Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
26/03/2010

Revisión, Corrección. Convenio Colectivo de Sector de OFICINAS Y DESPACHOS (36001005011983) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 27-28)

Correccion de erros da taboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de codigo 3601005 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 58 de 26/03/2010)

Habéndose padecido erro por omisión na publicación da revisión salarial do sector de OFICINAS E DESPACHOS insertada no BOP número 52 de 17 de marzo do ano en curso, publícase de novo íntegramente:

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 03-02-2010, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 02-02-2010, e de conformidade co disposto no artigo 13º do convenio colectivo, e no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. En Vigo, a data 2 de febreiro de 2010, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2010, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector.

As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva, D. Manuel Suárez Vázquez e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafin Otero Fernández, da central sindical CIG, Dª Rosa Acuña Salgado, de UGT, e D. Enrique Iglesias Crespo e D. Cándido Ansin Agis, de CCOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13.00 horas.

TÁBOAS

(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR PDF DE PUBLICACIÓN)

Vigo, a 25 de febreiro de 2010.A Xefa Territorial, Carmen Bianchi Valcarce.