Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (36000435011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
04/01/2024

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (36000435011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

ACORDO DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DA CONSTRUCCION DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, POLO QUE ESTABLECE O CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2024 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 3 de 04/01/2024)

ACORDO DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DA CONSTRUCCION DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, POLO QUE ESTABLECE O CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2024

Convenio o Acordo: CONSTRUCCION.

Expediente: 36/01/0314/2023

Data: 28/11/2023

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número: 36000435011981

Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector da CONSTRUCCION DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, polo que establece o calendario laboral para o ano 2024, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP) e da parte social pola Central sindical a Federación da Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega (FCM-CIG), que foi adoptado o devandito acordo en data 23 de novembro do 2023

Primeiro.? Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 27 de novembro do 2023.

Segundo.? Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.? Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.? Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.? Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.? Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.? Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.? Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O xefe territorial

CALENDARIO LABORAL

ACTA FESTIVOS 2024, 23 Novembro 2023

ASISTENTES:

Representación Social:

FCM-CIG:

? Ricardo Arias Alén, 36125539C

? Carlos Méndez Iglesias, D.I.: 36.160.571-V

? Jesús Domínguez Vidal, D.I.: 34876481-V.

? Adriana Gamallo Arosa, DI 34879547R

? Aitor Maquieira Rodríguez, D.I.: 77422852-E.

? Manuel Martinez Valencia, DI 36105520M

? David Cordero Gil, DI 34876741R

Construción e Servizos CC.OO.:

? Luis Rodas García, D.I.: 50.179.927-E

? Francisco Estévez Rodríguez, D.I.: 36.064.859-P

? Valeriano González Alejandro, D.I.: 36070219-D.

FICA-UGT:

? José Carlos Casal Iglesias, D.I.: 36,042.085-G

Representación empresarial.

ACP

? Jesús Fontán Piñeiro, D.I. 35.427.185-D

? Celso Piñeiro Malvar, D.I. 36068071-T

? Lucía Castro Souto, D.I. 35576250-B

? Roberto Seco Vázquez, D.I. 32690918-Y

? Javier Carballeda Alonso, D.I 36.117.710-M

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as 18 horas do día 23 de Novembro de 2023, reúnese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra.

Ambas partes acordan fixar para o ano 2024, os seguintes festivos de convenio:

Con vixencia exclusiva para o ano 2024, para adaptar a xornada anual, se fixan como festivos de convenio e remunerábeis a tódolos efectos, os seguintes días:

? 5 de Xaneiro, 12 e 13 de febreiro, 1 de Abril, 24 de Xuño, 26 de Xullo, 16 de agosto, 31 de Outubro, 23, 24, 30 e 31 de Decembro.

Nos concellos onde a festividade local ou festivo de convenio coincida cun día non laborable, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2024 serán festivos de Convenio os seguintes días:

? 14 de Febreiro: Agolada, Illa de Arousa,Mondariz-Balneario O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Vigo e Vilaboa.

? 2 de Abril: Fornelos de Montes, Meis, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Portas, Ribadumia, Sanxenxo e Soutomaior.

? 25 de Xuño: Agolada, Caldas de Reis, Covelo, Marín, Nigrán, Poio e Rodeiro

? 29 de Xullo: A Lama e O Rosal

? 19 de Agosto: Arbo, Caldas de Reis, Crecente, Cuntis, Gondomar, Mondariz, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores. Así mesmo, en cada empresa fixarase no correspondente calendario laboral o resto dos días necesarios para axustarse á xornada anual máxima como non laborables retribuídos, por acordo entre a empresa e os traballadores.

Se autoriza a D. Ignacio Bouzada Gil, con número de D.I. 35.468.859-F, do Consello Galego de Relacións Laborais, para a inscrición deste acordo na Plataforma Regcom, así como en tódolos rexistros correspondentes para a súa validación e publicación.

Dándose por finalizada a reunión sendo as 18:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.