Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
16/03/2026

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2026 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



RESOLUCIÓN, TEXTO E TÁBOAS SALARIAS 2025 DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE COMERCIO E METAL. (Boletín Oficial de Lugo num. 60 de 14/03/2026)

CONVENIOS COLECTIVOS

Código 27000185011982

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salarais revisadas 2025 do Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal de Lugo, asinado o día 12 de febreiro de 2026 pola representación empresarial e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e C.I.G., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios deste departamento territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 5 de marzo de 2026.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.

ACTA DE ACORDO COMISIÓN PARITARIA

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE COMERCIO DO METAL DE LUGO

ASISTENTES

Pola Parte Empresarial:

VÍCTOR FERREIRO SEGADE. - DNI **8422***

SUSANA GONÇALVES CORREIA. - DNI **6243***

MANUEL MONTOUTO ILLÁN. - DNI **8589***

FERNANDO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. - DNI **5730***

CONCEPCIÓN VILLAR VARELA. - DNI **8489***

IGNACIO DE OLIVEIRA PÉREZ. - DNI **3232***

Polas Centrais Sindicais

CC.OO.

JUAN ZAS CANDAME. - DNI **7601***

UGT

CARLOS GARCÍA VÁZQUEZ. - DNI **9221***

MARÍA ISABEL LÓPEZ LÓPEZ. - DNI **5359***

CIG

ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ. - DNI **5781*

UNAI DONOSO REDONDO. - DNI **8807***

En Lugo, sendo as 17.00 horas do día 12 de febreiro de 2026, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo.

Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.- Aprobar as táboas salariais revisadas 2025 do Convenio Colectivo de Comercio do Metal de Lugo, que terán vixencia dende o 1 de xaneiro de 2026, de conformidade co previsto no artigo 29 do Convenio Colectivo con vixencia 2022-2025. Se axuntan á presente Acta.

Segundo.- Os atrasos por diferenzas de salarios aos que, no seu caso, haxa lugar como consecuencia da revisión salarial aprobada na presente Acta aboaranse aos traballadores/as no prazo dun mes dende a publicación da mesma no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Terceiro.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.

Cuarto.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de aprobación das táboas salariais revisadas 2025 do Convenio Colectivo Provincial de Comercio do Metal de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. **.321.1***, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.

E en proba de conformidade, asinan a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Víctor Ferreiro Segade, Susana Gonçalvez Correia, Manuel Montouto Illán, Fernando Fernández Fernández, Concepción Villar Varela, Ignacio de Oliveira Pérez, Juan Zas Candame, Carlos García Vázquez, María Isabel López López, Alfonso Losada Rodríguez, Unai Donoso Redondo.

TÁBOAS REVISADAS 2025.- CONVENIO COLECTIVO DO COMERCIO DO METAL DE LUGO

Apartado A).- Táboas revisadas 2025

Vixencia: Dende 01/01/2026

(TABLAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)

Apartado B).- Complemento Ex Antigüidade revisado 2025

(Complemento por cada ano de servicio ata o 31/12/1998)

Vixencia: Dende 01/01/2026

(TABLAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)

Apartado C).- Plus Compensación revisado 2025

Vixencia: Dende 01/01/2026

(TABLAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)