C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra

Sector Provincial. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2005 hasta 01 de Enero de 2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 3601015
  • Código Nuevo: 36001015011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 179 del 18/09/2006

    Convenio colectivo de Confiterías y pastelerías. PONTEVEDRA Revision salarial para o ano 2005 do convenio colectivo para o sector obradoiros e despachos de confeitarias, pastelarias, repostarias e pratos precociñados, con n º de codigo 3601015 OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra

  • Código: 3601015
  • Código Nuevo: 36001015011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 124 del 30/06/2003

    Convenio colectivo de Confiterías y pastelerías. PONTEVEDRA REVISIÓN SALARIAL. Convenio colectivo do sector de OBRADORES E DESPACHOS DE CONFITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS PRECOCIÑADOS OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra

  • Código: 3601015
  • Código Nuevo: 36001015011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Diario Oficial de Galicia nº 97 del 21/05/2003

    Convenio colectivo de Confiterías y pastelerías. PONTEVEDRA Resolución do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados. OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra

  • Código: 3601015
  • Código Nuevo: 36001015011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Diario Oficial de Galicia nº 127 del 02/07/2001

    Convenio colectivo de Confiterías y pastelerías. PONTEVEDRA Resolución do 16 de maio de 2001, da Delegación Provinical de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos cociñados. OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de ‘‘OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS, con numero de codigo 3601015 Convenio afectado por 17/04/2006 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2005 Vigente
C. Colectivo Resolución do 28 de decembro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeitarías, pastelarías, repostarías e pratos cociñados. 26/01/2006 Diario Oficial de Galicia 01/01/2005 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo do sector da OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, PASTELARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS, con numero de codigo 3601015 29/10/2004 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 28 de xullo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeitarías, pastelarías, respostarías e pratos cociñados. 17/09/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 16 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, resposterías e pratos precociñados. 03/03/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2003 No Vigente
C. Colectivo Convenio Colectivo do sector ‘‘ OBRADORES E DESPACHOS DE CONFITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS PRECOCIÑADOS, con numero de codigo 3601015 18/02/2004 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2003 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados. Convenio afectado por 08/04/2002 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo CONVENIOS COLECTIVOS: EMPRESA OBRADORES Y DESPACHOS DE CONFITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS Y PLATOS PRECOCINADOS (COD. 3601015) 04/03/2002 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, resposterías e pratos cociñados da provincia de Pontevedra. Convenio afectado por 14/05/1998 Diario Oficial de Galicia 01/01/1996 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 14 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías e repostería... 19/08/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1995 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 19 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías e repostería para a provincia de Pontevedra. 02/02/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1994 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de ‘‘OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS, con numero de codigo 3601015 17/04/2006 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2005
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision Revision salarial para o ano 2005 do convenio colectivo para o sector obradoiros e despachos de confeitarias, pastelarias, repostarias e pratos precociñados, con n º de codigo 3601015 18/09/2006 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2005

Convenio colectivo do sector de ‘‘OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS, con numero de codigo 3601015 (Boletín Oficial de Pontevedra núm. 73 de 17/04/2006)
Preambulo

Visto o texto do convenio colectivo do sector de ''OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARÍAS, REPOSTARÍAS E PRATOS COCIÑADOS'', con número de código 3601015, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 14/12/2005, subscrito en representación da parte económica pola asociación provincial de empresarios artesanos de pastelería da provincia de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC. OO., UGT e CIG, en data 09/11/2005. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:


Primeiro

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.


Segundo

Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.


Terceiro

Dispoñer a súa publicación, no "Boletín Oficial" da provincia, e no Diario Oficial de Galicia.


CONVENIO COLECTIVO PARA OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 


I. DISPOSICIÓNS XERAIS

 


Artigo 1º. ÁMBITO PERSOAL E FUNCIONAL

O presente convenio regula as relacións laborais nas actividades industriais e comerciais de confeitería, pastelería, repostería e pratos cociñados.

Os traballadores e traballadoras das empresas dedicadas a estas actividades, tanto o persoal de obradoiro coma o mercantil, réxense por este convenio.

Aquilo non regulado neste convenio acollerase ao Acordo Marco Sectorial publicado por Resolución de 13 de febreiro de 1996.


Artigo 2º. ÁMBITO TERRITORIAL

A eficacia e obrigatoriedade do presente convenio alcanza a cantas empresas e sucursais estean establecidas e domiciliadas dentro dos límites da provincia de Pontevedra.


Artigo 3º. VIXENCIA E PRÓRROGAS

Este convenio terá efectos económicos plenos a partir do 1 de xaneiro de 2005 e ata o 31 de decembro de 2005.

Concluída esta duración, prorrogarase de ano en ano, sen prexuízo da revisión económica. Se fose debidamente denunciado, manterase en vigor ata que haxa un novo convenio.


Artigo 4º. DENUNCIA

A denuncia será realizada por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses á data da súa terminación.

A dita denuncia terá que se facer por escrito á outra parte afectada polo convenio.


Artigo 5º. COMISIÓN PARITARIA

1. Créase unha Comisión Paritaria, sendo as súas funcións:

a) As de mediación, arbitraxe e conciliación nos conflictos individuais ou colectivos que lle sexan sometidos e as emanadas dos acordos do presente convenio.

b) As de interpretación e aplicación do pactado.

c) As de seguimento do conxunto dos acordos.

2. Os acordos aos que se chegue na Comisión Paritaria en cuestións relacionadas co presente convenio, consideraranse parte do mesmo e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Os ditos acordos remitiranse á autoridade laboral para o seu rexistro.

3. A Comisión Paritaria queda composta por 5 membros da Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación (ARPASPAN) e por 5 membros da representación social. Os membros da dita representación social serán os dos sindicatos que corresponda en proporción ao número de representantes nas empresas ás que lles sexa de aplicación este convenio. Poderá asistir cun asesor, con voz pero sen voto.

4. Ambas as dúas partes asinantes deste convenio comprométense a, nun prazo máximo de 20 días a partir da súa sinatura, se reunir para elaboraren o seu regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria.


III. RÉXIME DE TRABALLO

 


Artigo 6º. XORNADA DE TRABALLO

A xornada semanal de traballo será de 40 horas semanais, tanto para a xornada continuada como para a partida, sendo a xornada dominical de 4 horas.

A xornada dominical para o persoal mercantil será, exclusivamente para este, de 9.00 a 14.00 horas. Para o persoal de obradoiro a xornada rematara ás 13: 30 horas.

Nos días laborables, a xornada de traballo para o persoal mercantil non poderá prolongarse máis alá das 21.00 horas.

Cando a xornada normal de traballo sexa de forma continuada, establecerase un descanso do menos 15 minutos.


Artigo 7º. DÍAS DE INACTIVIDADE OBRIGATORIA

Consideraranse días de inactividade laboral obrigatoria os seguintes:

Día 27 de abril

Festividade da Patroa do gremio

Día 25 de decembro

Festividade da Natividade do Señor

Día 1 de xaneiro

Festividade de Aninovo

Día 1 de maio

Día Internacional da Clase Obreira Se por necesidades da empresa o traballador ou traballadora decidise traballar, terá dereito, ademais de á percepción económica como festivo, a 1 día máis de vacacións.


Artigo 8º. VACACIÓNS

O persoal acollido ao presente convenio terá dereito a gozar dunhas vacacións anuais retribuídas segundo as seguintes condicións:

1. As vacacións terán unha duración de 31 días naturais para todo o persoal afectado, calquera que sexa a súa clasificación profesional.

2. O salario que se percibirá durante o período de vacacións calcularase sobre o salario base de convenio máis antigüidade.

3. O período de vacacións será concedido de común acordo entre a empresa e o traballador ou traballadora en épocas que tradicionalmente non teñan unha especial actividade no sector, de xeito rotativo, pero preferentemente en verán.

4. O persoal de baixa por Incapacidade Temporal, con independencia da causa motivadora, disporá ou gozará da totalidade das vacacións, sempre que a súa reincorporación ao traballo se produza dentro do mesmo ano.


Artigo 9º. INGRESOS OU CESAMENTOS.

Todo traballador ou traballadora, excepto no caso de pacto en contrario, ingresará a título de proba, sendo a duración desta a que segue:

Persoal técnico 3 meses Persoal administrativo 1 mes Persoal mercantil 1 mes Persoal non cualificado 15 días Transcorrido o período de proba sen denuncia por ningunha das partes, o traballador ou traballadora continuará na empresa baixo as condicións establecidas no presente convenio.

Os cesamentos na empresa deberán ser comunicados polo persoal con 15 días de antelación e por escrito. Sen este requisito a empresa poderá descontar da liquidación da traballadora ou traballador afectado o importe das retribucións diarias por cada día de atraso no aviso.


Artigo 10º. LICENCIAS RETRIBUÍDAS

O persoal terá dereito a gozar de licencias retribuídas nos casos que a seguir se establecen:

a) Por casamento do/a productor/a: 15 días naturais.

b) Por maternidade da muller ou nacemento de fillos legalmente recoñecidos como tales polo/a traballador/a: 5 días naturais.

c) Por intervención cirúrxica de pais, fillos ou cónxuxe: 5 días naturais.

d) Por intervención cirúrxica de avós, sogros, netos e irmáns: 3 días

e) Por falecemento de cónxuxe, pais, ou fillos: 5 días naturais.

f) Por falecemento de sogros, irmáns, avós e netos 3 dias naturais.

g) Por atención de asuntos propios, ineludibles e de grande importancia, segundo as necesidades e desprazamentos: de 1 a 6 días.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Por visita médica para asistencia persoal ou de fillos menores, cando coincida co horario de traballo: as horas necesarias, sendo preceptivo que o volante estea datado e asinado polo médico, facéndose constar a hora de finalización da consulta.

j) Por estudios: o tempo necesario para exames segundo o Estatuto dos Traballadores.


Artigo 11º. PERSOAL EVENTUAL

Agás nos casos de reserva de praza por enfermidade ou deber inescusable de carácter público, o contrato de traballo eventual non poderá ter unha duración superior a doce meses, e, pasado o dito prazo e sen necesidade de denuncia ningunha, o traballador ou traballadora converterase automaticamente en fixo, excepto as normas de rango superior que contradigan o anteriormente citado. O persoal eventual deberá ser necesariamente contratado por escrito ante a Oficina de Emprego.


Artigo 12º. IGUALDADE NO TRABALLO

Respectarase o principio de igualdade en todos os postos de traballo, tanto para o home como para a muller, sen discriminación ningunha, e desaparecerá calquera trato de desigualdade tanto favorable coma adverso que tivese a muller, por calquera causa.


III. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 


Artigo 13º. SALARIO BASE

Será o que se estableza exclusivamente para cada categoría, reflectido na correspondente columna da táboa salarial do anexo. O aumento será do IPC previsto polo goberno (2%) mais o 0,5% en todos os conceptos económicos, unha vez actualizados os salarios do ano 2004..

Unha vez coñecido o IPC real a 31 de decembro do 2005, si este superase o IPC previsto polo goberno (2%) a diferencia que exceda de dito porcentaxe, actualizaranse as táboas e percibirase con efectos retroactivos dende o primeiro de Xaneiro do 2005.


Artigo 14º. ANTIGÜIDADE

Consistirá en cuadrienios ao 6% sobre os salarios base do convenio.


Artigo 15º. GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS

Establécense tres pagas extraordinarias dunha mensualidade de salario base e antigüidade. Serán as seguintes:

Paga de 15 de xullo, que se aboará antes desa data e percibida a 30 de xuño.

Paga de 23 de decembro, que se aboará antes desa data e percibida a 30 de novembro.

Paga de beneficios, que se aboará en marzo, se ben poderase fraccionar en dúas metades, pagándose en marzo e setembro.

Estas pagas percibiranse en proporción á anualidade precedente de contrato, e os períodos habidos de Incapacidade Temporal non afectarán á contía das mesmas.


Artigo 16º. AXUDA POR XUBILACIÓN

A todo o persoal que se xubile con 15 anos como mínimo de servicio na empresa, aboaráselle como premio de xubilación as seguintes cantidades dependendo do ano de xubilación:

925,86 aos 65 anos 1.234,47 aos 64 anos 1.543,10 aos 63 anos 1.851,72 aos 62 anos 2.163,34 aos 61 anos 2.468,96 aos 60 anos


Artigo 17º. AXUDA POR DEFUNCIÓN

As empresas afectadas polo presente convenio subscribirán con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998 unha póliza de Seguro Colectivo, con primas integras ao seu cargo, que cubran as seguintes continxencias e indemnizacións a todo o seu persoal:

Accidente laboral ou común con resultado de: Morte: con 6.172,39

Invalidez permanente que ocasione o cesamento forzoso na empresa: 6.172,39

A indemnización de morte farase efectiva ao/á cónxuxe, descendentes ou ascendentes, por esta orde.


Artigo 18º. PLUS DE TRANSPORTE

En compensación polos gastos que ha de facer o persoal para desprazarse ao seu posto de traballo, as empresas aboarán a cada un/unha a cantidade de 2 para o ano 2005. Esta cantidade aboarase por día efectivamente traballado


Artigo 19º. HORAS EXTRAORDINARIAS

As horas extraordinarias aboaranse co 75% do recargo sobre o salario total da táboa salarial correspondente á hora ordinaria.

O recargo das horas extraordinarias traballadas en domingo e a dos traballo dos festivos será, en todo caso, do 150%.

Para os efectos do cálculo de recargo, o salario da hora ordinaria é o que resulte de dividir o total salarial anual entre 1.770 horas.

Cabe a opción tamén de que o traballador ou traballadora opte por compensar as horas extraordinarias traballadas por tempos equivalentes a descanso retribuído incrementados nas porcentaxes correspondentes citadas.


Artigo 20º. COMPLEMENTO NO CASO DE INCAPACIDADE TEMPORAL

Durante as situacións definidas como Incapacidade Temporal na Seguridade Social, a empresa aboará desde o primeiro día da baixa do traballador ou traballadora afectado o 75% do salario base máis antigüidade, e a partir do 10º día da mesma o 100% do dito salario base máis antigüidade. No caso de maternidade, ingreso hospitalario, accidente de traballo ou enfermidade profesional, aboarase ese 100% desde o 1º día.


Artigo 21º. DIETAS

Terán dereito a axuda de dieta o traballador que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexa forzado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso, tendo que efectuar comidas ou aloxarse neses lugares.

As contías serán as que se sinalan:

- Dieta completa 31,07

- Xantar 9,61

- Cea 9,61

- Cama 14,86

- Almorzo 3,57


Artigo 22º. AXUDA ESCOLAR

Todo traballador ou traballadora con fillos en idade escolar obrigatoria, percibirá en concepto de axuda de escolarización, a contía de 31,87 para o ano 2005.

Aquel persoal que en abril de 1991 adquirise o dereito a plus de incapacidade por fillo discapacitado, manterao nos termos do convenio de 1990.


IV. DISPOSICIÓNS VARIAS

 


Artigo 23º. ALTAS NA SEGURIDADE SOCIAL

A empresa estará obrigada a entregar ao persoal unha fotocopia da alta da mesma na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de tres semanas desde a incorporación ao traballo.

Así mesmo, a empresa estará obrigada a mostrar cada mes seguinte os TC/2 de cotización.


Artigo 24º. SEGURIDADE SOCIAL E SAÚDE LABORAL

As obrigas establecidas na Lei de Prevención de Riscos Laborais, de 8 de novembro de 1995, e os seus regulamentos, han concretarse en cada empresa antes da fin de 1997 no que atinxe ás esixencias establecidas nos capítulos III e IV da dita Lei sobre plano e programa de actuación preventiva, avaliación de riscos, plano de emerxencia, información e formación dos traballadores e traballadoras, vixilancia da saúde do persoal en relación aos riscos. Para os efectos, designará o traballador ou traballadores que se ocuparán da prevención, ou farase cargo persoalmente o empresario, ou proverase dun servicio de prevención ou encargarao á súa mutua de AT e EP.

A empresa que conta con Delegado/a de Persoal, coidará de lle facilitar o cumprimento que lle corresponde das funcións de Delegado/a de Prevención.


Artigo 25º. PRENDAS DE TRABALLO

Con carácter xeral, as empresas suxeitas ao presente convenio colectivo proveran o persoal ao seu servicio, obrigatoria e gratuitamente, do seguinte número de prendas ao ano:

Dúas chaqueteiras Dous pantalóns Catro mandís Dous gorros O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal mercantil e de obradoiro terá a obriga de conservala en bo estado.

Proverase ao persoal mercantil das prendas necesarias para o desenvolvemento da súa función laboral.


Artigo 26º. EXCEDENCIAS E SUSPENSIÓNS DE CONTRATO

Canto a excedencias e outras suspensións de contrato, estarase ao que establece o Estatuto dos Traballadores nos seus artigos 45 a 48, matizando que o período mínimo de excedencia voluntaria será de 1 ano e só pode ser por menos tempo se median fundamentos serios de orde familiar, estudios, etc. O establecido no artigo 46, apartado 3, do Estatuto dos Traballadores, no caso de excedencia por fillo menor, queda ampliado o atribuído ao primeiro ano a un período máximo de tres anos.


Artigo 27º. COMITÉ DE EMPRESA

A empresa facilitará local axeitado, no caso de que dispoña del, para reunións e consultas do/a Delegado/a ou Comité de Empresa co persoal, así coma un taboleiro para pór comunicados, avisos, carteis, etc.


Artigo 28º. DEREITOS SINDICAIS

Estarase ao disposto na vixente Lei Orgánica de Liberdade Sindical de 1985.

Con motivo da negociación do convenio, os e as membros de cada Central Sindical terá, con coñecemento do empresario ou encargado, fácil acceso ao persoal de cada empresa nos propios nos propios centros de traballo para informacións breves colectivas, convocatorias ou entregas de comunicados, ao principio ou á fin da xornada ou en momentos intermedios de actividade non intensa.


V. DISPOSICIÓNS FINAIS

 


Artigo 29º. GARANTÍA "AD PERSONAM."

Polo presente convenio, e en concreto por este artigo, respectaranse as condicións persoais que, globalmente consideradas, excedan do pacto no seu contido económico ou social, manténdose estrictamente "ad personam."


Artigo 30º. PARTES ASINANTES

O presente convenio foi concertado pola Asociación provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación (ARPASPAN) de Pontevedra, e polas Centrais Sindicais CC. OO., UGT e CIG.


Artigo 31º. CATEGORÍAS E ASCENSOS

No persoal de obradoiro, os postos de oficial de primeira cubriranse do seguinte xeito: o 50%, por antigüidade; o resto, por libre designación da empresa. En ambos os dous casos farase previa proba de aptitude entre o persoal da categoría inmediata inferior. Os aprendices, unha vez superado o período de aprendizaxe, pasarán á categoría de oficial de segunda se houbese vacante, ou de axudante no outro caso por un prazo máximo de dous anos, e ao seu final adquirirá a categoría de oficial segunda.

No persoal mercantil, o aprendiz, concluído o período de aprendizaxe, pasará automaticamente á categoría de axudante. Se con carácter permanente o axudante realiza funcións específicas de dependente/a, recoñeceráselle esta categoría, coa retribución correspondente a dependente/a de máis de 22 anos. Os/As axudantes pasarán automaticamente á categoría de dependentes/as ao cumpriren 22 anos, excepto aqueles que, aínda que pasen dos 22 anos sexa o seu contrato inicial. Estes serán axudantes por un período máximo de un ano. Nos establecementos, por cada catro dependentes/as haberá un dependente ou dependenta maior, que se designará libremente pola empresa entre aqueles ou dependentas maiores de 22 anos.

Os e as aspirantes pasarán automaticamente á categoría de auxiliares administrativos ao cumpriren 18 anos. A vacante de oficial administrativo proverase por antigüidade, previo exame de aptitude entre os e as auxiliares administrativos. Cando non exista máis que empregado ou empregada administrativo, pasará á categoría superior aos catro anos de actuar como auxiliar.

A aprendizaxe ou contrato de formación, tanto de persoal mercantil coma de obradoiro, terá unha duración de dous anos. O seu soldo será asignado ao de peón de obradoiro con un salario do 80% o primeiro ano e 90% o segundo ano.


Artigo 32º. CANON DE NEGOCIACIÓN DE CONVENIO

Todas as empresas incluídas no ámbito funcional do presente convenio contribuirán necesariamente a sufragar os gastos de negociación do mesmo cunha cantidade de 6,01 (1.000 Ptas.) por traballador/a e ano de vixencia do convenio.

Esta cantidade será aboada á Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación (ARPASPAN) de Pontevedra.


Artigo 33º. CONTRATOS DE DURACIÓN DETERMINADA

Contratos de duración determinada:

(Regulados no artigo 15 b) do Estatuto dos Traballadores). Estes contratos poderán ter unha duración máxima de doce meses, dentro dun período de quince meses. O remate do mesmo tendran unha indemnización de 12 días por ano, porrateandose proporcionalmente si o tempo é inferior a duración máxima establecida


Artigo 34º. REGULAMENTACIÓNS ADMINISTRATIVAS

O persoal e as empresas deberán dar cumprimento da forma máis estricta á aquelas prescricións legais contidas no Regulamento de Manipuladores de Alimentos ou a calquera outra de aplicación.


Artigo 35º. PACTO DE NON CONCORRENCIA

Estimarase a existencia de concorrencia desleal na conducta do persoal cando este preste os seus servicios noutra empresa do sector dedicada á mesma actividade, ou cando a desenvolva a título persoal.

Tal competencia desleal considerarase como falta moi grave e será sancionado segundo o previsto nas normas establecidas para o efecto.


Artigo 36º. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

A organización práctica do traballo corresponde ao empresario ou á Dirección da empresa en que este delegue.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 


Disposición transitoria primeira

Crease a categoría profesional de Repartidor/a, asimilado nos seus conceptos salariais á de dependente/a o vendedor/a.

TÁBOAS SALARIAIS DEFINITIVAS ANO 2004

CATEGORIAS PROFESIONAIS SALARIO BASE 0,2%

PERSOAL DE OBRADOIRO

MAESTRE/A OBRADOIRO............................... 855,48 €

ENCARGADO/A ......................................... 855,48 €

OFICIAL TÉCNICO DE PRIMEIRA........................ 779,58 €

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 779,58 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 647,71 €

AXUDANTE ............................................. 599,62 €

PEÓN .................................................. 576,15 €

PERSOAL DE ACABADO E EMPAQUETADO

ENCARGADO/A ......................................... 785,54 €

AUXILIAR DE MAS DE 18 ANOS ........................ 610,07 €

PERSOAL DE OFICIOS VARIOS

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 785,54 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 636,92 €

OFICIAL DE TERCEIRA.................................. 599,62 €

SUBALTERNOS/AS

VIXILANTE (MERCANTIL)............................... 708,52 €

VIXILANTE (OBRADOIRO) .............................. 587,16 €

PERSOAL DE LIMPEZA (POR HORAS) ..................

ADMINISTRATIVOS/AS

XEFE DE PRIMEIRA..................................... 880,58 €

XEFE DE SEGUNDA ..................................... 845,38 €

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 810,49 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 692,17 €

AUXILIAR .............................................. 616,24 €

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

CORREDORA DE PRAZA ................................ 672,24 €

DEPENDINTE/A ......................................... 647,71 €

DEPENDENTE/A MAIOR................................. 672,24 €

AXUDANTE ............................................. 608,46 €

REPARTIDOR/A......................................... 647,71 €

TÁBOAS SALARIAIS

REXERÁN DENDE O 01-01-2005 ATA O 31-12-2005 incremento do 2,5%

CATEGORIAS PROFESIONAIS SALARIO BASE

PERSOAL DE OBRADOIRO

MAESTRE/A OBRADOIRO............................... 876,87 €

ENCARGADO/A ......................................... 876,87 €

OFICIAL TECNICO DE PRIMEIRA........................ 799,03 €

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 799,03 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 663,90 €

AXUDANTE ............................................. 614,61 €

PEÓN .................................................. 590,55 €

PERSOAL DE ACABADO E EMPAQUETADO

ENCARGADO/A ......................................... 805,18 €

AUXILIAR DE MAS DE 18 ANOS ........................ 625,32 €

PERSOAL DE OFICIOS VARIOS

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 805,18 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 652,84 €

OFICIAL DE TERCEIRA.................................. 614,61 €

SUBALTERNOS/AS

VIXILANTE (MERCANTIL)............................... 726,23 €

VIXILANTE (OBRADOIRO) .............................. 601,84 €

PERSOAL DE LIMPEZA (POR HORAS) ..................

ADMINISTRATIVOS/AS

XEFE DE PRIMEIRA..................................... 902,59 €

XEFE DE SEGUNDA ..................................... 866,51 €

OFICIAL DE PRIMEIRA.................................. 830,75 €

OFICIAL DE SEGUNDA.................................. 709,47 €

AUXILIAR .............................................. 631,65 €

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

CORREDORA DE PRAZA ................................ 689,05 €

DEPENDINTE/A ......................................... 663,90 €

DEPENDENTE/A MAIOR................................. 689,05 €

AXUDANTE ............................................. 623,67 €

REPARTIDOR/A......................................... 663,90 €

Vigo, a 28 de decembro de 2005. O Delegado provincial, Pedro Borrajo Rivas.