C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2016 en adelante

    • Boletín Oficial de A Coruña nº 135 del 18/07/2017

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña comision mixta paritaria comision paritaria comision paritaria mixta comisiones mixtas paritarias comisiones paritarias comisiones paritarias mixtas organo paritario sectorial nomina nominas recibo de salario recibo justificativo del pago de salarios recibo salarial recibos de salarios recibos salariales 15000745011981 1500745 Alojamiento Coruña Bares Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Catering Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Discotecas Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Hosteleria Hostelería Hoteles Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Restaurantes Coruña Tabernas Coruña Visto o expediente do convenio colectivo do sector de Hostalería da provincia da Coruña (código de convenio 15000745011981), que subscribiu a... ...Permiso laboral retribuido Formación profesional Salario base Comisión negociadora Contrato de trabajo de duración determinada Incremento salarial Complemento ad personam Cómputo de horas extraordinarias Interinidad Excedencia voluntaria Periodo de excedencia Finalización del período de consultas Descanso semanal Recibo de salarios Comisión Paritaria Recibo de salarios...
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 94 del 20/05/2014

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Resolucion da Xefatura Territorial da Coruña pola que se ordena o rexistro e publicacion das taboas salariais para o ano 2013 do convenio colectivo de traballo do sector de hostaleria da provincia da Coruña. Codigo 15000745011981 HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 165 del 30/08/2013

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Resolucion de inscripcion e publicacion do convenio colectivo do sector de hostaleria da provincia da Coruña. Codigo nº15000745011981 HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 214 del 10/11/2011

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña acuerdos colectivos laborales acuerdo colectivo laboral pacto colectivo laboral convenios colectivos de trabajo convenio colectivo laboral convenios colectivos convenio colectivo de trabajo 15000745011981 1500745 Hostelería Hosteleria Restaurantes Coruña Hoteles Coruña Discotecas Coruña Alojamiento Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Tabernas Coruña Catering Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Bares Coruña Vistas as táboas salariais definitivas para o ano 2010 do convenio colectivo provincial de hostalaría da provincia da Coruña, aprobadas pola comisión... ...Convenio colectivo Convenio colectivo...
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 66 del 12/04/2010

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Acordo de modificacion da revision salarial do convenio colectivo do sector de hosteleria HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 63 del 15/03/2008

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Revision salarial para o exercicio 2007, do convenio colectivo do sector de hostalaria (Codigo de Convenio n 1500745) HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 67 del 22/03/2006

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Revision salarial e modificacion dos artigos 6, 19 e 20 do convenio colectivo do sector de hostaleria, Codigo de Convenio nº 1500745 HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Diario Oficial de Galicia nº 135 del 14/07/2005

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña 15000745011981 1500745 Hostelería Hosteleria Restaurantes Coruña Hoteles Coruña Discotecas Coruña Alojamiento Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Tabernas Coruña Catering Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Bares Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostalaría, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-2005 e... ...Depósito de convenios colectivos Comisión negociadora...
    • Diario Oficial de Galicia nº 78 del 23/04/2004

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Resolución do 29 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para os anos 2003 e 2004 do convenio colectivo do sector de hostalaría. HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Diario Oficial de Galicia nº 71 del 10/04/2001

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Resolución do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial correspondente ó ano 2000 do convenio colectivo do sector da hostalería da provincia da Coruña. HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Diario Oficial de Galicia nº 7600 del 18/04/2000

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña comision paritaria comisiones paritarias comisiones mixtas paritarias comision mixta paritaria comision paritaria mixta comisiones paritarias mixtas organo paritario sectorial 15000745011981 1500745 Hostelería Hosteleria Restaurantes Coruña Hoteles Coruña Discotecas Coruña Alojamiento Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Tabernas Coruña Catering Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Bares Coruña > Visto o texto da acta asinada o día 2 de marzo de 2000 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña,... ...Depósito de convenios colectivos Salario base Comisión negociadora Comisión Paritaria...
    • Diario Oficial de Galicia nº 5900 del 24/03/2000

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      Convenio colectivo de Hostelería. CORUÑA Resolución do 22 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña. HOSTELERIA Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña
    • Diario Oficial de Galicia nº 9500 del 20/05/1999

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña 15000745011981 1500745 Hostelería Hosteleria Restaurantes Coruña Hoteles Coruña Discotecas Coruña Alojamiento Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Tabernas Coruña Catering Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Bares Coruña Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña que tivo entrada nesta de... ...Comisión Paritaria Depósito de convenios colectivos Comisión negociadora...
    • Diario Oficial de Galicia nº 7500 del 17/04/1996

      • Código: 1500745
      • Código Nuevo: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña

      .... reposteiro 16.797 111.970 Cociñeiro 16.797 111.970 Axd. Coc.– Repos. 14.988 99.919 Pinche– Fregdra. 14.657 97.700 Aprendiz 16– 18 109.778 73.189 –Persoal de operacións Xefe operacións 18.643 124.277 Supervisor 17.411 116.075 Axud. supervisor 16.181 107.870 –Persoal de sala de preparación Xefe de sala 17.411 116.075 Xefe equipo 16.797 111.970 Axd. equipo 15.566 103.772 Preparadores 16.181... ...Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña 15000745011981 1500745 Hostelería Hosteleria Restaurantes Coruña Hoteles Coruña Discotecas Coruña Alojamiento Coruña Cafeterias Coruña Cafeterías Coruña Pizzerias Coruña Pizzerías Coruña Tabernas Coruña Catering Coruña Hamburgueserias Coruña Hamburgueserías Coruña Cervecerias Coruña Cervecerías Coruña Bares Coruña Advertidos erros e omisións na publicación das táboas salariais do citado convenio colectivo no DOG nº 40, do 26 de febreiro, cómpre face– las oportun...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion pola que se inscribe no Rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de hostaleria da provincia da Coruña 18/07/2017 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2016 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscripcion e publicacion do convenio colectivo do sector de hostaleria da provincia da Coruña. Codigo nº15000745011981 Convenio afectado por 30/08/2013 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2011 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de hostaleria (codigo convenio 1500745) Convenio afectado por 29/09/2007 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2006 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 31 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hostalería. Convenio afectado por 26/09/2003 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de hostalería 04/09/2003 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña. Convenio afectado por 17/02/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de hostelería. Convenio afectado por 26/02/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1995 No Vigente
Resolucion pola que se inscribe no Rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de hostaleria da provincia da Coruña (Boletín Oficial de A Coruña núm. 135 de 18/07/2017)

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de Hostalería da provincia da Coruña (código de convenio 15000745011981), que subscribiu a Comisión Negociadora o 24 de abril 2017, de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria

RESOLVE:

1.º.- Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.º.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 07 de xullo de 2017.

O xefe territorial

Isidoro Martínez Arca

CONVENIO DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DE A CORUÑA

2016-2018

ÍNDICE:

Artigo 1. Ámbito funcional.

Artigo 2. Ámbito persoal.

Artigo 3. Ámbito territorial.

Artigo 4. Vixencia, duración e prórroga.

Artigo 5. Compensacións e melloras.

Artigo 6. Retribucións.

Artigo 7. Condicións mais beneficiosas.

Artigo 8. Antigüidade.

Artigo 9. Gratificacións extraordinarias.

Artigo 10. Quebranto de moeda.

Artigo 11. Horas extraordinarias.

Artigo 12. Servicios extraordinarios.

Artigo 13. Vacacións.

Artigo 14. Xornada laboral.

Artigo 15. Calendario laboral.

Artigo 16. Día da patrona

Artigo 17. Contratación.

Artigo 18. Período de proba.

Artigo 19. Porcentaxe de fixos nas empresas.

Artigo 20. Conversión de contratos temporais en indefinidos.

Artigo 21. Incremento do período legal de descanso nos casos de maternidade, adopción o acoximento.

Artigo 22. Permisos retribuídos.

Artigo 23. Excedencia.

Artigo 24. Enfermidade.

Artigo 25. Xubilación.

Artigo 26. Póliza de seguro de accidentes.

Artigo 27. Póliza colectiva de seguro de vida.

Artigo 28. Plazo de preaviso.

Artigo 29. Dereitos sindicais.

Artigo 30. Roupa de traballo.

Artigo 31. Recoñecementos médicos.

Artigo 32. Comisión mixta paritaria de vixilancia, interpretación e aplicación.

Artigo 33. Resolución de conflictos.

Artigo 34. Cláusula de descolgue.

Artigo 35. Formación profesional.

Artigo 36. Adscrición ó acordo laboral de ámbito para o sector da hostalería.

Táboa do ano 2016 actualizada.

Táboas ano 2017 (unha vez se publique o dato do IPC para o ano 2017, se revisarán conforme a este dato).

CONVENIO DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA

Artigo 1.- Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afectará a tódalas as empresas e establecementos encadrados no sector de hostalería, ós que lles sexa de aplicación o acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería.

Artigo 2.- Ámbito persoal.

Este convenio é de aplicación ás relacións laborais das empresas e traballadores que prestan os seus servicios naquelas encadradas no sector da hostalería, conforme ó que dispón o artigo 1.1 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 3.- Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial e aplicarase, polo tanto, ás empresas e ós seus traballadores a que fan referencia os anteriores artigos, sempre que estean radicadas na provincia da Coruña.

Artigo 4.- Vixencia, duración e prórroga. Ultraactividade.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de Xaneiro do 2016, independentemente da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Terá unha duración de tres anos, ata o día 31 de decembro do ano 2018. En calquera caso o Convenio manterá a súa vixencia 24 meses máis do que estableza a normativa legal vixente de aplicación.

Sen prexuízo dos períodos citados, poderase denunciar por calquera das partes cun mes de antelación, como mínimo, ó datado no seu vencemento. Se non fose denunciado, entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente.

No caso de prórroga por un ano, efectuarase un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC.

Artigo 5.- Compensacións e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezcan no sucesivo, serán compensables e absorbibles ata onde acaden os aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 6.- Retribucións.

Os salarios garantidos e fixos que corresponden ás diversas categorías profesionais serán, a partir da vixencia de este convenio, os que figuran para calquera clase e categoría nas táboas anexas.

Os traballadores que tivesen xa recoñecido o dereito da manutención e aloxamento, este dereito será, durante o ano 2016 a 53,15 e 15,05 € mensuais, respectivamente, os salarios garantidos que figuran nas taboas citadas, sempre e cando non fagan uso de tal dereito, aumentando estas cantidades durante os anos 2017 e 2018 nas mesmas contías cós salarios.

A tódolos efectos entenderanse como salarios reais os garantidos establecidos nas táboas salariais anexas, incrementados co importe de aloxamento, manutención e antigüidade consolidada, en cada caso.

Estos salarios teránse en conta, a todolos efectos, nas pagas mensuais.

Os incrementos salariais de este convenio durante a súa vixencia serán os seguintes:

* Para o ano 2016: sen incremento salarial.

* Para o ano 2017: incremento do 1,5% con revisión do IPC do 2017 é dicir se igualaría ao IPC no caso de que sexa superior ao 1,5%, sobre todos os conceptos salariais, salvo a antigüidade.

* Para o ano 2018: incremento dun 2% con revisión do IPC do 2018, é dicir se igualaría ao IPC no caso de que sexa superior ao 2%, sobre todos os conceptos salariais, salvo a antigüidade.

Os atrasos derivados dos incrementos salariais do convenio aboaránse ao mes seguinte da publicación do convenio no Boletín Oficial da Provincia.

Artigo 7.- Condicións mais beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen a condición de mínimas, polo que os actos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantadas que impliquen condicións mais beneficiosas ás aquí convidas subsistirán para aqueles productores que as viñesen gozando.

Artigo 8.- Antigüidade.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, este incluido, quedou abolido este concepto, sin que desde enton se houbesen reportado novos dereitos polo mesmo.

Non obstante, os traballadores que tiveran xerado antes de dita data contías en concepto de antigüidade manterán a cantidade consolidada na devandita data. Dita contía reflictirase na nómina como complemento ad personam baixo o concepto de antigüidade consolidada , non sendo compensable ni absorbible.

A cantidade consolidada de esa forma, sofrirá un incremento anual igual ao que experimente ó Indice de Prezos ó Consumo, durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 9.- Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias serán tres:

Nadal, xullo e setembro que se aboarán a razón de salario garantido, incrementado coa antigüidade consolidada, manutención e aloxamento no seu caso respectivo.

O abono destas pagas realizarase antes do día 15 do mes correspondente a cada paga, aínda que poderán ser prorrateadas nas doce mensualidades a elección da empresa.

Artigo 10.- Quebranto de moeda.

A partires do 1 de Xaneiro de 2007, este concepto queda abolido, sen que dende entón se reporten novos dereitos polo mesmo. Nembargantes, os traballadores que tivesen cerrado antes de dita data, contías por este concepto, manterán a cantidade consolidada na devandita data. A antedita contía reflictirase na nómina como Quebranto de Moeda Consolidada , non sendo compensable nin absorvible.

A contía consolidada nesta forma, sufrirá un incremento igual ó que experimente o índice de prezos ó consumo, durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 11.- Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo aboarase cun incremento que nunca será inferior ó 25% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, podendo compensarse en tempo de descanso, neste caso, cada hora de traballo equivalerá a unha hora E quince minutos de descanso, sendo a opción de cobrala ou descansala, decisión da empresa en función da carga de traballo e das previsións laborais da mesma. As horas extraordinarias realizadas e que se compensen por descanso, deberán ser compensadas dentro dos 4 meses seguintes a sua realización.

A efectos do cómputo de horas extraordinarias, a xornada de cada traballador rexistrarase diariamente, e totalizarase no período fixado para o abono das retribucións, entregando copia do resumen ao traballador e o recibo correspondente.

Artigo 12.- Servicios extraordinarios.

O persoal alleo á empresa que realice servicios extraordinarios percibirá as seguintes retribucións durante o ano 2016.

Persoal de cociña:

* Xefe de Cociña: 97,17 € por servicio.

* Cociñeiro: 75,32.

Persoal de comedor:

* Xefe de comedor: 95,37 € por servicio.

* Camareiro: 75,32.

* Axudante: 75,32.

Cando o persoal extra realice a faena de montaxe, percibirá por iso a cantidade de 5,83 € durante o ano 2016.

O servicio corrente de restaurante ou limoada será retribuído con 2,35 € de soldo inicial e tanto por cento correspondente garantido de 51,57 € diarios durante o ano 2016.

Os servicios de esta índole fóra da localidade producirán un aumento do 15% correspondente, e sendo a cargo da empresa os portes de desplazamento, manutención e aloxamento a que houbere lugar.

Artigo 13.- Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, podéndose gozar en bloque ou fraccionadas (en períodos minimos de 7 días cada un).

O período ou períodos do seu disfrute, así como a decisión de gozalas en un período ou máis, fixarase de mutuo acordo entre a empresa e o traballador. Calquera das dúas partes poderá requerir a presenza dos representantes. O acordo acadado se comunicará á representación dos traballadores a efectos de control e garantía dun sistema equitativo e igualitario. A empresa poderá negociar coa representación dos traballadores un sistema de asignación colectiva de vacacións.

No caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o seu disfrute corresponda e a sua decisión será irrecorrible.

Con independencia das vacacións, os traballadores gozarán dos días non laborais legalmente establecidos.

Artigo 14.- Xornada laboral.

A duración máxima da xornada de traballo será de 1.792 horas anuais de traballo efectivo, distribuídas en 40 horas semanais de promedio. Tódolos traballadores terán dereito, como mínimo, a día e medio ininterrompido de descanso semanal, si a sua xornada e continuada. No caso dos traballadores que realicen a sua labor en xornada partida, o descanso será de dous días, sendo o seu disfrute en una xornada minima de 1 dia e medio ininterrumpido ou de dous días ininterrumpidos a conveniencia do traballador, sempre que as necesidades do servizo o permitan. No caso dos traballadores menores de idade o descanso será de dous días ininterrumpidos. Será xornada, continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade, sempre en centros de traballo de máis de 50 traballadores. En xornadas de traballo de 5 horas ou máis establécese un descanso de 15 minutos que non terá consideración de traballo efectivo.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 12 da noite, terán unha retribución específica incrementada nun 1% sobre o salario base, asimismo as horas traballadas entre as 12 da noite e as 6 da mañan, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa natureza ou cando exista acordo entre a empresa e o traballador sobre este concepto, ou se acordase a compensación de este traballo por descansos. A xornada dos traballadores nocturnos non poderá exceder de 8 horas diarias de promedio nun período de 15 días. Os traballadores menores de idade non poderán traballar xornadas de máis de 8 horas de traballo efectivo e non poderán realizar traballo nocturno.

A empresa establecerá un sistema de control e rexistro horario onde se establecerá a hora de entrada e saída diaria, que quedará a disposición e entrega do traballador e/ou a representación dos traballadores cando o soliciten.

Artigo 15.- Calendario laboral.

As empresas e establecementos regulados polo presente convenio deberán contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador e festas anuais.

Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores, tendo que quedar fixado antes do 31 de decembro do ano anterior ó que se trate das vacacións, salvo os traballadores que as disfruten nos meses de xaneiro e febreiro que se fixarán dous meses antes o seu disfrute. Mentras que os descansos semanais e demais serán realizados de forma mensual, sendo este calendario susceptible de cambios por necesidades imperiosas da empresa ou por cambios previamente consensuados entre os propios compañeiros de traballo. Permitiránse cambios de quenda previamente consensuados entre as persoas traballadoras que se comunicarán con 24 horas de antelación.

Se establece un banco de horas trimestral dun máximo de 42 horas que se poderá distribuir de forma irregular ó longo deste periodo, debendo preavisar o empresario ao traballador con cinco días de antelación.

Os empresarios deberán facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñendoo nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento de tódolos traballadores, así como copia ós representantes.

Artigo 16.- Día da patrona.

Os días 29 e 30 de Xullo, consideraranse festivos, para os efectos laborais, con opción por parte da empresa, para poder sustituilo por pagamento metálico ou compensar con outra data, basándonos na carga de traballo, co fin de mantene-lo normal funcionamento da mesma; a sustitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario garantido maila antigüidade dunha xornada normal.

Artigo 17.- Contratación.

a) Contrato de Formación:

Incorpórase ó texto do convenio ó disposto nesta materia no Acordo Laboral Estatal da Hostalería (ALEH). En canto a su retribución acordase que durante tódala duración deste contrato, aboarase ó traballador contratado desta maneira o 85% do salario fixado no convenio para o posto de traballo obxeto da contratación.

b) Contrato por esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos:

Para este tipo de contrato acordase que terá unha duración máxima de 12 meses nun período de 18 meses.

Artigo 18.- Período de proba.

Nesta materia aplicarase o disposto no Acordo Laboral Estatal da Hostelería (ALEH).

Artigo 19.- Porcentaxe de fixos nas empresas.

Establecese como obligatorio nas empresas a seguinte porcentaxe de traballadores que deberán estar contratados como fixos naquelas, sempre e cando na empresa na que os traballadores no que exercen habitualmente a sua actividade laboral esté aberto ao público un ano:

* Empresas de 1 a 5 traballadores: un traballador fixo.

* Empresas de 6 a 20 traballadores: 40% de traballadores fixos.

* Empresas de 21 a 40 traballadores: 45% de traballadores fixos.

* Empresas de 41 a 55 traballadores: 55% de traballadores fixos.

* Empresas de 56 traballadores en adiante: 65% de traballadores fixos.

Cando por aplicación da porcentaxe resultase unha fracción, esta completarase ata a unidade tanto por exceso como por defecto. O tope será ata o 0,5 incluído, por defecto.

A vixilancia e o cumplimento do pactado en este artigo será función de comisión paritaria do convenio.

Artigo 20.- Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa lexislación vixente acórdase que os contratos de duración determinada, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido.

Artigo 21.- Incremento do período legal de descanso nos casos de maternidade, adopción ou acoximento.

Nos casos de maternidade, adopción ou acoximento, os periodos de descanso prescritos para tales supostos no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores, incrementaranse a mayores, entodos eses casos, en duas semanas, o incremento destas duas semanas, as retribucións correrán a cargo das empresas.

Para ter dereito ó disfrute do beneficio reseñado no parágrafo anterior, seran necesarias duas condicións:

a) Solo poderá ser disfrutado polo traballador/a que leve como mínimo, dous anos de permanencia na empresa.

b) Unicamente poderá disfrutalo so un dos pais

Artigo 22.- Permisos retribuídos.

Sin perda de retribución ningunha, as empresas, sin aviso previo para os apartados 2, 3, 7 e 8, que a continuación se expoñen, e con un preaviso mínimo de 7 días para os restantes apartados por parte do traballador, con xustificación, concederanse licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración que se dí a continuación:

1.- Matrimonio do traballador: 16 días.

2.- Enfermidade grave, hospitalización, accidente, intervención cirúrxica, morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata 2.º grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

3.- Por nacemento de filla ou fillo, adopción ou acoximento: 4 días.

4.- Voda de fillos, irmáns, bautizos, e primerias comunións: 1 día, se é dentro da provincia, e 3 días se é fóra dela.

5.- Traslado de enderezo habitual: 1 día.

6.- Libre disposición, non acumulable vacacións: 2 días.

7.- Polo tempo necesario e con xustificación do mesmo, naqueles casos nos que sexa precisa a asistencia médica do traballador/a por parte dun especialista da Seguridade Social e coincida o horario de consulta coa sua xornada de traballo, debendo estar prescrita a devandita consulta polo facultativo de medicina xeral, estando obrigado o traballador/a a xustificar diante da empresa a devandita prescripción.

8.- Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a acompañar ó consultorio, tanto da Seguridade Social coma de Centro de Saude privada aos fillos/as menores de 12 anos polo tempo indispensable da consulta, debendo en calquera caso aportar á empresa o xustificante médico de dita asistencia, no que se fará constar a hora de entrada e de saída. Este dereito sólo poderá ser exercido ata un máximo de 12 horas anuais.

9.- As traballadoras embarazadas, poderán ausentarse do traballo polo tempo preciso para a realización de exámenes prenatais e técnicas de preparación ó parto, sempre que xustifiquen a imposibilidade de asistir a ditas probas fora do horario de traballo.

10.- As traballadoras por lactancia do fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito pola reducción da xornada normal en unha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente polo pai ou pola nai no caso de que ámbolos dous traballen.

A traballadora poderá optar por acumular este permiso de lactancia nun período de 15 días.

Artigo 23.- Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa, polo menos, de un ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano.

b) A excedencia terá unha duración mínima de catro meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado, en proporción ao tempo de antiguedade do traballador na empresa, é decir, un traballador que leve un ano na empresa podera solicitar o tempo máximo de excedencia, é decir, catro meses.

c) O traballador que desexa incorporarse ó seu posto de traballo, notificarao á empresa con tres meses de anticipación á data en que remate o plazo.

d) Perderá o dereito a incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que, en tal período de tempo, preste os seus servicios por conta propia ou allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas comprendidas no ámbito estatal para o sector da hostelería.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para sustituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o sustituído. Se este no se incorporase no plazo e condicions sinaladas, quedaría destituído definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou nos supostos do acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar desde a data de nacemento ou no seu caso da resolución xudicial ou administrativa. Tamén terán dereito a un período de excedencia, non superior a dous anos, para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poidan valerse por sí mesmos, e non desempeñen actividade retribuida.

g) Asemade poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador terá que cubrir un novo período de, polo menos, 4 anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen ningún dereito a retribución, e o tempo que dure será computable a efectos de antigüidade. O traballador que estea nesta situación terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, para cuia participación haberá de ser solicitado pola sua parte a empresa, en especial con ocasión da sua reincorporación.

Asemade, durante o primeiro ano de excedencia terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Pasado dito prazo, a reserva referirase exclusivamente a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

j) A concesión outorgarase dentro do plazo dun mes a partir da data da súa petición.

Artigo 24.- Enfermidade.

No caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, computada en periodos anuales, na primeira baixa percibirase o 100% do salario desde o primeiro día de baixa.

Igualmente, se aboará o 100% do salario desde o primeiro día da baixa, cando esta sexa superior a 10 días.

Estas prestacións manteranse por un período máximo de 12 meses.

Na segunda e sucesivas baixas, caso de producirse e ser inferiores a 11 días, non serán aboados ós tres primeiros días da baixa. A partir do carto día se aboará o 100% do salario.

No caso de accidente de traballo, a baixa aboarase co 100% do salario desde o primeiro día durante 12 meses.

Asemade os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deduci-lo período de vacacións.

Artigo 25.- Xubilación.

A xubilación realizarase dacordo coa lexislación vixente.

Artigo 26.- Póliza de seguro de accidentes.

As empresas contratarán, para todo persoal afectado por este convenio, un seguro de accidentes durante a prestación do traballo ou in itinere , de morte ou invalidez permanente dos graos de total, absoluta ou grande invalidez, pola cantidade de 24.000 € para cada un dos casos mencionados anteriormente.

Artigo 27.- Póliza colectiva de seguro de vida.

As empresas afectadas por este convenio, virán obligadas a suscribir unha póliza colectiva de seguro de vida en favor dos seus traballadores, por valor de 12.000 € .

Esta póliza cubrirá toda-las circunstancias do falecemento do traballador salvo a morte por suicidio.

As devanditas empresas terán un prazo de 4 meses para suscribir este seguro, contados a partir da publicación do convenio no Boletín Oficial correspondente.

Artigo 28.- Prazo de preaviso.

Os prazos de preaviso nos casos de cesamento voluntario dos traballadores serán os seguintes: xefe de recepción, Xefe de administración, encargado do economato e adega, eccargado de traballo, xefe de Cociña, 1.º conserxe de dia, encargado xeral ou gobernanta, Xefes de restaurante ou sala, cafés- bares, bares americanos, salas de festa: 30 días.

Resto do persoal: 20 días.

O incumplimento deste plazo por parte dos traballadores dará lugar á perda de tantos días de salario e cargas inherentes ao mesmo, como deixe de preavisar

Artigo 29.- Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos Traballadores se establece para os membros do Comité de empresa e delegados do persoal electos enténdense ós candidatos a estes postos durante os seis meses seguintes de celebradas as eleccións as que se presentaron na calidade ou condición de candidatos. Recoñecerase a existencia de seccións sindicais das empresas de máis de 50 traballadores así como dos delegados das seccións sindicais que terán os mesmos dereitos e garantías cós membros do comité de empresa.

Os traballadores terán dereito a celebrar as asambleas con carácter ordinario, unha vez ó mes, fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora naquelas empresas que dispoñan dun espacio para o desenvolvemento das mesmas sen interrompe-la actividade dos servicios. Nos demais dereitos estarase ó disposto no Acordo Laboral Estatal de Hostelería (ALEH), Estatuto dos Traballadores, Lei Orgánica de Liberdade Sindical e demais normas complementarias.

O total das horas sindicais mensuales retribuidas recoñecidas legalmente á representación dos traballadores, poderá ser acumulado para o seu disfrute por un ou varios representantes, sen rebasar o máximo total, sempre que medie acordo ó respecto da sección sindical afectada, debidamente comunicado á Dirección da empresa, e non supoña grave alteración do réxime laboral da mesma.

Artigo 30.- Roupa de traballo.

Naquelas empresas onde se esixe uniformidade, estas facilitarán a todo persoal un mínimo de dous uniformes anuais (inverno e verán), aboandolles unha cantidade, en concepto de limpeza e mantemento ; no caso de non ser obrigatorio o uso do uniforme, facilitaráselle a tódolos traballadores roupa de traballo axeitada para as funcións que desempeñan.

Artigo 31.- Recoñecementos médicos.

Realizaráselles unha revisión médica anual o máis completa posible, e que incluirá análises, exploración radiolóxica, auditiva e visual a tódolos traballadores. Dos resultados de dita revisión médica entregaraselle copia ó traballador.

Artigo 32.- Comisión mixta paritaria de vixilancia, interpretación e aplicación.

Para interpretación, aplicación, arbitraxe e vixilancia deste convenio, crease unha comisión paritaria integrada polos representantes dos sindicatos UGT e CC.OO, asinantes do convenio e os representantes das asociacións empresariais de hostalería da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, HOSPECO e Unión Hotelera Compostela.

A citada comisión está obligada a reunirse cantas veces sexa necesario, sendo a sede da mesma nos locais da Asociación Hostaleria Compostela, sita na rúa Salvadas, 29, Santiago de Compostela. A devandita comisión reunirase unha vez cada seis meses, e no plazo improrrogable de 10 días, a requerimiento de calquera dos seus membros, ou ben por recibir comunicacións previstas no artigo 35 do convenio sobre aplicación da cláusula de descolgue.

No caso de non comparecer algunhas das partes (pese a estar notificadas), para dictaminar sobre requerimientos do artigo 35, será válida a resolución dictada pola maioría dos membros asistentes, seguindo os trámites do mencionado artigo ata a resolución definitiva, que será comunicada ó requerimiento no prazo máximo fixado.

Artigo 33.- Resolución de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio, axeitándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo número 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitrase voluntario, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpetración deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional (AGA), suscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos nos que no mesmo están formulados.

Este precedemento utilizaráse tamén nas discrepancias xurdidas pola aplicación dos artigos 40.2, 41.4 e 51 do texto refundido dos Estatuto dos Traballadores.

Artigo 34.- Cláusula de descolgue.

Os convenios colectivos regulados pola Lei do Estatuto dos Traballadores obligan a todos os empresarios e traballadores incluídos dentro do seu ámbito de aplicación e durante todo o seu tempo de vixencia.

Sen perxuício do anterior, cando concurran causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción, por acuerdo entre a empresa e os representantes dos traballadores lexitimados para negociar un convenio colectivo conforme ó previsto no artigo 87.1 do ET, poderase proceder, previo desarrollo dun periodo de consultas nos térmos do artigo 41.4, a inaplicar na empresa as condicións de traballo previstas no convenio colectivo aplicable, sea de este sector ou da empresa, que afectan as seguintes materias:

A) Xornada de traballo.

B) Horario e a distribución do tempo de traballo.

C) Réximen de traballo a turnos.

D) Sistema de remuneración e cuantía salarial.

E) Sistema de traballo e rendemento.

F) Funcións, cando excedan dos límites que para a movilidade funcional prevé o artigo 39 do ET.

G) Melloras voluntarias de acción protectora da Seguridade Social.

Entendese que concurren causas económicas, cando dos resultados da empresa desprendese unha situación económica negativa, en casos tales como la existencia de perdidas actuales ou previstas, ou a disminución persistente do seu nivel de ingresos ou ventas. En todo caso, entenderase que a disminución é persistente do seu nivel de ingreses ou ventas. En todo caso, entenderase que a disminución e persistente si se producise durante dous trimestres consecutivos.

Entendese que concurren causas técnicas cando se produzcan cambios, entre outros, no ámbito dos medios ou instrumentos de producción: causas organizativas cando se produzan cambios, entre outros, no ámbito dos sistemas e métodos de traballo do personal ou na forma de organizar a producción e causas productivas cando se produzan cambios, entre outros, na demanda dos productos ou servicios que a empresa pretende colocar no mercado.

Nos supostos de ausencia de representación legal dos traballadores na empresa, éstos poderán atribuir a sua representación a unha comisión designada conforme ao disposto no art. 41.4.

Cando no periodo de consultas finalice con acordo presumirase que concurren as causas xustificativas as que alude o parágrafo segundo, e sólo poderá ser impugnado ante a xurisdicción social pola existencia de fraude, dolo, coacción ou abuso de dereito na sua conclusión. O acordo deberá determinar con exactitude as novas condicións de traballo aplicables na empresa e a sua duración, que non poderá prolongarse máis alá do momento no que resulte aplicable o novo convenio en dita empresa. Asimismo, o acordo, deberá ser notificado á comisión paritaria do convenio colectivo e a autoridade laboral.

No caso de desacordo durante o periodo de consultas calquera das partes podra someter a discrepancia á Comisión paritaria do convenio que, disporá dun plazo máximo de sete días para pronunciarse, a contar dende que a discrepancia foi plantexada. Cando ésta non alcanzará un acordo, as partes poderán recurrir os procedementos que deben establecerse nos supostos interprofesionais do ámbito estatal ou autónomico, previstos no art. 83 da presente Lei, para solventar de maneira efectiva as discrepancias surxidas na negociación dos acordos a que se refire este apartado, incluido o compromiso previo de someter as discrepancias a un arbitraxe vinculante, en este caso o laudo arbitral terá a mesma eficacia que os acordos en periodos de consulta e soamente será recurrible conforme o procedemento e en base os motivos establecidos no art. 91.

Cando o periodo de consultas finalice sen acordo e as partes non se someteran os procedementos mencionados os que se refire o parágrafo anterior ou éstes non solucionaran a discrepancia, calquera das partes poderá someter a solución das discrepancias á Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos cando a inaplicación das condicións de traballo afectase a centros de traballo da empresa situados no territorio de máis dunha comunidade autónoma, ou os órganos correspondentes das comunidades autónomas nos demais casos. A decisión destes órganos, que poderá ser adoptada no seu propio seno ou por un árbitro designado ao efecto a contar desde a data de sometemento do conflicto ante ditos órganos. Tal decisión terá a eficacia dos acordos alcanzados no periodo de consultas e soamente será recurrible conforme o procedemento e en base os motivos establecidos no art.91 do ET.

Artigo 35.- Formación profesional.

As partes asinantes deste convenio remítense á regulación que desta materia fai o acordo laboral de ámbito estatal do sector de hostalería.

Artigo 36.- Adscrición ó acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería.

O acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería pasa a formar parte integrante do presente convenio en todas aquelas materias que o mesmo regula.

Asinan o presente convenio en representación da parte empresarial: Asociación de Hostelería de Compostela, Hospeco, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, Unión Hotelera Compostela, Asociación de Hostelería de Ferrol e Comarca, e en representación sindical por UGT e CC.OO.

A Comisión negociadora habilita expresamente ao funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais , don Ignacio Bouzada Gil ao efecto da realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación ante a Autoridade laboral.

TÁBOAS SALARIAIS (documento anexo 1)

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.- Descrición de establecementos por sección

Esta descrición e encuadramento de establecementos está feita en base ao Acordo Laboral de Ámbito Estatal para o Sector de Hostalería, polo que se algún se encuadrou de forma equivocada se entenderá que o seu encuadramento será o que no citado acordo lle corresponda, e ante calquera modificación ou inclusión de novo establecemento se reunirá a Comisión Paritaria deste convenio para o seu encuadramento na sección que corresponda.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

En aquelas funcións nas que non estea definido o salario, será de aplicación o salario máis alto da sección onde sí estea definida esa función. De non estar definido, se aplicaría o máis alto do grupo profesional ao que pertenza.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA.- Revisión salarial do artigo 12. Servicios extraordinarios.

O persoal alleo á empresa que realice servicios extraordinarios percibirá as seguintes retribucións durante o ano 2017 PENDENTE DE REVISIÓN CO IPC DE 2017.

Persoal de cociña:

* Xefe de Cociña: 98,63 € por servicio.

* Cociñeiro: 76,45.

Persoal de comedor:

* Xefe de comedor: 96,8 € por servicio.

* Camareiro: 76,46.

* Axudante: 76,46.

Cando o persoal extra realice a faena de montaxe, percibirá por iso a cantidade de 5,92 € durante o ano 2017 PENDENTE DE REVISIÓN CO IPC DE 2017.

O servicio corrente de restaurante ou limoada será retribuído con 2,39 € de soldo inicial e tanto por cento correspondente garantido de 52.34 € diarios durante o ano 2017 PENDENTE DE REVISIÓN CO IPC DE 2017.

Os servicios de esta índole fóra da localidade producirán un aumento do 15% correspondente, e sendo a cargo da empresa os portes de desplazamento, manutención e aloxamento a que houbere lugar.

TÁBOAS SALARIAIS 2016-2017

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2017/5985