Última revisión
03/03/2025
Revisión. Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (27000325011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
RESOLUCIÓN E TEXTO DE ACORDO SOBRE TÁBOAS SALARIAIS DO CONVENIO DE HOSTALERÍA E TURISMO. (Boletín Oficial de Lugo num. 51 de 03/03/2025)
Visto o texto do acordo polo que se aproban as táboas salariais revisadas do ano 2024 en relación ao Convenio Colectivo de Hostalería da provincia de Lugo; acordo asinado o día 19 de febreiro de 2025 pola representación patronal (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo) e das centrais sindicais U.G.T. (46,88%) e CC.OO (31,25%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios deste departamento territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 26 de febreiro de 2025.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.
ACTA DE ACORDO
CONVENIO COLECTIVO DE HOSTELERÍA DE LUGO
ASISTENTES
Pola Asociación Provincial de
Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo
JACOBO GARCÍA-BOBADILLA PRÓSPER DNI **8571***
ALBERTO GARCÍA FERNÁNDEZ DNI **3349***
JOSÉ LUIS PARDO BAAMONDE DNI **3428***
BENEDICTO LEONARDO EIROA DIAZ DNI **3176***
MANUEL JESUS MONTERO CABANAS DNI **9920***
Polas Centrais Sindicais
UGT [46,88%]
FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR DNI **8413***
ANDREA LOPEZ LOPEZ DNI **5522***
DIEGO BARRIOS CARREIRA DNI **5742***
CC.OO. [31,25%]
JUAN ZAS CANDAME DNI **7601***
En Lugo, sendo as 12.00 horas do día 19 de febreiro de 2025, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, 6-8, 2º-Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo e asinantes de dito Convenio, ao fin de acadar os acordos que procedan en orde á aprobación das táboas salariais revisadas do Convenio Colectivo para a anualidade 2024.
Logo dos debates oportunos, as partes por unanimidade acadan os seguintes
ACORDOS:
PRIMEIRO.- Aprobar as táboas salariais revisadas do ano 2024 de conformidade co previsto no apartado de Cláusula de revisión salarial ao IPC do artigo 8 do Convenio Colectivo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2024, e mais de conformidade cos acordos acadados en datas 26 de outubro de 2023 e 25 de abril de 2024 pola Comisión Negociadora do Convenio [publicados no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, respectivamente, en datas 23 de novembro de 2023 e 13 de maio de 2024].
As táboas salariais aprobadas non terán efectos retroactivos na anualidade 2024, servindo de base para aplicar o incremento que se pacte para o ano 2025, polo que terán vixencia dende o 1 de xaneiro de 2025.
SEGUNDO.- Os atrasos aos que, no seu caso, haxa lugar, como consecuencia da publicación das táboas salariais revisadas do ano 2024 do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo serán abonados ao persoal traballador no prazo de dous meses a contar dende a publicación de ditas táboas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
TERCEIRO.- Remitir a presente Acta, así como as táboas salariais anexas á mesma, á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos, con canta información e documentación resulte precisa.
CUARTO.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de aprobación das táboas salariais revisadas 2024 do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. **.321.1***, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.
E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.
Jacobo García-Bobadilla Prósper Alberto García Fernández José Luis Pardo Baamonde
Benedicto Leonardo Eiroa Díaz Manuel Jesús Montero Cabanas Fernando Teijeiro Valledor
Andrea López López Diego Barrios Carreira Juan Zas Candame
Táboas salariais revisadas 2024.- Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo
Vixencia dende o 1 de xaneiro de 2025
(TABOAS OMITIDAS. CONSULTAR EL PDF DE PUBLICACIÓN)
