Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
04/07/2023

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresas de Serviplustotal, S.L. (15104681012023) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 04 de Julio de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Resolución pola que se inscribe e publica o convenio colectivo de SERVIPLUSTOTAL, S.L. Empresas que prestan servizo de conserxería nas instalacións deportivas do Concello da Coruña (código 15104681012023) (Boletín Oficial de A Coruña num. 126 de 04/07/2023)

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Xefatura Territorial da Coruña

Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social

Resolución pola que se inscribe e publica o convenio colectivo de SERVIPLUSTOTAL, S.L. Empresas que prestan servizo de conserxería nas instalacións deportivas do Concello da Coruña (código 15104681012023)

O 16 de xuño de 2023 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a solicitude de inscrición do convenio colectivo referido á empresa vinculada por concurso público ao Concello da Coruña no servizo de conserxería das instalacións deportivas do Concello de A Coruña, SERVIPLUSTOTAL, SL.

No escrito asinado con data 16/06/2023 pola secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, explicítase que a comisión negociadora do convenio colectivo de referencia se reuniu para asinalo o 01/06/2023 e preséntase diante da autoridade laboral para os efectos de rexistro, depósito e publicación oficial, de ser o caso, para dar cumprimento ao Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Desta maneira, conclúese que se pode inscribir o convenio colectivo de SERVIPLUSTOTAL, SL ? empresas que prestan servizo de conserxería nas instalacións deportivas do Concello da Coruña, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no referido Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Esta xefatura territorial é competente para resolver a inscrición deste convenio colectivo, ao abeiro do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ( DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. Inscribir o convenio colectivo de SERVIPLUSTOTAL, SL ? empresas que prestan servizo de conserxería nas instalacións deportivas do Concello da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Ordenar a remisión do texto deste convenio colectivo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 28 de xuño de 2023

A xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade

Judit Fontela Baró

I CONVENIO COLECTIVO DE CENTRO DE TRABALLO DAS EMPRESAS QUE PRESTAN SERVIZOS DE CONSERXERÍA NAS INSTALACIONS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE A CORUÑA

INDICE

PARTES ASINANTES.

CAPITULO I. AMBITOS.

Artigo 1. Natureza e Ámbito persoal de Aplicación

Artigo 2. Concorrencia de convenios

Artigo 3. Ámbito temporal

Artigo 4. Denuncia

Artigo 5. Condicións Laborais.

CAPITULO II. COMISIÓN PARITARIA.

Artigo 6. Constitución, composición e funcionamento.

Artigo 7. Funcións.

CAPITULO III. PROMOCIÓN

Art.8.- Promoción interna fronte a un posto de traballo permanente dentro da mesma empresa ou servizo.

Art.9.- Promoción externa fronte a un posto de traballo permanente por entrada de unha empresa nova no servizo de conserxería.

Art.10.- Vacantes indefinidas sin cubrir.

Art.11.- Vacante temporal.

CAPITULO IV. SUBROGACIÓN E RESERVA DE PLAZA.

Artigo 12. Subrogación do persoal.

Artigo 13. Reserva de praza.

CAPITULO V. TAREFAS PROPIAS.

Artigo 14. Tarefas propias do persoal do servizo.

CAPITULO VI. XORNADA, VACACIONS, DESCANSOS E PERMISOS.

Artigo 15. Xornada.

Artigo 16. Horarios e Quendas de Traballo.

Artigo 17. Calendario anual de traballo e descanso.

Artigo 18. Vacacións.

Artigo 19. Licenzas ou permisos retribuídos.

CAPITULO VII. INCAPACIDADES.

Artigo 20. Incapacidade temporal.

Artigo 21. Incapacidade permanente derivada de accidente laboral ou ineptitude sobrevida.

CAPITULO VIII. RETRIBUCIONS

Artigo 22. Estrutura retributiva.

Artigo 23. Plus de Polivalencia.

CAPITULO IX. RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

Artigo 24. Sometemento o AGA.

DISPOSICIONS ADICIONAIS

Disposición adicional. Lexislación Subsidiaria.

PARTES ASINANTES

O presente Convenio Colectivo referido a Empresa vinculada por concurso público o Concello da Coruña no servizo de conserxería das instalacións deportivas do Concello de A Coruña, SERVIPLUSTOTAL S.L. (100%). Lexitimadas no marco dos límites establecidos no artigo 87.3 b) do TRET, e doutra á totalidade da Representación Legal dos Traballadores e as Centrais Sindicais CIG, UGT e CCOO.

Ambas Partes recoñécense mutuamente lexitimación para concertar o presente Convenio Colectivo.

A natureza xurídica do presente Convenio corresponde á propia dos Convenios subscritos ó amparo do artigo 83.1 do TRET. Neste sentido este Convenio Colectivo xurde dotado da forza e eficacia xurídica de obrigar que a Constitución e a Lei lle confiren, incorporando con tal carácter a regulación das condicións laborais básicas para as Empresas e Traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación.

Queda así recoñecida expresamente polas partes, a natureza estatutaria deste Convenio.

CAPITULO I

AMBITOS

Artigo 1. Natureza e Ámbito persoal de Aplicación

O presente convenio negociase ó amparo do art. 87.1, parágrafo terceiro, do Estatuto dos Traballadores. Por conseguinte, afecta a empresa que presta actualmente o servizo, ou as empresas que poidan prestar nun futuro os seus servizos de conserxería nos centros de traballo das instalacións deportivas do Concello de A Coruña, de acordo coa lexitimación prevista no art. 87.3 b) do Estatuto dos Traballadores. Por parte das persoas traballadoras, a toda as que estean contratadas por estas empresas, calquera que sexa a súa modalidade de contrato ou grupo profesional.

Expresamente recoñecese a natureza estatutaria deste convenio.

Artigo 2. Concorrencia de convenios.

En todo o non disposto polo presente convenio será de aplicación o Convenio Colectivo de Instalacións Deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia, e supletoriamente do mesmo, en todo o prevido no Convenio Colectivo Estatal de Instalacións Deportivas e Ximnasios.

Artigo 3. Ámbito temporal

O presente Convenio entrará en vigor o día seguinte da súa firma e estendera a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2026 para todos os efectos e en todo o seu articulado. Finalizada a vixencia do presente Convenio e mentres non se producise a firma dun novo entre as partes, seguirá en vigor todo o seu articulado e contidos.

Artigo 4. Denuncia

O presente Convenio quedará denunciado automaticamente á finalización da súa vixencia, comprometéndose as partes asinantes deste ao inicio da negociación dun novo convenio 30 días antes do seu vencemento.

Artigo 5. Condicións Laborais.

As condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto a este convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as viñan gozando, non sendo estas compensables ou absórbibles.

Tamén serán respectadas e consideradas coma se parte deste Convenio Colectivo se trataran as condicións máis beneficiosas para os traballadores recollidas no Convenio xeral de aplicación así como en calquera outras normas e leis de rango superior ao presente Convenio Colectivo. Así mesmo serán respectados a título individual todos os dereitos adquiridos que non se recollan no presente Convenio Colectivo e teñan un carácter máis beneficioso para a persoa traballadora.

CAPITULO II

COMISIÓN PARITARIA

Artigo 6. Constitución, composición e funcionamento.

1. Constitución. No mes seguinte á firma deste Convenio constituirase unha Comisión Mixta e Paritaria para interpretación, aplicación e seguimento do establecido no presente Convenio.

2. Composición. A Comisión terá unha composición paritaria integrada pola parte empresarial e parte social, asinantes do presente Convenio Colectivo . Estará composta por 6 membros, 3 da parte empresarial e outros 3 da parte sindical, podendo contar cada parte cos asesores que en cada momento consideren oportunos.

3. A composición da parte empresarial actualizarase en relación ás adxudicatarias do servizo.

4. As reunións da Comisión Mixta Paritaria celebrásense de xeito ordinario nas instalacións deportivas do concello.

5. Funcionamento. De entre os membros que compoñen a Comisión Mixta Paritaria elixirase un persoa que actuará como presidente, coas funcións de convocar as reunións que xurdan por iniciativa da parte á que pertenza e moderalas todas, elixirase así mesmo un persoa que actuará como secretario-a, coas funcións de convocar as reunións que xurdan por iniciativa da parte á que pertenza, levantar acta de todas as reunións e actualizar o arquivo da comisión.

6. As reunións da Comisión Mixta Paritaria, dada a transcendencia das súas interpretacións, celebraranse no prazo máximo de 120 horas trala súa convocatoria.

7. Os acordos requirirán o voto favorable da maioría de cada unha das representacións, empresarial e social.

Artigo 7. Funcións.

De conformidade co artigo 85.3.e) do TRET, e ademais das previstas neste, a Comisión Mixta Paritaria terá as seguintes funcións:

7.1.- Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

7.2.- Velar pola correcta aplicación do convenio, sendo o órgano axeitado para proceder á interpretación deste cando se produza algunha discrepancia na súa aplicación.

7.3.- Mediar e conciliar en conflitos colectivos que supoñan a interpretación e aplicación das normas deste convenio, así como as que se deriven das que representen modificacións substanciais das condicións de traballo de carácter colectivo e que sexan derivadas da aplicación do presente convenio. Non poderá formularse conflito colectivo xudicial se previamente non existe intervención da comisión paritaria.

Os acordos da comisión paritaria serán incorporados ao convenio coma se deste se tratase.

CAPITULO III

PROMOCIÓN

Art.8.- Promoción interna fronte a un posto de traballo permanente dentro da mesma empresa ou servizo.

Estarase o disposto do acordo de data 17.09.2015 asinado entre o Comité de Empresa de Ferrovial Servicios e a

Dirección da Empresa,

Art.9.- Promoción externa fronte a un posto de traballo permanente por entrada de unha empresa nova no servizo de conserxería.

Estarase o disposto do acordo de data 17.09.2015 asinado entre o Comité de Empresa de Ferrovial Servicios e a Dirección da Empresa,

Art.10.- Vacantes indefinidas sen cubrir. Bolsa de traballo.

Estarase o disposto do acordo de data 17.09.2015 asinado entre o Comité de Empresa de Ferrovial Servicios e a Dirección da Empresa,

Art.11.- Vacante temporal.

Estarase o disposto do acordo de data 17.09.2015 asinado entre o Comité de Empresa de Ferrovial Servicios e a Dirección da Empresa,

CAPITULO IV

SUBROGACIÓN E RESERVA DE PLAZA

Artigo 12. Subrogación do persoal.

Ademais do previsto nesta materia no Convenio Xeral de aplicación, que será norma básica, as partes acordan que:

Ao final da concesión de calquera das contratas, os traballadores destas, calquera que sexa a súa modalidade de contrato no momento da subrogación, continuarán prestando servizos nas novas contratistas, respectándoselle todos os seus dereitos, deberes, condicións de traballo e melloras que se tivesen producido ao longo da relación laboral entre ambas as dúas partes.

Igualmente a empresa entrante respectará todos os dereitos de representación e garantías dos representantes legais dos traballadores no formato existente, con todas as garantías que desa representación se deriven.

Artigo 13. Reserva de praza.

Segundo o fixado no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPITULO V

TAREFAS PROPIAS

Artigo 14. Tarefas propias do persoal do servizo.

En virtude, do Prego de Prescricións Técnicas reguladoras do servizo de Conserxería nas instalacións deportivas municipais de xestión directa, que fomente na súa execución a estabilidade e calidade no emprego, as persoas traballadoras do servizo veñen realizando con carácter habitual, continuado e permanente, ad exemplum, as tarefas consistentes en:

1/ Preparación, colocación y adecuación de las equipaciones e instalaciones para el desarrollo de las actividades propias del centro.

2/ Montaje y desmontaje de elementos y equipaciones de carácter temporal dentro de una instalación deportiva municipal, siempre y cuando sean elementos municipales depositados en las propias instalaciones.

3/ Cuando como consecuencia del desarrollo de actividades deportivas fuera del ámbito de las instalaciones deportivas, se precise la salida de material necesario para su desarrollo deberá tener autorización escrita de la dirección de cada dependencia. Dicho material se registrará en el parte correspondiente junto con el nombre de la persona que lo retire, quien tendrá que acreditar su retirada mediante su identificación y firma.

4/ Comprobar las porterías de balonmano o fútbol sala, fútbol ( fútbol 7 y fútbol 11) , postes de voleibol,canastas de baloncesto ( basket y minibasket) , bancos de suplente, redes de bádminton y tenis ,...en el momento de su uso ,que tenga los anclajes fijos o móviles colocados y en perfecto estado, para evitar posibles incidencias y accidentes.

5 / Coordinación de las tareas antes descritas.

CAPITULO VI

XORNADA, VACACIONS, DESCANSOS E PERMISOS

Artigo 15. Xornada.

En cómputo anual a xornada máxima de traballo do persoal comprendido no ámbito do presente Convenio Colectivo será a acordada no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 16. Horarios e Quendas de Traballo.

Os horarios e quendas de traballo estarán o disposto no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 17. Calendario anual de traballo e descanso.

O calendario anual de traballo estará o disposto no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18. Vacacións.

As vacacións anuais serán as fixadas no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 19. Licenzas ou permisos retribuídos.

As licenzas e permisos retribuídos serán as fixadas no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPITULO VII

INCAPACIDADES

Artigo 20. Incapacidade temporal.

Os complementos de incapacidade temporal, estarán o disposto no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 21. Incapacidade permanente derivada de accidente laboral ou ineptitude sobrevida

Os complementos de incapacidade permanente derivada de accidente laboral ou ineptitude sobrevida, estarán o disposto no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPITULO VIII

RETRIBUCIONS

Artigo 22. Estrutura retributiva.

Os conceptos retributivos, así como os seus importes serán os establecidos no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 23. Plus de Polivalencia

A empresa abonará o plus salarial ad personam de polivalencia, que é unha condición máis beneficiosa e unha mellora voluntaria, segundo seguidamente se acorda:

1. Será aboado ás persoas traballadoras, que prestan servizos na CONTRATA DE CONSERXERÍAS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE A CORUÑA.

As persoas traballadoras que perciban o plus salarial ad personam de polivalencia seguirán realizando as funcións propias da súa categoría profesional e ademais as referidas ad exemplum no artigo 14 que xa veñen realizando.

O percibo do plus salarial ad personam de polivalencia quedará inalterado ante calquera cambio, e expresamente se pacta que de producirse cambios funcionais, mobilidades funcionais, ius variandi, modificacións substanciais das condicións de traballo, adaptacións do posto de traballo ou calquera outra figura similar ás anteriores, que afecten a ditas tarefas tanto de categoría profesional como as citadas no artigo 14, as persoas traballadoras afectadas por tales cambios seguirán percibindo igualmente e sen diminución algunha de dito plus salarial ad personam de polivalencia nos termos pactados no presente acordo.

2. Plus salarial ad personam de polivalencia será de importe de 300 euros/mes que se incluirá en tódalas as pagas, incluídas as extraordinarias, ascendendo actualmente ao importe anual de 4.200 euros, isto é, 300 euros/mes por 14 pagas.

3. O plus salarial ad personam de polivalencia constitúe unha condición máis beneficiosa e unha mellora voluntaria.

4. Dito plus salarial ad personam de polivalencia será revalorízable con carácter anual cos mesmos incrementos que se pacten para cada ano para o resto de conceptos retributivos no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

que regule a retribución, e este plus salarial ad personam de polivalencia non será compensable nin absorbible con ningún outro concepto retributivo, nin de carácter salarial nin de carácter extrasalarial. Expresamente se pacta que tampouco será compensable ni absorbible con calquera outros pluses ad personam ou calquera outros complementos ou conceptos retributivos que as persoas traballadoras xa viñeran percibindo, tanto de carácter salarial como extrasalarial.

5. Dito plus salarial ad personam de polivalencia non poderá ser obxecto de inaplicación salarial.

6. O plus salarial ad personam de polivalencia será aboado ás persoas traballadoras contratadas a xornada completa ao 100% do importe pactado (isto é, a razón de 300 euros mes x 14 pagas actualmente) e aos traballadores contratados polo medio de contratos parciais, será aboado en proporción ás xornadas parciais contratadas e tamén en proporción ás horas de traballo efectivamente realizadas cando as mesmas sexan superiores ás xornadas parciais contratada polo medio de ampliacións de xornada.

7. O plus salarial ad personam de polivalencia será aboado obrigatoriamente nestas condicións pactadas ao persoal de novo ingreso e nova contratación que reúna as características recollidas nos ordinais anteriores.

8. O plus salarial ad personam de polivalencia é salario, e como tal, computará a tódolos efectos para o cálculo do complemento de incapacidade temporal que o convenio aplicable estableza.

9. O plus salarial ad personam de polivalencia, aparecerá denominado nas nóminas a efectos de simplificar a súa denominación como ?plus de polivalencia? sen que dita denominación altere estes pactos nin a súa natureza, e sen que calquera outra denominación que en nómina se lle puidera dar poda alterar nin a súa natureza nin a integridade do aquí pactado.

10. O plus salarial ad personam de polivalencia será aboado dende o 15 de agosto do ano 2024, ou no seu defecto dende que se se faga efectivo o inicio da nova Contrata de Conserxerias das Instalacions Deportivas do Concello da Coruña con alta na TXSS no CCC da nova contratista das persoas traballadoras do servizo.

11. Dito plus salarial ad personam de polivalencia se realiza con carácter e vocación de permanencia e, a efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

CAPITULO IX

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

Artigo 24. Sometemento o AGA.

As partes asinantes de este Convenio estiman necesario establecer procedementos voluntarios de solución dos conflitos de carácter colectivo e por elo acordan a súa adhesión o vixente acordo sobre solución extraxudicial de conflitos colectivos en Galicia (AGA)

DISPOSICIONS ADICIONAIS Disposición adicional. Lexislación Subsidiaria.

Nas materias non previstas no presente Convenio estarase ao disposto no Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

2023/5232