Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
18/12/2024

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (36000205011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2025 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



ACORDO DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR CARPINTERÍA DE RIBEIRA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, POLO QUE MODIFICA O ARTIGO 14 DO CONVENIO COLECTIVO E ESTABLECE O CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2025 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 244 de 17/12/2024)

ACORDO DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR CARPINTERÍA DE RIBEIRA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, POLO QUE MODIFICA O ARTIGO 14 DO CONVENIO COLECTIVO E ESTABLECE O CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2025

Convenio o Acordo: CARPINTERIA DE RIBEIRA

Expediente: 36/01/0313/2024

Data: 03/12/2024

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número 36000205011981

Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector CARPINTERIA DE RIBEIRA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, polo que modifica o artigo 14 do convenio colectivo e establece o calendario laboral para o ano 2025, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial Asociación de Empresarios da Madeira de Pontevedra( ASEMA) e da parte social polas Centrais sindicais CIG,CCOO e UGT, e que foi adoptado o devandito acordo en data 12 de novembro do 2024

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Pontevedra con sede en Vigo en data 29 de novembro do 2024.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en galego

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O director territorial

CONVENIO COLECTIVO DE CARPINTERÍA DE RIBERA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

(Código de Convenio nº 36000215011981)

COMISIÓN NEGOCIADORA

ACTA MODIFICACIÓN ARTICULO 14

ASISTENTES:

REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL

ASEMA

D. Mario Cardama

D. Miguel Gómez Figueroa.

REPRESENTACIÓN SOCIAL

CIG

D. Carlos Méndez Iglesias.

CIG

D. Ricardo Arias Alén.

CIG

D. Juan Fernández Sánchez.

CCOO

D. Valeriano González Alejandro.

CCOO

D. Francisco Estévez Rodríguez.

CCOO

D. José Pino Prieto.

UGT

D. José Carlos Casal Iglesias.

En Vigo, nos locais da CEP, sendo as 11:00 horas do día 12 de novembro do 2024, reúnense os representantes das persoas traballadoras e do sector empresarial de Carpintería de Ribera provincia de Pontevedra co fin de emendar o artigo 14 do texto do convenio citado, publicado no BOPPO do día 18 de abril de 2023. Asisten as persoas sinaladas arriba. Acordan:

Primeiro.- Dar a seguinte redacción ao artigo 14

DIAS FESTIVOS

Ajuste de la jornada diaria

-1. A efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para o ano 2024, consideraranse como no laborais e retribuídos os días: 3 e 4 de marzo, 21 de abril, 2 de mayo, 24 de xullo, 14 de agosto, 26 de setembro, 31 de outubro, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día non laborable ou festivo de convenio, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2025 serán festivos de convenio os días:

 5 de marzo: GONDOMAR, ILLA DE AROUSA, PAZOS DE BORBEN, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, TOMIÑO, TUI, VIGO e VILABOA.

 22 de abril: FORNELOS DE MONTES, MEIS, PONTE CALDELAS, PORTAS, RIBADUMIA, SANXENXO e SOUTOMAIOR.

 5 de maio: AGOLADA E COVELO.

 21 de xullo: MORAÑA.

 28 de xullo: VALGA.

 18 de agosto: CALDAS DE REIS, MONDARIZ e VILAGARCÍA DE AROUSA.

 25 de agosto: NIGRÁN.

 29 de setembro: BAIONA.

 6 de outubro: BARRO.

 15 de decembro: MEAÑO E MORAÑA.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no apartado 1, poderán ser modificados por acordo entre empresa e as persoas traballadoras, ou a súa representación legal, para axustalos ás necesidades das partes.

Terceiro.- Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais, para que faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta na Plataforma REGCON, así como en todos os rexistros correspondentes.

Remátase a reunión, sendo as 11:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa firma.