Última revisión
19/02/2025
Revisión, Calendario. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2025 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución e texto de táboas salariais e calendario laboral do convenio colectivo do comercio do metal. (Boletín Oficial de Lugo num. 41 de 19/02/2025)
Código 27000185011982
Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais, axudas de custo e os días inhábiles para o ano 2025 do Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal de Lugo, asinado o día 28 de xaneiro de 2025 pola representación empresarial e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e C.I.G., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios deste departamento territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 13 de febreiro de 2025.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.
ACTA DE ACORDO COMISIÓN PARITARIA
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE COMERCIO DO METAL DE LUGO
ASISTENTES
Pola Parte Empresarial:
VÍCTOR FERREIRO SEGADE.- DNI **8422***
JOSÉ FRANCISCO DORADO LÓPEZ.- DNI **8079***
JOSÉ EDUARDO FERNÁNDEZ VILA.- DNI **6150***
FERNANDO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.- DNI **5730***
CONCEPCIÓN VILLAR VARELA.- DNI **8489***
IGNACIO DE OLIVEIRA PÉREZ.-DNI **3232***
Polas Centrais Sindicais
CC.OO.
IVAN CORDEIRO FERNÁNDEZ-NORIEGA.- DNI **3584***
JUAN ZAS CANDAME.- DNI **7601***
UGT
CARLOS GARCÍA VÁZQUEZ.- DNI **9221***
MARÍA ISABEL LÓPEZ LÓPEZ.- DNI **5359***
CIG
ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ.- DNI **5781*
UNAI DONOSO REDOND.-DNI **8807***
En Lugo, sendo as 11.00 horas do día 28 de xaneiro de 2025, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo.
Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes
ACORDOS:
Primeiro.- Aprobar as táboas salariais vixentes dende o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo que se axuntan, de conformidade co previsto nos artigos 29 e 28 do Convenio en vigor.
Segundo o anterior, as táboas aprobadas son resultado, en primeiro termo, de aplicar a revisión salarial prevista no artigo 29 do Convenio para a anualidade 2024 (revisión do 0,15% sen efectos retroactivos) e, en segundo termo, de aplicar o incremento salarial da anualidade 2025 previsto no artigo 28 do Convenio (incremento do 2,65% sobre as táboas salariais revisadas do 2024).
Segundo.- Durante a anualidade 2025 os importes das axudas de custo previstas no artigo 41.a) do Convenio en vigor serán os seguintes, resultado de aplicar, sobre os importes vixentes no 2024, incremento do 2,65% :
- Axuda de custo completa: 52,69Euros
- Media axuda de custo: 15,81Euros
Terceiro.- De conformidade co previsto no artigo 16 B) do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, para os supostos nos que na anualidade 2025 tivera lugar un exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.768 horas, cada persoa traballadora desfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuídos de convenio, a maiores dos días 24 e 31 de decembro de 2025, os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:
- 3 de marzo de 2025
- 2 de maio de 2025
- 28 de xullo de 2025
- 18 de agosto de 2025
- 26 de decembro de 2025
Cuarto.- Os atrasos por diferenzas de salarios aos que, no seu caso, haxa lugar, como consecuencia dos acordos aprobados na presente Acta, aboaranse aos traballadores/as no prazo dun mes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Quinto.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.
Sexto.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de aprobación de táboas salariais e fixación de días inhábiles para o exercicio 2025 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. **.321.18**, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.
E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.
Víctor Ferreiro Segade José Francisco Dorado López José Eduardo Fernández Vila
Fernando Fernández Fernández Concepción Villar Varela Ignacio de Oliveira Pérez
Iván Cordeiro Fernández-Noriega Juan Zas Candame Carlos García Vázquez
María Isabel López López Alfonso Losada Rodríguez Unai Donoso Redondo
TÁBOAS 2025.- CONVENIO COLECTIVO DO COMERCIO DO METAL DE LUGO
(VER PDF)
