Última revisión
21/02/2024
Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA SIDEROMETALURGICA (15000825011982) de Coruña
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 23 de Enero de 2024 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución pola que se inscribe e se ordena publicar o acordo de mediación promovido no sector de empresas do naval público da ría de Ferrol, expte. AGA 2/2024 (Boletín Oficial de A Coruña num. 37 de 21/02/2024)
O 12 de febreiro de 2024 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a solicitude relativa ao acordo de mediación promovido no sector de empresas do naval público da ría de Ferrol, expte. AGA 2/2024.
No escrito asinado coa mesma data pola secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, explicítase que o día 23 de xaneiro do 2024 se asinara o acordo de mediación de referencia, que se presentaba diante da autoridade laboral para os efectos de rexistro, depósito e publicación, para dar cumprimento ao Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e á Orde do 20 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Desta maneira, conclúese que se pode inscribir o acordo de mediación que nos ocupa, ao abeiro do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no referido Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).
Esta xefatura territorial é competente para esta inscrición, ao abeiro do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).
Así, consonte o anterior, RESOLVO:
1.- Inscribir o acordo de mediación promovido no sector de empresas do naval público da ría de Ferrol, expte. AGA 2/2024, no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.- Ordenar a remisión do texto deste acordo de mediación ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para a súa publicación.
A Coruña, 15 de febreiro de 2024
O xefe territorial
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
ACTA MEDIACIÓN 2/2024
En A Coruña, a 23 de xaneiro de 2024, na sede da Dirección Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, ao abeiro do procedemento establecido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) promovido no SECTOR DE EMPRESAS DO NAVAL PÚBLICO DA RÍA DE FERROL, (EXPTE AGA 2/2024), e en presenza do mediador designado, Demetrio Ángel Fernández López, reúnense as persoas que se relacionan de seguido:
Parte empresarial:
- Jorge Silveira Rey (AENFE)
Parte Sindical:
- Vicente Vidal Díaz (CIG-INDUSTRIA)
- Victor Díaz Vilaboa (CIG-INDUSTRIA)
- Alejandro Bello Martínez (CCOO-INDUSTRIA)
- Juan Carlos Díaz Rico (MAS-INDUSTRIA)
- José Ángel Ventureira Díaz (FICA-UGT)
- Javier Losada Martínez (CGT-INDUSTRIA)
O motivo da xuntanza é determinar a concreción e aplicación do regulado na disposición adicional 2ª do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025 (BOP de 3 de agosto de 2022), actualmente en vigor, reuníndose as partes arriba relacionadas con capacidade e lexitimidade dabondo, que se recoñecen reciprocamente.
Logo das oportunas deliberacións e contraste de opinións, logo dun debate intenso, sereo e fructífero, e logo dun intercambio de pareceres áxil e fluído, as partes acadan en interese común o seguinte
ACORDO:
1º A disposición adicional 2ª do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025 (BOP de 3 de agosto de 2022), indica o seguinte: ?Condicións salariais da industria auxiliar dos estaleiros públicos de Ferrol:
1.- Todas as persoas que traballen nas instalacións dos estaleiros públicos da Ria de Ferrol percibirán un plus non consolidable por día efectivo de traballo, exclusivamente mentres traballen dentro de ditas instalacións.
2.- Ámbito territorial: Este plus será de aplicación na Ria de Ferrol para todas as empresas que fagan calquera tipo de traballo nas instalacións dos estaleiros públicos.
3.- Este plus se percibirá diferenciado por categorías e por tipos de actividades das empresas, distinguindo dous tipos: as empresas encadradas en aceiros, por unha banda, e as empresas encadradas en pintura e servizos, pola outra. Acórdase tamén que as contías deste plus se incrementarán na misma porcentaxe na que se incrementen os demáis conceptos económicos do presente convenio colectivo?.
2º Á vista do contido sinalado na citada disposición adicional 2ª, acórdase que: As persoas traballadoras que realicen labores de habilitación e que presten servizos nos Estaleiros Públicos da ría de Ferrol percibirán os pluses de aceiros e armamento.
3º Delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais os trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo, así como de comunicación á comisión negociadora do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia de A Coruña 2020-2025 para a incorporación ao texto do convenio a todos os efectos.
Non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza sendo as 17:00 h da data arriba indicada, asinando as persoas asistentes en proba de conformidade.
