denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, co fin de inicialas negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data da denuncia.

ARTIGO 3 º . COMISIÓN PARITARIA DE CONTROL E SEGUIMENTO DO CONVENIO

Para examinar e resolver cantas cuestións deriven da interpretación, vixilancia, control e aplicación do convenio, constituirase no prazo dun mes trala súa sinatura, unha comisión mixta paritaria de control e seguimento do mesmo, a cal estará formada por un representante por cada sindicato e igual número de representantes da corporación. Será presidente da comisión o alcalde ou, no seu caso, o concelleiro delegado de persoal ou concelleiro no que delegue o Alcaldía. O secretario desta será designado pola propia comisión de entre os representantes do concello.

Os acordos da comisión paritaria vinculan a ámbalas partes nos mesmos termos que o presente Convenio e incorporaranse o mesmo como anexo.

Os representantes do persoal e da Administración na comisión paritaria poderán ser asistidos nas reunións por un ou varios asesores técnicos con voz e seu voto.

ARTIGO 4 º . COMPENSACIÓN, ABSORCIÓN E GARANTÍA AD PERSONAM

O concello de Vilanova de Arousa, recoñece o dereito á negociación colectiva dos empregados públicos. As condicións económicas e salariais pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por imperativo legal, xurisprudencia, contenciosoadministrativo , convenio ou pacto, contrato individual, uso e costumes locais ou por ter outra causa.

Habida conta, polo tanto, da natureza do acordo, as disposicións legais futuras, incluídos os salarios interprofesionais, que impliquen variacións económicas en todos ou algúns dos conceptos retributivos pactados, so terán eficacia se, globalmente consideradas e sumadas, os conceptos retributivos vixentes con anterioridade a este acordo, excedan o nivel total do mesmo.

En caso contrario, considéranse absorbidas polas melloras pactadas. A comparación será anual e global. Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do pactado, manténdose estrictamente ad personam.

CAPÍTULO II. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

ARTIGO 6 º . ORGANIZACIÓN

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e a responsabilidade de organización do traballo corresponde á Corporación, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ó persoal no Estatuto dos traballadores.

ARTIGO 7 º . DIRECCIÓN E CONTROL DA ACTIVIDADE LABORAL

O persoal do Concello de Vilanova de Arousa estará obrigado a realizala prestación laboral baixo a dirección das persoas que a Corporación Local designe.

CAPÍTULO III. PRODUCTIVIDADE. CALIDADE DOS SERVIZOS. ABSENTISMO LABORAL

ARTIGO 8 º . PRODUCTIVIDADE. CALIDADE DOS SERVIZOS. ABSENTISMO LABORAL

O concello de Vilanova de Arousa e os sindicatos asinantes deste convenio potenciarán os instrumentos de control e reducción do absentismo laboral, a través da proposta, entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos da calidade na prestación do servicio público ós cidadáns, da medición do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as causas e adaptando, se é o caso, as medidas que sexan procedentes para a súa reducción, procedendo o desconto automático, calculado conforme o establecido para o persoal funcionario, das retribucións correspondentes ó tempo de traballo nos casos de falta inxustificada da asistencia, productividade e puntualidade, que se lle comunicará ó traballador. Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias que, se é o caso, puideran corresponder.

Das medidas que se tomen para reducilo absentismo no concello, este procederá a informar puntualmente os representantes legais dos traballadores.

CAPÍTULO VI. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS

ARTIGO 9 º . SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS

Unha vez recoñecido o dereito á negociación colectiva no marco das administracións públicas pola lexislación vixente aplicable establécese como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles o diálogo e a negociación, a mediación e a arbitraxe.

Recóllese neste convenio a recomendación da súa aplicación conforme os seguintes orzamentos:

Os conflictos a que se refire o punto anterior poderán selos derivados da negociación dos pactos e acordos, os derivados da aplicación e interpretación destes e, en xeral, os derivados da negociación, aplicación e interpretación dos acordos sobre as materias sinaladas nos artigos 30 e 31.2 da Lei 9/1987, excepto para aquelas materias para as que exista reserva formal de lei.

Os sistemas poderán estar integrados por procedementos de mediación e arbitraxe. A mediación será obrigatoria cando o solicite unha das partes e as propostas de solución que ofrezan o mediador ou mediadores poderán ser libremente aceptadas ou rexeitadas polas mesmas.

Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar voluntariamente encomendar ó Consello Galego de Relacións Laborais a resolución do conflicto exposto, comprometéndose de antemán a aceptalo contido desta.

O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación dos pactos e acordos regulados por lei, sempre que quen adoptase o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lle permita acordar, no ámbito do conflicto, un pacto ou acordo conforme o previsto pola lei. Estes acordos serán susceptibles de impugnación.

Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non se observara no desenvolvemento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versara sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou cando contradiga a legalidade vixente.

A utilización destes sistemas efectuarase conforme os procedementos que regulamentariamente sexan determinados tralo acordo coas organizacións sindicais representativas, conforme o regulado actualmente a este respecto.

CAPÍTULO V. XORNADA DE TRABALLO, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENCIAS

ARTIGO 10 º . XORNADA LABORAL

10.1. A xornada ordinaria de traballo establécese, por imperativo legal, en 37,5 horas semanais equivalente a 1647 horas anuais.

10.2. Preferentemente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, a xornada realizarase, con carácter xeral, de luns a venres en xornada continuada entre as 8,00 e as 15,00 horas.

10.3. Os sábados que non sexan días festivos estará aberto entre as 9,00 e as 13,15 horas o Rexistro Xeral. Igualmente deberán prestarse aqueles servizos que por razóns de interese público non poidan interrumpirse.

O persoal baixo o ámbito de aplicación do presente convenio fará quendas rotatorias entre os sábados ao longo do ano ata completar unha xornada semanal de 37,5 horas.

10.4. Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro ( ámbolos dous inclusive) o total de horas semanais reducirase nunha hora diaria, coa única salvedade de que a devandita reducción non se levará a cabo no caso de que necesidades urxentes do servizo o impidan, procedéndose neste caso, con posterioridade, á compensación de tempo traballado a maiores, en días ou horas libres.

10.5. Os días 22 de maio e 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas do concello e os restantes servizos a excepción do Rexistro Xeral e todos aqueles que, por razón de interese público, non poidan ser interrompidas.

10.6. Todo o persoal en réxime de xornada continuada disfrutará dunha pausa de 20 minutos na xornada, computándose como de traballo efectivo.

10.7. O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria o traballador/a se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene.

10.8. Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de recollida ou reunión establecido ou centro de control tanto na entrada como na saída do traballo.

10.9. Lactancia materna. A xornada do traballador/a con fillos de ata nove meses de idade reducirase en dúas horas diarias, por motivos de lactación. No caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada. O mesmo dereito terán os pais no caso de adopción dun neno, ( ata os nove meses) . O traballador/a poderá partir a reducción da xornada en dúas partes entre o principio o final da xornada diaria.

10.10. Medidas para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Declarase expresamente aplicable aos traballadores do concello de Vilanova de Arousa o establecido no Capítulo III ( artigos 41 a 46 ambos inclusive) do Título II da Lei 7/2004, do 16 de xullo, ( DOG n º 149, , do 3 de agosto) , galega para a igualdade de mulleres e homes, que regulan os dereitos de conciliación do emprego e da vida familiar.

10.11. Xornada do persoal adscrito á area de cultura. O persoal adscrito á area de cultura do concello que desenvolva as súas labores nas Casas de Cultura, Museos e Biblioteca adaptará a súa xornada ao horario de apertura ao público dos ditos centros que será fixado polo concelleirodelegado. Do mesmo xeito o resto do persoal adscrito a dita área de cultura adaptará a súa xornada de modo que se garanta a prestación dos seus servizos na organización de toda clase de eventos culturais que, pola súa natureza, se levan a cabo en horarios que permitan a afluencia de público aos mesmos.

10.12. Xornada do persoal adscrito a outras áreas. O persoal adscrito ás áreas de deportes, limpeza de edificios oficiais e obras e servizos adaptará os horarios de prestación dos seus servizos en función das necesidades propias de cada unha desas áreas.

ARTIGO 11 º . VACACIÓNS ANUAIS

11.1. Con carácter xeral, as vacacións anuais retribuídas do persoal serán dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ao tempo de servizos efectivos, debéndose de disfrutar dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte en período mínimos de 5 días hábiles consecutivos sempre que os períodos vocacionais sexan compatibles coas necesidades do servizo. A estes efectos, os sábados non serán considerados días hábiles, salvo que se trate dun horario especial.

As vacacións disfrutaránse preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

No suposto de ter completado os seguintes anos de antigüidade recoñecida na Administración, terase dereito ao disfrute dos seguintes días de vacacións anuais:

15 anos de servizo: 23 días hábiles.

20 anos de servizo: 24 días hábiles.

25 anos de servizo: 25 días hábiles.

30 ou máis anos de servizo: 26 días hábiles.

Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao do cumprimento de antigüidade referenciado.

11.2. As vacacións poderanse disfrutar íntegras ( mes completo) ou fraccionadas ( por quincenas ou semanas) , logo da solicitude do traballador/ a. En todo caso o período mínimo de disfrute será de cinco días hábiles consecutivos.

11.3. Antes do 31 de maio de cada ano deberase ter elaborado o calendario de vacacións para os distintos servizos. O dito calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos/as interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidas.

11.4. Nos servizos onde poidan producirse colisión de intereses respecto ó disfrute das vacacións, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo traballador con maior antigüidade. A traballadora embarazada terá dereito a escollela data das súas vacacións regulamentarias.

11.5. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte, agás no caso que no transcurso do ano se produza o seu cesamento ou suspensión de funcións e aínda non disfrutase ou completase na súa totalidade o disfrute do período vacacional.

11.6. As vacacións interromperanse en caso de accidente ou enfermidade grave. No suposto de que o dito accidente ou enfermidade grave sobreveña con anterioridade ó inicio das vacacións e subsista na data sinalada para o seu comezo, estas non comezarán a correr para o interesado, logo de informe e baixo control dos servizios médicos correspondentes, no que se faga constala gravidade da doenza. No caso de que se producise o accidente ou enfermidade grave durante o disfrute das vacacións e logo de informe médico, no que se faga constala gravidade da doenza, paralizarase o seu disfrute.

11.7. Cando a situación de baixa por maternidade coincida co período vacacional, quedará interrompido o mesmo e poderán disfrutarse as vacacións unha vez rematado, aínda que expirase xa o ano natural.

11.8. Poderanse acumular o periodo de disfrute de vacacións aos permisos derivados de nacemento, adopción ou acollida, aínda tendo expirado xa o ano natural a que o dito período corresponda.

ARTIGO 12. PERMISOS

Permisos retribuídos. O/a traballador/a terá dereito a permisos retribuídos polos tempos e causas seguintes:

12.1. 3 días polo nacemento de cada fillo, se o suceso se produce dentro do término municipal e 5 se fose fóra do mesmo.

12.2. 1 día por matrimonio de parentes: irmáns, cuñados/as, fillos/as, netos/as, avós, avoas.

12.3. 1 día por traslado de domicilio no mesmo concello ou dous se hai cambio de concello. A estes efectos tomarase como concello de referencia aquel no que o traballador/a teña o seu domicilio habitual.

12.4. 2 días por morte dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade e dentro do termo municipal e 4 días se o suceso se produce fóra deste ( 1 º grao de consanguinidade pais e fillos/as, 2 º grao avós//as, netos/as, irmáns; 1 º grao de afinidade, cónxuxe, sogros/as e xenros/noras e 2 º grao avós/as do cónxuxe, cónxuxes dos/as netos/as e cuñados/as. Tendo o mesmo dereito a parella de feito, convivente ( acreditando tal situación) .

12.5. 2 días laborais por enfermidade grave, logo de informe médico no que se faga constala gravidade da doenza, dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade se o suceso se produce dentro do termo municipal, e 4 días cando o suceso se produce fóra deste, ou permanecera hospitalizado fóra do termo municipal. Tendo o mesmo dereito a parella de feito convivente ( acreditando tal situación) . En casos excepcionais, de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida familiar, o alcalde poderá autorizar permisos, reducción de xornadas ou xornadas especiais en tanto se solucione a situación.

12.6. Permiso por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico durante a xornada de traballo, os/as traballadores/as terán dereito a permiso, sempre que estea debidamente xustificado, e sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

12.7. Quen por razón de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de 6 anos, a un ancián ou a un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha actividade retribuída ou non perciban ingresos superiores ao IPREM, terán dereito a unha reducción da xornada total ordinaria entre polo menos un tercio e un máximo da metade da súa duración, sufrindo a conseguinte diminución proporcional das retribucións.

12.8. Nos casos de adopción e acollemento, se o fillo adoptado ou acollido é menor de 9 meses, o/a traballador/a terá dereito a un permiso retribuído de 8 semanas, contadas, a súa elección, ben a partir do momento da decisión administrativa ou xudicial de acollida, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. Se o fillo adoptado é maior de 9 meses e menor de 5 anos, o permiso terá unha duración máxima de 6 semanas. No caso de que o pai e a nai traballan, só un deles poderá exercelo dereito.

12.9. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais que se celebren dentro da xornada normal de traballo, durante os días da súa celebración. No caso de que o exame se celebre fóra da xornada normal de traballo, deberá mediar un tempo mínimo de dúas horas entre a finalización da xornada e o comezo do exame.

12.10. Polo tempo preciso para cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Neste senso, tódolos traballadores/as que estivesen disfrutando do seu día de descanso e sexan convocados a asistir a declarar a un xulgado por motivos relacionados coas súas funcións, e previa xustificación do tempo invertido, será compensado en tempo a disfrutar a razón de 2 horas por cada 1 invertida. Esta mesma compensación aplicaráselle tamén a quenda traballadores/as que tivesen que realizar horas extraordinarias unha vez rematada a súa xornada laboral interrumpida polo horario de comida.

12.11. Para realizar funcións sindicais , de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos establecidos legalmente.

12.12. O persoal terá o dereito e o deber de realizar cursos de formación continua sobre materias relativas co posto de traballo que ocupe, ou para poder acceder a outro distinto e/ou de superior categoría. No suposto que a súa celebración coincida, total ou parcialmente co horario de traballo, o concesión do permiso estará en función das necesidades do servizo.

12.13. 9 días ó ano, por asuntos propios , non incluídos no presente artigo, sen necesidade de xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo. As solicitudes de días por asuntos propios deberán realizarse con antelación mínima de 72 horas ( 3 días laborais) . No suposto de que a solicitude non se resolva con 24 horas de antelación o día a disfrutar, entenderase concedida a licencia.

Con carácter xeral para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente convenio páctase expresamente que deses 9 días de permiso por asuntos propios 2 deles sexan disfrutados obrigatoriamente dentro dunha semana de permiso a disfrutar no Nadal, entre as comprendidas na dúas últimas de decembro e primeira de xaneiro do ano seguinte. Non obstante o anterior, por petición do traballador/a os ditos 9 días poden disfrutarse durante o resto do ano excluída a segunda quincena do mes de decembro. Neste suposto o traballador/a non terá dereito ao disfrute desa semana de Nadal.

En todo caso, garantirase que o disfrute desta semana do Nadal non impida cumprir coa xornada anual de traballo fixada en 1.647 horas.

O persoal que non estea a disfrutar a dita semana deberá rotar nos servizos que deban prestarse os días 24 e 31 de decembro.

ARTIGO 13. LICENCIAS

A) RETRIBUÍDAS

13.1. 15 días naturais ininterrumpidos por matrimonio propio.

13.2. Licencia por maternidade e paternidade. O período de licencia por maternidade será de dezaseis semanas que se poderán utilizar con carácter pre ou postparto, segundo a conveniencia da interesada. Se se produce parto múltiple a licencia prolongarase ata dezaoito semanas. No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar porque o pai disfrute de ata catro das últimas semanas da licencia, sempre que sexan ininterrumpidas e ó final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde. A traballadora terá dereito a ocupar durante o embarazo un posto de traballo ou xornada distinto o seu, sempre que, segundo prescrición médica o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos. Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal.

13.3. Licencia por realización de estudios. Poderá concederse licencia para realizar estudios sobre materias directamente relacionadas coa Administración Pública, previo informe favorable so seu superior xerárquico, devengando o traballador o salario e os trienios pero non os complementos.

13.4. As licencias por enfermidade se rexerán de acordo co réxime da Seguridade Social ao que pertenza o funcionario.

B) NON RETRIBUÍDAS

13.5. Por asuntos propios poderán concederse licencias aos traballadores/as fixos/as que cumprisen un ano de servizos efectivos prestados. Estas licencias non darán dereito a retribución e a súa duración acumulada non poderá exceder de tres meses cada dous anos. En todo caso a súa concesión estará subordinada ás necesidades do servizo e deberá solicitarse cunha antelación mínima de 15 días naturais. Nestes supostos o traballador/a terá dereito a reserva do posto de traballo, así como a permanecer na situación de alta no réxime que lle corresponda da Seguridade Social.

ARTIGO 14. NORMAS COMÚNS A PERMISOS E LICENCIAS

Nas referencias feitas no presente capítulo a días de permiso ou licencias, entenderanse feitas a días naturais, sexan laborables ou non, agás no relativo a permisos por asuntos propios que se entenderán sempre como días laborables.

En todo caso os días de permiso por traslado de domicilio, asistencia a exames, matrimonio de parentes e enfermidades deberán coincidir necesariamente co día no que se produza o evento. No suposto de accidente grave ou falecemento de familiares o permiso disfrutarase o día seguinte de producirse tal evento.

CAPÍTULO VI. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS E XUBILACIÓNS

ARTIGO 15. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

As situacións administrativas dos traballadores/as ao servizo do concello de Vilanova de Arousa serán as mesmas que para o seu persoal funcionario enumeradas no artigo 49 da Lei 4/1988, de 26 de maio, da Función Pública de Galicia e modificacións posteriores.

O réxime xurídico de cada unha das ditas situacións será o establecido nos artigos 49 a 59, ambos inclusive, da dita Lei. Calquera modificación futura da regulación das ditas situacións ou do seu réxime xurídico será de aplicación automática aos funcionarios deste concello desde a súa entrada en vigor.

ARTIGO 16. XUBILACIÓNS

As xubilación forzosa e voluntaria dos traballadores/as do concello de Vilanova de Arousa rexerase polo disposto para o persoal funcionario nos artigos 47 e 48 da Lei 4/1988, de 26 de maio, da Función Pública de Galicia e modificacións posteriores.

CAPÍTULO VI. SELECCIÓN DO PERSOAL LABORAL

ARTIGO 15. NORMATIVA DE APLICACIÓN

Con carácter xeral, aplicarase o disposto no Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén se aplicará nesta materia o disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio de Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

ARTIGO 16. GARANTÍA DE RESPECTO AOS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS DE PUBLICIDADE, IGUALDADE, MÉRITO E CAPACIDADE

En estricto cumprimento de principios constitucionais que rexen o acceso á Administración Pública, para o acceso a condición de persoal laboral fixo será necesario superar o proceso selectivo que se convoque.

Fora deste suposto de acceso e como garantía inequívoca e indefectible do cumprimento de ditos principios constitucionais, non caberá a contratación fixa de ningún traballador, polo que calquera irregularidade cometida nos contratos formalizados co persoal suxeito ao presente convenio non levará aparellada, de ningún xeito, a conversión do seu vinculo en fixo aínda que sí en indefinido.

Neste suposto o concello virá obrigado a incluír o posto de traballo ocupado por persoal laboral indefinido non fixo na primeira oferta de emprego que se convoque tendo obrigación o traballador de participar nela. O dito posto poderá ser configurado na correspondente RPT como funcionario ou laboral, segundo corresponda. De non superalo, ou de non participar nela , o traballador cesará automaticamente no momento en que se incorpore a dito posto o aspirante que supere o correspondente proceso selectivo.

ARTIGO 17. SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO

Con carácter xeral o sistema de selección do persoal laboral fixo será o de oposición e o de concursooposición agás que, por disposición legal ou regulamentaria, se esixa outro.

En todo caso nas correspondentes RPT especificarase para cada posto de traballo o sistema de selección.

As bases das respectivas convocatorias, sexa cal sexa o sistema de selección, haberán de ser negociadas coa representación do persoal. Naquelas convocatorias na que se inclúa unha entrevista persoal dos aspirantes, a súa valoración non poderá superar, en ningún caso, o 15% de puntuación máxima alcanzable no proceso selectivo. A dita entrevista haberá de ser persoal, sen público, regrada e curricular.

ARTIGO 18. SELECCIÓN DO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

A) Selección do persoal laboral temporal para ocupar postos de traballo da rpt a tempo completo.

18. A. 1. Con caracter preferente utilizarase o sistema de listas por cada categoría profesional para interinidade e substitucións entre aquelas participantes no proceso selectivo para o acceso á condición de persoal laboral fixo que, non obtendo praza no mesmo, superaran unha óu varias das probas selectivas. Deste xeito, elaborada a lista e unha vez producida a vacante, chamarase aos integrantes do mesmo pola súa orden. No suposto de ser chamado un integrante da lista para realizar unha substitución, non correrá o seu orde de xeito que, si con posterioridade quedará un posto de traballo vacante, terá preferencia para a súa cobertura por mellora de emprego.

Que sendo chamado para ocupar un posto de traballo renunciase ao mesmo, pasará automaticamente ao último lugar da lista, salvo causa excepcional apreciada polo concello.

A representación do persoal poderá verificar en calquera momento a tramitación deste proceso debéndoselle convocar ao inicio do expediente.

18. A. 2. De non existir listas na categoría profesional que corresponda seguirase o seguinte procedemento de selección:

a) Negociación da convocatoria coa representación do persoal.

b) Publicación dos anuncios en dous dos periódicos de maior difusión en Vilanova de Arousa e das bases no taboleiro de anuncio da Casa Consistorial, con carácter xeral.

c) O proceso selectivo consistirá nun baremo de méritos e nunha entrevista persoal, sen público regrada e curricular cuia valoración non poderá sobrepasar o 25% do total da puntuación. Non obstante o anterior naqueles postos de traballo que pola súa configuración se xustifique, poderase incluír no proceso unha proba de carácter práctico.

B) Selección do persoal laboral temporal para ocupar postos de traballo incluídos na RPT a tempo parcial, do persoal laboral temporal contratado con cargo a programas e subvencións doutras Administracións Pública e do persoal laboral temporal fóra do plantel orzamentario.

Nestes casos seguirán o procedemento seguinte:

a) O que estableza o programa, plan ou resolución concedendo a subvención.

b) En defecto do anterior o concello requirirá do servizo de colocación competente e en base ao perfil profesional do posto a ocupar, un listado de aspirantes procedendo a citar para unha entrevista a un mínimo de tres persoas, salvo que no listado se inclúan menos.

c) Trala celebración da correspondente entrevista, para a que se citará polo concello a un representante dos traballadores , procederase á selección levantándose un acta .

d) Do procedemento anterior se exceptúa a selección do persoal de limpeza dos edificios públicos municipais, nos que chamarase a traballadores/as que xa tiveran prestados servizos na mesma categoría profesional no concello.

ARTIGO 19. PROMOCIÓN INTERNA

19.1. Reservarase o 50% das vacantes a cubrir polo sistema de promoción interna entre aqueles traballadores que teñan os seguintes requisitos:

a) Tela condición de traballadores fixos.

b) Ter unha antigüidade mínima de 2 anos de servicios efectivos prestados nunha categoría pertencente a un grupo igual a inferior ao da dita vacante.

c) Posuíla titulación esixida para o seu desenvolvemento.

19.2. No suposto de que soamente exista unha vacante, pactase expresamente a turnicidade do sistema, de xeito que nunha primeira oferta de emprego ofrecerase por promoción interna e no seguinte polo sistema de acceso libre.

ARTIGO 20. TRIBUNAIS E COMISIÓNS DE SELECCIÓN

Nos tribunais e comisións de selección que se designen para a selección do persoal laboral fixo ou temporal deberá haber un representante do persoal con titulación igual ou superior á esixida para o acceso ao posto de traballo.

ARTIGO 21. CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

O concello aplicará o disposto no titulo III, sección 1 ª da Lei 50//1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que sobre a modificación do réxime dos funcionarios públicos, no seu artigo 39: procesos selectivos de consolidación de emprego temporal, dispón: A convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino ou consolidación do emprego temporal estructural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e mediante os sistemas selectivos de oposición, concurso ou concursooposicicón. Neste último caso, na fase de concurso poderían valorarse, entre outros méritos, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria .

Os procesos de consolidación non poderán determinar, en ningún caso, o aumento o diminución de efectivos.

CAPÍTULO VII. OUTROS DEREITOS E DEBERES DOS TRABALLADORES

ARTIGO 22. ASISTENCIA XURÍDICA

O concello de Vilanova de Arousa, garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a tódolos traballadores que a precisen por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servizo.

Para estes efectos, o Concello de Vilanova de Arousa subscribirá unha póliza de responsabilidade civil que garanta unha cobertura adecuada a todo o persoal ao seu servizo no desenvolvemento do seu labor.

Quedan excluídos desta cobertura as accións ou omisión do persoal cometidas con dolo ou neglixencia debidamente probados.

ARTIGO 23. INCOMPATIBILIDADES

A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio, aplicaráselle o réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia. Os/as traballadores/as, no caso de que realicen calquera outra actividade laboral remunerada, estarán obrigados a comunicarllo ó concello solicitando, se é o caso, a oportuna compatibilidade, que lle será concedida nos casos e conforme o disposto na lexislación vixente.

ARTIGO 24. USO DA LINGUA GALEGA

Os/as traballores/as do Concello de Vilanova de Arousa teñen o dereito e o deber de desenvolvela súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua da Comunidade Autónoma e en particular da Administración local e, polo tanto, acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

O concello de Vilanova de Arousa proporcionará os instrumentos axeitados para proporcionar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os/as funcionarios/as do concello de Vilanova de Arousa teñen o dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización de idioma galego dentro do horario de traballo, sempre que o respectivo servizo o permita.

O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo se coincide coa xornada laboral.

ARTIGO 25. TRABALLADORES CON MINUSVALÍAS

Respecto aos traballadores municipais que teñan diminuída a súa capacidade psíquica ou física para o traballo que están a realizar, ben sexa por idade, accidente, enfermidade ou outras causas, tratará de evitarse que realicen actividades que conleven circunstancias de penosidade, perigosidade e toxicidade, avaliado todo elo con informes médicos o do Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo da Xunta de Galicia.

En calquera caso, o traslado de posto de traballo deberá ser asumido voluntariamente polo interesado, e o traballador percibirá o 100% das retribucións correspondentes ó posto de traballo de orixe.

CAPÍTULO VIII. FORMACIÓN

ARTIGO 26. FORMACIÓN

O persoal do concello disporá de facilidades para a realización de estudios, obtención de títulos académicos ou profesionais, así como de cursiños de perfeccionamento profesional.

En todo caso cando a formación deba realizarse dentro da xornada de traballo, a concesión dos permisos de asistencia ás actividades formativas estará supeditada ás necesidades do servizo. Ao persoal suxeito a quendas de traballo, as ditas facilidades concretaranse na posibilidade de cambio de quenda.

O Concello directamente ou en concerto con Organismos Oficiais organizará cursiños de capacitación profesional.

Concederase permiso para asistencia a cursos de formación, homologados por calquera administración, impartidos polas organizacións sindicais, e especialmente cando o sexan dentro dos convenios ou acordos estatais ou autonómicos, sobre formación continuada no ámbito das Administracións Públicas.

Respectarase en todo momento o principio de igualdade de oportunidades para o acceso de todo o persoal interesado á formación. Calquera conflicto deberá ser solucionado a través de criterios obxectivos a través do órgano de negociación que corresponda.

Darase publicidade a tódolos cursiños que se impartan coa intención de chegar a tódolos funcionarios que puidesen estar interesados, anunciándose no taboleiro de anuncios do Concello. De igual maneira, procederase cos resultados da selección dos participantes.

CAPÍTULO IX. SAÚDE E SEGURIDADE

ARTIGO 27. SAUDE E SEGURIDADE

Será de aplicación ao persoal do concello de Vilanova de Arousa o establecido na Lei de prevención de riscos laborais ( Lei 31/1995, do 8 de novembro) .

En tódalas dependencias de traballo, e independentemente dos servizos que poidan prestalas institucións sanitarias, existirán botiquíns de urxencia con todo o preciso para o urxente tratamento de accidentes.

Anualmente todo o persoal deberá pasar un recoñecemento médico na forma que o concello estableza.

ARTIGO 28. DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Os/as delegados/as de prevención, de acordo co disposto no artigo 35.4 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, serán designados/as polas organizacións sindicais con representación nos ámbitos dos órganos de representación do persoal.

A designación dos delegados de prevención deberá realizarse de entre aqueles funcionarios que sexan membros da xunta de persoal correspondente ó ámbito de representación e entre os representantes do persoal laboral que sexan delegados de persoal e, no seu defecto, de entre os empregados públicos do ámbito correspondente.

O número de delegados de prevención que poderán ser designados axustarase á escala establecida no artigo 35.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais será considerado como de exercicio de funcións de representación, para efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto na letra e) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores e a letra d) do artigo 11 da Lei 9/ 1987, de órganos de representación, e artigo 10.3 da LOLS.

Os empregados públicos designados como delegados de prevención que non disfrutaran de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación, contarán co mesmo crédito horario que os membros dos órganos unitarios de representación de cada ámbito. En defecto de dito órgano, corresponderalle o crédito horario en proporción ó número de empregados públicos, cara ó que dirixe a súa actividade preventiva.

Os órganos competentes proporcionarán ós delegados de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

A formación deberá ser facilitada polo concello polos seus propios medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo para tódolos efectos e estará cuberto pola garantía que establece o artigo 27 do presente Acordo.

CAPÍTULO X. DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 29. GARANTÍAS E FACULTADES DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES

Os membros dos órganos de representación electos terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano competente nos supostos de seguirse procedemento disciplinario a un deles, sen prexuízo do/a audiencia do/a interesado/a que se regule no dito procedemento.

b) Expresar individualmente e colexiadamente, con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuílas informacións de interese profesional, laboral e social.

Para estes efectos, o concello disporá a colocación ás súas expensas dun taboleiro de anuncios para a exposición con carácter exclusivo para os órganos de representación, de calquera información do tipo da anteriormente dita, , en lugares adecuados e visibles do centro, de forma que se garanta a publicidade máis ampla do que se expoña.

Así mesmo, a autoridade ou órgano competente do concello deberá felicitarlles ós órganos de representación a utilización de medios e materiais de traballo para a confección das informacións antes citadas, sempre que se efectúe de forma racional e moderada o non prexudique o normal funcionamento dos servizos

c) Non poden ser sancionados disciplinariamente nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, nin trasladados con carácter forzoso en razón precisamente do desempeño da súa representación, durante o seu mandato, nin dentro do ano seguinte á expiración deste. , salvo no suposto establecido no artigo 11. e) da Lei 9/1987.

d) Dispoñer dun número de horas mensuais das correspondentes á súa xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa escala que establece a normativa legal. Este crédito horario poderá ser acumulado entre dous ou máis delegados da mesma organización sindical. En todo caso o cómputo de horas farase anualmente.

No cómputo das asignacións horarias excluirase o tempo investido na asistencia a sesións ou reunións promovidas polo concello e a negociacións colectivas de ámbito funcional do mesmo.

e) Serlles admitida a súa abstención no suposto de ser designados como instructor/a ou secretario/a nun expediente disciplinario.

f) Horas sindicais: Non se computarán como horas sindicais as que se utilicen para a negociación do convenio e para reunións cos órganos da corporación, sempre que sexa a requirimento dos ditos órganos, así como as asistencias aos tribunais como membros deles.

Tódolos delegados sindicais terán acceso libre a tódalas dependencias, oficinas e servizos municipais, tendo dereito, logo de solicitude por escrito, a seren informados dos asuntos que deban coñecer pola representación que teñan, todo iso sen perturbalo normal funcionamento dos servizos.

No caso de que algún traballador do concello fose nomeado como representante ou asesor dalgún sindicato na mesa de negociación cos órganos de goberno, terá os mesmo dereitos, para efectos de crédito horario, que os delegados de persoal ou delegados sindicais durante o período de negociación na mesma xeral. Limitarase o número destes a 1 traballador por sindicato, que non sexa sen membro da xunta de persoal, nin delegado sindical.

ARTIGO 30 º . CAPACIDADE

Os órganos de representación terán capacidade xurídica para exercer accións administrativas ou xurídicas en todo o relativo ó ámbito das súas competencias por decisión maioritaria dos seus membros.

ARTIGO 31 º . COMPETENCIAS

Os órganos de representación sindical terán as seguintes competencias:

a) Recibila máis completa información dos asuntos que afecten o persoal do concello, a través do órgano de xestión do seu persoal.

b) Investigar e informarse, por iniciativa propia, de tódalas cuestións que afecten o persoal do concello agás aqueles que afecten a súa intimidade persoal. Para tal efecto se solicitará por escrito o acceso a información que se desexe. Neste sentido, os xefes das dependencias ou servizos nos que figure documentación relativa aos ditos asuntos, facilitarán sen que se altere o servizo a súa consulta, sen prexuízo das garantías que se estime oportuno adoptar para evitalo extravío dos documentos, así como das responsabilidades nas que os solicitantes puideran incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional.

c) Formar parte ou designalos seus representantes en cantos tribunais de selección de persoal laboral teñan lugar no concello, como membro de pleno dereito con voz e voto. Para tal fin os representantes dos traballadores, nomearán a un traballador/a de igual ou superior categoría á praza ou prazas ofertadas, podendo ser ou non un dos delegados, para que integren o tribunal.

d) Participar, colaborar e informar xunto cos delegados de prevención, en materia de prevención de riscos laborais e determinación das condicións de traballo.

e) Convocar reunións de persoal ou asembleas de traballadores durante a xornada de traballo. Neste sentido, están lexitimados para convocar reunións ou asembleas de persoal no concello de Vilanova de Arousa, os representantes do persoal e as organizacións sindicais a través dos seus delegados sindicais.

ARTIGO 32 º . EXERCICIO DO DEREITO DE REUNIÓN OU ASEMBLEA, TANTO DE AFILIADOS A UNHA SECCIÓN SINDICAL OU DE PERSOAL EN XERAL. REQUISITOS

a) Formularase cunha antelación mínima de catro días hábiles, salvo en casos excepcionais.

b) Sinalarase a hora, lugar e data da celebración.

c) Remitirase datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convocala reunión ou asemblea.

d) Se no prazo de 24 horas seguintes á data na que se rexistrou a solicitude de autorización, o alcalde ou concelleiro de persoal non formulasen obxeccións por escrito ao respecto, poderá celebrarse sen outro requisito posterior.

e) Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, salvo a seguridade e instalacións e dependencias e que a súa realización teña lugar cando se atopen abertos os lugares de reunión ou a súa apertura non supoña dificultades importantes.

CAPÍTULO XI. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ARTIGO 33 º . VESTIARIO

33.1. O persoal suxeito ao ámbito de aplicación de presente convenio terá dereito a que o concello lle proporcione a roupa de traballo que precise para prestar o seu servizo conforme as seguintes regras:

a) A entrega será anual, dentro do primeiro trimestre de cada ano, salvo que polo seu bo estado non fose necesario renovalo, en cuio caso a súa reposición se levará a cabo cando realmente sexa necesario. Pola contra, se fose preciso, a causa do seu deterioro pola actividade prestada, a dita renovación poderá realizarse antes de cumprirse un ano da súa entrega.

b) O traballador non poderá facer uso da roupa cedida polo concello fora da súa xornada de traballo e para actividades distintas das estrictamente municipais.

c) O persoal que traballa a intemperie recibirá cada ano roupa de abrigo, de augas e outra que lle permita protexerse adecuadamente da metereoloxÍa adversa.

d) A vez que se entrega un vestiario novo, farase recollida do deteriorado ou fóra de uso.

e) Corresponde ao traballador o coidado e limpeza do vestiario que se lle entregue.

f) No caso de extravío o traballador deberá a súa consta, sustituilo por outro de semellantes características.

33.2. O vestiario tipo do persoal de vías e obras e limpeza e recollida de lixo será o seguinte:

Vías e obras:

Un conxunto de chaqueta e dous pantalóns anualmente.

Unha funda anualmente.

Dúas camisas de manga longa anualmente.

Dúas camisas de manga corta anualmente.

Un par de botas de auga anualmente.

Un par de botas de seguridade en caso de necesidade ( electricistas) .

Un par de botas de tenis para os conductores anualmente.

Guantes segundo necesidades.

Un anorak cada tres anos.

Limpeza e recollida de lixo:

Un conxunto de chaqueta e dous pantalóns anualmente.

Unha funda con reflectantes anualmente.

Dúas camisas de manga longa anualmente.

Dúas camisas de manga corta anualmente.

Un par de xerseis co anagrama do concello anualmente.

Un par de botas de auga anualmente.

Un par de botas de seguridade en caso de necesidade.

Un par de botas de tenis anualmente. Guantes segundo necesidades. Un anorak cada tres anos.

33.3. A corporación comprométese a habilitar no seu orzamento anual a cantidade suficiente para vestiario, que se adquirirá a medida que sexa necesario. Correspóndelle ó comité de seguridade e saúde laboral avalialas necesidades de vestiario e facela proposta correspondente.

ARTIGO 34 º . BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL

No caso de baixas de IT por continxencias profesionais ( accidente de traballo ou enfermidade profesional) , o traballador/a percibirá o 100% das súas retribucións. O mesmo ocorrerá no caso de baixa de IT por enfermidade común ou outras causas ata un máximo de tres meses.

CAPÍTULO XII. SISTEMA RETRIBUTIVO

ARTIGO 35 º . SALARIO

Os salarios brutos anuais do persoal laboral fixo e temporal que ocupe postos de traballo incluídos nas RPT, tanto a tempo completo como parcial, do persoal acollido ao presente convenio será a que estableza en cada exercicio o orzamento anual do concello de conformidade co establecido na normativa básica estatal e no acordo do Pleno da Corporación do día 1 de marzo de 2006 e nos acordos que no futuro se adopten, logo da súa negociación coa representación do persoal.

A remuneración mensual do citado anexo será pagadoira en catorce mensualidades.

Dentro do salario incluíranse dous conceptos: a) A retribución básica, que será idéntica ao soldo do persoal funcionario consonte a seguinte equivalencia:

GRUPO I. Licenciado: equiparase ao grupo A de funcionarios.

GRUPO II. Diplomados: equiparase ao grupo B de funcionarios.

GRUPO III. BUP E F. P. 2: equiparase ao grupo C de funcionarios.

GRUPO IV. Graduado escolar : equiparase ao grupo D de funcionarios.

GRUPO V. Certificado escolaridade: equiparase ao grupo E de funcionarios.

b) As retribucións complementarias ou complemento salarial fixado para cada posto de traballo polo acordo do Pleno do día 1 de marzo de 2006. Garántese polo concello o principio da súa equiparación ás retribucións complementarias daqueles postos de traballo base de funcionarios do mesmo grupo de equivalencia.

ARTIGO 36 º . ANTIGÜIDADE

Os traballadores/as laborais fixos percibirán un complemento persoal de antigüidade ( trienio) por cada 3 anos de servicios prestados ó concello, na mesma contía que para os funcionarios, de xeito que ó grupo I corresponde o grupo A de funcionarios e así correlativamente.

No caso de persoal a tempo parcial, efectuarase de xeito proporcional.

ARTIGO 37 º . PAGAS EXTRAORDINARIAS

As pagas extraordinarias do persoal laboral serán dúas ó ano polo importe, cada unha delas, dunha mensualidade do salario e trienios ( antigüidade) . Estas pagas devengaranse, unha coas retribucións correspondentes ó mes de xuño, e outra antes do 22 de decembro.

No caso de persoal contratado e, de selo caso, estas pagas aboaranse a pro rata do tempo traballado.

ARTIGO 38 º . SERVIZOS EXTRAORDINARIOS

Antes a grave situación de desemprego existente e co obxecto de fomentar unha política solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase o seguinte:

1) Os servizos extraordinarios de realización obrigada serán os que veñan esixidos pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e/ou urxentes.

2) Os servizos extraordinarios, prestados fóra da xornada normal de traballo, agás necesidade urxente do servizo ou acordo da corporación, non poderán exceder de sete horas ó mes ou setenta ó ano. Cando nalgún servizo se exceda de 900 horas de servicios extraordinarios, crearase un novo posto de traballo e conseguintemente unha nova praza no cadro de persoal. Non serán computadas para estes efectos aqueles servizos realizados por circunstancias de forza maior.

Para o debido control do número de servizos extraordinarios feitos, en cómputo de horas, a unidade de persoal deberá levar un rexistro por servizos co número de horas por servizos extraordinarios feitas ó longo do ano.

3) Os servizos extraordinarios aboaranse conforme ao que se reflexa no acordo do Pleno da Corporación do 1 de marzo de 2006. A partires do 1 de xaneiro de 2007 as ditas contías incrementaranse anualmente no mesmo porcentaxe que as retribucións dos funcionarios públicos.

4) Non obstante o anterior o traballador que realice servizos extraordinarios pode optar por un descanso adicional de 2 horas por cada hora traballada con este carácter, en lugar de recibir a dita compensación dineraria. No caso de que a persoa que realizou os servizos extraordinarios opte pola compensación adicional, deberá indicalo no referido parte dos servicios extraordinarios, e non se terán en conta no cómputo anual. Neste caso o seu disfrute deberá realizarse entre a data de realización dos servizos extraordinarios e o final do mes seguinte, quedando supeditado, en todo caso, ás necesidades do propio servizo.

5) No caso de que os servizos extraordinarios se realizasen en domingo, festivo, ou en horario nocturno, o importe incrementarase no 50% por hora ou fracción, ou ben en tempo de compensación. Entendese como xornada festiva os días libres, aínda que non figuren no calendario como tales, e como horas nocturnas as que se fagan entre as 22 e as 8 horas.

6) Considéranse servizos extraordinarios os realizados unha vez esgotada a xornada semanal recoñecida neste convenio.

ARTIGO 39 º . ANTICIPOS

Todo traballador/a laboral fixo poderá percibir un anticipo de ata tres mensualidades do seu salario integro, non podendo exceder en todo caso dos tres mil euros ( 3000 ) , debéndose reintegralo devandito anticipo ata un máximo de vintecatro mensualidades; estes anticipos serán concedidos sen xuro.

Dende o mes seguinte á percepción do anticipo detraerase de nómina do traballador/a en cuestión, a cantidade correspondente a dividila contía global do anticipo entre o número de mensualidades escollido polo traballador/a para a súa devolución.

O/a traballador/a poderá solicitar tanto o anticipo de tres, dúas o unha soa mensualidade, e non poderá solicitar un novo anticipo ata que non remate a amortización do anteriormente solicitado.

O período máximo de amortización non poderá exceder en ningún caso da data na que se produza a baixa do solicitante ó servicio do concello.

ARTIGO 40 º . RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL TEMPORAL QUE PRESTA SERVIZOS EN POSTOS DE TRABALLO NON INCLUÍDOS NA RPT

Este persoal percibirá a retribución que se lle fixe nos seus contratos de traballo.

CAPÍTULO XII. MELLORAS SOCIAIS

ARTIGO 41. CONDICIÓNS SOCIAIS

41.1. O concello consignará nos Orzamentos anuais unha cantidade para facer fronte ós gastos orixinados polos seguintes conceptos:

Servicios médicos non concertados que cubra o Réxime Xeral da Seguridade Social.

Póliza de seguros de accidentes, co resultado de morte, incapacidade laboral permanente ou perda dalgún membro en accidente de traballo. O traballador que sufra algún accidente laboral percibirá o 100% do soldo e complementos dende o primeiro día do accidentes sen descontos e mentres dure o mesmo.

41.2. A corporación colaborará en todo tipo de actividades de carácter cultural e deportivo que a iniciativa do persoal laboral que o solicite subvencionaranse dentro dos créditos dispoñibles ao efecto.

ARTIGO 42 º . XUBILACIÓN ANTES DOS 65 ANOS

Aquel traballador fixo que se xubile de xeito voluntario antes dos 65 anos terá dereito a percibir unha gratificación por parte do concello nas seguintes contías:

Aos 60 anos: 25.000 euros.

Aos 61 anos: 18.000 euros.

Aos 62 anos: 12.000 euros.

Aos 63 anos: 7.000 euros.

Aos 64 anos: 3.600 euros.

ARTIGO 43 º . AXUDAS POR ESTUDIOS DE FILLOS

O persoal laboral fixo recibirá axuda por estudios dos fillos na contía en que cada exercicio se fixe nos presupostos municipais. Os traballadores para ter dereitos a estas axudas deberán contar cunha antigüidade como mínimo de dous anos traballando neste concello.

Establécese as seguintes:

fillos en Educación infantil ou gardería: 50 /fillo.

fillos en Educación primaria: 100 /fillo.

 fillos en ESO ou equivalente: 150 / fillo.

fillos en Bacharelato ou equivalente: 200 /fillo.

fillos na Universidade: 300 /fillo.

A percepción destas axudas require informe do delegado do persoal e logo da achega documental do dereito por parte do traballador.

No suposto de que as peticións superen á dotación orzamentaria primarase aos traballadores pertencentes aos grupos inferiores.

Estas axudas serán incompatibles coa percepción doutras similares que outorgue a Administración. No caso de que se a axuda outorgada pola outra Administración sexa de contía inferior á prevista neste artigo, o traballador/ a terá dereito á diferencia resultante.

ARTIGO 44 º . FONDO SOCIAL

44.1. Na medida na que presupostariamente sexa posible, a Corporación establecerá un fondo social de ata 30.000,00 euros para todo o seu persoal, funcionario e laboral.

44.2. A xestión de fondo será atribución dunha comisión designada ao efecto integrada por funcionarios e traballadores nomeados polos Delegados do Persoal, que fará a súa proposta á Xunta de Goberno Local. Asistirá como asesor unha Asistente Social ao servizo da Corporación. Elixirase un Presidente e un Secretario, que levantará acta de cada reunión, que será exposta no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, e nos de información sindical.

44.3. As finalidades do fondo son:

a) A concesión de préstamos ata 6000 euros, por destrucción total ou parcial de vivenda, por enfermidade grave e situación de precariedade económica.

b) Todas aquelas necesidades económicas graves que valore obxectivamente a comisión.

O período de amortización do préstamo non poderá exceder, en ningún caso, da data no que se produza a baixa do solicitante na súa vinculación laboral co concello.

44.4. O concello poderá subscribir un Plan de Pensións para o seu persoal de conformidade coa normativa vixente e con participación da representación do persoal no relativo ao seu deseño.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira. Na execución das cláusulas reguladas no presente convenio observarase en tódolos casos as disposicións legais de aplicación, en cada caso, de carácter obrigatorio.

Segunda. O persoal laboral indefinido non fixo que ostenta tal condición por acordo expreso da Xunta de Goberno Local e que no momento da entrada en vigor do presente convenio se atope desenvolvendo postos de traballo reservados a funcionarios na RPT aprobada polo Pleno da Corporación o día 1 de marzo de 2006, someterase ao réxime xurídico funcionarial propio de ditos postos agás nas seguintes aspectos do seu vínculo xurídico nos que, en todo caso, lle será de aplicación o presente convenio colectivo e a lexislación laboral:

a) Cese na súa relación laboral.

b) Orde xurisdicción social.

No referente ao seu acceso á condición de funcionario estarase ao disposto no Plan de Emprego aprobado polo Pleno da Corporación o 1 de marzo de 2006.

Terceira.

1. O persoal laboral fixo ou temporal do concello e que ocupa postos de traballo incluídos na RPT adscríbese aos seguinte grupos:

GRUPO I: Persoal Titulado Superior ( Psicólogo, Técnico Local de Emprego, Periodista, Orientadora Laboral) .

GRUPO II: Persoal Titulado Medio ( Educadora Familiar) .

GRUPO III: Persoal ao que se esixa titulación de Bacharelato, FP II ou equivalente.

GRUPO IV: Auxiliar administrativo, encargado, axente cultural, oficial, palista e tractorista.

GRUPO V: Operario, limpadora, conserxe e conserxelimpadora.

2. Clasifícase ao persoal laboral que desenvolve un posto de traballo non incluído na RPT nos seguintes grupos:

GRUPO I: Persoal Titulado Superior.

GRUPO II: Persoal Titulado Medio.

GRUPO III: Persoal ao que se esixa titulación de Bacharelato, FP II ou equivalente.

GRUPO IV: Persoal ao que se esixa titulación de graduado escolar, FPI ou equivalente (capataz, aux. administrativo, monitores cursos e outros) .

GRUPO V: Persoal para o que se esixa titulación de estudios primarios (auxiliar de axuda ao fogar, limpadora, peón, operario, conserxe e similares) .

DISPOSICIÓN TRANSITORIA Primeira. A previsións contidas no capitulo VI (selección de persoal laboral) do presente convenio non serán de aplicación aos procesos selectivos que se convoquen ou que xa estean convocados á entrada en vigor do mesmo e que estean incluídas na oferta pública de emprego do concello para o ano 2006, agás o disposto no artigo 20.

Segunda. O establecido no artigo 43 do presente Convenio en relación coas axudas por estudios de fillos non se aplicará ata o ano 2008. Durante o ano 2007 seguirase aplicando o réxime existente ata a entrada en vigor do presente II Convenio. En todo caso, antes da súa aplicación o concello e a representación do persoal haberán de pactar os criterios que rexerán a mesma

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogado o Convenio Colectivo , tamén denominado acordo marco para o persoal laboral fixo ao servizo do concello de Vilanova de Arousa asinado con data do 12 de decembro de 1997, e publicado no B. O. P. n º 79, , do 28 de abril de 1999.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente convenio colectivo producirá os seus efectos a partir do 1 de xaneiro de 2007 .

Dilixencia. Para facer constar que este convenio foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2006. O Secretario Xeral, Javier Bouzada Romero.

Vigo, a 28 de novembro de 2006. O delegado provincial, Pedro Borrajo Rivas.