Convenio Colectivo de Emp...A) de Lugo

Última revisión
02/01/2012

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de HOSPITAL DA COSTA DE BURELA (PERSOAL DE LIMPEZA) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012 en adelante

Tiempo de lectura: 11 min

Tiempo de lectura: 11 min

Convenio colectivo para o persoal de limpeza do hospital da costa de burela (Boletín Oficial de Lugo num. 1 de 02/01/2012)

Preambulo

Visto o texto do convenio colectivo para o PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA, asinado o día 24 de novembro de 2011, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Xefatura Territorial, ACORDA:

Primeiro:

Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no Rexistro de convenios desta Xefatura, así como o seu depósito.

Segundo:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 21 de decembro de 2011. A xefa de servizo de Relacións Laborais.: Matilde I. Alonso da Cunha

CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA

 
Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación ao persoal de limpeza que presta os seus servizos no HOSPITAL DA COSTA de Burela para a empresa adxudicataria no mencionado servizo, que actualmente é a empresa SAMYL,S.L., afectando de igual maneira a todas as empresas que no futuro poidan resultar adxudicatarias deste servizo.

Artigo 2º.-Ámbito temporal, vixencia, duración e denuncia.

Con independencia da súa publicación no BOP, este convenio iniciará a súa vixencia o 1-1-2012 ata o 31-12-2013, podendo ser denunciado, para os efectos da súa negociación e revisión, no derradeiro mes do ano natural, seguindo vixente en todos os seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado entre as partes

Artigo 3º.-Xornada, descansos e quendas. -

A xornada será continuada en quendas de mañá, tarde ou noite, con trinta minutos de descanso en cada unha delas, contados como xornada efectiva para todos os efectos.

- A xornada establécese cun máximo de 38.5 horas semanais para o ano 2012.

- Durante os ano 2012 a xornada reducirase en 3 días a escoller pola empresa, tendo ésta en conta dita redución para a elaboración do calendario.

- A partires do 01/01/2013 a xornada, en cómputo de horas anauis, quedará totalmente equiparados á do Grupo Agrupación Profesionais, Nivel 13 - Categoría Pinche do Sergas.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ao comezo como ao final da xornada diaria, o traballador ou traballadora se atope no seu posto de traballo. Ao mesmo tempo, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediará un descanso de 12.00 horas.

As horas que en cómputo anual se traballen de máis serán retribuidas como extraordinarias.

Artigo 4º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ao goce ininterrompido dun mes de vacacións retribuídas, no período comprendido entre o día 1 de xuño e o 30 de setembro de cada ano de vixencia, sen que isto signifique que non se poida sacar fóra deste período sempre que exista acordo previo entre a empresa e o traballador ou traballadora que o solicite. Non suporá perda do dereito a vacacións os períodos de IT derivada de enfermidade ou accidente laboral, sempre que eses períodos non superen o ano natural do seu desfrute.

Artigo 5º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a fixo/a, cunha antigüidade de polo menos un ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non superior a cinco anos. O traballador/a excedente terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación na empresa terá que ser solicitada cun aviso previo de tres meses.

Artigo 6º.-Equiparación retributiva.

As retribucións correspondentes a cada un dos anos de vixencia do presente convenio que deberán percibir os traballadores/as afectados/as por este Convenio serán as mesmas que as que perciban o persoal do Sergas encadrado no Grupo Agrupación Profesionais, Nivel 13 - Categoría Pinche do Sergas ou grupo que o substitúa.

Artigo 7º.-Complemento persoal.

Aplicarase un complemento persoal de 25 €/mensuais para cada traballador.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Os novos trienios que devengue o persoal serán polo valor equivalente ao Grupo Agrupación Profesionais, Nivel 13 - Categoría Pinche do Sergas ou grupo que o substitúa. As cantidades resultantes do devengo dos trienios anteriores á data sinalada agregaranse ás que percibe por estes conceptos cada traballador/a nesa data, segundo o criterio de devengo de antigüidade que existía con anterioridade á sinatura do presente convenio

Artigo 9º.-Enfermidade, accidente e maternidade.

En caso de enfermidade común, accidente ou maternidade, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ou mutua de accidentes de traballo ata o cento por cento das retribucións dos traballadores/as. Os períodos de IT non se terán en conta para os efectos de vacacións

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

Proveranse os traballadores/as de roupa de traballo adecuada e regulamentaria: Pantalón y chaqueta tipo pijama y/o Pantalón, camisa y cazadora unha vez ao ano, o mesmo que zocos ou zapatillas, criterio que se establecerá segundo a idoneidade dun tipo ou outro de calzado, así como roupa de abrigo.

Artigo 11º.-Embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a seren cambiadas de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando na obriga, en ningún caso, de desempeñar as funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo. Durante este período, as traballadoras terán dereito ao aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementadas ata o 100% do salario. No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo en caso de falecemento da nai. Non obstante o anterior, no caso de que a nai e o pai traballen, aquela, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai goce de ata catro das derradeiras semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ao final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ao traballo da nai supoña risco para a súa saúde. No suposto de adopción, se o fillo adoptado é menor de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de oito semanas contadas, a elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Se o fillo adoptado é maior de nove meses e menor de cinco anos, a suspensión terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

As traballadoras/es por lactación dun fillo/a menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. Esta duración incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

O/a traballador/a, pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade ou acumulalo en xornadas completas.

Artigo 12º.-Nocturnidade e Festivos

O persoal que preste servizos en xornada nocturna percibirá un complemento salarial equivalente ao complemento de atención continuada, modalidade A, que perciba o persoal do Sergas encadrado no grupo E.

Artigo 13º.-Festivos.

Durante a vixencia do presente convenio, cada domingo ou festivo traballado será retribuído nas mesmas condicións que teña establecido o Sergas para o persoal do grupo E, atención continuada, modalidade B.

Artigo 14º.- Permisos e licencias

Días de libre disposición

Como acordo deste convenio recoñéceselle a todo o persoal da empresa o dereito a 10 días de libre disposición, retribuídos para todos os efectos e na contía de todos os complementos que figuren na táboa salarial anexa.

Para a aplicación destes permisos terase en conta o seguinte:

1.) Pedilos con 15 días de antelación.

2.) A empresa está obrigada a responder a dita petición con 6 días de antelación á data de petición de goce; no caso de non recibir resposta o traballador con esa antelación, considerarase concedido o dito permiso.

3.) Na concesión destes días terase en conta a orde de petición, se coincidisen dous ou máis traballadores/as nos mesmos días. 18 días natarais por matrimonio

2 días naturais por cambio de domicilio habitual

4 días naturais por nacemento de fillos

4 días naturais por enfermidade grave ou falecemento do conxuxe ou asimilado (cando demostrs convivencia), fillos, pais e pais políticos, irmáns de calquera dos cónxuxes. Se é fóra da provincia, 2 días máis.

3 días naturais por enfermidade grave ou falecemento de avós de calquera dos conxuxes ou asimilados (demostrando convivencia).

16 horas ao ano para consulta médica, que se poderán gozar por xornada completa ou as horas necesarias en cada consulta co límite de 16 horas.

Polo tempo necesario para consulta co especilista da Seguridade Social, sempre que sexan prescritas polo médico de cabeceira, tendo que presentar o traballador/a o volante de dita consulta e o xustificante de asistencia a tal especialista e non estean cubertas estas especialidades na zona.

Artigo 15º.-Recoñecemento médico.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá o dereito e a obriga de efectuar unha revisión médica a cargo da empresa, cunha periodicidade mínima anual.

Artigo 16º.-Dereitos sindicais.

A representación dos traballadores na empresa ou centro de traballo que teñan menos de 50 e máis de 10 traballadores correspóndelles aos delegados de persoal, naquelas empresas ou centros que conten entre seis e dez traballadores, se así o decidisen estes por maioría. Os traballadores elixirán, mediante sufraxio libre, persoal, secreto e directo os delegados de persoal na contía seguinte: ata 30 traballadores/as, un; de 31 a 49, tres. Os delegados e delegadas de persoal exercerán mancomunadamente ante o empresario a representación para a que foron elixidos, e terán as mesmas competencias establecidas para os comités de empresa. Os delegados de persoal observarán as normas que sobre sixilo profesional están establecidas para os membros de comités de empresa no artigo 65 desta lei.

Artigo 17º.-Adscrición de persoal.

O persoal de limpeza que realice a súa xornada nun centro de traballo durante un período mínimo de dous meses, no caso do cesamento da contrata, terá dereito a continuar coa nova empresa adxudicataria cos servizos de limpeza do centro. Esta nova empresa adxudicataria terá obriga de absorber este persoal, respectándolle a antigüidade e os demais dereitos adquiridos.

Artigo 18º.-Formación.

Considerarase un deber primordial atender a formación e perfeccionamento do persoal, coa finalidade de obter unha formación profesional mediante a consecución e mantemento dos recursos humanos adaptados para os diferentes postos de traballo, co fin de conseguir unha maior eficacia. A dirección e a representación sindical da empresa asumen os contidos do acordo nacional de formación continua, comprometéndose a desenvolver conxuntamente o seu contido na empresa mentres dure a súa vixencia.

Artigo 19º.- Postos de nova creación

Cando haxa un posto de nova creación teranse en conta aqueles traballadores que máis antigüedade teñan, sempre que sexa solicitado voluntariamente porlos traballadores/as.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados, créase a presente comisión paritaria composta por un representante da dirección da empresa e un representante da parte social. En caso de desacordo na comisión e tratándose dun conflito colectivo, someterase ao procedemento regulado no AGA.

R.5970