Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
29/04/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAJEROS POR CARRETERA (27000515011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Acordo da aplicación salarial para o ano 2024 do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo. (Boletín Oficial de Lugo num. 98 de 27/04/2024)

Código 27000515011982 

Visto o texto da acta provincial de actualización da aplicación salarial para o ano 2024 segundo o acordado no expediente AGA 51/23-Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo, asinada o día 9 de abril de 2024 entre a representación empresarial de Transgacar e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO: 

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito. 

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. 

Lugo, 23 de abril de 2024.- A xefa territorial, Pilar Fernández López. 

ACTA PROVINCIAL DE ACTUALIZACIÓN NA APLICACIÓN DO ACORDO DO EXPDTE. AGA 51/23 - CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE LUGO 

En Santiago, a 9 de abril de 2024, sendo las 11.00 horas, reúnese na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a comisión representativa da mesa negociadora do convenio colectivo do sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO, coa asistencia das seguintes persoas, as cales se recoñecen lexitimación mutua para este acto. 

Representación sindical

Martín Martínez Figueiro (UGT) 

Amador González Pumar (CCOO) 

Xesús María Pastoriza Santamarina (CIG) 

Representación empresarial 

José Carlos García Cumplido (TRANSGACAR) 

Tras varias deliberacións adóptanse os seguintes acordos: 

PRIMEIRO.- Realizar a aplicación salarial para o ano 2024 segundo o acordado no expediente do AGA 51/23, sendo expresado nas táboas salariais anexas á presente acta con unha suba do 3,1% respecto das táboas definitivas de 2023. Continúase ca salvagarda do período comprendido entre o anos 2018-2020 cuxa actualización salarial quedará aberta á negociación provincial. 

SEGUNDO.- Si a suma do conxunto das retribucións salariais previstas para algún ou algúns dos postos de traballo ou categorías contemplados nas táboas salariais do convenio colectivo resulta inferior ao importe establecido para o SMI, ambos en cómputo anual, dará lugar ao abono dun complemento que será equivalente á diferenza entre o importe do SMI que se fixe para cada ano e as retribucións salariais brutas abonadas no mesmo ano. Este complemento denominarase ?Complemento a SMI? e será abonado mensualmente en canto se coñeza a diferenza ao comezo de cada ano. Dito complemento terá carácter absorbible e compensable ca finalidade de axustar o devandito complemento ás retribucións salariais brutas anuais das táboas salariais en relación ó SMI.

TERCEIRO.- Dito acordo será trasladado ó texto final do convenio provincial unha vez acadado un acordo final na mesa de negociación da provincia. 

CUARTO.- Acórdase facultar ó Consello galego de relacións laborais para que, na persoa que eles designen, leven a cabo o rexistro e publicación no boletín oficial da provincia do presente acordo. 

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 15 horas do día sinalado no encabezamento, asinando os asistentes en proba de conformidade. 

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024.- Parte Patronal, José Carlos García Cumplido (TRANSGACAR). Parte social: Martín Martínez Figueroa (UGT), Amador González Pumar (CCOO) e Xesús María Pastoriza Santamarina (CIG). 

VIAXEIROS LUGO - Táboas 2024 (acordo autonómico Expte. AGA 51-23) 

Aplicables dende o 1 de xaneiro de 2024 

Subida 3,1% 

(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)