C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U. HOSPITAL MEIXOEIRO (36105251012019) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2018 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Convenio o Acordo: VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U., HOSPITAL MEIXOEIRO - Expediente: 36/01/0054/2019 - Data: 07/06/2019 - Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN - Código de Convenio número 36105251012019. (Boletín Oficial de Pontevedra núm. 117 de 20/06/2019)

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

 

Convenios colectivos

 

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U. HOSPITAL MEIXOEIRO

 

Convenio o Acordo:

VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U., HOSPITAL MEIXOEIRO

- Expediente: 36/01/0054/2019

- Data: 07/06/2019

- Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

- Código de Convenio número 36105251012019.

 

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo da empresa VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U. HOSPITAL MEIXOEIRO, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, en data 20 de decembro do 2018.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 13 de marzo  do 2019.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

 

FUNDAMENTOS  DE  DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos  pactados  no  ámbito  da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

 

RESOLVE:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O  xefe territorial

Ignacio  Rial Santomé

 

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA VEOLIA SERVICIOS NORTE E OS SEUS TRABALLADORES DO CENTRO DE TRABALLO DO HOSPITAL MEIXOEIRO DE VIGO 2018-2022

 

ARTIGO 1.–ÁMBITO FUNCIONAL

O presente convenio será de aplicación a todos aqueles traballadores e traballadoras que traballen en Veolia Servizos Norte no centro de traballo que esta empresa ten aberto no Hospital Meixoeiro de Vigo, asignados ao Servizo do SERGAS (MS-EIV1-16-001) para a realización de actividades de servizos integrais a edificios e instalacións (CNAE 8110).”

 

ARTIGO 2.–ÁMBITO TEMPORAL

A vixencia deste convenio terá unha duración de cinco anos, do 1 de xaneiro de 2018 ó 31 de decembro de 2022. A efectos económicos o convenio terá retroactividade a 1 de xaneiro do 2018.

Entenderase prorrogado por anos naturais mentres non medie denuncia dalgunha das partes con tres meses de antelación”. A denuncia deberá realizarse mediante comunicación fehaciente da representación que a promueva a outra parte.

 

ARTIGO 3.- XORNADA DE TRABALLO

A xornada laboral será a mesma que realiza o persoal do SERGAS, tanto en cómputo diurno como nocturno.

As quendas de traballo repartiranse en xornadas de 7 horas de mañá, 7 no serán e 10 de noite.

 

ARTIGO 4.–DESCANSOS

O persoal disfrutará de 30 minutos de descanso, computado como tempo efectivo traballo que será de 10 a 11 na quenda da maná, de 18 a 19 na quenda do serán e de 2 a 3 na quenda  da noite.

 

ARTIGO 5.–XORNADA NOCTURNA

Fíxase un plus de nocturnidade en valor hora e tempo, idéntico ó establecido no cadro retributivo do SERGAS.

 

ARTIGO 6.–XORNADA EN DOMINGOS E FESTIVOS

Os traballadores/as que realicen xornada laboral en domingo ou festivo cobrarán o mesmo que o persoal do SERGAS e desfrutarán das mesmas vantaxes e festivos que por tal traballo ou concepto puideran corresponderlles.

O día 24 e 31 de Decembro terán os pluses de festivos simples e o 25 de decembro e o 1 de xaneiro como festivos dobres a efectos retributivos como no SERGAS.

 

ARTIGO 7.–ANTIGÜIDADE

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servizo, consistentes no abono de trienios de idéntica contía á establecida nos cadros retributivos do SERGAS para dito concepto.

 

ARTIGO 8.–HORAS EXTRA

Con carácter xeral non se realizarán horas extraordinarias, salvo por necesidades imperiosas do servizo. As horas extra serán voluntarias e comunicadas por escrito.

De común acordo entre empresa e traballador ou traballadora poderase compensar cada hora extraordinaria por un descanso. Os descansos correspondentes á compensación de horas extra poderán acumularse en xornadas completas.

Cada hora extra, en caso de ser retribuída dinerariamente, abonarase como mínimo a 18 euros brutos a hora. En caso de ser compensada mediante descanso, cada hora traballada compensarase con 1,5 horas de descanso. En ambos casos abonaranse os pluses de nocturnidade e/ou festividade que puidesen corresponder.

 

ARTIGO 9.–I.T.

O persoal afectado por este Convenio que se atope en situación de i.t. percibirá o 100% do salario no caso de enfermidade laboral ou común e no caso de accidente laboral ou común, dende o primeiro día da baixa.

No caso de baixa por i.t. referido os casos anteriores, as pagas extraordinarias percibiranse completas.

 

ARTIGO 10.–PAGAS EXTRAORDINARIAS

Todo o persoal incluído no ámbito funcional do presente Convenio Colectivo percibirá as pagas extraordinarias que, segundo o cadro retributivo do SERGAS, correspondan en función   da súa categoría laboral. Ditas pagas faranse efectivas o 30 de xuño e o 20 de decembro.

 

ARTIGO 11.–PAGO DAS NÓMINAS

A empresa realizará a transferencia da nómina dos traballadores/as a máis tardar o último día do mes, dando un prazo por motivos burocráticos ou de forza maior ata o día 2 do mes seguinte. As nóminas publicaranse no portal do empregado ou entregaranse como máximo o terceiro día de cada mes.

 

ARTIGO 12.–SALARIOS

Os traballadores comprendidos no presente Convenio percibirán as mesmas  retribucións que poidan corresponder ó persoal propio do SERGAS con idéntica categoría laboral, segundo   os cadros retributivos de dito Organismo.

 

ARTIGO 13.–LEXISLACIÓN SUBSIDIARIA

As condicións pactadas no articulado do presente Convenio forman un conxunto unitario e indivisible e a efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

Con carácter xeral en todo aquilo non previsto no presente convenio colectivo, estarase ao disposto no Convenio Colectivo de empresas do Metal sen Convenio propio da provincia de Pontevedra e especialmente no que se refire á aplicación da figura xurídica da subrogación,  tanto no referido á incorporación dos traballadores á empresa, como no referido á súa saída  da mesma.

Con carácter particular, no non previsto no presente convenio colectivo naquelas cuestións referidas a retribucións, xornada e clasificación profesional, serán supletorias as condicións aplicables ao persoal do SERGAS.

 

ARTIGO 15.–EXCEDENCIAS

As excedencias voluntarias rexeranse polo recolleito no Convenio Colectivo de Empresas do Metal sen Convenio propio da provincial de Pontevedra.

 

ARTIGO 16.–RECOÑECEMENTO MÉDICO

Todo  o persoal afectado no presente Convenio, terá dereito a efectuar unha revisión anual     a cargo da empresa no primeiro semestre de cada ano.

Os recoñecementos médicos serán de carácter voluntario e consistirán en:

—Audiometría.

—Control de vista.

—Análise de sangue.

—Análise de urina.

—Esperiometría.

—Exploración clínica.

—Específicos: recoñecemento para a prevención de lesións musco-esqueléticas.

—Vacina Hepatite B, antitetánica e gripe.

—Proba da PSA

Por este motivo aboaráselle a todo o persoal da empresa que estea fora de servicio catro horas extras coa correspondente xustificación.

Os resultados de dito recoñecemento médico son confidenciais e serán entregados ó traballador/a nun sobre pechado.

O recoñecemento médico nunca se fará nunha unidade móbil.

 

ARTIGO 17.–LICENCIAS RETRIBUÍDAS

O traballador, previo aviso e posterior xustificación, terá dereito a permisos retribuídos durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais no caso de matrimonio do traballador.

b) Nocasodenacementodunfilloseaplicaránloscorrespondentespermisosde Maternidade y/o Paternidade idénticamente a los que aplique el SERGAS en cada momento.

c) Sete días naturais no suposto de mórte do cónxuxe, fillos, pais e pais políticos.

d) Tres días naturais no suposto de morte de irmáns, netos, avós, avós políticos, fillos políticos e irmáns políticos. si o traballador necesitase facer un desprazamento fora da provincia, concederáselle dous días naturais máis.

e) Cinco días naturais no suposto de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos e tres días naturais no suposto de enfermidade grave de pais, avós, irmáns, netos, irmans políticos e pais políticos, circunstancia que deberá ser xustificada feacentemente.

No referente a este apartado poderán solicitarse datas de desfrute dentro dun período de dez días que inclúa a data do feito causante.

As referencias que tanto no apartado c) coma no e) se fai ao cónxuxe, referiranse tamén ao compañeiro/a en situación estable, sempre que a acreditación de dita situación sexa anterior a solicitude de calquera licencia.

f) Dous días naturais no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da seguridade social, cando  coincida  o  horario  de  consulta  co  traballo  prescríbase  dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presentar previamente o traballador na empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas o ano.

h) O tempo necesario para a realización de exames coa correspondente comunicación previa e posterior xustificación.

i) O tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando conste unha norma legal ou convencional un período determinado, estarase o que dispoña en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

j) Todo traballador/a que por orde médica teña que facer calquera tipo de rehabilitación nun centro de saúde, disporá do tempo necesario, entendéndose que as sesións de rehabilitación serán sempre no mesmo horario.

k) Un día natural no caso de matrimonio.de fillos e irmáns.

l) Un día natural polo falecemento dun párente de terceiro grado (tío, tío político, etc.).

m) O tempo necesario para acompañar os fillos menores de idade o médico.

 

ARTIGO 18.–LICENCIAS NON RETRIBUÍDAS

Os traballadores terán dereito a licencias non retribuídas pero que deberán ser debidamente xustificadas nos casos seguintes:

a) Enfermidade grave de parentes.

b) Ata sete días naturais por necesidades persoais xustificadas.

c) Os traballadores que teñan unha antigüidade maior de cinco anos, poderán solicitar unha licencia sen salario por un período máximo de 11 meses (tempo sabático) cando  o mesmo teña por obxecto a formación persoal ou o desenvolvemento profesional do traballador.

 

ARTIGO 19.–CAPACIDADE DIMINUÍDA

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade profesional, con redución das súas facultades físicas e intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupar postos máis aptos, en relación as súas condicións, que existan na empresa, sempre que teñan aptitude e idoneidade para o novo posto.

 

ARTIGO 20.–VACACIÓNS

Os traballadores/as afectados polo presente convenio, disfrutaran de trinta días de vacacións ininterrumpidas entre os meses de xuño e setembro, ámbolos dous inclusive. O calendario de vacacións fixarase a principios de ano no calendario de turnos, para o seu coñecemento polos traballadores/as.

O persoal poderá percibir como anticipo, na nómina correspondente do mes anterior o disfrute, ata o 50% do salario correspondente ao período de vacacións, debendo solicítalo por escrito con antelación suficiente.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de i.t. terá dereito ao disfrute das mesmas.

O pago das mesmas será o mesmo que o cadro retributivo do SERGAS incluíndo as melloras que puideran ter.

Terán dereito a días de vacacións adicionais o persoal que teña unha determinada antigüidade e sempre en base á seguinte táboa:

10  anos de servizo 1 día

20  anos de servizo 2 días

25  anos de servizo 3 días

30  anos de servizo 4 días

 

As normas de aplicación serán as establecidas no apartado correspondente da lei en cuestión. As sustitucións da plantilla que executa o servizo no poderá realizarse con subcontratas.

Os turnos de traballo do persoal substituto adaptaranse para cubrir a totalidade dos días de vacacións do persoal a substituir e para que estos realicen as horas correspondentes a onceaba parte da xornada anual cada mes independentemente do turno a substituir.

 

ARTIGO 21.–PRENDAS DE TRABALLO

A empresa dotará ó persoal, como mínimo anualmente, de dúas prendas de traballo (dúas camisas, dous polos, dous pantalóns, e dúas chaqueteiras). entregarase así mesmo un par de zapatos ou un par de botas de seguridade, cada catro anos un chaquetón de abrigo e así mesmo  a empresa dotara de roupa de auga ao persoal que a necesite.

As prendas de traballo (camisas, pantalóns e chaqueteiras) terán unha composición adecuada as tarefas que se realicen como marca a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

A entrega de roupa e calzado efectuarase nos meses de xaneiro do mesmo ano.

A firma deste convenio todo los traballadores que o necesiten dispoñen de gafas de seguridade graduadas, establecéndose a súa substitución con cargo a empresa no caso de deterioro polo normal uso das mesmas.

 

ARTIGO 22.–SEGURO COLECTIVO

A empresa contratará un seguro colectivo de accidentes, aboando o importe íntegro das primas, debendo cubrir a póliza a seguinte contía mínima de indemnizacións:

-- Accidente laboral ou común co resultado de morte: 18.000 euros.

-- Enfermidade profesional, accidente laboral ou común co resultado de invalidez total ou Absoluta: 24.000 euros.

-- Accidente laboral ou común co resultado de Gran invalidez: 28.000 euros.

 

ARTIGO 23.–LIQUIDACIÓN POR CESE

A empresa concederá ós traballadores que, tendo a idade que de seguido se indica, causen baixa na empresa por propia vontade:

Os 61 anos: 4 meses de vacacións 

Os 62 anos: 3 meses de vacacións

 

ARTIGO 24. – XUBILACIÓN

Será de aplicación a lexislación vixente en cada momento.

A empresa deberá contratar simultaneamente no lugar do xubilado a outro traballador/a  que sexa titular do dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego e que veña realizando habitualmente substitucións da plantilla adscrita o servizo de Mantemento do Hospital Mexoeiro de Vigo.

 

ARTIGO 25.–XUBILACIÓN PARCIAL

Sera de aplicación o establecido no acordo colectivo do plan de xubilación firmado o día 27/03/2013 entregado por rexistro a Xunta de Galicia.

A solicitude deberase remitir á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial. A empresa estudará a solicitude de boa fe, coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, responderá nun prazo máximo de trinta días. Nos casos de discrepancia entre as partes, remitirase a cuestión á Comisión Paritaria, que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de trinta días.

Dada a particularidade da actividade da empresa e as súas prestacións de servicios a entidade públicas o que implica que poida haber cambios de titularidade na adxudicación do servicio   que se contrata, e tendo en conta que opera a subrogación empresarial, a empresa entrante ten  a obriga de manter as condicións persoais e laborais que no seu día se houbesen pactado coa empresa saínte, tales como: xornada a reducir, distribución da xornada ou pagamento de salario.

Asemade a empresa saínte comprometese a facilitar toda a documentación referente a estes traballadores, especificando caso por caso as condicións de cada traballador.

A porcentaxe da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e a xornada completa, sen prexuízo doutros acordos anteriores á firma deste convenio colectivo ou ao acordo ao que poidan chegar o traballador e a empresa.

 

ARTIGO 26.–COMISIÓN PARITARIA

No momento da sinatura do presente Convenio constituirase a Comisión Paritaria  do  mesmo, que quedará composta polos asinantes tanto en representación da empresa como en representación dos traballadores.

 

A efectos de comunicacións e notificacións fixase o domicilio da Comisión Paritaria na sede  da empresa Rua Meixueiro s/n (Oficina Veolia Norte no Hospital do Meixueiro)

As funcións desta Comisión Paritaria consistirán en vixiar e interpretar o cumprimento de cada un dos artigos que interveñen e constitúen a normativa do vixente convenio colectivo.

Os  conflitos  que  puideran  xurdir,  e  non  estando  de  acordo  as  partes  para  solucionar   as discrepancias existentes, poderán acudir os organismos administrativos ou xudiciais correspondentes, así como as disposicións contidas no A.G.A., para á solución extraxudicial de conflitos laborais.

A comisión reunirase no prazo de 72 horas a requirimento dalgunha das partes.

 

ARTIGO 27.–ACCIÓN SINDICAL

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores/as desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

-- A empresa dará conta das novas contratacións que haxa os representantes dos traballadores/as.

-- A empresa disporá dun taboleiro de anuncios no que poderá fixarse propaganda. sindical a cal deberá axustarse ó disposto no e.t.

-- Dentro das formalidades previstas no artigo 77 e seguintes do e.t. a empresa facilitará o exercicio e reunións informativas dentro da xornada laboral, empregando un máximo de dúas horas ó mes.

-- Cada representante sindical disporá do crédito de horas sindicais fixadas no e.t. para o exercicio das súas funcións de representación. Neste crédito quedarán incluídas as horas destinadas a asistir as convocatorias sindicais, que en todo caso deberán ser correctamente realizadas. Non se  computarán  dentro  deste  crédito  horario as reunións motivadas pola negociación colectiva coa empresa. estas poderán ser acumulativas por trimestres naturais.

— Ante a imposición de sanción a un traballador derivada de falta moi grave, esta será oída coa antelación suficiente, tanto por parte do delegado sindical que corresponda a afiliación do traballador como así mesmo o Comité de empresa, como fai referencia o artigo 55.1 do et. e o artigo 10.3.3 da LOLs.

 

ARTIGO 28.–ESTABILIDADE NO EMPREGO

Tódolos oficiáis de mantemento que prestarán servicio para a empresa durante un período superior a un ano pasarán a ter contrato de persoal fixo de Centro. sen que esta circunstancia afecte ó persoal que estea realizando substitucións doutros traballadores con dereito a reserva do posto de trabado.

 

ARTIGO 29.–SAÚDE LABORAL

Estarase ó disposto no recollido na Lei de Prevención de Riscos Laborais e normativa de desenrolo da mesma.

Os delegados de persoal terán dereito a coñecer todo o relacionado  coa  prevención  de  riscos laborais (lease memorias, tanto de accidentes laborais coma de enfermidades comúns ou profesionais) e igualmente a coñecer os estudios realizados no que respecta a traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Os delegados de persoal serán puntualmente informados das políticas e procedementos relacionados con todas aquelas cuestións que teñan que ver coa realización de exames de vixilancia da Saúde e recoñecementos médicos, así como a entrega de equipos de protección individual e a roupa de traballo.

 

ARTIGO 30.–NON Á DISCRIMINACIÓN

Homes e mulleres gozarán de igualdade de oportunidades en canto no emprego, formación, promoción e desenrolo no traballo. Respectando, en calquera caso, o principio de igual traballo, igual salario. Non se pode discriminar os traballadores/as por ser cargos sindicais, polo seu credo, político, relixión ou cor da pel.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA

A categoría mínima dos traballadores será a de Condutor de instalación.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA

En tódolos conceptos e melloras salariais non recollidos neste Convenio Colectivo estarase equiparado co persoal do SERGAS.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA

Para a resolución pacífica dos conflitos laborais as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan  someterse  ás disposicións contidas  no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as Organizacións Sindicais CC.OO., UXT, CIG. No caso de inaplicación do convenio ou posibles descolgues ambas as partes remitiranse ao AGA.

 

ANEXO I TÁBOAS SALARIAIS 2018

(Omitido. Consultar PDF de la disposición)