Última revisión
22/12/2025
Calendario. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2026 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
RESOLUCIÓN E ACORDO DE DÍAS INHÁBILES 2026 DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO COMERCIO DE METAL. (Boletín Oficial de Lugo num. 291 de 20/12/2025)
CONVENIOS COLECTIVOS
Código 27000185011982
Visto o acordo polo que se aproban os días inhábiles para o ano 2026 do Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal de Lugo, asinado o día 26 de novembro de 2025 pola representación empresarial e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e C.I.G., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios deste departamento territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 15 de decembro de 2025.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.
ACTA DE ACORDO COMISIÓN PARITARIA
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE COMERCIO DO METAL DE LUGO
ASISTENTES
Pola Parte Empresarial:
VÍCTOR FERREIRO SEGADE. - DNI **8422***
JOSÉ FRANCISCO DORADO LÓPEZ. - DNI **8079***
JOSÉ EDUARDO FERNÁNDEZ VILA. - DNI **6150***
FERNANDO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. - DNI **5730***
CONCEPCIÓN VILLAR VARELA. - DNI **8489***
IGNACIO DE OLIVEIRA PÉREZ. - DNI **3232***
Polas Centrais Sindicais
CC.OO.
JUAN ZAS CANDAME. - DNI **7601***
UGT
CARLOS GARCÍA VÁZQUEZ. - DNI **9221***
MARÍA ISABEL LÓPEZ LÓPEZ. - DNI **5359***
CIG
ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ. - DNI **5781*
UNAI DONOSO REDONDO. - DNI **8807***
En Lugo, sendo as 12.00 horas do día 26 de novembro de 2025, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo. Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes
ACORDOS:
Primeiro.- De conformidade co previsto no artigo 16 B) do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, para os supostos nos que na anualidade 2026 tivera lugar un exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.768 horas, cada persoa traballadora desfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuídos de convenio, a maiores dos días 24 e 31 de decembro de 2026, os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:
5 de xaneiro
16 de febreiro
20 de marzo
7 de decembro
Habida conta de terse sinalado como inhábil pola Comisión Paritaria o día 16 de febreiro de 2026 por mor do carácter festivo do martes 17 de febreiro (martes de Carnaval) en moitos concellos da provincia, recórdase ás empresas con centros de traballo ubicados noutros concellos a posibilidade de fixar no seu calendario laboral días inhábiles alternativos aos sinalados pola Comisión ao fin de adaptar a distribución da xornada á xornada máxima anual de traballo, elo de conformidade co sinalado no artigo 16 B do Convenio.
Segundo.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.
Terceiro.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de fixación de días inhábiles para o exercicio 2026 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. **.321.1**F, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios.
Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.
E en proba de conformidade, asinan a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.
Fdo.: Víctor Ferreiro Segade, José Francisco Dorado López, José Eduardo Fernández Vila, Fernando Fernández
Fernández, Concepción Villar Varela, Ignacio de Oliveira Pérez, Juan Zas Candame, Carlos García Vázquez,
María Isabel López López, Alfonso Losada Rodríguez, Unai Donoso Redond
