Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
09/12/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAJEROS POR CARRETERA (27000515011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Acta provincial de incremento salarial adicional para o ano 2024 do Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo. (Boletín Oficial de Lugo num. 283 de 09/12/2024)

Visto o texto da acta provincial de incremento salarial adicional para o ano 2024 segundo o acordado no expediente AGA 51/23-Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 27000515011982), asinada o día 20 de novembro de 2024 entre a representación empresarial de Transgacar e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios deste departamento territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 28 de novembro de 2024. A directora territorial, Carmen José López Rodríguez

ACTA PROVINCIAL ACORDO INCREMENTO SALARIAL AGA EXPEDIENTE 51/23 CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE LUGO (A APLICAR DENDE O 01 DE XANEIRO DO 2024)

En Lugo, a vinte de novembro de 2024, sendo as 10:30 horas, reúnense na Estación de Autobuses de Lugo, a comisión representativa da mesa negociadora do convenio colectivo do sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO,coa asistencia das seguintes persoas, as cales se recoñecen lexitimación mutua para este acto.

Representación sindical: - Alejandra Sánchez Taboada **54897**D (UGT) - Jesús Ferreiro Penelas **3354**W (UGT) - Manuel Ramos González **5670**A (UGT) - Ruben Amil Fouz **5532***R (CCOO) - Julio Debasa Amieiro **3308**F (CIG)

Representación Empresarial: - Antonio López Rodríguez **2326**N(Asociación Provincial de de Transporte ViajerosLugo-Transgacar) - Cristina Díaz Gutiérrez **3405**R (Asociación Provincial de de Transporte ViajerosLugo-Transgacar) - Leandro Arruti Baqueiro **82E8**E (Asociación Provincial de de Transporte ViajerosLugo-Transgacar)

Que en Acta asinada en Santiago o 9 de abril de 2024, e publicada no BOP de Lugo de 27 de abril de 2024, as partes negociadoras levaron a cabo o incremento salarial para o ano 2024, segundo o acordado o expediente do AGA51/23, pero mantendo a salvagarda do período comprendido entre os anos 2018- 2020, cuxa actualización salarial quedou aberta á negociación provincial.

A presente reunión ten por obxecto levar a cabo a negociación á que se refire dita salvagarda, polo que, tras varias deliberacións, adóptase os seguintes acordos, que poñen fin á mesma, mediante a seguinte actualización salarial adicional do período 2018-2020

Primeiro: Incremento salarial adicional para o ano 2024 para todo o persoal do 1,25 % sobre as táboas do ano do ano 2024 publicadas no BOP de Lugo nº 98 do 27/04/2024, con efectos retroactivos ó 01/01/24 e coa salvedade que se aclara no punto segundo. Os atrasos serán aboados no mes seguinte da publicación das táboas adxuntas, con efectos retroactivos ó 01/01/2024.

Segundo: No caso da categoría profesional de ?AUXILIAR DE RUTA?, co fin de establecer un incremento do 1,25% sobre a contía do SMI establecida para o ano 2024, realízase o seguinte axuste: tómase como baseo SMI anual de 2024, é dicir 15.876,00.-?, o que se lle aplica un incremento do1,25%,resultando un total anual de 16.074,45?. Adecuando dito salario anual á estrutura salarial do convenio, con 15 pagas extra (455 días), e con redondeo diario á alza, resulta un salario diario de 35,33? que supón un total anual de 16.075,15.- ? detallado na táboa adxunta. Dito incremento resultará aplicable con efectos retroactivos ó 01/01/2024. Os atrasos serán aboados no mes seguinte a publicación das táboas adxuntas, con efectos retroactivos ó 01/01/2024.

Terceiro: Acórdase facultar ó Consello Galego de Relacións Laborais para que, na persoa que eles designen, leven a cabo o rexistro e publicación no boletín oficial da provincia o presente acordo con seus anexos. 

Non tendo mais asuntos que tratar, levántase a reunión, sendo as 12:30 horas do día sinalado no encabezamento, asinando os asistentes en proba de conformidade.

RECOÑECEMENTO DE FIRMAS

Alejandra Sánchez Taboada **54897**D, Jesús Ferreiro Penelas **3354**W, Manuel Ramos González **5670**A, Ruben Amil Fouz **5532**R, Julio Debasa Amieiro **3308**F, Antonio López Rodríguez **2326**N, Cristina Díaz Gutiérrez **3405**R, Leandro Arruti Baqueiro **82E8**E.

Lugo, 20 de Novembro de 2024.-

VIAXEIROS LUGO - Táboas 2024 (acordo autonómico Expte. AGA 51-23)

Aplicables dende o 1 de xaneiro de 2024

Subida 1,25% (actualización adicional período 2018/2020)

(TABLAS OMITIDAS. Consultar en documento PDF de publicación)