Última revisión
14/11/2025
Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTIVIDADES AFINS (36000215011982) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2026 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2026 PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR CARPINTERÍA EBANISTERÍA E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 219 de 14/11/2025)
CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2026 PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR CARPINTERÍA EBANISTERÍA E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Convenio o Acordo: CARPINTERIA EBANISTERIA E ACTV.AFINS
Expediente: 36/01/0252/2025
Data:10/11/2025
Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
Código de Convenio número 36000215011982.
Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector CARPINTERIA EBANISTERIA E ACTV.AFINS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, polo que establece o calendario laboral para o ano 2026, subscrito en representación da parte económica, polas organizacións empresariais Asociación de Empresarios da Madeira de Pontevedra( ASEMA) e a Asociación de Empresarios da Estrada(ACE) e da parte social polas Centrais sindicais mais representativas no sector CCOO, UGT e CIG, e que foi adoptado o devandito acordo en data 31 de outubro do 2025
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Pontevedra con sede en Vigo en data 7 de novembro do 2025.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Este departamento territorial,
ACORDA:
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en galego
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
O director territorial
CONVENIO COLECTIVO DE CARPINTERÍA, EBANISTERÍA E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
(Código de Convenio n.º 36000215011982)
COMISIÓN NEGOCIADORA
ACTA FESTIVOS 2026
ASISTENTES:
REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL
ASEMA
D. Mario Cardama Barrientos
ASEMA
Dª Noemí Couso Calvar
ACE
Dª Elena Moreira Agra
ACE
Dª Ana Belén Blanco Castro
ACE
D. Félix Rodríguez Regueiro
REPRESENTACIÓN SOCIAL
CIG
D. Carlos Méndez Iglesias
CCOO
D. Francisco Estévez Rodríguez
CCOO
D Antonio Castillo Estévez
D. Óscar Heleno Iglesias
UGT
D. José Carlos Casal Iglesias
UGT
D. Manuel Vila Campo
En Vigo, nos locais da CEP, sendo as 10:00 horas do día 31 de outubro do 2025, reúnense os representantes das persoas traballadoras e do sector empresarial de Carpintería, Ebanistería e Actividades Afíns da provincia de Pontevedra co fin de emendar o artigo 20 do texto do convenio citado, publicado no BOPPO do día 18 de abril de 2023. Asisten as persoas sinaladas arriba. Acordan:
Primeiro.- Dar a seguinte redacción ao artigo 20:
DIAS FESTIVOS
1. A efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para o ano 2026, consideraranse como non laborais e retribuídos os días: 2 e 5 de xaneiro, 20 de marzo, 25 de xuño, 24 de xullo, 17 de agosto e 7, 24, e 31 de decembro.
2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día non laborable ou festivo de convenio, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2026 serán festivos de convenio os días:
23 de marzo: COVELO.
27 de marzo: VIGO.
10 de xullo: CAMBADOS, PONTEVEDRA e O PORRIÑO.
27 de xullo: VALGA.
14 de agosto: GONDOMAR, POIO, VIGO e VILAGACÍA DE AROUSA.
9 de decembro: MORAÑA.
3. Os días de descanso retribuído, establecidos no apartado 1, poderán ser modificados por acordo entre empresa e as persoas traballadoras, ou a súa representación legal, para axustalos ás necesidades das partes.
Terceiro.- Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais, para que faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta na Plataforma REGCON, así como en todos os rexistros correspondentes.
Remátase a reunión, sendo as 11:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura
