C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2013 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 3200435
  • Código Nuevo: 32000435011990
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Boletín Oficial de Ourense nº 59 del 13/03/2014

    Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Ourense Acordo de inscricion e publicacion para o ano 2013-2014 do Convenio colectivo de transportes de mercadoria pola estrada da provincia de Ourense e do escrito de emenda do texto do convenio do que pasa a formar parte (codigo de convenio 32000435011990) TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense (2013-2014) Convenio ou acordo: Transportes d...

  • Código: 3200435
  • Código Nuevo: 32000435011990
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Boletín Oficial de Ourense nº 52 del 04/03/2011

    Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Ourense Acta de la Comision Paritaria del Convenio colectivo de transporte de mercancias por carretera. Codigo de convenio numero 32000435011990 TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense Una vez vista el acta de la Comisión Paritaria del Convenio colectivo de transporte de mercancías por carretera de la provincia de Ourense 2010-201...

  • Código: 3200435
  • Código Nuevo: 32000435011990
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Boletín Oficial de Ourense nº 49 del 02/03/2009

    Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Ourense Rexistro deposito e publicacion da acta levantada pola Comision Paritaria do Convenio colectivo de transportes de mercadorias por estrada da provincia de Ourense na que se acorda a revision salarial para o ano 2009-codigo de convenio n.º3200435- TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense Unha vez vista a acta redactada pola Comisión Paritaria do Convenio colectivo de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense 2008...

  • Código: 3200435
  • Código Nuevo: 32000435011990
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Boletín Oficial de Ourense nº 91 del 21/04/2006

    Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Ourense Acta de revision salarial para o ano 2006 do Convenio colectivo de transportes de mercadorias por estrada da provincia de Ourense. Codigo de convenio n.º 3200435 TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense Unha visto o texto da acta pola que se acorda a revisión salarial para o ano 2006 do Convenio colectivo de transportes de mercadorías por estrada d...

  • Código: 3200435
  • Código Nuevo: 32000435011990
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Ourense
  • Diario Oficial de Galicia nº 75 del 18/04/2001

    Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Ourense Resolución do 28 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector do transporte de mercadorías por estrada de Ourense. TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector transporte de mercadorías por estrada de Ourense (código de convenio 32...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Acordo de inscricion e publicacion para o ano 2013-2014 do Convenio colectivo de transportes de mercadoria pola estrada da provincia de Ourense e do escrito de emenda do texto do convenio do que pasa a formar parte (codigo de convenio 32000435011990) 13/03/2014 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2013 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo del sector de transportes de mercancias por carretera de la provincia de Ourense, codigo º 3200435 31/07/2010 Boletín Oficial de Ourense 01/06/2010 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de transportes de mercadorias por estrada da provincia de Ourense, codigo º 3200435 31/07/2010 Boletín Oficial de Ourense 01/06/2010 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo provincial de transportes de mercadorias por estrada da provincia de Ourense, anos 2008-2009. Codigo de convenio n.º 3200435 23/02/2008 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2008 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo provincial de transportes de mercancias por carretera de la provincia de Ourense, años 2008-2009. Codigo de convenio n.º3200435 23/02/2008 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2008 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 23 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo provincial de transportes de mercadorías por estrada da provincia de Ourense anos 2005-2006. Convenio afectado por 27/06/2005 Diario Oficial de Galicia 01/01/2005 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo de transportes de mercancias por carretera de la Provincia de Ourense. Codigo de convenio n. º 3200435 18/04/2005 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2005 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo de transportes de mercadorias por estrada da Provincia de Ourense. Codigo de convenio num. 3200435 18/04/2005 Boletín Oficial de Ourense 01/01/2005 No Vigente
C. Colectivo CONVENIO COLECTIVO DE "TRANSPORTES DE MERCANCÍAS POLA ESTRADA DA PROVINCIA DE OURENSE (CÓDIGO DE CONVENIO N.º 3200435) 28/06/2002 Boletín Oficial de Ourense 01/05/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 3 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial do transporte de mercadorías por estrada da provincia de Ourense. Convenio afectado por 18/09/2000 Diario Oficial de Galicia 01/08/2000 No Vigente
Acordo de inscricion e publicacion para o ano 2013-2014 do Convenio colectivo de transportes de mercadoria pola estrada da provincia de Ourense e do escrito de emenda do texto do convenio do que pasa a formar parte (codigo de convenio 32000435011990) (Boletín Oficial de Ourense núm. 59 de 13/03/2014)
Preambulo

Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense (2013-2014)

Convenio ou acordo: Transportes de mercancías por estrada

Expediente: 32/01/0004/2014

Data: 18/02/2014

Asunto: resolución de inscrición e publicación

Destinatario: María José de Miguel Pérez

Código de convenio número 32000435011990.

Logo de ver o texto do Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense 2013-2014 (cód. 32000435011990), que asinou con data 16/01/2014 a Comisión Negociadora, integrada, en representación da parte empresarial, polos/as designados/as pola Asociación Autónoma de Empresas de Transportes de Mercancías por Estrada (APETAMCOR) e a Asociación de Empresarios de Transportes de Mercancías, Axencias de Transporte de Carga Completa e Fraccionada de Ourense (AETRANS) e, en representación da parte social, polos/as designados pola central sindical Unión General de Traballadores (UGT) e o escrito de emenda do texto do convenio, do que pasa a formar parte, que subscribiron, o día 13/02/2014, os integrantes da mencionada Comisión, e, de conformidade co que dispón o artigo 90 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29 de marzo de 1995), o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE do 12 xuño de 2010) e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia (BOE do 28 de setembro, DOG do 19 de outubro), en materia de traballo e as demais normas aplicables do dereito común, esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense acorda:


Primeiro:

Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, que se creou mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG do 18 de novembro de 2010) e notificación ás representacións empresarial e social da Comisión Negociadora.


Segundo:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.


Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense (2013-2014)

 


Artigo 1.- Ámbito territorial e funcional

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia de Ourense para todas as empresas e o seu persoal laboral, encadradas nos seguintes apartados do Acordo xeral para empresas de transporte de mercancías por estrada e os seus grupos ou categorías profesionais correspondentes:

a) Operadores de transporte

b) Transporte de mercancías

c) Transporte de mobles e mudanzas

As normas contidas no presente convenio afectan a todos os traballadores fixos, eventuais ou temporais de calquera clase que desempeñen as súas funcións nas empresas encadradas nos apartados citados.

Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados para traballos específicos que, non tendo o carácter de fixos, interinos, eventuais ou temporais realicen o seu traballo baseado na aceptación de minutas ou presuposto.


Artigo 2.- Vixencia e duración

O presente convenio terá unha duración de dous anos, e entrará en vigor para todos os efectos o día 1 de xaneiro de 2013, ata o 31 de decembro de 2014.

Non obstante o anterior, e para evitar o baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou da de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.


Artigo 3.- Comisión Paritaria e AGA

Crearase unha Comisión Paritaria que estará integrada por cinco membros de cada unha das partes asinantes. Serán funcións específicas da Comisión Mixta as seguintes:

a) Interpretación do convenio.

b) Vixilancia do cumprimento do convenio.

c) Establecemento de procedementos para solucionar as discrepancias no seo da propia comisión.

d) Mediación e conciliación nas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio, así como, se é o caso, o sometemento das discrepancias producidas no seu ámbito aos sistemas non xudiciais de solución de conflitos establecidos mediante os acordos interprofesionais de ámbito estatal ou autonómico previstos no artigo 83 do ET.

O domicilio social da Comisión Paritaria será nas oficinas da Confederación Empresarial de Ourense sitas en Praza das Damas, n.º 1, de Ourense. Será convocada por calquera das partes, bastando para iso unha comunicación escrita na que se expresen os puntos para tratar na orde do día, así como unha proposta de data, lugar e hora para que teña lugar a reunión, a cal deberá contestarlle á outra parte nun prazo non superior a tres días. A reunión da comisión paritaria deberá ter lugar no prazo de 7 días dende a recepción da comunicación desta pola outra parte.

No suposto de que non se puidera ditar resolución por non existir acordo no seo da comisión paritaria, as partes quedarán obrigadas a someterse ao procedemento de mediación establecido no acordo interprofesional galego (AGA) sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo.


Artigo 4.- Compensación e absorción

Todas as melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude do presente convenio serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que teñan concedidas as empresas, tanto se son pagadas en metálico como en especie. Sen prexuízo da facultade de ampliar as melloras establecidas neste convenio, as empresas que lle aboen ao seu persoal salarios superiores aos esixidos regulamentariamente, non estarán obrigadas a aplicar as elevacións que se fixen nas presentes estipulacións, salvo na contía necesaria para suplir as diferenzas.

As disposicións legais futuras que impliquen variación económica dalgún ou de todos os conceptos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados e sumados aos vixentes con anterioridade ao convenio, superaran o nivel deste. No caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas.


Artigo 5.- Período de proba.

A duración máxima do período de proba, que deberá de concertarse por escrito, será de 6 meses para os técnicos titulados e de 2 meses para os restantes traballadores.


Artigo 6.- Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servizo á empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento desta, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

- Persoal titulado: 2 meses.

- Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

- Persoal subalterno, aprendices e peóns: 15 días.

O incumprimento da obrigación de avisar previamente coa referida antelación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador una contía equivalente ao importe do seu salario diario por cada día de retraso no aviso.


Artigo 7.- Contrato para a formación laboral.

Debido ás necesidades de cualificación dos traballadores do sector, a duración máxima dos contratos de formación laboral realizados aos traballadores afectados polo presente convenio será de tres anos.

Os traballadores contratados nesta modalidade, recibirán durante o primeiro ano de vixencia do contrato, as retribucións establecidas pola lexislación vixente e o tempo restante pasarán a percibir o salario da categoría profesional á que estiveran adscritos.


Artigo 8.- Contrato eventual por circunstancias da produción.

De acordo co previsto no artigo 15, 1, b) do Estatuto dos traballadores e atendendo ás especiais circunstancias do sector, a duración máxima do contrato eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será de 12 meses nun período de 18.

A dita duración máxima seralles aplicable tanto aos contratos asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio como aos xa vixentes con anterioridade.


Artigo 9.- Xornada laboral.

A xornada laboral será a establecida pola Unión Europea, recollida na normativa vixente en tempos de condución e descanso (Regulamento Europeo 561/2006).


Artigo 10.- Licenzas.

Concederanse de acordo co establecido nas disposición legais e serán:

a) 15 Días naturais en caso de casamento.

b) 2 Días en caso de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) 1 Día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado estarase ao que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

e) Os traballadores, por lactación de fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal a unha hora coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser gozado indistintamente polo pai ou a nai no caso de que ambos traballen.

f) Os que por razóns de garda legal teñan ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou a un diminuído físico ou psíquico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.


Artigo 11.- Salario.

No ano 2013 non se incrementaran os salarios e a táboa salarial de 2014, (anexo I), está formada polo salario base mensual, gratificación de actividade e gratificación de transporte. A táboa salarial para 2014 é o resultado de incrementar nun 1%, respecto dos salarios de 2011 e unha feita esta operación, ratearase a parte proporcional da paga de beneficios, sumándose ao salario base. Desaparece dende xaneiro de 2014 a paga de beneficios ao sumarse ao salario base.


Artigo 12.- Antigüidade.

O convenio colectivo non inclúe, dentro da súa estrutura salarial, o complemento de antigüidade, polo tanto, a configuración deste complemento queda establecida do modo seguinte:

Os traballadores contratados a partir do 1 de agosto de 2000 non xeran aumentos periódicos polo concepto de antigüidade. Tampouco xeran incrementos periódicos por antigüidade aqueles que, aínda que foran contratados nun momento anterior, non a tivesen adquirido ao 1 de agosto de 2000.

Aqueles traballadores que na data de entrada en vigor do presente convenio viñesen cobrando algunha cantidade en concepto de antigüidade, manterana conxelada para anos sucesivos, como complemento "ad personam", percibíndose en columna salarial independente e non sendo compensable nin absorbible con ningún outro incremento do convenio.


Artigo 13.- Gratificación de actividade.

Todos os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do convenio percibirán, en concepto de gratificación de actividade, a cantidade mensual que, de acordo coa súa categoría profesional, se fixa na táboa salarial (anexo I).


Artigo 14.- Gratificación de transporte.

Todos os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do presente convenio percibirán en concepto de gratificación de transporte a cantidade de 42,63 € mensuais, (anexo I).


Artigo 15.- Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias de 30 días de salario base e antigüidade consolidada, denominadas paga extraordinaria de xullo, e paga extraordinaria de Nadal.

A paga extraordinaria de xullo farase efectiva dentro do mes de xullo, de acordo cos salarios vixentes ao 30 de xuño inmediatamente anterior. A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva antes do 22 de decembro de acordo cos salarios vixentes ao 30 de novembro inmediatamente anterior. Ambas as dúas pagas poderán ser rateadas de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

Clasificación profesional


Artigo 16.- Principios xerais.

12.1. Clasificación profesional: a clasificación do persoal que a continuación se consigna é simplemente enunciativa e en ningún caso supón a obriga de que existan postos de traballo de todos os grupos profesionais nin de todas as categorías relacionadas, o que estará en función das necesidades de cada empresa.

As comisións negociadoras de convenios colectivos de ámbito territorial inferior que consideren conveniente calquera modificación, adición ou supresión de grupos ou categorías profesionais, en relación cos establecidos no presente capítulo, poderán formularlle á Comisión Paritaria deste acordo xeral as propostas que estimen oportunas.

A negociación colectiva sectorial de ámbito territorial inferior deberá adoptar a nova nomenclatura asignada a determinadas categorías neste II acordo xeral.

12.2. Mobilidade funcional: sen prexuízo dos seus dereitos económicos e profesionais derivados das melloras preexistentes a este acordo xeral, e con acomodo ao disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, estes están suxeitos á mobilidade funcional no seo da empresa, sen outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exercer a prestación laboral e pola pertenza ao grupo profesional. Poderá igualmente efectuarse a mobilidade funcional entre categorías profesionais que, por concorrer as circunstancias previstas no artigo 22.3 do Estatuto dos traballadores, foran declaradas equivalentes pola Comisión Paritaria deste acordo xeral.

Os traballadores que como consecuencia da mobilidade funcional realicen funcións superiores ás da súa categoría por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, poderán reclamar o ascenso á categoría correspondente ás funcións realizadas, conforme coa normativa aplicable. Terán dereito, en todo caso, a percibir as diferenzas salariais correspondentes.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles que o xustifiquen se lle encomendasen polo tempo indispensable funcións inferiores ás que lle corresponden á súa categoría profesional, o traballador terá dereito a continuar percibindo a súa retribución de orixe. Comunicaráselles esta situación aos representantes dos traballadores.

Independentemente dos supostos anteriores, os traballadores, sen menoscabo da súa dignidade, poderán ser ocupados en calquera tarefa ou cometido das do seu grupo profesional, durante os espazos de tempo que non teñan traballo correspondente á súa categoría.


Artigo 17.- Clasificación xeral.

O persoal que preste os seus servizos nas empresas incluídas no ámbito de aplicación deste II acordo xeral, clasificarase nalgún dos seguintes grupos profesionais:

Grupo I.- Persoal superior e técnico

Grupo II.- Persoal administrativo

Grupo III.- Persoal de movemento

Grupo IV.- Persoal de Servizos Auxiliares


Artigo 18.- Grupo I.- Persoal superior e técnico

Enténdese por tal o que, con propia iniciativa e dentro das normas ditadas pola dirección ou polos seus superiores xerárquicos, exerce funcións de carácter técnico e/ou de mando e organización. Non se inclúe a quen polas características do seu contrato e/ou do desempeño do seus cometidos lle corresponda a cualificación de "persoal de alta dirección". Este grupo I está integrado polas categorías profesionais que a continuación se relacionan, cuxas funcións e cometidos son os que, con carácter indicativo, igualmente se consignan.

14.1. Director de área ou departamento: é o empregado que nos servizos centrais da empresa está á fronte dunha das áreas ou departamentos específicos, se existen na súa estrutura, dependendo directamente da dirección xeral ou xerencia da empresa.

14.2. Director ou delegado de sucursal: é o que con propia iniciativa e dentro das normas ditadas pola dirección da empresa, dependendo directamente dela ou das persoas en que esta delegue, exerce funcións directivas, de mando e organización á fronte dunha sucursal.

Se é persoal xa empregado na empresa o que se promove a postos de traballo das categorías 14.1 e 14.2 que esixen a máxima confianza, non consolidarán os seus nomeamentos ata que teñan superado un período de proba como tales, cuxa duración será de seis meses.

Os que teñan consolidada algunha das ditas categorías profesionais poderán ser removidos dela en calquera momento, pasando á de titulado, se anteriormente ostentaran tal categoría, ou a de xefe de servizo, mantendo a título persoal a paga asignada á categoría da que foran removidos, se ben os complementos por cantidade e calidade de traballo e de posto de traballo serán, se é o caso, os que lle correspondan ao efectivamente desempeñado.

14.3. Xefe de servizo: é o que con propia iniciativa coordina todos ou algúns dos servizos dunha empresa ou centro de traballo de importancia.

14.4. Titulado de grao superior: é o que desempeña cometidos para cuxo exercicio se esixe ou require o título de doutor, licenciado ou enxeñeiro, en calquera dependencia ou servizo da empresa.

14.5. Titulado de grao medio: é o que desempeña cometidos para cuxo exercicio se esixe ou require o seu título académico de grao medio, en calquera dependencia o servizo da empresa.

14.6. Xefe de sección: é o que desempeña con iniciativa e responsabilidade o mando dun dos grupos de actividade en que os servizos centrais dunha empresa se estruturen, así como o que está á fronte da administración dunha sucursal ou centro de traballo de importancia, baixo a dependencia do director ou delegado desta, se existira.

14.7. Xefe de negociado: é o que, á fronte dun grupo de empregados e dependendo ou non dun xefe de sección, dirixe o labor do seu negociado, sen prexuízo da súa participación persoal no traballo, respondendo da correcta execución dos traballos do persoal ás súas ordes. Quedan clasificados nesta categoría profesional os analistas de sistemas informáticos.

14.8. Xefe de tráfico de primeira: é o que ten ao seu cargo dirixir a prestación dos servizos dun grupo de máis de cincuenta vehículos da empresa ou contratados por ela, distribuíndo o persoal e o material e as súas entradas e saídas, así como elaborar as estatísticas de tráfico, recorridos e consumo. Tanto o persoal desta categoría como o encargado xeral de operadores de transporte poden asumir, a elección da empresa, a xefatura dos centros de traballo en que non exista director ou delegado de sucursal.

14.9. Xefe de tráfico de segunda: é o que, coas mesmas atribucións e responsabilidades que o anterior, dirixe a prestación de servizos dun grupo de entre 16 e 50 vehículos da empresa ou contratados por ela, se non hai xefe de tráfico de superior categoría; no caso contrario actuará como subordinado do xefe de tráfico de primeira, independentemente do número de vehículos, coincidindo con el á fronte dalgunha quenda de traballo.

14.10. Encargado xeral: é o que, con mando directo sobre o persoal e ás ordes do director ou delegado de sucursal, se os houbera, ten a responsabilidade do traballo, a disciplina e a seguridade do persoal; correspóndelle a organización ou dirección do servizo, indicándolles aos seus subordinados a forma de efectuar aqueles traballos que se lles ordenen; debe, por tanto, posuír coñecementos suficientes para executar correctamente os cometidos que lle encomende a empresa inherentes á súa función, e para a redacción dos orzamentos dos traballos que se lle encarguen, coidando o material co obxecto de que estea disposto para o traballo en todo momento.

Tanto o persoal desta categoría profesional como o da categoría de xefe de tráfico de primeira poden asumir, a elección da empresa, a xefatura dos centros de traballo nos que non exista director ou delegado de sucursal.

14.11. Inspector - visitador de empresas de mudanzas: é o que, logo do estudo dunha mudanza ou servizo, fixa normas para a súa execución, taxando, valorando e podendo contratar o servizo e inspeccionar no seu día a súa execución, dándolle conta aos seus xefes de cantas incidencias observe, tomando as medidas de urxencia que se estimen oportunas nos casos de alteración do tráfico ou accidentes ou incidencias de calquera tipo.

14.12. Xefe de taller: esta categoría profesional inclúe aos que, coa capacidade técnica precisa, teñen ao seu cargo a dirección dun taller cuxo cadro de persoal sexa, como mínimo, de quince operarios, ordenando e vixiando os traballos que realicen tanto nas dependencias da empresa como fóra delas en caso de avaría ou accidente.


Artigo 19.- Grupo II.- Persoal administrativo

Pertencen a este grupo profesional todos os traballadores que nas distintas dependencias ou servizos da empresa realizan funcións de carácter administrativo, burocráticas e/ou de contabilidade, incluídos os traballos con medios informáticos ou ofimáticos e os de facturación, están así mesmo comprendidas as funcións de mantemento, control e atención de carácter xeral non incluídas noutro grupo profesional.

Clasifícase nas categorías seguidamente relacionadas, cuxas funcións ou cometidos son os que, con carácter enunciativo, igualmente se expresan:

15.1. Oficial de primeira: é o empregado que, baixo a súa propia responsabilidade, realiza coa mesma perfección burocrática traballos que requiren plena iniciativa, entre eles as xestións de carácter comercial, tanto na empresa como en visitas a clientes e organismos e os de xestión de tráfico ata 15 vehículos. Nos centros de traballo nos que o número de empregados administrativos non exceda de sete, pode actuar de responsable deles.

Quedan incluídos nesta categoría aqueles cuxo principal cometido sexa o de realizar traballos de programación informática.

15.2. Oficial de segunda: pertencen a esta categoría aqueles que subordinados, se é o caso, ao responsable da oficina e con adecuados coñecementos teóricos e prácticos, realizan normalmente coa debida perfección e a correspondente responsabilidade os traballos que se lles encomendan, incluídos os de carácter comercial tanto na empresa como en visitas a clientes e organismos, así como funcións de xestión do departamento de tráfico. Nos centros de traballo de ata tres empregados administrativos poden asumir a súa xefatura.

Inclúense nesta categoría profesional os traballadores cuxo principal cometido sexa o de operador de sistemas.

15.3. Auxiliar: é o empregado que, con coñecementos de carácter burocrático e baixo as ordes dos seus superiores, executa traballos que non revistan especial complexidade. 15.4. Telefonista: é o empregado encargado do manexo da central telefónica ou calquera outro sistema de comunicación da empresa, podendo asignárselle ademais cometidos de natureza administrativa e/ou de control e recepción.


Artigo 20.- Grupo III.- Persoal de movemento

Pertencen a este grupo todos os empregados que se dedican ao movemento, clasificación e arrastre de mercadorías nas instalacións da empresa ou fóra delas, incluído o mantemento dos vehículos, clasificándose nas seguintes categorías profesionais, cuxas funcións se expresan, con carácter enunciativo, a continuación:

16.1. Encargado de almacén: é o empregado, dependente ou non do encargado xeral, responsable do almacén ou unidade operativa ao seu cargo e do persoal a eles adscrito de xeito permanente ou ocasional, debendo despachar os pedidos neles, recibir as mercadorías e distribuílas ordenadamente para a súa almacenaxe, distribución ou reparto, e realizar calquera outra actividade loxística. Debe rexistrar a entrada e saída das mencionadas mercadorías, redactando e remitíndolles ás oficinas as relacións correspondentes, con indicacións de destino, procedencia e entradas e saídas que houbese.

16.2. Xefe de equipo: é o empregado que ás ordes do encargado xeral, do encargado de almacén ou do xefe de tráfico e reunindo as condicións prácticas para dirixir un grupo de obreiros e de especialistas, se ocupa da carga ou descarga de vehículos, da ordenación de recollidas e reparto e do despacho das facturacións en calquera modalidade do transporte, atendendo as reclamacións que se produzan, e dándolle conta diaria da marcha do servizo ao seu xefe inmediato; tamén realizará labores de control e vixilancia análogos aos que se indican para o encargado xeral e o encargado de almacén. Os traballadores encadrados na categoría de capataz recollida no artigo 19.6 do primeiro acordo xeral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada quedarán de xeito automático clasificados nesta categoría, substituíndo as denominacións nas táboas salariais dos convenios de ámbito territorial inferior.

O xefe de equipo de mudanzas estará, se é o caso, ás ordes do inspector - visitador e é o encargado de ordenar e supervisar a realización da mudanza, participando activamente nela, tanto en domicilios como en almacén, porto ou estación, instalando adecuadamente os accesorios para efectuar as cargas e descargas. Está encargado de cubrir os documentos e de calquera outra relacionada coa mudanza que a dirección lle encomende.

16.3. Encargado de garaxe, campas e outras dependencias: é o responsable da boa orde e seguridade das instalacións, tendo como misión o adecuado aproveitamento do espazo, o almacenamento e distribución do material e, se é o caso, a xestión da estación de servizo existente nelas.

16.4. Condutor mecánico: é o empregado que, estando en posesión do permiso de condución da clase "C + E", se contrata coa obriga de conducir calquera vehículo da empresa, con remolque, semirremolque ou sen eles, a teor das necesidades desta, axudando se se lle indica ás reparacións deste, sendo o responsable do vehículo e da carga durante o servizo, estando obrigado a cubrir, cando proceda, a documentación do vehículo e a do transporte realizado e a dirixir, se se lle esixise, a carga da mercadoría. Correspóndelle realizar os labores necesarios para o correcto funcionamento, conservación e acondicionamento do vehículo, así como os que resulten precisos para a protección e manipulación da mercadoría. Haberá de comunicarlle de inmediato ao responsable do taller, ou persoa que para o efecto sinale a empresa, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá cubrir os recorridos polos itinerarios que se fixen ou, de non estar fixados, polos que sexan máis favorables para a correcta execución do servizo.

Quedarán automaticamente clasificados nesta categoría profesional, aínda que carezan de permiso de conducir da clase "C + E", os condutores que conduzan para unha mesma empresa durante máis de 6 meses, continuos ou alternos, algún dos vehículos aos que se refire o apartado 16.6.

16.5. Condutor: é o empregado que, aínda estando en posesión do carné de conducir da clase "C + E", se contrata unicamente para conducir vehículos que requiran carné de clase inferior, sen necesidade de coñecementos mecánicos e coa obriga de dirixir, se así se lle ordena, o acondicionamento da carga, participando activamente nesta e na descarga, sen exceder con iso da xornada ordinaria; é o responsable do vehículo e da mercadoría durante a viaxe, debendo cubrir, cando proceda, a documentación do vehículo e a do transporte realizado; correspóndelle realizar os labores complementarios necesarios para o correcto funcionamento, conservación e acondicionamento do vehículo, así como as que resulten precisas para a protección e manipulación da mercadoría. Haberá de comunicarlle de inmediato ao responsable do taller, ou persoa que para o efecto a empresa sinale, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá cubrir os recorridos polos itinerarios que se lle fixen ou, de non estar fixados, polos que sexan máis favorables para a correcta execución do servizo.

16.6. Obrigas específicas dos condutores, comúns ás categorías profesionais 16.4 e 16.5. ademais das xerais de condutor, anteriormente enunciadas, que constitúen o traballo corrente, correspóndenlles as que resulten dos usos e costumes e da natureza do servizo que realicen, debendo ter a formación requirida cando se trate de mercadorías perigosas. A título indicativo relaciónanse a continuación as seguintes:

16.6.A. Cando conduza vehículos - cisterna deberá realizar respecto do seu propio vehículo os seguintes cometidos:

a) Inspeccionar o estado, limpeza e conservación das cisternas e os seus accesorios, como tubos, bocas de carga e descarga, válvulas, manómetros de presión, elevadores, calefactores, bombas de descarga e similares.

b) Empalmar e desempalmar mangueiras de carga e descarga, abrir e pechar válvulas, controlar o enchido e baleirado, incluso subindo ao alto das cisternas se iso fose necesario; e realizar a purga dos depósitos das cisternas antes de proceder á súa descarga, co fin de evitar a contaminación dos produtos nos tanques dos clientes.

c) Controlar as presións e quitar a presión utilizando as caretas e demais elementos de seguridade que se lles faciliten.

d) Se as cisternas son de gases haberá de controlar presións e comprobar, unha vez efectuada a operación de carga e/ou descarga, a estanquidade das válvulas da cisterna, así como se a cantidade cargada se corresponde cos pesos máximos autorizados.

16.6.B. Cando conduza vehículos frigoríficos deberá

a) Inspeccionar e vixiar o correcto funcionamento do equipo de produción de frío durante o transcurso do transporte.

b) Dirixir a estiba da carga de xeito que se asegure convenientemente a circulación de aire interior, cando proceda.

c) Efectuar o arrefriamento previo da caixa do vehículo antes de iniciarse a carga, de acordo coas instrucións que se lle indiquen.

16.6.C. Cando conduza camións portavehículos deberá cargar e asegurar os vehículos no camión, así como descargalos.

16.6.D. Cando conduza vehículos para transporte de áridos ou provistos de guindastre ten a obriga de realizar as operacións necesarias para a carga e descarga dos áridos e o manexo do guindastre.

16.6.E. Cando conduza vehículos de empresas de mudanzas e gardamobles colaborará activamente nos traballos propios da mudanza ou servizo que realice o vehículo que conduza.

16.7. Condutor - repartidor de vehículos lixeiros: é o empregado que, aínda estando en posesión de carné de conducir de clase superior, se contrata para conducir vehículos lixeiros. Debe actuar coa dilixencia esixible para a seguridade do vehículo e da mercadoría, correspondéndolle a realización dos labores complementarios necesarios para o correcto funcionamento, mantemento, conservación e acondicionamento do vehículo e protección deste e da carga, tendo a obriga de cargar e descargar o seu vehículo e de recoller e repartir ou entregar as mercadorías. Deberá comunicarlle de inmediato ao responsable do taller, ou persoa que para o efecto a empresa sinale, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá realizar os seus recorridos polos itinerarios que se lle fixen ou, de non estar fixados, polos que sexan máis favorables para cubrir correctamente o servizo.

16.8. Capitonista: é o empregado capaz de realizar unha mudanza, embalar e preparar, armar e desarmar, subir e baixar mobles, cadros, roupas, pianos, caixas de caudais, maquinaria e toda clase de obxectos análogos; cargar capitonés, contedores, etcétera, en domicilio, estación, porto, almacén; instalar adecuadamente os aparellos necesarios para estas cargas e descargas, podendo, do mesmo xeito, substituír ao xefe de equipo cando o caso o requira.

16.9. Mozo especializado - carreteiro: é o traballador que, ademais das funcións asignadas á categoría de axudante e/ou mozo especializado, realiza o manexo de carretillas elevadoras frontais, trilaterais e retráctiles.

O acceso á dita categoría requirirá que o traballador acredite estar en posesión do carné de operador de carretillas expedido por entidade acreditada, ter unha formación adecuada e suficiente, antes da utilización das carretillas elevadoras, así como o manexo destas como elemento cotián da súa xornada de traballo por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos. Mentres no exista carné homologado estarase ao disposto na Disposición Transitoria Terceira.

Manexará os terminais de radiofrecuencia ou calquera outro medio técnico que, coa mesma finalidade, se utilicen nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.

Aqueles convenios colectivos que xa estableceran regulación específica respecto da función ou categoría de carreteiro, manterán a dita regulación ata o seu acomodo ao aquí establecido, considerando que o traballador que pase á categoría de mozo especializado - carreteiro deixará de percibir os complementos de "carreteiro" ou similares que, se é o caso, viñera cobrando na súa anterior categoría profesional pola realización de funcións que lle corresponden á nova categoría, en virtude de convenio ou pacto colectivo ou individual, ou por simple concesión da empresa. Se o importe dos citados complementos fose superior á diferenza retributiva entre unha e outra categoría, o traballador continuará percibindo a título persoal a diferenza, ata a súa compensación e absorción polo salario da nova categoría ou no xeito que en cada ámbito se estableza.

6.10. Axudante ou mozo especializado: é o que ten adquirida unha larga práctica na carga e a descarga de vehículos e movemento e clasificación de mercadorías, realizándoos con rapidez e aproveitamento de espazo e seguridade. Manexará os terminais de radiofrecuencia ou calquera outro medio técnico que, coa mesma finalidade, se utilice nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.

Cando forme parte da dotación dun vehículo axudará ao condutor en todas as incidencias que poidan orixinarse durante o servizo e levará a documentación das mercadorías, encargándose da carga e descarga destas e da súa recollida ou entrega aos clientes, debendo entregar ao seu xefe inmediato, ao termo do servizo, a documentación debidamente cuberta. Deberá efectuar os traballos necesarios, axudando ao condutor para o correcto acondicionamento do vehículo e protección das mercadorías.

Correspóndelle, tras a preparación previa necesaria, o manexo dos aparellos elevadores, guindastres e demais maquinaria para carga e descarga de vehículos en almacén ou axencia e movemento de mercadorías nestes, salvo a descrita polo mozo especializado -carreteiro, excepto de xeito esporádico e non cotiá; é dicir, sempre que non se excedan os límites establecidos no Estatuto dos Traballadores para a reclamación da categoría superior, seis meses nun ano ou oito meses en dous anos, coa formación adecuada, en aplicación da mobilidade funcional de superior categoría.

Poderá encomendárselle que asuma a responsabilidade e o control das cargas e/ou descargas de vehículos.

Nas empresas de mudanzas estarán ás ordes dos capitonistas, realizando funcións auxiliares das destes.

16.11. Auxiliar de almacén - basculeiro: clasifícase nesta categoría ao que, ás ordes do encargado de almacén, recibe a mercadoría; efectúa a súa peaxe, etiquétaa e precíntaa ou introdúcea en contedores ou ordénaa como se lle indique. Fará o removido das mercadorías situándoas debidamente unha vez clasificadas, encargándose así mesmo de manter limpo o local e da vixilancia das mercadorías que se almacenan ou gardan nel. Manexará os terminais de radiofrecuencia ou calquera outro medio técnico que, coa mesma finalidade, se utilice nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.

16.12. Mozo: é o operario cuxa tarefa, para realizar tanto en vehículos como en instalacións fixas, require fundamentalmente a contribución de esforzo físico e atención, sen que esixa destacada práctica ou coñecemento previo, tendo que efectuar, se se lle encomenda, a recollida ou entrega de mercadorías, cuxa documentación acreditativa lle entregara ao termo do servizo a quen corresponda. Manexará os terminais de radiofrecuencia ou calquera outro medio técnico que, coa mesma finalidade, se utilicen nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.


Artigo 21.- Grupo IV.- Persoal de servizos auxiliares

Pertencen a este grupo todos os empregados que se dedican a actividades auxiliares da principal da empresa, tanto nas instalacións desta como fóra delas, clasificándose nas categorías profesionais que a continuación se expresan:

17.1. Ordenanza: é o que vixía as distintas dependencias da empresa, seguindo as instrucións que para o efecto reciba; exerce tamén funcións de información e de orientación dos visitantes e de entrega, recollida e distribución de documentos e correspondencia e outras tarefas similares, incluíndo o cobro a domicilio de facturas, sendo responsable de efectuar as correspondentes liquidacións en perfecta orde e no tempo oportuno.

17.2. Garda: ten ao seu cargo a vixilancia dos almacéns, naves, garaxes, vehículos, oficinas e demais dependencias da empresa, en quendas tanto de día como de noite. 17.3. Persoal de mantemento e limpeza: encárgase da limpeza e mantemento das oficinas, instalacións e dependencias anexas da empresa.

17.4. Xefe de equipo de taller: é o que, ás ordes directas dun xefe de taller, se o houbese, toma parte persoal no traballo, ao tempo que dirixe e vixía o traballo dun determinado grupo de operarios do taller, non superior a catorce, que se dediquen a traballos da mesma natureza ou converxentes a unha tarefa común. Pode asumir a xefatura en talleres cuxo cadro de persoal non exceda de dez operarios.

17.5. Oficial de primeira de oficios: inclúense nesta categoría a aqueles que, con total dominio do seu oficio e con capacidade para interpretar planos de detalles realizan no taller, en calquera outra dependencia da empresa ou en vehículos fóra dela, traballos que requiren o maior esmero non só con rendemento correcto, senón coa máxima economía de tempo e material.

17.6. Oficial de segunda de oficios: clasifícanse nesta categoría os que con coñecementos teórico - prácticos do oficio, adquiridos nunha aprendizaxe debidamente acreditada ou con larga práctica dela, realizan traballos correntes con rendementos correctos, podendo interpretar os planos e esbozos máis elementais.

O carpinteiro de mudanzas e gardamobles -que é o operario que prepara e realiza a embalaxe de mobiliario e confecciona as caixas ou cadres para o seu envío, realizando así mesmo os traballos de desembalaxe e os propios da mudanzaclasificarase nunha das categorías de oficial de primeira ou de segunda de oficios, en función da súa preparación profesional e da calidade do seu traballo.

17.7. Mozo especializado de taller: inclúense nesta categoría os que procedendo de peón, posuíndo coñecementos xerais dun oficio, poden realizar os traballos máis elementais deste con rendementos correctos.

17.8. Peón: é aquel cuxa tarefa require fundamentalmente a achega de esforzo físico e atención, sen que se esixa destacada práctica ou coñecemento previo. Inclúense nesta categoría os lava coches, lava camións, engraxadores, vulcanizadores e os operarios de estacións de servizo non incluídos especificamente en definicións anteriores.


Artigo 22.- Traballos de categoría superior.

Se por conveniencia da empresa se destina a un produtor a traballos de categoría superior á que teña atribuída durante un período superior a seis meses nun ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamar o ascenso, ou, en calquera caso, a cobertura da vacante. Durante o tempo de prestación do servizo o traballador percibirá a retribución da categoría á que circunstancialmente queda adscrito.


Artigo 23.- Traballos de categoría inferior.

Se por conveniencia da empresa se destina a un produtor a traballos de categoría inferior a aquela na que estea adscrito, isto só poderá ser posible pola existencia de necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade produtiva e a mobilidade non poderá prexudicar a súa formación profesional. Durante o dito período o produtor conservará o xornal correspondente á súa categoría.


Artigo 24.- Persoal con capacidade diminuída.

As empresas deberán acomodar o persoal que tivese diminuída a súa capacidade pola idade e outras circunstancias antes da súa xubilación ou retiro, destinándose a outros traballos adecuados ás súas condicións, sempre que exista praza vacante. O persoal acollido a esta situación non excederá do cinco por cento do total da categoría respectiva.


Artigo 25.- Horas extraordinarias.

Estarase ao disposto en cada momento sobre réxime de horas extraordinarias no sector do transporte.


Artigo 26.- Vacacións.

Todos os traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ao ano, destes polo menos 15 días sen interrupción, podendo non obstante, e a petición do traballador, pactarse coa empresa a forma do seu goce, logo da audiencia neste caso do comité de empresa ou delegado de persoal. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do seu comezo.


Artigo 27.- Festividade de Noiteboa.

Todo o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro a partir das 21 horas e ata as 6 da mañá do día seguinte percibirá por este día o seu salario normal incrementado no 200 por cen.


Artigo 28.- Axudas de custo.

As axudas de custo para satisfacerlle ao persoal que se desprace da súa residencia por necesidade do servizo serán:

- 35 euros por día dentro de Galicia.

- 37 euros por día no resto de España e Portugal.

- 52 euros por día no resto de Europa.

A empresa terá a facultade de asumir o pago de aloxamento e xantar do traballador en substitución das axudas de custo.

Devindicará axuda de custo enteira quen saia da súa residencia antes das doce horas e volva pasadas as cero horas.

Percibirase a axuda de custo procedente do xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das doce horas e volva despois das catorce horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea cando a saída teña lugar antes das vinte horas e a chegada despois das vinte e dúas horas.

En canto á hora do xantar e/ou cea, nos supostos en que o condutor non puidese comer nos horarios habituais do "menú do día", a empresa, logo da xustificación, aboaralle o importe do custo correspondente. Facer noite correspóndelle a quen chegue á residencia despois das cero horas.

O importe das axudas de custo non se modificará no segundo ano de vixencia.


Artigo 29.- Póliza de seguros.

As empresas establecerán para todos os traballadores unha póliza de seguros por morte e incapacidade permanente por accidente de traballo que garanta aos seus traballadores: 20.030 euros en caso de morte e de 26.040 euros en caso de incapacidade permanente. Quedan excluídos da obriga de aseguranza os supostos previstos como exclusións xerais neste tipo de pólizas.

As empresas que á data da publicación do presente convenio non dispoñan de póliza de seguro deberán subscribila no prazo máximo de 30 días a partir da súa publicación no BOP.


Artigo 30.- Carné de conducir.

Aos condutores que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela se lles retire o carné de conducir por tempo non superior a 6 meses, serán asignados durante este tempo a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servizos dos que dispoña a empresa, e seguirá percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os condutores privados do carné de conducir como consecuencia do consumo de drogas ou inxestión de bebidas alcohólicas, así como os casos nos que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir allea á empresa ou como consecuencia da comisión de delitos dolosos.

Os traballadores que no desenvolvemento da súa actividade fagan uso do permiso de conducir deberán comunicarlle á empresa calquera resolución administrativa ou xudicial firme que supoña unha perda de puntos ou a privación do permiso de condución.

De igual xeito, a empresa nos casos que sexa requirida polas autoridades competentes para a identificación da persoa traballadora que conducía un vehículo a motor co que se cometera o se puidese cometer unha infracción legal ou administrativa, porá previamente en coñecemento da persoa traballadora a comunicación recibida así como a identificación feita.


Artigo 31.- Incapacidade temporal.

No suposto de IT derivada de enfermidade común, a empresa completará a partir do vixésimo día e durante un período máximo de dous meses a percepción do cen por cen da base reguladora do traballador. E no caso de accidente laboral, a percepción será dende o primeiro día ata un período máximo de tres meses, completando a empresa ata o 100 por 100 da base reguladora do traballador. O complemento a que se refire o parágrafo anterior só poderá percibirse unha vez ao ano.


Artigo 32.- Prendas de traballo.

As empresas porán a disposición do persoal luvas para manipular ferro, materiais e obxectos que requiran a protección das mans e proverá aos que efectúen traballos á intemperie de roupas de auga e botas adecuadas.

É obrigación da empresa facilitarlles aos traballadores de movemento dúas prendas de traballo idóneas para o desempeño do seu cometido e a súa reposición no momento que sexa necesario. As citadas prendas cumprirán as condicións esixidas na Lei 31/1995 sobre prevención de riscos laborais.


Artigo 33.- Garantías sindicais.

Recoñécense as garantías sindicais conforme co establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.


DISPOSICIÓNS FINAIS

 


D.F. 1ª Procedementos de solución de discrepancias.

Ante a importancia da resolución pacífica dos conflitos laborais, as partes asinantes acordan acollerse aos procedementos vixentes en cada momento na lexislación laboral, para arranxar de maneira efectiva as discrepancias que poidan xurdir, para a non aplicación das condicións de traballo ás que fai referencia o artigo 82.3 do ET.


D.F. 2ª

No non previsto no convenio ateranse ao II Acordo xeral para as empresas de transporte de mercancías por estrada, (BOE do 29-3-2012), e no Estatuto dos traballadores.


D.F. 3ª

O convenio é asinado por UGT e pola Asociación Autónoma de Empresas de Transportes de Mercancías por Estrada (APETAMCOR) e a Asociación de Empresarios de Transportes de Mercancías, Axencias de Transporte de Carga Completa e Fraccionada de Ourense (AETRANS) en representación da parte empresarial.


ANEXO I.- Táboas salariais (2014)

Grupos: Salario base; Gratificación de actividade; Gratificación de transporte

Grupo II: Administrativo/a; 737,88; 43,86; 42,63

Grupo III: Condutor/a; 790; 98,69; 42,63

Condutor/a - repartidor/a; 790; 98,69; 42,63

Condutor/a mecánico/a; 790; 98,69; 42,63

Grupo IV:

Mozo/a taller; 737,88; 43,86; 42,63

Mozo/a almacén; 737,88 43,86 42,63


ACUERDO

APETAMCOR:

Alberto Vila G. Natividad Hermida Aurora Núñez Ansia Juan J. González Pérez

AETRANS

Cándido Caride Varela, Camilo Rodríguez González, Carlos Gómez Valencia

UGT

Serafín Alonso Álvarez, Óscar Vázquez Vázquez

Xefatura Territorial de Ourense

Servizo de Traballo e Economía Social

Expediente. 32/01/0004/2014

En relación co requirimento formulado desde esa Xefatura Territorial, para corrixir o convenio colectivo para o sector de transporte de mercadorías da provincia de Ourense, 2013-2014 (localizador MK44TF 53) reúnense os asinantes do convenio co fin de dar resposta ao requirimento formulado:

• Indicar a forma e condicións da denuncia do convenio, así como o prazo mínimo para a devandita denuncia antes de finalizar a súa vixencia, ao artigo 2 do indicado convenio engádeselle o seguinte parágrafo:

"Calquera das partes poderá denunciar o convenio con tres meses de antelación ao final da súa vixencia. A denuncia deberá formularse por escrito. De non producirse a denuncia entenderase prorrogado".

• Designar a comisión paritaria da representación das partes negociadoras,…

No artigo 3 do convenio establécese que se creará unha Comisión Paritaria, entendendo que a súa constitución se fará efectiva no momento en que sexa preciso para o cumprimento dos fins que se detallan no artigo terceiro.

• Adaptar o texto do convenio co fin de evitar calquera termo que poida levar a discriminación directa ou indirecta no acceso ao emprego ou na promoción profesional, xa que se observa que na totalidade do convenio e en especial nos artigos 18, 19, 20 e 21, e 30 se utiliza o xénero masculino non utilizando a terminación o/ela sinalar que:

A posibilidade de que a utilización de modos de expresión non sexista, garantes da presenza da muller en plano de igualdade, puidese representar unha dificultade engadida á lectura e comprensión do convenio, é polo que os asinantes declaran que toda expresión que defina unha actividade ou condición, como encargado, traballador, empresario … é empregada no sentido comprensivo das persoas de ambos os dous sexos, sendo utilizados os termos en sentido neutro e non como referencia ao sexo masculino.

• Incluír medidas dirixidas a promover a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral.

As partes asinantes deste convenio declaran a súa vontade de respectar o principio de igualdade de trato no traballo para todos os efectos, non admitíndose discriminacións por razón de sexo, estado civil, idade, raza ou etnia, relixión ou conviccións, discapacidade, orientación sexual, ideas políticas, afiliación ou non a un sindicato, ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

Os asinantes do presente convenio comprométense a traballar na implantación de políticas específicas, e por elo manifestan o seu compromiso por manter contornas laborais positivas, previr comportamentos de acoso e perseguir e solucionar aqueles casos que se produzan

APETAMCOR:

Alberto Vila G., Natividade Hermida, Aurora Núñez Ansia, Juan J. González Pérez

AETRANS

Cándido Caride Varela, Camilo Rodríguez González, Carlos Gómez Valencia

UGT

Serafín Alonso Álvarez, Óscar Vázquez Vázquez