Convenio Colectivo de Empresa de NORTE FORESTAL, S.A. (82000612012001) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
18/02/2005

-. Convenio Colectivo de Empresa de NORTE FORESTAL, S.A. (82000612012001) de Galicia

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Resolución do 21 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S. A. (Diario Oficial de Galicia num. 34 de 18/02/2005)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Esta escala quedará sen efecto en caso de enfermidade ou accidente que supoña unha baixa superior a 15 días; neste caso consideraranse 0 días de absentismo.

Artigo 15º.-Seguro de vida. Con independencia da Seguridade Social e o seguro de accidentes de traballo, Norte Forestal, S. A. ten concertada con Musini a póliza número 41.152482, relativa a un seguro de vida.

O capital asegurado en caso de morte natural ou invalidez permanente total será de 70 mensualidades do soldo base e 140 mensualidades se o falecemento resultar por accidente, de acordo coas condicións xerais contidas na póliza.

As actualizacións dos capitais asegurados efectuaranse o 1 de xullo de cada ano.

Artigo 16º.-Defunción. Para axuda dos gastos perentorios e necesarios en caso de falecemento, a empresa faralles entrega aos beneficiarios designados na póliza do artigo anterior dun adianto dun 20% da cantidade asegurada.

Artigo 17º.-Axuda escolar. Esta axuda concederáselles aos empregados de Norte Forestal e aos seus fillos. Terán o carácter de fillos os afillados e/ou sobriños que convivan co empregado e ás súas expensas. Ás axudas para a realización de estudos tamén terán dereito os que pertencesen á empresa ata o momento da súa xubilación e estean na dita situación ou estean na situación de invalidez provisoria ou permanente e total; tamén terán dereito a estas axudas para estudo os orfos de empregados da empresa.

As peticións clasificaranse necesariamente nos grupos seguintes:

a) Grupo primeiro: ensino preescolar e primeiro ciclo de educación primaria.

b) Grupo segundo: segundo e terceiro ciclo de educación primaria e primeiro e segundo da ESO.

c) Grupo terceiro: terceiro e cuarto da ESO, primeiro e segundo de bacharelato e ciclos formativos de nivel medio.

d) Grupo cuarto: ensinanzas universitarias ou de ciclos formativos superiores. Ensinanzas especiais para diminuídos físicos ou psíquicos.

Cando se presente unha solicitude que corresponda a estudos non especificados nestes grupos, a comisión paritaria asimilaraa a un de eles, tendo en conta a duración e o custo do estudo.

A contía do importe da axuda escolar para cada un dos grupos anteriormente especificados será como

segue:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Para optar á concesión da axuda escolar haberá que xuntar á solicitude os comprobantes de ter realizado a matrícula dos estudos que realizan, así como as cualificacións obtidas no curso anterior. Poderán acollerse á axuda os repetidores de primeiro ano, pero neste caso a axuda será dun 80% da correspondente ao seu grupo. Para os repetidores de segundo ano non se concederá axuda escolar.

Artigo 18º.-Nupcialidade. O empregado de Norte Forestal, S. A. que contraia matrimonio recibirá a cantidade de 490,43 euros para o ano 2004.

Artigo 19º.-Natalicio. Por cada fillo nacido ou adoptado establécese unha axuda de 245,21 euros no ano 2004.

Artigo 20º.-Nadal. Atenderanse os gastos que ocasione o agasallo que tradicionalmente se fai a cada empregado con motivo das festas do Nadal. Asígnase a cantidade de 145,42 euros no ano 2004.

Artigo 21º.-Economato.

Norte Forestal, S. A. aboaralle semestralmente a cada traballador como axuda de economato a cantidade de 73,92 euros para o 2004.

Artigo 22º.-Plan de pensións. Permanece en vigor o plan de pensións de Norte Forestal, S. A., no cal están todos os traballadores sometidos ao ámbito de aplicación persoal dos beneficios sociais.

Artigo 23º.-Fondo. Fíxase un fondo total de corenta e dous mil setenta euros (42.070 euros) para atender os desembolsos establecidos nos artigos 13º a 21º, ambos inclusive, dos presentes beneficios sociais. O procedemento, prazos e asignacións correspondentes serán designados anualmente pola comisión paritaria do convenio colectivo.

Artigo 24º.-Incrementos. As contías establecidas nos artigos 17º, 18º, 19º, 20º e 21º destes beneficios sociais serán revisadas de acordo co disposto no artigo 21º deste convenio colectivo.

ANEXO I

Representación dos traballadores Indícase a seguir a lista de compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo para 2004, 2005, 2006 e 2008, en nome da representación dos traballadores:

Carlos García Val. Joaquín Leis Lago.

Andrés Martínez Castiñeira. Julio Pello Rodríguez.

ANEXO II

Comisión negociadora empresa Indícase a seguir a lista da comisión negociadora do convenio colectivo para 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008, en representación da empresa.

Antonio Conde Manso. Ricardo Llorente Morales.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

ANEXO VI

Clasificación do persoal-Persoal de administración. Técnico titulado: É aquel que, estando en posesión dun título expedido por unha escola técnica superior, facultade universitaria ou escola técnica de grao medio, exerce correctamente as funcións propias da súa profesión dentro da empresa con autonomía e responsabilidade directa.

Oficial de 1ª administrativo: É o que, actuando ás ordes dun xefe se o houber, ten ao seu cargo un servizo determinado, dentro do cal obra con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ao seu cargo. Impulsa expedientes, realiza correctamente traballos e xestións administrativas de importancia.

Oficial de 2ª administrativo: É o que efectúa de forma adecuada funcións administrativas de carácter secundario, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, tales como: traballos auxiliares de contabilidade, confección e/ou codificación e cálculo destas, estatísticas, comprobacións, resumos, etc. Realiza igualmente o manexo de máquinas contables e pantallas de informática.

Auxiliar administrativo: É o que realiza operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ao traballo daquelas, tales como arquivo, cálculos sinxelos, manexo de máquinas calculadoras, equipamentos informáticos, recepción telefónica, etc.

-Persoal de informática. Programador de aplicacións: É quen estuda os procesos complexos informáticos, confeccionando organigramas detallados do tratamento da información. Redacta programas na linguaxe que lle sexa indicada e realiza probas de ensaio deles. Atende á mellora na eficacia das aplicacións xa existentes e establece as medidas correctoras oportunas.

Deberá coñecer as linguaxes de programación coas que habitualmente traballe, con experiencia que lle permita resolver por si mesmo a práctica totalidade dos problemas que se lle presenten na definición e resolución de programas.

Operador de consola: É quen manipula e controla ordenadores dotados dun sistema operativo complexo nun ámbito de multiprogramación, e mediante supervisión realiza programas sinxelos, levando a cabo as probas e verificacións de resultado deles. Encargarase do sistema de arquivo de documentación informática, esquemas de instalación, cadernos de explotación e usuario.

Deberá coñecer o sistema operativo dos equipamentos no que atinxe a comandos de operatoria dos sistema e as normas exixidas polo fabricante do ordenador para o correcto funcionamento deste, así como as normas de seguranza e disposicións de resgardo e copias de ficheiros para evitar posibles perdas de información.

-Persoal de campo. Encargado xefe: É a persoa que baixo as ordes do empresario efectúa traballos de vixilancia, organización e dirección das distintas tarefas que se lle encomenden en silvicultura, aproveitamentos, medición, maquinaria, etc., facilitando datos para a elaboración de custos e rendementos.

Encargado forestal: É o traballador que baixo as ordes dun superior xerárquico, normalmente o encargado xefe, leva por delegación deste e baixo a súa supervisión, a organización dos traballos no monte, entre os que cabe destacar: silvicultura, repoboacións, medición, adquisición e/ou explotación de madeira, etc.

Operador de máquina: É aquel que, estando en posesión da titulación correspondente e cos coñecementos necesarios, desenvolve as súas tarefas con maquinaria pesada forestal, tal como procesador, tractor forestal, autocargador, etc. tendo ao seu cargo o mantemento e conservación dela.

Xefe de cuadrilla: É o traballador que, de acordo coas instrucións recibidas, se encarga de organizar e dirixir o traballo dun grupo de traballadores; está baixo as ordes do encargado e colabora con el en funcións.

Peón especialista: É o traballador que manexa correctamente ferramentas manuais ou mecánicas tales como machado, motoserra, toradora, etc.; ben para pinchar a árbore ou, se é o caso, abrir brecha no tronco e ramas grosas dos que se van pinchar, ben para realizar traballos de limpeza.

Manexará tamén as cuñas metálicas para dirixir a caída dos fustes. Saberá realizar as operacións de cortar polo pé, tronzadura e derrama da árbore.

Peón forestal: É quen se ocupa de traballos de explotación e/ou silvicultura que soamente requiren a achega de esforzo físico con ou sen utilización de ferramentas manuais. Realizará, entre outras, as seguintes tarefas: reunión de toros, empilamento de ramas, plantacións, etc.

Peón de viveiros: É quen se ocupa da preparación e o acondicionamento do solo para a sementeira; a vixilancia e aplicación das atencións necesarias para o correcto crecemento e progreso da planta, conservación en perfecto estado das instalacións do viveiro, así como da ferramenta e maquinaria utilizadas no desempeño do seu traballo, da preparación da planta para enviar e da repartición desta ata o seu destino.