C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de FABRICANTES DE ATAUDES (32000045011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2002 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 3200045
  • Código Nuevo: 32000045011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Diario Oficial de Galicia nº 86 del 04/05/2001

    Convenio Colectivo de Sector de FABRICANTES DE ATAUDES Ourense Resolución do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes de Ourense. FABRICANTES DE ATAUDES Convenio Colectivo de Sector de FABRICANTES DE ATAUDES (32000045011981) de Ourense Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes de Ourense (código de convenio 3200045, pub...

  • Código: 3200045
  • Código Nuevo: 32000045011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Diario Oficial de Galicia nº 6800 del 08/04/1996

    Convenio Colectivo de Sector de FABRICANTES DE ATAUDES Ourense Resolución do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de fabricantes de ataúdes de Ourense. FABRICANTES DE ATAUDES Convenio Colectivo de Sector de FABRICANTES DE ATAUDES (32000045011981) de Ourense Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector fabricantes de ataúdes (código nº 3200054) de Ourense, (co...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo CONVENIO COLECTIVO: SECTOR FABRICANTES DE ATAUDES (COD. 3200045) 07/09/2002 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2002 Vigente
C. Colectivo Resolución do 14 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial para o sector de fabricantes de ataúdes de Ourense 2001. Convenio afectado por 31/08/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o sector de fabricantes de ataúdes de Ourense. 8.378 Convenio afectado por 30/05/2000 Diario Oficial de Galicia 01/01/2000 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de ataúdes de Ourense. 27/05/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1999 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 24 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de ataúdes para o ano 1998. 28/04/1998 Diario Oficial de Galicia 01/01/1998 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de ataúdes. 08/05/1997 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo , Correccion Resolución do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, Diario Oficial de Galicia, da acta de emenda levantada co fin de corrixir un erro mecanográfico do convenio colectivo para o ano 1997, sector de fabricantes de ataúdes de Ourense. 28/04/1997 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de fabricantes de cadaleitos de Ourense. 27/05/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1996 No Vigente

CONVENIO COLECTIVO: SECTOR FABRICANTES DE ATAUDES (COD. 3200045) (Boletín Oficial de Ourense núm. 206 de 07/09/2002)
Preambulo

Unha vez visto o texto do convenio colectivo provincial para o sector de "Fabricantes de ataúdes de Ourense", (código do convenio n.º 3200045), que entrou nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 11 de xullo de 2002, subscrito o 10 de xuño de 2002, dunha parte pola Asociación empresarial de fabricantes de ataúdes de Ourense, en representación da parte empresarial, e doutra polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Unión Xeral de Traballadores (UXT), en representación dos traballadores do sector, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado mediante o Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

Acorda:


Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.


Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).


Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 16 de xullo de 2002. - O delegado provincial. Asdo.: José Lage Lage.


CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA O SECTOR DE FABRICANTES DE ATAÚDES

 


Artigo 1. - Ámbito territorial e funcional.

Este convenio aplicaráselles a tódalas empresas que, domiciliadas na provincia de Ourense, se dediquen á fabricación de ataúdes e cantas se poidan establecer durante a vixencia deste.


Artigo 2.- Ámbito persoal

O convenio afectaralle a todo o persoal obreiro e subalterno incluído no ámbito territorial e funcional, tanto fixo como interino e eventual. Quedan excluídos os axentes comerciais libres


Artigo 3.- Entrada en vigor

As estipulacións deste convenio entrarán en vigor o día do seu asinamento. Non obstante os efectos económicos deste retrotaeranse ó 1 de xaneiro do ano 2002.

O convenio entenderase prorrogado tacitamente de ano en ano, mentres non sexa denunciado por calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses ó vencemento do prazo de duración pactado ou de calquera das prórrogas. A denuncia deberá facerse mediante comunicación escrita á outra parte na que se fará consta-la representación que posúe e as materias obxecto de negociación.


Artigo 4.- Duración

Este convenio rematará para tódolos efectos o 31 de decembro de 2002, manténdose o articulado ata asinar un novo convenio


Artigo 5.- Compensación e absorción

As melloras resultantes deste convenio serán compensadas e absorvidas ata onde alcance o cómputo anual con aqueloutras que teñan establecidas as empresas ou que se dispoñan por disposición legal, salvo que expresamente se pacte o contrario.


Artigo 6.- Vacacións

O período de vacacións anuais será para todo o persoal de 32 días naturais a salario real, ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o goce pleno deste dereito, e gozaranse da seguinte forma:

- 21 días ininterrompidos en agosto, os cales estarán comprendidos necesariamente entre os días 10 e o 31, agás acordo entre a empresa e os traballadores para a fixación dun período distinto. Os 11 días restantes fixaranse de común acordo entre empresa e traballadores. A falta de acordo fíxanse como vacacións para este ano 2002 do 16 ó 31 de decembro, ambos inclusive.

No caso de que o día 10 de agosto sexa sábado ou domingo, as vacaciós comezarán a partir do luns seguinte e contaranse a partir desa data os 21 días correspondentes.

Anualmente revisarase o calendario de datas para adapta-los 11 días de decembro ó cómputo anual.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses a data das vacacións.

A retribución que percibirán por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de goce das vacacións,aexcepción das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se lles integre o importe da remuneración correspondente á parte das vacacións aboadas e non gozadas.

Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador gozase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso gozado, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para os efectos do aboamento de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a causa. Non obstante, dado que o dereito ó goce das vacacións caduca co trancurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación por incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por remate de contrato.


Artigo 7.- Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica e polo tempo que se sinala:-

a) Morte de pais, fillos, netos e irmáns: concederase un permiso de 3 días naturais.

b) Por morte do cónxuxe: 7 días naturais.

c) Por morte de pais políticos: 2 días naturais.

d) Por falecemento do avó, tío, tía, sobriños, irmáns políticos: 2 días naturais de permiso. No caso de tíos políticos: 1 día natural de permiso.

e) Por morte de avós políticos e primos: 1 día natural de permiso.

f) Por nacemento de fillos: 4 días naturais de permiso. Estes permisos estableceranse sen prexuízo do previsto no Estatuto dos traballadores e serán retribuídos polo mesmo importe do salario base máis antigüidade.

g) Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

h) Por matrimonio: 15 días naturais

i) Enfermidade grave ou hospitalización de cónxuxe ou familiares en primeiro e segundo grao: 2 días.

Para o non previsto neste artigo, ateranse conforme co sinalado na Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida laboral e familiar.


Artigo 8.- Reducción de xornada por motivos familiares.

As traballadoras, por lactación de fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este período poderá ser gozado indistintamente pola nai ou o pai no caso de que ambos traballen.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo cunha diminución proporcional do salario entre, cando menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada prevista neste apartado constitúe un dereito individual dos traballadores homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do permiso de lactación e da reducción da xornada corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente ó empresario con 15 días de antelación á data na que se incorporará á súa xornada ordinaria.

No non previsto nesta materia, ateranse ó disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.


Artigo 9.- Xornada laboral.

A duración da xornada laboral de traballo efectivo neste convenio colectivo será no ano 2002 de 1.768 horas.

A dita xornada considerarase de traballo efectivo.


Artigo 10.- Calendario laboral.

Para axusta-lo calendario laboral á xornada anual para o ano 2002, fíxanse como días libres aboables e non recuperables os seguintes: 26 de xullo, 10 de setembro, 24, 30 e 31 de decembro de 2002, agás acordo entre empresa e traballadores, os cales poderán convi-la fixación doutros distintos.

As empresas confeccionarán o calendario laboral de acordo cos representantes dos traballadores, nos prazos e condicións establecidas na lexislación vixente.


Artigo 11.- Situación de incapacidade temporal.

Será de aplicación neste aspecto o previsto no artigo 86 da Ordenanza laboral para as industrias da madeira en canto ó complemento da indemnización económica. O persoal que cause baixa por IT con motivo de accidente laboral percibirá o 100 por 100 do seu salario. O dito complemento aplicarase ós.casos de accidente laboral incluído o "in itínire" e para o caso de hospitalización e mentres dure o tempo efectivo de hospitalización.

A empresa complementará ata o 100 por 100 a retribución das pagas extras durante os períodos de IT.


Artigo 12.- Retribucións.

Estipúlase un sistema de retribucións consistente en:

Salario base

Complementos salariais.


Artigo 13.- Salario base.

Será o que figura na táboa anexa a este convenio.


Artigo 14.- Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do Nadal e Xuño serán de 31 días de salario base máis antigüidade.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento períodico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas respectivamente, antes do 30 de xuño e o 20 de decembro, e que se aboarán por semestres naturais, e por cada día natural en que se pagase o salario base.

Aboamento de pagas:

Paga de verán: do día 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga do Nadal: do día I de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique en cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio, incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme cos criterios anteriores no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.


Artigo 15.- Antigüidade.

A partir do 1 de xaneiro de 2001 queda conxelada a antigüidade nos valores que tiveran na dita data, quedando esta reflectida como antigüidade consolidada e desaparecendo esta, tal e como se acordou no Acordo xeral da madeira asinado entre CONEMAC, CC.OO. e UXT o 21 de marzo de 1996.


Artigo 16.- Roupas de traballo.

Ó persoal masculino dotarano, por parte das empresas, de monos ou buzos, e ó persoal feminino de dúas batas, con duración de 1 ano en ámbolos casos. Así mesmo, dotaranos de luvas ou máscaras segundo determina a Lei de prevención de riscos laborais.

A data de entrega das roupas de traballo será o mes de xullo.

O uso das roupas asignadas será de obrigatorio cumprimento para o traballador.


Artigo 17.- Desgaste de ferramentas.

O importe deste complemento cando proceda será de 2,40 euros á semana para os profesionais especialistas e de 1,17 euros para os aprendices. Á empresa corresponderalle optar entre pagar este complemento ou facilita-las ferramentas.


Artigo 18.- Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria composta polas empresas que constitúen a comisión negociadora do convenio e que terá por funcións as seguintes:

a) Interpretación das cláusulas deste convenio.

b) Arbitraxe das cuestións que se deriven da aplicación deste convenio.

e) Vixilancia e cumprimento do pactado.

d) Cantas outras actividades tendan a unha mellor efectividade práctica do pactado, para o cal se acorda que a dita comisión se reúna con carácter ordinario mensualmente, co fin de estudia-las cuestións que serán sometidas por calquera dos afectados no ámbito de aplicación deste convenio.

Serán integrantes da comisión mixta paritaria os membros da parte social e empresarial que forman parte da comisión negociadora deste convenio.

Esta comisión poderá ser asistida dos asesores que estimen convenientes calquera das partes representadas nela.


Artigo 19.- Absentismo.

As partes que asinan o convenio recoñecen o grave problema que supón o absentismo laboral e entenden que a súa reducción implica tanto un aumento da presencia do traballador no posto de traballo como a correcta organización da medicina de empresa e da SeguridadeSocial, xunto coas condicións de seguridade e hixiene e ambiente de traballo para unha efectiva protección da saúde física e mental dos traballadores, polo que se comprometen as partes asinantes a través da comisión mixta paritaria a busca-las causas que favorecen o absentismo e tratar de reducilas, mediante medidas e estudios pertinentes.


Artigo 20.- Garantías sindicáis.

Haberá que aterse ó disposto respecto ás garantías sindicais dos representantes dos traballadores na empresa, así como á lexislación laboral vixente para esta materia.


Artigo 21.- Premio por compensación da antigüidade.

Aqueles traballadores que leven cando menos 10 anos traballando na empresa e causen baixa nesta de forma voluntaria a partir dos 60 anos e ata os 64 anos, terán dereito a gozar de vacacións retribuídas de oito meses para os que cesen ós 60 anos, de seis meses para os que cesen ós 61 anos, de catro meses para os que cesen ós 62 anos, de tres meses para os que cesen ós 63 anos e de dous meses para os que cesen ós 64 anos.

O goce das ditas vacacións retribuídas farase efectivo coa correspondente antelación ó cesamento efectivo na empresa, debendo comunica-lo traballador de forma fidedigna a esta a súa decisión de cesar voluntariamente.

A empresa entregará un certificado da concesión do devandito premio de vacacións acreditativo da solicitude deste por parte do traballador.


Artigo 22.- Horas extraordinarias.

As partes que asinan este convenio estiman que a reducción das horas extraordinarias é unha vía axeitada para a creación de emprego e coincidiron na conveniencia de reducilas.

Poderanse realizar horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e estructurais, entendendo estas últimas como as necesarias en períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate ou do seu mantemento, todo isto sempre que non poidan ser substituídas por contratación temporal ou a tempo previstas na lei. A realización das ditas horas notificaranlla mensualmente á autoridade laboral conxuntarnente a empresa ou os delegados de persoal, se é o caso.

Tamén, co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado como falta grave para os efectos do disposto no artigo 57 do Estatuto dos traballadores.

O prezo da hora extraordinaria será de 9,62 euros para tódalas categorías.


Artigo 23.- Horario.

O horario para as empresas do sector, agás acordo expreso entre as partes, será de 9:00 a 13:00 horas pola mañá e de 14:30 a 18:30 horas pola tarde.


Artigo 24.- Póliza de seguros.

As empresas deberán concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes continxencias.

Accidente común con resultado de morte: 18.030,36 euros.

Accidente laboral con resultado de morte: 21.035,42 euros

Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 27.045,54 euros.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros deberá concertarse no prazo de 1 mes a partir da contratación do traballador.


Artigo 25.- Revisión médica.

Para ter dereito á retribución por asistencia médica, cumprirá presentar cuberto polo médico o parte que para tal efecto confeccionará a empresa.

Este artigo será motivo de revisión para o convenio do ano 2001.

As partes asinantes deste convenio estiman a conveniencia de que por parte do Gabinete de Saúde Laboral da Xunta de Galicia se faga o estudio pertinente para elaborar un catálogo de enfermidades profesionais que se puidesen derivar da industria da fabricación de ataúdes, co fin de coñecer con exactitude cales son os riscos inherentes no devandito sector polas súas propias características.

As empresas afectadas por este convenio deberán contrata-los servicios axeitados para realizar unha revisión médica ó ano para os seus traballadores. Así mesmo, os traballadores terán dereito a permiso retribuído para acompaña-lo seu cónxuxe e fillos, en caso de enfermidade grave destes, tras xustificante previo da Seguridade Social. Este artigo terá vixencia exclusiva de 1 ano, podendo revisarse, modificarse ou retirarse do convenio en función de que se producisen ou non abusos como consecuencia da aplicación deste durante 1997 e unha vez que se constaten as ditas circunstancias na negociación do vindeiro ano.


Artigo 26.- Contratos para a formación.

Os contratos para a formación que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional deste convenio terán por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. Este traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, ben sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que desempeñará.

O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurarán neste de xeito claro a actividade ou profesión obxecto da formación.

En ningún caso poderá realizarse este tipo de contrato naquelas actividades en que concorran circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou nocturnas. Tamén está prohibida a realización de horas extraordinarias.

O contrato poderá realizarse con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos.

a)Aduración máxima será de tres anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector deste convenio.

b)Nonse poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses, podendo prorrogarse ata tres veces por períodos como mínimo de 6 meses.

c)Estetipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, de se-lo caso, encargado do ensino teórico

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionadocoa especialidade obxecto do contrato.

O salario que percibirá o traballador será o 75%, 85% e 95% do salario do axudante ou categoría equivalente deste convenio, durante o primeiro, segundo e terceiro ano do contrato respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquiridas, no que constará a duración desta.


Artigo 27.- Sistema de contratación.

Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada acollerase ó disposto no apartado b), parágrafo 2° da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e fomento de contratación indefinida, segundo a cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previstos nos contratos de fomento da contratación indefinida.


Artigo 28.- Contrato eventual por circunstancias de producción.

É o contrato realizado ó abeiro do artigo 15.1.b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixisen, mesmo tratándose da actividade normal da empresa.

A duración máxima deste contrato será de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.


Artigo 29.- Complementos por penosidade, toxicidade e perigosidade.

1-Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosas, tóxicas ou perigosas deberán aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada, ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo realmente traballado.

2-As cantidades iguais ou superiores ó incremento fixado neste artigo que estean establecidas ou as establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, no caso de que non sexa esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los devanditos incrementos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3-Se por calquera causa desaparecesen as condicións de especial penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os devanditos incrementos, non tendo polo tanto carácter consolidable.

Establécese un comité paritario de saúde laboral co fin de dar cumprimento ó establecido na Lei de prevención de riscos laborais, o cal estará formado polas persoas que se sinalan na acta final do acordo.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 


Disposición adicionai Primeira

No non previsto neste convenio haberá de aterse ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido do Estatuto de traballadores, e ó Convenio colectivo estatal da madeira, mentras este permaneza en vigor.


Disposición adicionai Segunda.- Incremento salarial.

As táboas retributivas para o ano 2002 incrementaranse nun 3,5%, con respecto das tabóas do ano 2001 xa actualizadas.

As partes que asinan este convenio, é dicir, UXT, CC.OO., CIG e a Asociación empresarial de fabricantes de ataúdes de Ourense, manifestan que tanto o incremento salarial como a xornada pactada estará vixente con independencia do que se asine a nivel estatal no próximo Acordo xeral da madeira, que non será de aplicación durante a vixencia do presente convenio provincial, polo que os aumentos salariais pactados no presente convenio absorverán ós que por imperativo legal se puideran impoñer posteriormente durante a vixencia deste.


Disposición adicionai Terceira.- Cláusula de revisión.

No caso de que o IPC previsto polo Goberno superase a 31 de decembro de 2002 o 2,25%, o dito exceso será aboado con efectos desde o 1 de xaneiro de 2002. En caso de producirse o dito exceso, servirá de base para o cálculo do incremento do ano 2003.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira: Os atrasos deste convenio será aboados en tres prazos, con igual contía cada un deles, nas nóminas de abril, maio e xuño de 2002 con independencia da data de publicación do BOP.

Segunda: Este convenio colectivo e asinado polas centrais sindicais UXT, CC.OO e CIG, e pola parte empresarial pola Asociación empresarial de fabricantes de ataúdes de Ourense.


DISPOSICIONES FINALES

 


Disposición final única

Faise constar que nas cantidades que se sinalan no anexo I deste convenio como salario base de convenio xa está incluído o rateo da paga de marzo, figurando na disposición adicional segunda a cantidade que lle corresponde a cada traballador de forma orientativa.

Cláusula de submisión ó AGA.

Ante a importancia que poida te-la solución pacífica dos conflictos laborais e dada a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA)-asinado pola CEG e mailas centrais sindicais CC.OO., UXT e CIG-, as partes que asinan este convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicions contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.


ANEXO I

Táboa salarial

Categoría

Total.

Encargado xeral

826,14 euros

Encargado de producción

826,14 euros

Oficial trazado

826,14 euros

Oficial de primeira

812,12 euros

Oficial de segunda

802,73

Axudante

775,65 euros

Peón especialista

769,74 euros

Peón

767,75 euros

Pulimentados

812,12 euros

Terminados

812,12 euros

Menores de 18 anos

514,95 euros

Conductor de primeira

812,12 euros

Conductor de segunda

802,73 euros

Garda ou vixilante

769,74 euros.