Última revisión
09/02/2026
Revisión. Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES (36000895011981) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
TÁBOAS SALARIAIS PARA O EXERCICIO 2024 DO PERSOAL DA EMPRESA LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 26 de 09/02/2026)
Convenio o Acordo: LIMPIEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Expediente: 36/01/0281/2025
Data: 03/02/2026
Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
Código de Convenio número: 36000895011981
Visto o Acordo da Comisión Paritaria, polo que se aproba o texto do acordo sobre as táboas salariais para o exercicio 2024, do persoal da empresa LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa e da parte social, polos/as representantes de persoal elixidos/as como representantes dos traballadores na mesma, que pertencen as centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, e que foi aprobado en data 21 de novembro de 2025.
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Vigo en data 12 de decembro do 2025.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.
Este Departamento Territorial,
ACORDA:
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
O director territorial
COLECTIVO DA LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA? ( 36000895011981)
- 21 de Novembro do 2025 -
Acta Mesa Negociadora
ASISTENTES CON SINATURA
CIG
María do Tránsito Fernández
CCOO
Francisco Estévez Rodríguez
UGT
Jesús Fernández Rodríguez
REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL
Beatriz Nogués Ortiz de Arce (ASPEL)
Alberto Muñoz Rodríguez (AELPO-AFELIN)
ACTA:
En Vigo, na data 21 de Novembro do 2025, reúnense as/os representantes sindicais e empresarios, membros da comisión negociadora do convenio colectivo do sector da Limpeza de Edificios e Locais da Provincia de Pontevedra, co fin de suscribir as táboas salariais definitivas actualizadas do ano 2024 adxuntas, por consenso e de conformidade co artigo 4 do Convenio Colectivo en situación de ultraactividade, co incremento do 2,8%, correspondente ao IPC de esa anualidade, que aboarase polas empresas como moi tarde ao mes seguinte da publicación no Boletín Oficial da provincia.
Neste acto autorízase a D. Ignacio Bouzada Gil, con DNI.- xxxxxxxx-X, a rexistrar as táboas salariais suscritas.
De acordo co anterior, asina un representante de cada organización.
Francisco Estévez Rodríguez CCOO
Jesús Fernández Rodríguez UGT
María do Tránsito Fernández CIG
Alberto Muñoz Rodríguez AELPO
Beatriz Nogués Ortiz de Arce ASPEL
- TABLAS DEFINITIVAS 2024 -
(TABLAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)
