Última revisión
28/09/2011
Revisión. Convenio Colectivo de Sector de OFICINAS Y DESPACHOS (36001005011983) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Acordo da Comision Negociadora do convenio colectivo do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra pola que se fixan as taboas salariais para o ano 2011. Codigo de Convenio numero 36001005011983 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 187 de 28/09/2011)
Código de Convenio número 36001005011983
Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra pola que se fixan as táboas salariais para o ano 2011, subscrito en representación da parte económica, polo Sector das Empresas de Oficinas e Despachos da representación empresarial sectorial, e, da parte social, polas centrais sindicais CIG, UGT e CCOO, en data 26.05.2011
Primeiro.Dito Acordo foi presentado na xefatura territorial de Vigo en data 03.08.2011
Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia
Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo
Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Esta xefatura territorial, A C O R D A:
Primeiro.Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)
Segundo.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia
Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo
En Vigo, a data 26 de maio de 2011, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2011, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector
As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafín Otero Fernández e D. Alberto Belerdes Tesan, da central sindical CIG, D. José Manuel Cobos Olivares e D. Ubaldo Caamaño Viñas, de UGT, e D. Fernando Romaní Franco e Juana Estébanez Cepedal, de CCOO.
Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13,00 horas.
CATEGORÍAS--------SALARIO BASE MENSUAL 2011--------REMUNERACIÓN ANUAL 16 PAGAS 2011
GRUPO I-PERSOAL TITULADO
Titulado/a de Grao Superior--------1.091,08--------17.457,28
Titulado/a de Grao Medio--------985,03--------15.760,48
GRUPO II-PERSOAL ADMINISTRATIVO
Xefe/a Superior--------985,03--------15.760,48
Xefe/a de Primeira - 1ª--------971,17--------15.538,72
Xefe/a de Segunda - 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de reporteiros, Tradutor/a e Intérprete xurado de máis dun idioma--------939,83--------15.037,28
Oficial de 1ª, Caixeiro/a sen firma, Intérprete xurado dun idioma, Operador de máquinas contables, Taquimecanógrafo/a, Telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas,--------865,13--------13.842,08
Inspector/a de zona Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista cun idioma, Reporteiro/a de axencia de información, Tradutor/a e Intérprete non xurado, Xefe/a de visitadores/as--------821,79--------13.148,64
Auxiliar administrativo/a, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a--------745,23--------11.923,68
GRUPO III-TÉCNICOS DE OFICINA
Xefe/a Superior/a--------985,03--------15.760,48
Xefe/a de 1ª, Xefe/a de equipo de informática, Analista, Programador/a de ordenadores--------971,17--------15.538,72
Xefe/a de 2ª, Xefe/a de delineación, Xefe/a de explotación, Programador/a de máquinas auxiliares, Administrador/a de test, Coordinador/a de tratamento de cuestionarios--------939,83--------15.037,28
Xefe/a de equipo de enquisas, Coordinador/a de estudos--------926,01--------14.816,16
Delineante proxectista--------872,53--------13.960,48
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de ordenadores--------865,13--------13.842,08
Delineante--------821,79--------13.148,64
GRUPO IV-ESPECIALISTAS DE OFICINA
Xefe/a de máquinas básicas--------939,83--------15.037,28
Operador/a de tabuladores, Inspector/a de entrevistadores/as, Encargado/a dpto. de reprografía--------865,13--------13.842,08
Operador/a de máquinas básicas, Debuxante, Entrevistador/a-Enquisador/a--------821,79--------13.148,64
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a--------759,98--------12.159,68
Auxiliar--------713,88--------11.422,08
GRUPO V-PERSOAL SUBALTERNO
Conserxe maior--------759,98--------12.159,68
Conserxe--------729,57--------11.673,12
Ordenanza, Vixilante--------713,88--------11.422,08
GRUPO VI-PERSOAL DE OFICIOS VARIOS
Encargado/a almacén--------821,79--------13.148,64
Oficial/a 1ª, Condutor/a 1ª--------791,36--------12.661,76
Oficial/a 2ª, Condutor/a 2ª--------759,98--------12.159,68
Axudante/a, Operador/a reprodutor de planos, Operador/a multicopista e xerocopista--------729,57--------11.673,12
Peón, Mozo/a, Persoal de limpeza xornada completa--------713,88--------11.422,08
Vigo, a 24 de agosto de 2011.A Xefa do Dpto. Territorial, Mª Carmen Bianchi Valcarce; P.A. (D. 335/09, do 11 de xuño) a Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa, María Peón Fernández.
