C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) (15000345011982) de Coruña

Sector Autonomico. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 1500345
  • Código Nuevo: 15000345011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 82 del 27/04/2001

    Convenio colectivo de Comercio Textil. A CORUÑA Resolución do 22 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial correspondente ó ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) (15000345011982) de Coruña

  • Código: 1500345
  • Código Nuevo: 15000345011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 4800 del 09/03/2000

    Convenio colectivo de Comercio Textil. A CORUÑA Resolución do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) (15000345011982) de Coruña

  • Código: 1500345
  • Código Nuevo: 15000345011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 5100 del 16/03/1998

    Convenio colectivo de Comercio Textil. A CORUÑA Resolución do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (NO VIGENTE. Ver 15003955012002) (15000345011982) de Coruña
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Resolución do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. 15/10/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 Vigente
C. Colectivo Resolución do 8 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. Convenio afectado por 14/07/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1999 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 18 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do comercio téxtil da provincia da Coruña. Convenio afectado por 19/09/1997 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 14 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio téxtil. 19/01/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1995 No Vigente

Resolución do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña. (Diario Oficial de Galicia núm. 199 de 15/10/2001)
Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña (código convenio 1500345) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18- 6- 2001 e complementado o 2- 7- 2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Comercio Téxtil da provincia da Coruña, e, da parte social, por CIG, CC. OO. e UGT, o día 5- 6- 2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:


Primeiro

Ordena- la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.


Segundo

Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.


Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xullo de 2001. María Silva Costoya Delegada provincial da Coruña


CONVENIO COLECTIVO COMERCIO TÉXTIL PROVINCIA DA CORUÑA

 


Artigo 1º.- Ámbito funcional, persoal e territorial.

Afectará este convenio a tódalas empresas de comercio téxtil, con centros de traballo situados nesta provincia, aínda cando a súa sede central estivese domiciliada noutra.

Será tamén de aplicación ás empresas de nova creación.

Ampara este convenio os traballadores suxeitos á ordenanza laboral de comercio que presten os seus servicios nas empresas de comercio téxtil.

Será de aplicación exclusiva na provincia da Coruña.


Artigo 2º.- Vixencia e duración.

O convenio terá unha vixencia dun ano: entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001.

O prazo de denuncia será de tres meses.


Artigo 3º.- Garantía ad personam.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.


Artigo 4º.- Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, se establecen co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas actualmente nas distintas empresas, que impliquen situacións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas.


Artigo 5º.- Normas supletorias.

Considéranse normas supletorias deste convenio as legais de carácter xeral, o acordo marco de ámbito nacional para a substitución da ordenanza de comercio, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia e non vaia contra o pactado neste convenio colectivo.


Artigo 6º.- Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do convenio integrada polos seguintes vocais:

Parte empresarial: tres representantes. Parte social: un representante de UGT, un representante de CC. OO. un representante de CIG.


Artigo 7º.- Táboas salariais.

Son as que figuran como anexo a este convenio, e que supoñen un incremento salarial para o ano 2001 do 4%.

Se o IPC real o 31 de decembro de 2001 excedese do incremento salarial pactado para este ano, revisaranse automaticamente as táboas salariais na porcentaxe que o supere. Tal revisión non terá carácter retroactivo, servindo unicamente para actualización de salarios.


Artigo 8º.- Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade aboarase de acordo co importe do cuadrienio fixado para cada grupo profesional nas táboas salariais anexas.

As cantidades que cada traballador veña cobrando ata a actualidade entenderanse consolidadas. Os traballadores que o 31 de decembro de 1987 estivesen

percibindo algún cuadrienio, percibirán ademais un complemento equivalente ó 3% do salario base do convenio de 1987 por cada cuadrienio devengado na dita data. A cantidade resultante quedará conxelada, mentres o traballador permaneza na empresa, como complemento de antigüidade inamovible (CAI) .

Establécese unha limitación de oito cuadrienios. Para o ano 2001 o complemento de antigüidade experimentará un incremento ó 90% do incremento salarial pactado para ese ano.

O incremento por antigüidade non será nunca inferior ó 90% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento de salario.

O complemento de antigüidade queda conxelado o 31 de decembro de 2001. Nesta data a contía que os traballadores viñesen percibindo en concepto de antigüidade pasará a denominarse complemento persoal por antigüidade consolidada. Á contía así denominada sumaráselle, de se- lo caso, a resultante de aplica- la seguinte fórmula:

Número de meses transcorrido desde que se cumpriu o último cuadrienio- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - * valor do cuadrienio

48 meses A suma destas contías pasará a forma- lo complemento persoal por antigüidade consolidada. Este complemento terá o mesmo tratamento que se establece no artigo 9º do convenio de comercio de materiais de construcción e comercio do metal, ó que se incorpora.


Artigo 9º.- Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, consistirá nunha mensualidade do salario base establecido mailo complemento de antigüidade.

Estas gratificacións deberán ser aboadas antes do 25 de xullo e, a de decembro, non máis tarde do dito mes.


Artigo 10º.- Participación en beneficios.

As empresas aboarán anualmente e dentro do primeiro trimestre de cada ano, unha mensualidade máis antigüidade dos salarios pactados neste convenio, en concepto de participación dos traballadores nos beneficios da empresa.


Artigo 11º.- Enfermidade e accidente.

As empresas aboaranlles ós traballadores que estean en situación de baixa por incapacidade temporal, e durante o tempo que dure tal situación, os soldos e xornais íntegros, sen ningún desconto, aínda no caso de substitución do traballador enfermo, excepción feita das deduccións para cotizacións á Seguridade Social, etc., sempre que sexan de carácter obrigatorio.


Artigo 12º.- Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para axuda de gasto de desprazamento, aboable en 11 pagas, na cantidade de 9.422 pesetas mensuais.


Artigo 13º.- Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións retribuídas, coa posibilidade de fraccionamento non superior a dous períodos, agás acordo entre traballador e empresa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. Procurarase que os traballadores desfruten das súas vacacións de forma rotatoria.

O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes do comezo do desfrute, e anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo. Enténdese que o traballador estará informado de tales datas, coa simple exposición destas no citado taboleiro de anuncios.

Cando o traballador cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das súas vacacións, ou ó aboamento económico delas.


Artigo 14º.- Xornada laboral.

A xornada máxima de traballo queda establecida en 40 horas semanais, de media en cómputo anual. Se como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior se decretase a reducción de xornada, reducirase, nos termos que estableza esta norma, a xornada establecida no presente convenio.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, cada empresa poderá realizar distribucións irregulares de xornada, respectando o número máximo diario de 9 horas e o descanso semanal dominical dun día.

De acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1561/1995, sobre xornadas especiais de traballo, permítese a acumulación do medio día do descanso semanal previsto no punto 1 do artigo 37 do Estatuto dos traballadores, por períodos de ata catro semanas, ou a súa separación respecto do correspondente ó día completo para o seu desfrute noutro día da semana.

No caso de que a xornada sexa superior a 6 horas continuadas, os traballadores desfrutarán dun tempo de descanso de 15 minutos, que se considerarán de traballo efectivo.


Artigo 15º.- Seguro de invalidez ou morte por accidente de traballo.

As empresas cubrirán unha póliza de seguros que amparen os seguintes riscos:

- Morte.

- Incapacidade absoluta total.

O capital asegurado será de 3.000.000 (tres millóns) de pesetas por traballador.

As empresas que contratasen este seguro cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí recollidos.

O incremento do capital asegurado respecto ó establecido no convenio anterior entrará en vigor ó día seguinte da publicación oficial deste convenio colectivo.


Artigo 16º.- Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA. A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselles acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se producen perdas reais.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tiveran acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo isto, sixilo profesional.


Artigo 17º.- Dereitos e garantías sindicais.

As empresas respectarán a normativa vixente nesta materia, en especial o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, a recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo, sen perturba- lo desenvolvemento normal do proceso productor da empresa. Non poderán suxeita- lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Cota sindical. Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán na nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como da conta corrente do banco ou caixa de aforros á que debe ser transferida a cantidade retida.

As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, durante o período dun ano.

Excedencias. Poderá solicita- la situación de excedencia, aquel traballador en activo que desempeñase algún cargo público de relevancia provincial ou nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitara no termo dun mes ó remata- lo seu desempeño. Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo das súas excedencias cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contrario.

Poderá exerce- la liberdade de expresión no interior das empresas nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír fóra das horas de traballo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente ás empresas e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa vixente para tal efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine. Así mesmo, non computará dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegado de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos, polos que se refire á realización de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito da negociación referida.

Nas empresas de máis de 30 traballadores sen excede- lo máximo legal, poderán ser acumuladas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de facilita- la asistencia deles a cursos de formación ou outras entidades. Para iso, deberán comunicarllo á dirección da empresa, con oito días de antelación ó inicio do mes en que se vaia produci- la acumulación de horas. A empresa poderá negarse, se iso supón unha alteración grave do seu réxime laboral.

Como norma complementaria e supletoria, aplicarase o disposto neste materia polo Estatuto dos traballadores.

Participación nas negociacións dos convenios colectivos. Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto deste convenio, implantadas estatalmente e que participan nas comisións negociadoras dos convenios colectivos mantendo a súa vinculación cos traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos delas, co fin de lles facilita- lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Funcións do comité de empresa. Deberán ser informados con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración do cadro de persoal e as modificacións de xornada, sobre o traslado parcial ou total das instalacións empresariais, e sobre os plans de formación profesional das empresas. Deberán ser informados tamén:

- Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

- O empresario facilitará o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente se utilicen.

- Sobre sancións impostas por faltas moi graves, en especial en supostos de despedimento.

- Exercer labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e usos de empresas en vigor.

2. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

3. Colaborar coa dirección para consegui- lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade da empresa.

4. Velar porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente e os principios de non- discriminación, igualdade de sexo e política nacional de emprego.

Garantías.- Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves, obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que deberán ser oídos, á parte do interesado, os demais representantes dos traballadores, se os houber.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais, os traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas, atendendo ás circunstancias e dimensión das empresas.

En función da unidade de contratación na que se encontren comprendidas as empresas que aleguen estas circunstancias, deberán presentar perante a representación dos traballadores a documentación precisa (balance, contas de resultados) e, se é o caso, informe de auditores ou censores de contas que xustifiquen un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de vintecinco traballadores e en función dos custos económicos que isto implica, substituirase o informe de auditores ou censores xurados de contas pola documentación que resulte precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar fidedignamente a situación da empresa.


Artigo 18º.- Horas extraordinarias.

Co obxecto de fomentar unha política solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

Respecto dos distintos tipos de horas extraordinarias, acórdase o seguinte:

a) Horas extraordinarias por forza maior, que veñan esixidas pola necesidade de prever ou reparar sinistros ou outros análogos, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias necesarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, as necesarias para a posta en marcha e/ou paradas, cambios de quenda ou outras análogas: mantemento, cando non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación previstas na lei.

As horas extraordinarias pola súa natureza son voluntarias, agás as previstas na letra a) deste artigo.

A dirección da empresa informará mensualmente ós representantes legais dos traballadores sobre o número de horas extraordinarias traballadas, explicando as súas causas e, se é o caso, a súa distribución por seccións e departamentos. En función desta información e dos criterios arriba indicados, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, de acordo co pactado neste convenio.

As horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria, ou tempos equivalentes de descanso retribuído, a elección do traballador. As horas extraordinarias realizadas en domingos aboaranse cunha recarga do 90% sobre o valor da hora ordinaria, ou tempos equivalentes de descanso retribuído, á elección do traballador.


Artigo 19º.- Contrato eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, o contrato eventual por circunstancias do mercado poderá formalizarse por unha duración de 12 meses, dentro dun período de 16 meses.


Artigo 20º.- Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, con suxeición ós seguintes límites:

- Técnicos titulados: 6 meses.

- Resto do persoal: 1 mes.


Artigo 21º.- Emprego fixo.

Tódolos contratos realizados polas empresas afectadas por este convenio axustaranse ó principio de causalidade na contratación, de modo tal que para un posto de traballo fixo non se poderá realizar outro contrato que non sexa un contrato indefinido.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego indefinido, respecto ó cadro de persoal total, dun 55%. Quedan excluídas en todo caso da obrigatoriedade deste artigo as empresas que teñan menos de 4 traballadores.

As empresas entregarán por escrito, cada ano, á representación legal ou sindical dos traballadores, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A mesma información remitiráselle á comisión paritaria do convenio.


Artigo 22º.- Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, terá dereito ás seguintes licencias retribuídas:

- Por matrimonio: 15 días.

- Por nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou intervención cirúrxica de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días, ampliables a 4 días cando o traballador necesite facer desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

- Por falecemento de parentes de primeiro grao: 3 días, ampliables a 5 días cando o traballador necesite facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

- Por falecemento de parentes de segundo grao: 2 días, ampliables a 4 días cando o traballador necesite facer desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

- Por falecemento de parentes de terceiro grao: 1 día.

- Por traslado de domicilio habitual: 2 días.

- Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontaráselle o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.

- Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal: nos termos establecidos legalmente.

- As traballadoras, por lactación dun fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán substituír pola reducción da xornada en media hora, coa mesma finalidade.

- Permiso retribuído ás traballadoras para exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, sempre que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

- Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata 10 días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador á dirección da empresa con 10 días de antelación e xustificación correspondente.


Artigo 23º.- Licencias non retribuídas.

Os traballadores terán dereito a desfrutar dun permiso sen retribución de ata 3 días ó ano, non acumulable a vacacións, e non desfrutable en momentos álxidos ou puntas de producción ou vendas.


DISPOSICIONES TRANSITORIAS

 


Disposición transitoria única

As partes acordan, a partir do 1 de xaneiro de 2002, incorporarse ó convenio colectivo de comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da Coruña. Para tal efecto, as partes integraranse na comisión negociadora do dito convenio colectivo.

Para facer efectiva esta incorporación, as partes acordan que se fará conforme as seguintes estipulacións:

Primeira.- Incorporación plena, o 1 de xaneiro de 2002, ó texto articulado do convenio colectivo de comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da Coruña, con reserva expresa das materias reguladas na disposición adicional que segue a esta disposición transitoria e coas condicións pactadas nela.

Segunda.- Haberá, no convenio ó que se incorpora, un anexo onde figurará a táboa de comercio téxtil. Esta táboa igualarase coa táboa salarial do convenio ó que se incorpora en cinco tramos, conforme o seguinte procedemento:

Despois de lle aplicar á táboa do comercio téxtil o incremento salarial pactado no convenio ó que se incorpora, sumaráselle ás categorías da táboa do comercio téxtil que sexan inferiores ás do convenio ó que se incorpora, o resultado da seguinte fórmula:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat) número de tramos que faltan para o achegamento Á fórmula anterior aplicarase o 1 de xaneiro de cada ano a partir de 2002. O último tramo aplicarase o 1 de xaneiro de 2006.

No caso de que o resultado de aplica- la fórmula anterior fose inferior a 1.000 pesetas, tomarase esta como cantidade de achegamento, agás no último tramo, que será a cantidade que corresponda.

O 1 de xaneiro de 2007 desaparecerá a táboa do comercio téxtil e aplicarase a táboa xeral do convenio ó que se incorpora.

Para as categorías da táboa do comercio téxtil cun salario base superior ás do convenio ó que se incorpora, e co obxecto de proceder á súa equiparación, o seu incremento salarial será equivalente ó IPC real de cada no, ata que se igualen coas da táboa xeral do convenio ó que se incorporan. Polo tanto, ás categorías mencionadas neste parágrafo non lles será de aplicación o procedemento establecido anteriormente nesta estipulación segunda.

Terceira.- A contía do complemento de transporte do comercio téxtil para o ano 2001 é de 9.422 pesetas.

Esta contía do complemento de transporte igualarase coa táboa salarial do convenio ó que se incor pora en cinco tramos conforme o seguinte procedemento:

Despois de aplicar cada ano á contía do complemento de transporte o incremento pactado no convenio ó que se incorpora, sumaráselle o resultado deaplica- laseguintefórmula:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat) número de tramos que faltan para o achegamento A fórmula anterior aplicarase o 1 de xaneiro de cada ano a partir de 2002. O último tramo aplicarase o 1 de xaneiro de 2006.

O 1 de xaneiro de 2007 a contía do complemento de transporte que se aplicará será a xeral do convenio ó que se incorpora.


DISPOSICIONES ADICIONALES

 


Disposición adicional única

Na incorporación ó convenio colectivo provincial de comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da Coruña, a que fai mención a disposición transitoria anterior, as partes asinantes do convenio do comercio téxtil acordan reservar unha serie de materias, sobre as que se establece expresamente que só poderán ser modificadas ou suprimidas co acordo da Asociación de Empresarios de Comercio Téxtil e as centrais sindicais representantes dos traballadores. Tales materias, referentes ós puntos seguintes, terán a seguinte regulación para o comercio téxtil:

Primeira.- Vacacións. Os traballadores afectados por este convenio desfrutatán de 30 días naturais de vacacións retribuídas, coa posibilidade de fraccionamento non superior a dous períodos, agás acordo entre traballador e empresa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. Procurarase que os traballadores desfruten as súas vacacións en forma rotatoria.

O traballador coñecerá as datas que lle corresponden, dous meses antes do comezo do desfrute e anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo. Enténdese que o traballador estará informado de tales datas, coa simple exposición destas no citado taboleiro de anuncios.

Cando o traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das súas vacacións, ou ó aboamento económico delas.

Segunda.- Xornada laboral. A xornada máxima de traballo queda establecida en 40 horas semanais, de media en cómputo anual. Se como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior se decretase a reducción de xornada, reducirase, nos termos que estableza esta norma, a xornada establecida no presente convenio.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, cada empresa poderá realizar distribucións irregulares de xornada, respectando o número máximo diario de 9 horas e o descanso semanal dominical dun día.

De acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1561/1995, sobre xornadas especiais de traballo, permítese a acumulación do medio día do descanso semanal previsto no punto 1 do artigo 37 do Estatuto dos traballadores, por períodos de ata catro semanas, ou a súa separación respecto do correspondente ó día completo para o seu desfrute noutro día da semana.

No caso de que a xornada sexa superior a 6 horas continuadas, os traballadores desfrutarán dun tempo de descanso de 15 minutos, que se considerarán de traballo efectivo.

Terceira.- Antigüidade. O complemento de antigüidade inamovible (CAI) manterá o mesmo réxime xurídico que ata o momento ten, ou sexa, a contía do CAI quedará conxelada mentres o traballador permaneza na empresa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)