Última revisión
05/02/2024
Revisión. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Acordo derivado de convenio, referido ao Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal sobre a revisión salarial 2024. (Boletín Oficial de Lugo num. 30 de 05/02/2024)
Código 27000185011982
Visto o texto do acordo derivado de convenio, referido ao Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal de Lugo, asinado o día 19 de xaneiro de 2024 pola representación empresarial e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e C.I.G. como membros da comisión paritaria e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 31 de xaneiro de 2024.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
ACTA DE ACORDO COMISIÓN PARITARIA
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE COMERCIO DO METAL DE LUGO
ASISTENTES
Pola Parte Empresarial:
VÍCTOR FERREIRO SEGADE.- DNI 33842233X
JOSÉ FRANCISCO DORADO LÓPEZ.- DNI 33807984P
JOSÉ EDUARDO FERNÁNDEZ VILA.- DNI 76615013V
FERNANDO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.- DNI 76573003T
CONCEPCIÓN VILLAR VARELA.- DNI 33848925D
IGNACIO PÉREZ DE OLIVEIRA.-DNI 33323222V
Polas Centrais Sindicais:
CC.OO.
ISABEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.- DNI 32802229C
FRANCISCO JAVIER DANS PEREZ.- DNI 78792692M
UGT
CARLOS GARCÍA VÁZQUEZ.- DNI 11922182V
MARÍA ISABEL LÓPEZ LÓPEZ.- DNI 33535925Q
CIG
ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ.-DNI 76578117P
UNAI DONOSO REDONDO
En Lugo, sendo as 11.00 horas do día 19 de xaneiro de 2024, reúnense nos locais da Confederación de
Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas
da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo.
Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes
ACORDOS:
Primeiro.- Aprobar as táboas salariais vixentes dende o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo que se axuntan, de conformidade co incremento previsto no artigo 28 do Convenio en vigor. Ditas táboas son resultado de aplicar, sobre as táboas vixentes no 2023, incremento do 2,65%.
Segundo.- Durante a anualidade 2024 os importes das axudas de custo previstas no artigo 41.a) do Convenio en vigor serán os seguintes, resultado de aplicar, sobre os importes vixentes no 2023, incremento do 2,65% :
? Axuda de custo completa: 51,33?
? Media axuda de custo: 15,40?
Terceiro.- Actualízase o importe do quilometraxe regulado no artigo 41.b) do Convenio en vigor nos termos previstos neste artigo, isto é, ata o límite non gravado polo IRPF, de xeito que cando o traballador/a, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivera que desprazarse empregando o seu propio vehículo, percibirá a cantidade de 0,26?/quilómetro.
Cuarto.- De conformidade co previsto no artigo 16 B) do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, para os supostos nos que na anualidade 2024 tivera lugar un exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.768 horas, cada traballador/a desfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuídos de convenio, a maiores dos días 24 e 31 de decembro de 2024, os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:
? 1 de abril de 2024
? 24 de xuño de 2024
? 26 de xullo de 2024
? 16 de agosto de 2024
? 11 de outubro de 2024
Naqueles concellos da provincia de Lugo nos que un festivo local coincida en día non laborable (sábado, domingo ou día non laborable de convenio), como é o caso do concello de Lugo, as empresas fixarán no calendario anual un día non laborable a maiores dos sinalados. Para o caso de que nestes concellos estea sinalado como festivo local o 13 de febreiro (Martes de Carnaval) o día non laborable de convenio a maiores establecido pola Comisión Paritaria é o 12 de febreiro de 2024. Para o caso de que a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo tivera lugar con posterioridade ao 11 de febreiro de 2024, dito día quedaría fixado para o 27 de marzo de 2024.
Quinto.- Os atrasos por diferenzas de salarios aos que, no seu caso, haxa lugar, como consecuencia dos acordos aprobados na presente Acta, aboaranse aos traballadores/as no prazo dun mes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Sexto.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.
Sétimo.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de aprobación de táboas salariais e fixación de días inhábiles para o exercicio 2024 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. 33.321.188F, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.
E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.
Víctor Ferreiro Segade, José Francisco Dorado López, José Eduardo Fernández Vila, Fernando Fernández Fernández, Concepción Villar Varela, Ignacio Pérez de Oliveira, Isabel Fernández Rodríguez, Francisco Javier Dans Pérez, Carlos García Vázquez, María Isabel López López, Alfonso Losada Rodríguez, Unai Donoso Redondo.
TÁBOAS 2024.- CONVENIO COLECTIVO DO COMERCIO DO METAL DE LUGO
(TÁBOAS OMITIDAS. VER PDF)
