Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
29/11/2023

Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (36000205011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 03 de Noviembre de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



MODIFICACIÓN DO CONVENIO DO SECTOR DE EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERIA DE RIBEIRA ,PARA OS ANOS 2023 A 2024. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 229 de 28/11/2023)

CONVENIO DO SECTOR DE EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERIA DE RIBEIRA, PARA OS ANOS 2023 A 2024

Convenio o Acordo: CARPINTERIA DE RIBEIRA.

Expediente: 36/01/0296/2023

Data: 15/11/2023

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número 36000205011981.

Visto o Acordo da comisión paritaria do convenio do sector de empresas do sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA , para os anos 202 a 2024, publicado no BOP nº 82/2021, de data 28 de abril do 2023,con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial representativa do sector Asociación Provincial de Empresarios da Madeira e da parte social, polas Centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, sobre modificación dos artigos 9 e 14 do devandito convenio colectivo e que foi asinado o devandito acordo da paritaria en data 3 de novembro do 2023.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 14 de novembro do 2023.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- O 2.1.C) do Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O xefe territorial

CONVENIO COLECTIVO DE CARPINTERÍA de RIBERA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

(Código de Convenio nº 36000215011981)

COMISIÓN NEGOCIADORA

ACTA MODIFICACIÓN ARTICULO 9 Y 14

ASISTENTES:

REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL

ASEMA: D. Mario Cardama Barrientos.

REPRESENTACIÓN SOCIAL

CIG: D. Carlos Méndez Iglesias.

CCOO: D. Francisco Estévez Rodríguez.

UGT: D. José Carlos Casal Iglesias.

En Vigo, nos locais da CEP, sendo as 11:00 horas do día 3 de novembro do 2023, reúnense os representantes das persoas traballadoras e do sector empresarial de Carpintería de Ribera provincia de Pontevedra co fin de emendar o artigo 9 e modificar o artigo 14 do texto do convenio citado, publicado no BOPPO do día 18 de abril de 2023. Asisten as persoas sinaladas arriba. Acordan:

Primeiro.- Dar a seguinte redacción o artigo 9:

CONTRATO FORMATIVO PARA A OBTENCIÓN DA PRÁCTICA PROFESIONAL

A persoa traballadora deberá estar en posesión dun título universitario ou de grado medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, así como con aqueles que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral.

A duración deste contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder dun ano.

Ten que concertarse dentro dos tres anos seguintes ao remate dos correspondentes estudos (cinco anos si se concerta cunha persoa con discapacidade).

Non poderán subscribirse con quen xa obtivo experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da empresa por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación ou certificado que habilita esta contratación.

Ningunha persoa poderá ser contratada na mesma ou distinta empresa por tempo superior aos máximos previstos en virtude da mesma titulación ou certificado profesional. Tampouco se poderá estar contratado en formación na mesma empresa para o mesmo posto de traballo por tempo superior aos máximos previstos, aínda que se trate de distinta titulación ou distinto certificado.

Poderase establecer un período de proba que en ningún caso poderá exceder dun mes, salvo o disposto no artigo 8.

O posto de traballo deberá permitir a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos de formación obxecto do contrato.

A empresa elaborará o plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor ou titora que conte coa formación ou experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato.

A retribución será o 75%, durante a vixencia do contrato, do salario fixado no Anexo III para a persoa traballadora que exerza o mesmo ou equivalente posto de traballo, sempre que ditas contías non sexan inferiores ao salario mínimo interprofesional. No caso de persoas traballadoras contratadas a tempo parcial o salario reducírase en proporción o tempo efectivamente traballado.

As persoas contratadas con contrato de formación para a obtención de práctica profesional non poderán realizar horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3 do ET.

As empresas poderán solicitar por escrito ao SEPE información relativa a si as persoas ás que pretenden contratar estiveron previamente contratadas baixo esta modalidade e a duración destas contratacións. Dita información deberá ser trasladada á representación legal das persoas traballadoras e terá valor liberatorio a efectos de non exceder a duración máxima deste contrato.

Poderanse celebrar contratos formativos para a obtención da práctica profesional para todos os grupos profesionais recollidos na táboa salarial (Anexo III), excepto o grupo 7.

Segundo.- Dar a seguinte redacción ao artigo 14

DIAS FESTIVOS

A efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para o ano 2024, consideraranse como no laborais e retribuídos os días: 5 de xaneiro, 12 e 13 de febreiro, 1 de abril, 24 de xuño, 26 de xullo, 16 de agosto, 31 de outubro, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día non laborable ou festivo de convenio, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2024 serán festivos de convenio os días:

- 14 de febreiro: AGOLADA, ILLA DE AROUSA, MONDARIZ-BALNEARIO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, TOMIÑO, TUI, VIGO e VILABOA.

- 2 de abril: FORNELOS DE MONTES, MEIS, PAZOS DE BORBÉN, PONTE CALDELAS, PORTAS, RIBADUMIA, SANXENXO e SOUTOMAIOR.

- 25 de xuño: AGOLADA, CALDAS DE REIS, COVELO, MARÍN, NIGRÁN, POIO e RODEIRO.

- 29 de Xullo: A LAMA e O ROSAL.

- 19 de agosto: ARBO, CALDAS DE REIS, CRECENTE, CUNTIS, GONDOMAR, MONDARIZ, VALGA, VIGO e VILAGARCÍA DE AROUSA.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no apartado 1, poderán ser modificados por acordo entre empresa e as persoas traballadoras, ou a súa representación legal, para axustalos ás necesidades das partes.

Terceiro.- Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais, para que faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta na Plataforma REGCON, así como en todos os rexistros correspondentes.

Remátase a reunión, sendo as 11:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa firma.