Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
27/12/2023

Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA SIDEROMETALURGICA (15000825011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Noviembre de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Resolución pola que se inscribe e se ordena a publicación do acordo adoptado ao abeiro do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña (expediente AGA 141/2023) (Boletín Oficial de A Coruña num. 245 de 27/12/2023)

O 11 de decembro de 2023 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a solicitude de inscrición da acta de mediación relativa ao acordo do expediente AGA 141/2023, para incluír novos sectores de subrogación, ao abeiro do artigo 11 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña (código de convenio 15000825011982).

No escrito asinado coa mesma data pola secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, explicítase que o 30 de novembro de 2023 asinouse o referido acordo e que se presenta diante da autoridade laboral para os efectos de rexistro, depósito e publicación, para dar cumprimento ao Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e á Orde do 20 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Desta maneira, conclúese que se pode inscribir o referido acordo, ao abeiro do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no referido Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Esta xefatura territorial é competente para resolver a inscrición deste acordo, consonte o Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

Así, de conformidade con todo o anterior, RESOLVO:

1. Inscribir no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia o acordo ao que se refire o expediente AGA 141/2023, para incluír novos sectores de subrogación, ao abeiro do artigo 11 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña

2. Ordenar que se remita ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 20 de decembro de 2023

O xefe territorial de Promoción do Emprego e Igualdade

Pedro Pablo Lorenzo Díaz

ACTA MEDIACIÓN 141/2023

En A Coruña, a 30 de novembro de 2023, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, ao abeiro do procedemento establecido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) promovido no SECTOR METALÚRXICO DA PROVINCIA DE A CORUÑA. (EXPTE AGA 141/23), e en presenza do mediador designado, D. Demetrio Ángel Fernández López, reúnense as persoas que se enumeran de seguido:

Parte empresarial:

- SIDERO

NOMBRE

DNI y firma

ROBERTO DERUNGS CACHAZA

32.613.045-B

- ASINEC

JOSÉ RAFAEL SUÁREZ MÉNDEZ

78.788.213-B

- APTCOR

MARÍA BELÉN CAO MONTERO

33.300.346-A

- AGASCA

JORGE MESIA FRAGA

32.692.094-D

JUAN SALLE BARREIRO PÉREZ (SECRET. MESA)

33198251-M

BEATRIZ REGOS CONCHA asesora parte empresarial

32.833.402-M

Parte Sindical:

-

SINDICATO

NOMBRE

En calidad de

DNI y firma

UGT

ROBERTO CAMPOS REY

Representante

46.903.338-J

5.-IRIA VÁZQUEZ VARELA

Representante

46.902.051-Z

6.- JUAN RAMÓN PASEIRO PARCERO

Asesor

32.814.500-D

CIG

1. ARMANDO CARRIL CASANOVA

Representante

79.335.579-T

2. MIGUEL MUIÑO VILA

Representante

46.910.412-A

3. BENEDICTO BLANCO LEMA

Representante

76.365.091-P

4. FRANCISCO REY GRILLE

Representante

45.957.484-B

5.- SERGIO MARTÍNEZ LUACES

Representante

32.687.905-Y

6.- JUAN CARLOS RODRIGUEZ SEIJO

Representante

32.683.154-Q

EDUARDO CAAMAÑO LESTON

Asesor

32.769.312-Q

CCOO

1 ARTURO JULIÁN VÁZQUEZ

Representante

34.889.472-J

2. FERNADO GALEGO DA SILVA

Representante

32.663.832-Z

3. JOSÉ HURTADO AMADOR

Representante

42.904.990-P

O motivo da xuntanza é o desenvolvemento e concreción do previsto no artigo 11 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025 (BOP de 3 de agosto de 2022), actualmente en vigor; reuníndose a súa comisión negociadora con arranxo ao previsto no citado artigo do convenio colectivo e de conformidade co artigo 86.1 do Estatuto dos Traballadores.

Logo das oportunas deliberacións, logo dun debate intenso e fructífero, e logo dun intercambio de pareceres fluído, as partes acadan en interese común, (Agás ASINEC, que asina pero non está conforme co contido), o seguinte ACORDO:

1º Incluír como sectores suxeitos ao réxime de subrogación os seguintes: mantemento de liñas de gas, gasificadoras e biocombustibles, mantemento en plantas de extración e fabricación de produtos minerais e ferroaleacións (silicio, grafito, carbón, etc.), mantemento de instalacións en centros comerciais e mantemento de plantas de tratamento de residuos.

2º Suprimir o parágrafo do artigo 11 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025 que indica: ?A comisión negociadora do presente convenio, durante a vixencia do mesmo, poderá establecer outros sectores suxeitos ao réxime de subrogación, previo acordo da mesma coas maiorías pertinentes?.

3º Logo do sinalado nos dous puntos anteriores, acordan dar unha nova redacción ao artigo 11 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025, que quedaría redactado do seguinte xeito:

?ARTIGO 11. SUBROGACIÓN

Ao remate da concesión dunha contrata, producirase a subrogación do persoal en todos os seus dereitos e obrigacións sempre que a mesma sexa para prestar servizos de mantemento nas Administracións Públicas e/ou empresas públicas en virtude dunha concesión administrativa ou contrato público, sempre que se cumpran os requisitos que se expoñen máis abaixo.

Se á finalización dun contrato temporal de mantemento ou servizo industrial subscrito no sector privado nos sectores que a continuación se relacionan, as funcións do mantemento ou servizo se continuasen por outra empresa, as persoas traballadoras da empresa cesante por esta causa terán dereito a pasar á nova adxudicataria.

? Mantemento do sector eólico.

? Mantemento do sector de primeira e segunda transformación da madeira

? Mantemento do sector de telecomunicacións,

? Mantemento e montaxe de liñas eléctricas, xeración, transporte e distribución, mantemento de liñas de gas.

? Sector nuclear - Petroquímico - De refino ? Gasificadoras ? Biocombustibles

? Alumeado público e semáforos de poboacións ou agrupacións de entes de dereito público.

? Cementeiras e ciclos combinados.

? Parques temáticos

? Sector de produción do aluminio primario e tratamento/transformación de bauxita.

? Mantemento en plantas de extracción e fabricación de produtos minerais e ferroaleacións, (Silicio, grafito, carbón etc.)/ etc.).

? Mantemento de instalacións en centros comerciais.

? Mantemento de plantas de tratamento de residuos.

A nova adxudicataria subrogarase nos dereitos e condicións das persoas traballadoras, coas limitacións e exclusións que a continuación se expoñen:

1.1 A subrogación só alcanzará ás persoas traballadoras da empresa cesante con contrato de calquera tipo en vigor á data de facerse efectiva a subrogación cunha antigüidade igual ou superior a seis meses na contrata, entendéndose para estes efectos que se reúne o requisito de antigüidade cando a persoa traballadora tivese prestado servizos exclusivamente nas instalacións da empresa principal durante os seis meses anteriores á subrogación, non aplicándose por tanto esta ás persoas traballadoras que estivesen vinculados á empresa cesante noutras contratas, instalacións ou centros distintos aos correspondentes ao servizo finalizado, total ou parcialmente.

1.2 As persoas traballadoras que no momento do cambio de titularidade da concesión se atopen de baixa por IT, a condición de que prestasen os seus servizos no centro de traballo obxecto de subrogación antes da suspensión do contrato de traballo.

2.- Os supostos anteriores deberán acreditarse fidedigna e documentalmente pola empresa saínte no prazo de cinco días mediante a seguinte documentación:

2.1 Copia do contrato de traballo e prórrogas en caso de existir

2.2 Fotocopias TC1 e TC2 dos tres últimos meses

2.3 Certificado do INSS de estar ao corrente dos pagos da Seguridade Social.

2.4 Fotocopias das nóminas dos últimos tres meses.

2.5 Relación do persoal con nome e apelidos, enderezo, nº de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario e data de vacacións.

2.6 No prazo dos 10 días seguintes á subrogación, a empresa saínte deberá entregar á entrante copia dos documentos debidamente asinados por cada empregado/a, nos que conste que recibiu da empresa saínte a liquidación de haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente ningunha cantidade?.

4º Delegar no persoal habilitado do Consello galego de Relacións Laborais os trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo.

Non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza sendo as 17:00 h da data arriba indicada, asinando os asistentes en proba de conformidade.