Última revisión
30/12/2025
Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (36000435011981) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2026 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2026 DO PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE CONSTRUCIÓN (Boletín Oficial de Pontevedra num. 248 de 30/12/2025)
CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2026 DO PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE CONSTRUCIÓN
Convenio o Acordo: CONSTRUCIÓN
Expediente: 36/01/0266/2025
Data: 23/12/2025
Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
Código de Convénio número: 36000435011981
Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector de CONSTRUCIÓN con domicilio na provincia de Pontevedra, polo que establece o calendario laboral para o ano 2026, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial Asociación de construtores de Pontevedra (ACP) e da parte social polas Centrais sindicais FCM- CIG,CCOO e FICA- UGT, e que foi adoptado o devandito acordo en data 6 de novembro de 2025.
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Pontevedra con sede en Vigo en data 24 de novembro do 2025.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Este departamento territorial,
ACORDA:
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
O director territorial
CALENDARIO LABORAL
ACTA FESTIVOS 2026
Vigo (Pontevedra), 6 de novembro 2025
ASISTENTES:
Representación Social :
FCM-CIG:
Lara Fernandez Lorenzo
Ricardo Arias Alén
Carlos Méndez Iglesias
Jesús Domínguez Vidal
Jaime Gonzalez Bouzada.
Miguel Cividanes Rodriguez
CC.OO DO HABITA GALICIA.:
Francisco Estévez Rodríguez
Valeriano González Alejandro
Manuel Luis Rodas García.
FICA-UGT:
José Carlos Casal Iglesias
Jose Manuel Estevez Lustres
Representación empresarial.
ACP
Jesús Fontán Piñeiro
Celso Piñeiro Malvar
Lucía Castro Souto
Roberto Seco Vázquez
Javier Rial Lavía
En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as 13:00 horas do día 6 de novembro de 2025, reúnese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra.
Ambas partes acordan fixar para o ano 2026, 11 festivos de convenio, para adaptar a xornada anual a 1.736 horas:
Con vixencia exclusiva para o ano 2026, se fixan como festivos de convenio e remunerábeis a tódolos efectos, os seguintes días:
? XANEIRO: 2 e 5.
? MARZO: 20, 30 e 31.
? ABRIL: 1.
? XULLO: 24.
? AGOSTO: 17.
? DECEMBRO: 7, 24 e 31.
Nos concellos onde a festividade local ou festivo de convenio coincida cun día non laborable, trasladarase aos seguintes dias festivos:
COVELO: 23 de marzo.
PONTEVEDRA, CAMBADOS Y PORRIÑO: 10 de xullo.
VALGA: 27 de xullo.
VIGO: 27 de marzo y 18 de agosto.
GONDOMAR, POIO y VILAGARCIA DE AROUSA: 18 de agosto.
MORAÑA: 9 de decembro
Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e as persoas traballadoras. Así mesmo, en cada empresa fixarase no correspondente calendario laboral o resto dos días necesarios para axustarse á xornada anual máxima como non laborables retribuídos, por acordo entre a empresa e as persoas traballadoras.
O presente acordo será obxeto de inscricion na Plataforma Regcom, así como en todos os rexistros correspondentes para a sua validacion e publicacion autorizando a aquela persoa habilitada do Consello Galego de Relacions laborais con facultades para facelo.
Dándose por finalizada a reunión sendo as 14:00 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.
Representación empresarial.
ACP
Jesús Fontán Piñeiro.
Lucía Castro Souto.
Celso Piñeiro Malvar.
Roberto Seco Vázquez.
Javier Rial Lavia.
FCM -CIG.
Carlos Méndez Iglesias.
Jesús Domínguez Vidal
Lara Fernández Lorenzo.
Ricardo Arias Alén
Jaime González Bouzada.
Miguel Cividanes Rodriguez
CC.OO DO HABITA GALICIA.
Francisco Estévez Rodríguez
Valeriano González Alejandro
Manuel Luis Rodas García.
FICA-UGT:
José Carlos Casal Iglesias.
Jose Manuel Estevez Lustres
