Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
04/01/2024

Revisión, Calendario. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Resolución pola que se inscribe e se ordena a publicación da táboa salarial e o calendario laboral para o ano 2024 no marco do convenio colectivo do sector de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña O 18 de decembro de 2023 tivo entrada no rexistro de acord (Boletín Oficial de A Coruña num. 4 de 04/01/2024)


Resolución pola que se inscribe e se ordena a publicación da táboa salarial e o calendario laboral para o ano 2024 no marco do convenio colectivo do sector de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña O 18 de decembro de 2023 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a solicitude de inscrición da acta co acordo relativo á táboa salarial e o calendario laboral para o ano 2024 no marco do convenio colectivo do sector de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña.

No escrito asinado o 15 de decembro do 2023 pola secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, expúñase que o 13 de decembro de 2023 se asinara a táboa salarial e o calendario laboral para o ano 2024 para o referido sector e que se presenta o correspondente acordo diante da autoridade laboral para os efectos de rexistro, depósito e publicación oficial e dar cumprimento ao Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e á Orde do 20 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Desta maneira, conclúese que se pode inscribir o referido acordo, ao abeiro do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no referido Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Esta xefatura territorial é competente para resolver a inscrición deste acordo, consonte o Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

Así, de conformidade con todo o anterior, RESOLVO:

1. Inscribir no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia a acta co acordo relativo á táboa salarial e o calendario laboral para o ano 2024 no marco do convenio colectivo do sector de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña.

2. Ordenar que se tramite a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

O xefe territorial

Pedro Pablo Lorenzo Díaz