Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
15/02/2022

Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES (36000895011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 22 de Diciembre de 2021 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 30-32)

ACORDO DA COMISION PARITARIA DE MODIFICACION DO TEXTO DO SECTOR DA LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS (Boletín Oficial de Pontevedra num. 31 de 15/02/2022)

Código de Convenio número 36000895011981

Visto o Acordo da Comisión paritaria polo que se aproba o texto de modificación do convenio sector LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES, con domicilio en Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das organización empresariais ASPEL e AELPO-AFELIN e da parte social, polos organizacións sindicais UGT, CCOO e CIG, en data 22 de decembro do 2021.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 13 de xaneiro do 2022

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 01/02/2022.-A Xefa Territorial

ACTA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

LUGAR: Avda. García Barbón 104-1ªPlanta (sede Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra)

DATA: 22 de Diciembre de 2021

HORA DE COMENZO: 12.30 h

SECRETARIO: D. Jesús Castiñeira Diz, Técnico CEP.

REPRESENTACIÓN QUE ASUME A FIRMA DA ACTA:

Centrais sindicais:

-CCOO

D. Francisco Estévez Rodríguez

-CIG

D. Xusto Fernández Vilas

-UGT

D. Jesús Fernández Rodríguez

Parte Empresarial:

-ASPEL

D. José Félix Valderrey de la Huerga

D. Sergio Limia Prado

-AELPO-AFELIN

D. Alberto Muñoz Rodríguez

D. Miguel Anxo Rodríguez López

D. Alberto Ortega Rodríguez

O pasado 17 de novembro de 2021 a representación da CIG instou a convocatoria da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de Limpeza de Edificios e Locais ao obxecto de interpretar o artigo 27, ao detectar a parte sindical que non se estaba abonando correctamente a porcentaxe pactada da paga de outubro de 2021.

Tras o debate correspondente ACÓRDASE aclarar con respecto ao citado artigo o seguinte:

'A paga extraordinaria do mes de outubro debe abonarse no ano 2021 no 75% do salario basee máis a correspondente antigüidade e no ano 2022 o 100%, respetando, en calquera caso, o pagamento establecido no mesmo artigo 27 do convenio'.

Autorízase á persoa habilitada do Consello Galego de Relacións Laborais para a inscrición deste acordo na PLATAFORMA REGCOM, así como en todos os rexistros que resulten procedentes.

E sen máis asuntos que tratar levántase a reunión, ás 13:15 horas. Dou fe e asino no lugar e data indicados na cabeceira.

Asdo: Jesús Castiñeira Diz.

DNI e firma dos representantes da Comisión: