Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (36000205011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
27/03/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (36000205011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

ACORDO SOBRE ACTUALIZACIÓN E INCREMENTO DAS TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2024 PARA O PERSOAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERÍA DE RIBEIRA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 62 de 27/03/2024)

Convenio o Acordo: CARPINTERIA DE RIBEIRA

Expediente: 36/01/0072/2024

Data: 13/03/2024

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número: 36000205011981

Visto o Acordo da Comisión Paritaria polo que se aproba o texto do acordo sobre actualización e incremento das táboas salariais do ano 2024, para o persoal das empresas do sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das empresas do sector, a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (ASEMA), e pola parte social polas organizacións sindicais mais representativas CIG, UGT e CC.OO, que foi asinado en data 31 de xaneiro do 2024.

Primeiro.? Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 12 de marzo do 2024.

Segundo.? Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.? Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.? Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.? Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.? Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.? Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

Terceiro.? Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo

O xefe territorial

CONVENIO COLECTIVO DE CARPINTERÍA de RIBERA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

(Código de Convenio nº 36000215011981)

COMISIÓN NEGOCIADORA

ACTA MODIFICACIÓN ARTICULO 16 y 17

AASISTENTES:

REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL

ASEMA

D. Mario Cardama Barrientos

ASema

Miguel Gomez Figueroa

REPRESENTACIÓN SOCIAL

CIG

D. Carlos Méndez Iglesias.

CCOO

D. Francisco Estévez Rodríguez

UGT

D. José Carlos Casal Iglesias.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), sendo as 10:30 horas do día 31 de xaneiro do 2024, reúnense os representantes das persoas traballadoras e do sector empresarial de CARPINTEIRA DE RIBERA da provincia de Pontevedra co obxecto de cuantificar o exceso do IPC a 31 de decembro de 2023 sobre o 3% previsto no convenio e elaborar unha nova táboa salarial para 2024, segundo o dispón o artigo 29.1. Asisten as persoas sinaladas arriba.

Acordan:

Primeiro.? Dado que o IPC ao 31 de decembro de 2023, respecto ao 1 de xaneiro, foi dun 3,1%, efectúase unha revisión salarial do 0,1%. Este exceso, que non xenera ningún tipo de atrasos, terase en conta soamente a efectos do cálculo das novas táboas salariais do ano 2024.

Acompáñase a nova táboa salarial que será de aplicación dende o 1 de xaneiro de 2024.

Segundo.? Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais, para que faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta na Plataforma REGCON, así como en todos os rexistros correspondentes.

Remátase a reunión, sendo as 11:00 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa firma.

CONVENIO CARPINTERIA DE RIBERA DE PONTEVEDRA

Tala salarial 2024

(TABLA OMITIDA. CONSULTAR EL PDF DE PUBLICACIÓN)