Última revisión
06/06/2025
Revisión. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTIVIDADES AFINS (36000215011982) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2025 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
ACORDO POLO QUE SE APROBAN AS TÁBOAS SALARIAIS DE EXERCICIO 2025 E A MODIFICACIÓN DO TEXTO DO CONVENIO DAS EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTV.AFÍNS PARA OS ANOS 2022 A 2024 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 107 de 06/06/2025)
ACORDO POLO QUE SE APROBAN AS TÁBOAS SALARIAIS DE EXERCICIO 2025 E A MODIFICACIÓN DO TEXTO DO CONVENIO DAS EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTV.AFÍNS PARA OS ANOS 2022 A 2024
Convenio o Acordo: CARPINTERIA EBANISTERIA E ACTV.AFÍNS
Expediente: 36/01/0113/2025
Data: 28/05/2025
Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
Código de Convenio número 36000215011982
Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproban as táboas salariais de exercicio 2025 e a modificación do texto do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTV.AFÍNS para os anos 2022 a 2024, que foi publicado no BOP número 74 de data 18.04.2023, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito o devandito acordo en representación da parte económica, polas organizacións empresariais Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada(ACE) e a Asociación de Empresarios da Madeira de Pontevedra(ASEMA) e da parte social polas Centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, e que foi asinado a devandita modificación do convenio colectivo o 29 de abril do 2025
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Vigo en data 26 de maio do 2025
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Este departamento territorial,
ACORDA:
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en galego
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
O director territorial
CONVENIO COLECTIVO DE CARPINTERÍA, EBANISTERÍA E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
(Código de Convenio n.º 36000215011982)
COMISIÓN NEGOCIADORA
7ª Reunión 2025
ASISTENTES:
REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL
ASEMA
D. Mario Cardama Barrientos.
ACE
Dª Elena Moreira Agra.
Dª Ana Belén Blanco Castro.
D. Félix Rodríguez Regueiro.
REPRESENTACIÓN SOCIAL
CIG
D. Javier Iglesias Valiñas.
D. Jesús A Varela Campos.
D. Carlos Méndez Iglesias.
UGT
D. Santiago González Andión.
D. Manuel Vila Campos.
D. José Carlos Casal Iglesias.
CCOO
D. Óscar Heleno Iglesias.
D. Antonio Castillo Estévez.
D. Sergio Fuentes Gaspar.
D. Fco. Javier Garaboa Castro.
D. Francisco Estévez Rodríguez.
En Vigo, nos locais da CEP, sendo as 10:00 horas do día 29 de abril do 2025, reúnense a mesa da comisión negociadora do Convenio colectivo do sector de Carpintería, Ebanistería e Actividades Afíns da provincia de Pontevedra (36000215011982).
ACORDAN:
Primeiro.- Dar a seguinte redacción ao artigo 28º SALARIOS:
1. Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá, durante o ano 2025, as retribucións do Anexo III.
2. Para o ano 2025 acordase un incremento salarial do 3,1%, sobre a táboa do ano 2024.
Segundo.- Dar a seguinte redacción ao artigo 29º REVISIÓN SALARIAL:
No suposto de que o IPC rexistrase a 31 de decembro de 2025 un incremento respecto ao 1 de xaneiro superior ao 3,1%, efectuarase unha revisión salarial no devandito exceso. Este exceso, co tope do 1%, devengará atrasos dende o 1 de xaneiro do 2025.
Se, tendo en conta o establecido no parágrafo anterior, operase unha revisión salarial, a Comisión Paritaria deberá reunirse necesariamente dentro dos 15 días seguintes á data en que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de cuantificar o exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial do 2025.
Dita táboa revisada, servirá de base de cálculo para o incremento do ano seguinte.
Terceiro.- Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais, para que faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta na Plataforma REGCON, así como en todos os rexistros correspondentes.
Fíxase a próxima reunión para o martes, 14 maio, ás 10:00 horas na CEP.
Ao non haber máis asuntos que tratar, remátase a reunión, sendo as 11:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa firma.
Anexo III
TÁBOA SALARIAL 2025
(TABLAS OMITIDAS. Consultar en documento PDF de publicación)
