Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
14/02/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE TOEN. PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL de Ourense

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 25 de Enero de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Aprobacion de complementos retributivos en concepto de mellora voluntaria da accion protectora da Seguridade Social correspondente as situacions de incapacidade temporal (IT) do persoal funcionario e laboral o servizo do Concello de Toen (Boletín Oficial de Ourense num. 37 de 14/02/2013)

Preambulo

Por medio deste anuncio publícase o acordo tomado polo Pleno da Corporación do Concello de Toén na sesión do 24.01.2013, polo que fixa un complemento de prestacións ó persoal municipal en situación de incapacidade temporal:

" (..) Finalizado o debate, sométese a votación o ditame da Comisión Informativa Xeral de Asuntos do Pleno, co resultado da aprobación por sete (7) votos a favor dos concelleiros do PP e catro (4) abstencións dos concelleiros do PSdG-PSOE e do concelleiro do Grupo Mixto, do seguinte acordo:

Primeiro.-

Aproba-los complementos retributivos en concepto de mellora voluntaria da acción protectora da Seguridade Social correspondente ás situacións de incapacidade temporal (IT) do persoal funcionario e laboral ó servizo do Concello de Toén, conforme ás seguintes normas:

1. Aboarase un complemento ata alcanza-lo 100% das retribucións dende a data de inicio de incapacidade temporal por continxencias profesionais e polas continxencias comúns que xeren:

- Hospitalización, tendo tamén esta consideración a hospitalización a domicilio e a estancia en hospitais de día, incluíndo os períodos de observación nos servizos de urxencias hospitalarias superiores a cinco horas. Incluiranse nestes supostos os períodos de convalecencia derivada da hospitalización ata a correspondente alta médica. Cando a situación de IT teña comezado antes da hospitalización e esta teña orixe no mesmo proceso patolóxico aboarase o 100% das retribucións desde o inicio de IT.

- Intervención cirúrxica, tendo esta consideración as intervencións de cirurxía maior e menor ambulatoria, as intervencións médicas invasivas como colonoscopias, gastroscopias e outras de características semellantes, así como os tratamentos oncolóxicos. Incluiranse neste supostos os períodos de convalecencia derivada da intervención ata a correspondente alta médica.

- Situacións de violencia de xénero, acoso laboral ou sexual, que se acreditarán coa correspondente resolución xudicial ou administrativa.

- Enfermidade común durante o embarazo e lactación natural.

- Incapacidade temporal derivada de enfermidades infectocontaxiosas con risco para a saúde pública, o que se acreditará co correspondente informe médico.

- Incapacidade temporal causada por enfermidades dexenerativas ou crónicas, que se acreditará co correspondente informe médico.

- Incapacidade temporal derivada de alteracións da mobilidade ou doutras funcionalidades do traballador que lle impidan desenvolve-lo seu traballo ordinario (escordaduras, fracturas, luxacións, afonías por infeccións, gripes, etc).

- Incapacidade temporal do traballador por continxencias común derivadas de enfermidades graves previstas no anexo do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

2. Nos casos de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral, o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras:

a) Dende o primeiro (1º) día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro (3º) día inclusive aboarase un complemento ata acada-lo 50% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

b) Dende o cuarto (4º) día da situación de incapacidade temporal ata o vixésimo (20º) día inclusive aboarase un complemento ata acada-lo 75% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

c) A partir do día vixésimo primeiro (21º) día aboarase un complemento ata acada-lo 100% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

3. As referencias a días incluídas neste acordo entenderanse realizadas a días naturais.

Segundo.-

Este acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa aprobación.

Terceiro.-

Mediante resolución da Alcaldía resolveranse as cuestións de interpretación e desenvolvemento que se susciten en relación coa aplicación do contido deste acordo.

Cuarto.-

Este acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncio da sede electrónica municipal e da casa do concello. (…)"

Toén, 28 de xaneiro de 2013. O alcalde. Asdo.: Amancio A. Cid Pérez.