C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS DO PORTO (15003001011993) de Coruña

Sector Autonomico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2002 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 1503001
  • Código Nuevo: 15003001011993
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 127 del 04/07/2005

    ...comisiones paritarias mixtas... ...organo paritario sectorial... ...15003001011993... ...1503001... ...Limpeza e recollida de residuos do porto... ...Limpieza de puertos A Coruña... ...Limpieza puertos A Coruña... ...recogida residuos puerto A Coruña... ...Limpieza y recogida de residuos de puerto... ...(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)... ...Depósito de convenios colectivos... ...Comisión negociadora... ...Comisión Paritaria...

  • Código: 1503001
  • Código Nuevo: 15003001011993
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 129 del 08/06/2005

    Convenio Colectivo de Sector de LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS DO PORTO Coruña Revision salarial, nova redaccion do artigo 9 e outros acordos do convenio colectivo do servizo de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS DO PORTO Convenio Colectivo de Sector de LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS DO PORTO (15003001011993) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial, nova redacción do artigo 9 e outros acordos do convenio colectivo do SERVIZO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE RES...
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Resolución do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do servicio de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña. 17/07/2002 Diario Oficial de Galicia 01/01/2002
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision Resolución do 23 de maio de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial, nova redacción do artigo 9 e outros acordos do convenio colectivo do servizo de limpeza e recolla de residuos do porto da Coruña (Geseco) . 04/07/2005 Diario Oficial de Galicia 01/01/2005
Revision Revision salarial, nova redaccion do artigo 9 e outros acordos do convenio colectivo do servizo de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña 08/06/2005 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2005

Resolución do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do servicio de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña. (Diario Oficial de Galicia núm. 137 de 17/07/2002)
Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo do servicio de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña (código convenio 1503001) que tivo entra- da nesta delegación provincial o día 7- 6- 2002, subscrito en representación da parte económica S. A. de Gestión de Servicios y Conservación (Geseco) , e da parte social, polo delegado de persoal o día 16- 5- 2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:


Primeiro

Ordena- la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.


Segundo

Ordena- lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.


Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xuño de 2002. Reyes Carabel Pedreira Delegada provincial da Courña


CONVENIO COLECTIVO DE APLICACIÓN PARA OS TRABALLADORES ADSCRITOS Ó SERVICIO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS DO PORTO DA CORUÑA

 


Capítulo I Normas xerais

 


Artigo 1º.- Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo aplicarase a todo o persoal adscrito o servicio de limpieza do porto da Coruña, subcontratado á autoridade portuaria da Coruña.


Artigo 2º.- Duración, vixencia, prórroga e revisións.

Con independencia da súa publicación no BOP, este convenio iniciará a súa vixencia o 1 dexaneiro de 2002, con carácter indefinido, podendo ser denunciado para os efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural, seguindo vixente en tódolos seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado entre as partes.

No caso de prórroga por un ou máis períodos, ó vixente convenio colectivo incrementaránselle anualmente tódolos conceptos económicos do IPC previsto, máis un punto.


Artigo 3º.- Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas vinculan á totalidade dos productores do centro de traballo ó día da sinatura ou que no futuro puidesen contratarse.


Artigo 4º.- Garantía ad personam.

Calquera mellora que viñesen gozando os traballadores superior ó aquí pactado, garantirase estrictamente ad personam.


Artigo 5º.- Absorción e compesación.

As condicións económicas establecidas neste convenio compesarán e absorberán as existentes no momento da súa sinatura, respectando o estipulado no artigo 4º.

Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións de xeral aplicación só poderán afectar ó pactado se, consideradas en cómputo anual, superan ás aquí pactadas; no caso contrario serán absorbidas e compensadas por estas, substituíndo o presente convenio nos termos do capítulo III del.


Artigo 6º.- Cláusula de remisións.

Será de inmediata aplicación o convenio colectivo provincial de limpieza de edificios e locais da provincia da Coruña, ou, se é o caso, o que o substitúa en todo o aquí non pactado, ou que, estándoo, sexa máis beneficioso para os traballadores, é dicir, que non se realizará unha comparación global, senón conceptual, o que implica que cada mellora que exista naquel convenio será automaticamente de aplicación ós traballadores afectados por este, tanto se neste non existe a cláusula de referencia como, aínda existindo, se a mellorase. Non será de aplicación o convenio colectivo antes mencionado no relativo ó previsto no capítulo III (condicións económicas) deste convenio.


Artigo 7º.- Comisión mixta paritaria.

Como órgano de interpretación, vixilancia e solución de conflictos do pactado neste convenio colectivo, crearase unha comisión mixta paritaria integrada polo representante legal da empresa e o representante legal dos traballadores.

As partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciales de solución de conflictos de traballo (AGA), nos propios termos neste formulados.


CAPÍTULO II Condicións de traballo

 


Artigo 8º.- Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 39 horas semanais, de luns a sábados, dispoñendo os traballadores de dez minutos diarios para aseo persoal ó rematar cada unha das xornadas laborais de mañá e tarde, que contarán como xornada para tódolos efectos, non podendo ser descontados desta mesma no caso de non lle da- la utilidade mencionada.

Establécese o Sábado Santo e o 16 dexullo (Virxe do Carme) como festivos non recuperables.


Artigo 9º.- Vacacións.

Todo o pesoal adscrito a este convenio gozará anualmente de 31 días de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función da data da súa incorporación á empresa.

O desfrute das vacacións será rotatorio, non estando ningún traballador obrigado a goza- las vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendéndose como meses de inverno tódolos do ano, menos xullo, agosto, e setembro.

As vacacións retribuiranse cunha mensualidade, agás o complemento de transporte.


CAPÍTULO III Condicións económicas

 


Artigo 10º.- Salario base

O salario base do persoal afectado por este convenio será o que, para cada categoría, se establece na táboa salarial anexa, retribuíndose este por días naturais.


Artigo 11º.- Antigüidade.

A antigüidade consistirá en tres bienios do cinco por cento e posteriores quinquenios do sete por cento, calculados sobre o salario base de cada un dos productores.


Artigo 12º.- Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia anual na contía de 523,25 A, que se aboará por días efectivos de traballo dividíndose para estes efecto entre 299 días.


Artigo 13º.- Incentivos.

O actual complemento de incentivos mensual para todo o persoal, queda fixado en 296 A, mensuais.


Artigo 14º.- Complemento de conductor.

Percibirá este complemento mensual o operario que efectúe este cometido, e será de 71,56 A, mensuais.


Artigo 15º.- Complemento de varredora.

Percibirá este complemento mensual o operario que efectúe este cometido, e será de 22,37 A, mensuais.


Artigo 16º.- Complemento de transporte.

Para supli- los gastos ocasionados polo transporte ó centro de traballo establécese un complemento extrasalarial na contía de 400,04 A, que se aboará por días efectivos de traballo, dividíndose para estes efectos entre 274 días.


Artigo 17º.- Complemento voluntario

Ós traballadores que a 1 dexaneiro do 2001 viñan percibindo o complemento voluntario, continuaráselles aboando este; sendo o carácter do dito complemento de contía fixa e non absorbible. A contía deste será a percibida, por cada traballador, con data do 1 de xaneiro de 2001.


Artigo 18º.- Anticipos.

Os traballadores terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o cobramento, anticipos a conta do traballo xa feito, non podendo ser superior ó 90 por cento do realmente traballado.


Artigo 19º.- Pagamento de salarios.

A empresa aboará as retribucións mensuais o último día de cada mes, e se este cadrase en festivo, farao o día anterior. A empresa concederá unha hora para o cobramento cando o pagamento se faga mediante talón bancario.


Artigo 20º.- Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias: beneficios, xullo e decembro.

As pagas de xullo e decembro devengaranse semestralmente. A paga de xullo (devengaranse do 1 de xaneiro ó 30 de xuño) . Aboarase coa mensualidade de xuño. A paga de decembro (devengaranse do 1 de xullo ó 31 de decembro) . Aboarase o día 15 de decembro.

A paga extraordinaria de beneficios devengaranse do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, e aboarase o día 15 de marzo do ano seguinte

As pagas extraordinarias aboaranse a razón de 30 días de salario base mais antigüidade.


Artigo 21º.- Cláusula de revisión. Incremento salarial.

O incremento salarial para o ano 2002 será o do IPC máis un punto en tódolos conceptos económicos.

No caso de que o IPC, publicado polo INE ou organismo que o substitúa, superase a 31 de decembro de 2002 un incremento superior ó 2 por cento con respecto ó 31 de decembro do ano 2001, efectuarase unha revisión salarial automática sobre tódolos conceptos económicos no exceso da mencionada cifra; tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 2002. No caso de prórroga de acordo co artigo 2º do convenio por un ou máis anos, efectuarase unha revisión anual automática sobre tódolos conceptos económicos que lles garanta ós traballadores o IPC real máis un punto.


Artigo 22º.- Horas extras.

As horas extra, sempre e cando sexa necesario realizalas, aboaranse a 10,52 euros as realizadas os días laborables e a 12,02 euros as realizadas en días festivos.


CAPÍTULO IV Melloras sociais

 


Artigo 23º.- Incapacidade transitoria.

No caso de IT por enfermidade común, a empresa completará as prestacións da Seguridade Social ou organismo que o substitúa ata o cen por cento de tódolos conceptos económicos desde o día 4 desta, agás horas extraordinarias.

No caso de que a IT requira hospitalización, aboarase o cen por cento desde o primeiro día desta.

No caso de IT por accidente, a empresa completará ata o cen por cento de tódolos conceptos económicos desde o primeiro día desta.


Artigo 24º.- Fondo de anticipos.

Ó se inicia- la vixencia deste convenio créase, pola parte económica e pola súa conta, un fondo de anticipos para os traballadores afectados por este convenio colectivo, na contía de 4.207,08 A anuais, que se concederán a solicitude individual de acordo co que segue:

1) Os anticipos concederanse por rigorosa orde de solicitude.

2) A contía máxima do anticipo será de 601,01 A, por traballador. 3) A amortización da cantidade solicitada será do 10 por cento mensual a partir da mensualidade seguinte á adxudicación deste.

4) Non se terá dereito a novos anticipos ata que se amortice o anterior.

5) Estes anticipos concederanse con independencia do previsto no artigo 8º do convenio.

6) No caso de discrepancia, esta será resolta pola comisión paritaria.


Artigo 25º.- Roupa de traballo e complementos.

A empresa entregará a cada productor, anualmente, dous traxes de verán e dúas camisas, dúas fundas, un traxe de augas, un anorak cada dous anos, botas de seguridade e botas de auga, segúndo necesidades, duas toallas, xabón para a ducha e papel hixiénico.


Artigo 26º.- Revisión médica.

Anualmente realizarase, como mínimo, unha revisión médica a tódolos traballadores, en horas de traballo e por conta da empresa. A través da mutua de accidentes e enfermidade profesional que a empresa ten concertada.


Artigo 27º.- Licencias retribuídas.

Os traballarores terán dereito a permisos retribuídos nos seguintes supostos:

a) Dezaoito días naturais no caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais no caso de enfermidade grave de familiar en primeiro grao.

c) Catro días naturais no caso de falecemento dalgún familiar en primeiro grao.

d) Dous días naturais no caso de falecemento uo enfermidade grave de familiar en segundo grao. e) Un día natural por falecemento de familias en terceiro grao.

f) Seis días naturais por nacemento de fillos.

g) Un día natural por traslado de domicilio habitual.

h) O disfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando curse estudios para obtención dun título académico ou profesional; deberá acreditarse a concorrencia ós ditos exames.

i) O tempo necesario para asistencia a consulta.

j) Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber público ou persoal.

k) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir ou identidade.


Artigo 28º.- Licencias non retribuídas.

Durante o ano concederanse ata un máximo de seis días de licencias non retribuídas por petición e segundo as necesidades dos traballadores.


Artigo 29º.- Seguro de vida.

A empresa subscribirá unha póliza de seguro colectivo a prol de todos e cada un dos traballadores afectados por este convenio, por un capital de 18.030,36 A, para continxencias de morte, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivados calquera deles de accidente laboral, incluído o accidente in tinere.

A empresa aboará como axuda, no caso de morte dos traballadores, 3.005,06 A para sufraga- los gasto de enterro.


Artigo 30º.- Xustificantes médicos.

A empresa confeccionará un modelo de xustificantes de asistencia a consulta médica para uso dos traballadores. No caso de enfermidade, este volante, selado ou asinado polo médico, será xustificante suficiente do tempo de ausencia do traballador.


Artigo 31º.- Dereitos sindicais.

O crédito horario dos representantes legais dos traballadores será acumulable anualmente.


CAPÍTULO V Outras condicións

 


Artigo 32º.- Subrogación do persoal.

Punto 1º.- Subrogación do persoal.

Para o obxecto de contribuír e garanti- lo principio de estabilidade no emprego, a absorción de persoal entre quen se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, na realización do servicio de linpeza e recollida de residuos do porto da Coruña, levarase a cabo nos termos indicados neste punto e nos seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade, neste caso o servicio de limpieza e recollida de residuos do porto da Coruña, que pasa a ser desempeñada por una determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate da contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade xa descrita anteriormente, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza- lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigacións que gocen na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación do persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva desta pola empresa saínte, sexa cal fose a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores con dereito a reserva de posto de traballo que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no suposto número 2, con independencia da súa angüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se teñan incorporado á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación nos catro meses anteriores á finalización desta.

5. Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, tendo cumprido 64 anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima na mesma dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada no convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódolos supostos anteriormente recollidos, deberanse acreditar fidedignamente e documentalmente pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no punto 5º deste artigo e no prazo de 10 días hábiles, contados desde o momento no que, ben a empresa entrante ou a saínte, comunique fidedignamente á outra empresa o cambio de adxudicación do servicio.

C) Os traballadores que non gozasen as súas vacacións regulamentarias ó se produci- la subrogación, gozaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela lle corresponda, xa que o aboamento do outro período correspóndelle ó anterior adxudicatario, o cal deberá efectualo na correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria e traballador.

Punto 2º.- División de contratas.

No suposto de que unha ou varias contratas nas que a actividade veña sendo desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas, se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios con obxecto de súa posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal fose a súa modalidade de contrato de traballo; todo isto aínda cando con anterioridade traballasen noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse, así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ámbolos dous inclusive, do punto 1º deste artigo e que realizaran o seu traballo nas zonas, división ou servicios resultantes.

Punto 3º.- Agrupación de contratas.

No caso de que distintas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas, se agrupen nunha ou varias, a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, teñan realizado o seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo isto aínda cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas ou servicios.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ámbolos dous inclusive, do punto 1º deste artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios agrupados.

Punto 4º.- Obrigatoriedade.

A subrogación do persoal, así como os documentos que se van facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmetación ou división destas, así como nas agrupacións que daquelas poidan efectuarse, aínda tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas e entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso aínda cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación do persoal nos termos indicados, todo iso con independencia tanto da aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas ás que son obxecto de sucesión.

Punto 5º.- Documentos que facilitará a empresa saínte á entrante.

A empresa saínte deberá facilitarlle á entrante os seguintes documentos:

- Certificado do organismo competente de estar ó día de pagamento coa Seguridade Social.

- Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados.

- Fotocopia dos TC- 1 y TC- 2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

- Relación de personal, especificando: nome e apellidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data de goce das súas vacacións

Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período de mandato deste.

- Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

- Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, nos que se faga constar que este ten recibido da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, nin quedando pendente ningunha cantidade. Estes documentos deberán estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 


Disposición adicionai Primeira

De acordo co establecido na letra b) do punto 20 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase por ámbalas dúas partes que durante a vixencia deste convenio será posible a conversión de tódolos contratos temporais en contratos indefinidos de acordo co regulado nos reais decretos 8/1997 e 9/1997, do 17 de maio.


Disposición adicionai Segunda

No caso de realización de conversións de contratos temporais en indefinidos ó amparo dos R. D.8 e 9 do 17 demaio de 1997, de acordo co establecido na cláusula adicional primeira deste convenio, o documento de comunicación de conversión de contrato de traballo a indefinido garante de por si os dereitos e obrigas adquiridos polo traballador derivados do contrato orixinal, tales como xornada, antigüidade, salario, categoría e fixeza do seu contrato.


Disposición adicionai Terceira

Páctase no presente convenio colectivo que nos supostos de extinción dos contratos de traballo do persoal adscrito ó centro de traballo de aplicación deste convenio, ben por causas obxectivas ó amparo do establecido no artigo 52 do Estatuto dos traballadores, ou ben por despedimento disciplinario de acordo co establecido no artigo 54 do xa citado Estatuto dos traballadores, a indemnización que, se é o caso, corresponda por despedimento, e no suposto de que este sexa declarado inprocedente, calcularase a razón de 45 días de salario por ano de servicio, cun máximo de 42 mensualidades.


DISPOSICIÓNS FINAIS

 


Disposición finai Primeira

O presente convenio é de ámbito de centro de traballo e afecta a tódolos traballadores e empresa que presten os seus servicios no servicio de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña, adxudicado por concesión administrativa. Do mesmo xeito, todo o seu articulado permanecerá en vigor durante a vixencia e sucesivas prórrogas, se é o caso, da actual concesión administrativa.

Así mesmo, o presente convenio vinculará e afectará á empresa, sociedade ou entidade pública ou privada que, se é o caso, sucedan á actual adxudicataria na concesión administrativa, de acordo co disposto nos artigos 49 a 53 (ámbolos dous incluídos) do convenio xeral do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, e limpeza e conservación de sumidoiros publicado no BOE do 7 de marzo de 1996, nos artigos 42 e 44 do Estatuto dos traballadores, e no artigo 30 do presente convenio.


Disposición finai Segunda

Non operará no presente convenio a mobilidade xeográfica prevista no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, estando o persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación deste convenio suxeito á prestación de servicios dentro do obxecto da concesión administrativa, neste caso a limpieza e recollida de residuos do porto da Coruña.


Disposición finai Terceira

De acordo coa cláusula na que se define o centro de traballo nos contratos subscritos entre empresa e traballador, así como polo exposto no artigo 1º do presente convenio, os contratos de traballo subscritos vinculan ós traballadores afectados ó centro de traballo do porto da Coruña para a realización do servicio de limpeza e recollida de residuos deste. O disposto anteriormente tamén é de aplicación para os traballadores que no seu día foron subrogados ás anteriores empresas adxudicatarias, e que a data do 1 de xaneiro de 1998 xa estivesen desempeñando o seu traballo no servicio de limpeza e recollida de residuos do porto da Coruña.


Disposición finai Cuarta

En todo o non previsto neste convenio colectivo haberá que aterse ó disposto no convenio provincial de limpeza da Coruña, ordenanza laboral do sector, Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais lexislación vixente que poida resultar de aplicación se é o caso.


Disposición finai Quinta

Os atrasos salariais derivados da aplicación deste convenio colectivo aboaranse na mensualidad da súa sinatura ou, se é o caso, de ser isto imposible, na seguinte.


ANEXO I

Táboa salarial convenio Geseco, S. A. ano 2002 para o centro de traballo do porto da Coruña, o incremento salarial será do 3% (o IPC previsto para o ano 2002 (o 2%) máis un punto)

Rateos segundo conceptos

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)