Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
23/11/2023

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (27000325011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2023 en adelante

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

TEXTO DO ACORDO SOBRE TÁBOAS SALARIAIS DO CONVENIO DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA. (Boletín Oficial de Lugo num. 269 de 23/11/2023)

CONVENIOS COLECTIVOS

Código 27000325011982

Visto o texto do acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2023 en relación ao vixente Convenio Colectivo de Hostelería da provincia de Lugo; acordo asinado o día 26 de outubro de 2023 pola representación patronal (Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo) e das centrais sindicais U.G.T. (46,88%) e CC.OO (31,25%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 15 de novembro de 2023.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

ASISTENTES

Pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo

JACOBO GARCÍA-BOBADILLA PRÓSPER DNI 33857130A

ALBERTO GARCÍA FERNÁNDEZ DNI 33334990D

JOSÉ LUIS PARDO BAAMONDE DNI 33342831F

BENEDICTO LEONARDO EIROA DIAZ DNI 33317645Y

MANUEL JESUS MONTERO CABANAS DNI 33992022T

Polas Centrais Sindicais

UGT [46,88%]

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR DNI 33841326T

ANDREA LOPEZ LOPEZ DNI 33552263R

DIEGO BARRIOS CARREIRA DNI 76574210B

CC.OO. [31,25%]

JOSE FRANCISCO MIRAS PEREZ DNI 33290815V

VICTOR JOSE VARELA TRIGO DNI 33328847F

En Lugo, sendo as 11.00 horas do día 26 de outubro de 2023, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, 6-8, 2º-Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo e asinantes de dito Convenio, ao fin de acadar os acordos que procedan en orde á aprobación das táboas salariais do Convenio do ano 2023.

Logo dos debates oportunos, as partes por unanimidade acadan os seguintes

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Segundo o previñido no artigo 8 do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2024, os salarios para as distintas seccións e grupos profesionais para o ano 2023 serán resultado de aplicar incremento do 2,5% sobre as táboas salariais da anualidade 2022 coa seguinte particularidade: para o caso de que, a resultas da aprobación do salario mínimo interprofesional do ano 2023 se constatase que algún posto de traballo fica cun salario anual inferior ao salario mínimo interprofesional do ano 2023, se lle aplicará, en primeiro termo, o incremento necesario para alcanzar dito salario mínimo interprofesional e, en segundo termo, o incremento pactado neste Convenio para a anualidade 2023 (2,5%).

Dita regulación tiña por finalidade garantir que a totalidade dos postos de traballo recollidos no Convenio tiveran na anualidade 2023 un salario anual por enriba do salario mínimo interprofesional do ano 2023.

De conformidade co anterior, as partes asinantes do Convenio aproban por unanimidade as táboas salariais do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo que terán vixencia dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o mes anterior á publicación das táboas aprobadas no Boletín Oficial da Provincia. Ditas táboas se adxuntan como Anexo I.

SEGUNDO.- Sendo conscientes as partes asinantes do Convenio de que o incremento do salario mínimo interprofesional do 2023, en relación ao pactado no Convenio en orde ao incremento salarial para dita anualidade, da como resultado a asignación de salarios iguais a postos de traballo dotados de distinto rango de especialidade e responsabilidade profesional, acórdanse incrementos adicionais aos inicialmente pactados co fin de minimizar dito resultado.

De conformidade co anterior, as partes asinantes do Convenio aproban por unanimidade as táboas salariais do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo que terán vixencia dende o mes da publicación das táboas aprobadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ata a 31 de decembro de 2023. Ditas táboas se adxuntan como Anexo II.

TERCEIRO.- Finalmente as partes asinantes acordan por unanimidade, en orde á cláusula de revisión salarial ao IPC prevista no artigo 8 do Convenio en vigor, que, para a aplicación de dita cláusula, se tomará en conta a suma dos incrementos salariais efectivamente aplicados a cada posto de traballo segundo as táboas salariais aprobadas como Anexo II.

CUARTO.- Os atrasos aos que, no seu caso, haxa lugar, como consecuencia da publicación das táboas salariais do ano 2023 do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo serán abonados ao persoal traballador no prazo de dous meses a contar dende a publicación das táboas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

QUINTO.- Remitir a presente Acta, así como as táboas salariais anexas á mesma, á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos, con canta información e documentación resulte precisa.

SEXTO.- Aos efectos do rexistro e depósito dos presentes acordos para o exercicio 2023 do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. 33.321.188F, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.

E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Jacobo García-Bobadilla PrósperFdo.: Alberto García Fernández Fdo.: José Luis Pardo Baamonde

Fdo.: Benedicto Leonardo Eiroa Díaz Fdo.: Manuel Jesús Montero Cabanas Fdo.: Fernando Teijeiro Valledor

Fdo.: Andrea López LópezFdo.: Diego Barrios CarreiraFdo.:JoséFrancisco Mirás Pérez

TÁBOAS SALARIAIS 2023 CONVENIO COLECTIVO DE HOSTELERÍA DA PROVINCIA DE LUGO

Vixencia: dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o mes anterior á publicación no BOP

(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)

TÁBOAS SALARIAIS 2023 CONVENIO COLECTIVO DE HOSTELERÍA DA PROVINCIA DE LUGO

Vixencia: dende o mes da súa publicación no BOP ata o 31/12/2023

(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)