Última revisión
22/10/2024
C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2023 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución de inscrición e publicación do Convenio Colectivo Provincial de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínicas da Coruña (Boletín Oficial de A Coruña num. 204 de 22/10/2024)
A Dirección Territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña é competente para resolver en materia de rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, segundo o disposto no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, de 14 de abril de 2024) e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, de 24 de abril de 2024), así como no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG núm. 101, de 27 de maio de 2024).
Visto o texto do convenio , e de acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro), RESOLVO:
1. Inscribir o Convenio Colectivo Provincial de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínicas da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ordenar a remisión do texto deste convenio colectivo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.
A Coruña, 17 de outubro de 2024
O director territorial
Juan José Couce Prego
Convenio Colectivo Provincial de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínicas da Coruña
Título preliminar
Reunidos, por unha parte, a Asociación Empresarial de Centros de Asistencia Sanitaria da Coruña e, por outra parte, UGT, e CC.OO., de acordo á representación adquirida, acordan:
Artigo 1. Ámbito de aplicación
Este convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña e establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre as empresas destinadas a establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta elaboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.
En todo o no regulado polo presente Convenio Colectivo aplicarase suplementariamente o Estatuto dos Traballadores.
Artigo 2. Ámbito funcional
Este convenio provincial regula as condicións de traballo entre as empresas que desenvolven a súa actividade dentro do grupo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.
Artigo 3. Ámbito temporal
A duración deste convenio será de 4 anos, do 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2026, prorrogándose automaticamente por períodos anuais, a non ser que se produza denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia do convenio ou das súas prórrogas. En todo caso, unha vez rematada a súa vixencia, este manterá en vigor o seu contido normativo, ata que sexa substituído por un novo convenio colectivo.
Os efectos do convenio entrarán en vigor dende a data da súa publicación no BOP, agás o artigo 4 relativo ao incremento salarial que ten carácter retroactivo, incluíndo os festivos especiais, os artigos que establecen efectos dende periodos concretos de vixencia que se estará a lo que regulado nos mesmos.
Artigo 4. Revisión salarial
O incremento salarial, queda como sigue:
? Ano 2023.- 3,5%
? Ano 2024.- 3,5 %
? Ano 2025.- 3,5%
? Ano 2026.- 3,5%
Aplicándose para o 2024 a subida ao mes seguinte da publicación deste convenio no BOP, co correspondente pago de atrasos. No ano 2025 e seguintes o incremento farase efectivo dende o mes de xaneiro.
Establecese una cláusula de revisión para o suposto de que o IPC real estatal a 31 de diciembre dos anos 2024,2025 e 2026 , rexistre un valor superior os incrementos pactados cada ano, ata o tope do 4%.
Garantía do SMI
Establécese, desde a publicación do convenio e ata o 31 de decembro de 2026, un novo COMPLEMENTO EQUIDADE SMI por importe de 46,30 Euros mensuais en 12 pagas (a xornada completa) para as persoas traballadoras cun salario base anual en táboas de cada ano que non alcance o SMI anual en vigor, complemento non consolidable.
Naqueles casos en que en que o pagamento do salario establecido neste convenio colectivo e as bonificacións e complementos salariais acumulados pala persoa traballadora, agás o COMPLEMENTO PLUS EQUIDADE SMI, non cheguen ao SMI establecido pala lexislación vixente anualmente, complementarase ata o SMI nun concepto COMPLEMENTO SMI, non consolidable) que se regularizará mensualmente.
Artigo 5. Vinculación á totalidade
Este convenio constitúe un todo orgánico e as partes quedan vinculadas ao cumprimento na súa totalidade. Se no proceso de homologación a autoridade competente modifica algunha das cláusulas na súa actual redacción, a comisión negociadora deberase reunir para considerar se cómpre modificación, mantendo a vixencia do resto do articulado do convenio ou se, pola contra, a modificación de tal ou tales obriga a revisar as condicións recíprocas que as partes fixen.
Artigo 6. Garantía ?ad personam?
Por seren condicións mínimas as outorgadas neste convenio, respectaranse ?ad personam? as máis beneficiosas consideradas no seu conxunto e cómputo anual.
Artigo 7. Dereitos sindicais
As empresas recoñecerán a todos os sindicatos debidamente implantados, como elementos básicos e consubstanciais para afrontaren a través deles as necesarias relacións entre as persoas traballadoras e empresarios/as, sempre que aqueles teñan unha afiliación do 15 por cento.
a) As empresas respectarán o dereito de todos as persoas traballadoras a sindicárense libremente, admitiránque as persoas traballadoras /os traballadoras/es afiliadas a un sindicato poidan realizar xuntanzas, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal das empresas.
Non poderán suxeitar o emprego dunha persoa traballadora á condición de que non se afilie ou renuncie ásúa afiliación sindical, e tampouco despedir a unha persoa traballadora ou prexudicalas de calquera outra formapor mor da súa afiliación ou actividade sindical.
Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas que dispoñan de suficiente afiliación, co fin deque esta se distribúa fóra das horas de traballo e sen que o exercicio de tal práctica poida interromper o proceso productivo.
Todos os centros dispoñerán dun taboleiro sindical, no que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións, das que remitirán copia á dirección da empresa.
b) Cota sindical.?Por requirimento das persoas traballadoras afiliadas ás centrais sindicais ou sindicatos que posúan a representación previa referida no parágrafo anterior, as empresas descontaranlle na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente. As persoas traballadoras interesadas en tal operación remitirán á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde do desconto, á central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente á que se debe transferir esta cantidade. As empresas efectuarán as ditas detraccións, agás indicación en contra, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregaralle copia da transferencia á persoa representante do sindicato.
c) Negociación colectiva.?A os cargos de relevancia nacional das centrais implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras dos convenios, mantendo a súa vinculación como persoas traballadoras en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por éstas, co fin de facilitarlles o labor como negociadores e durante o transcurso desta negociación, sempre que á empresa lle afecte a dita negociación.
d) Excedencias.?Poderá solicitar a situación de excedencia aquela persoa traballadora que posúa cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretario do sindicato respectivo e nacional en calquera das súas modalidades. Permaneceráen tal situación mentres estexa no exercicio de dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no prazo dun mes, ó rematar o desempeño deste. En empresas cun cadro de persoal superior a 50 persoas traballadoras, as persoas afectadas polo remate da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que, do seu grupo profesional, se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contra.
e) Asembleas.?O número de asembleas de persoal que se poderán realizar nas condicións previstas que se establecenno artigo 78 do Estatuto dos Traballadores será de seis (6) ao ano, podendo distribuírse as datas da súa celebración naforma que aqueles consideren máis conveniente. O disposto no parágrafo anterior entenderase sen prexuízo do que estableceo último parágrafo do devandito artigo 78.
Artigo 8. Comité de empresa
O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto das persoas traballadoras na empresa ou centro de traballo para a defensa dos seus intereses.
Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselles aos comités de empresa as seguintes funcións:
A) Seren informados pola dirección da empresa:
a) Trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ao que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.
b) Anualmente, coñecerán e terán á súa disposición o balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa revista forma de sociedade por accións ou participación, cantos documentos se lles dean a coñecer ás persoas asociadas.
c) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións e as reduccións do cadro de persoal, e sobre os plans de formación profesional da empresa.
d) En función da materia de que se trate:
1) Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.
Estudios de tempo, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.
2) Sobre a fusión, absorción ou modificación do ?status? xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidenciaque afecte ó volume do emprego.
3) A empresa facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas, segundo a lexislación vixente, entre a empresa e, seé o caso, a autoridade laboral competente.
4) Sobre sancións impostas por faltas moi graves, e en especial, en supostos de despedimento.
5) No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermedades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.
B) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:
a) Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ós pactos, condiciónsou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas entre a empresa e os organismosou tribunais competentes.
b) A calidade da docencia e da efectividade desta nos contratos de formación e capacitación da empresa.
c) As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.
C) Colaborar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas pola empresa, en beneficio das persoas traballadoras ou da súa familia.
D) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade na empresa.
E) Recoñécese ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relacionado co ámbito das súas competencias.
F) As persoas que integran o comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referenteás letras a) e c) do punto A) deste artigo, aínda despois de deixaren de pertencer ó comité de empresa e en especialen todas aquelas materias sobre as que a dirección da empresa sinale expresamente o carácter reservado.
G) O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdades de sexo e fomento dunha política racional de emprego.
Artigo 9. Garantías sindicais
a) Ningunha persoa que forme parte do comité de empresa ou que sexa delegado ou delegada de persoal poderá ser despedido ou despedida nin ser sancionado ou sancionada durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ao seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, e sempre que o despedimento ou a sanciónse basese na actuación da persoa no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente contradictorio, no queserá oído, a parte da persoa interesada, o comité de empresa ou representantes delegados ou delegadas de persoal, ou delegados ou delegadas do sindicato ó que pertenza, no suposto de estar recoñecido como tal na empresa.
Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores e traballadoras, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.
b) Non poderán ser discriminadas na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño dasúa representación.
c) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturbalo normal desenvolvemento do proceso produtivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo isto previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legalvixente para tal efecto.
d) Dispoñerán dun crédito de horas mensuais retribuídas cada unha das persoas do comité ou delegados e delegadasde persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas reunións de representación, de acordo coa seguinte escala:
Traballadores/as Horas
Ata 100 traballadores/as 15
De 101 a 250 traballadores/as 20
De 251 a 500 traballadores/as 30
De 501 a 750 traballadores/as 35
De 751 traballadores/as en adiante 40
Non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre este mesmo se produza con motivo da designación de delegados/as de persoal ou persoas que formen parte do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados/as e, polo que se refire á celebración de sesións oficiais,a través das cales transcorran tales negociacións, e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.
e) Sen superar o máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas das que dispoñen os membros do comité de empresa ou persoas que son delegadas de persoal, co fin de prever a asistencia destas persoas a cursos de formación ou outras actividades.
f) O total de horas retribuídas dos membros do comité de empresa a que se refire a letra d) poderase acumular paraseren disfrutadas por un ou varios dos seus compoñentes sen superar o máximo total, sempre que medie acordo ó respectodo comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación ó mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral desta.
Artigo 10. Clasificación profesional
O persoal a que se refire este convenio será clasificado nos grupos e subgrupos que figuran no anexo I, capitulo I seccion primeira a deste convenio.
Tales grupos profesionais teñen carácter acumulativo e non implican a obriga de ter provistas todas elas se a necesidade ou volume do centro non o regulasen.
Cando a persoa traballadora realice funcións superiores ás do seu grupo profesional, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar o ascenso. Así mesmo, terá dereito á diferencia retributiva entre o seu grupo profesional e a función que efectivamente realice.
Artigo 11. Contrato de traballo
O contrato de traballo efectuarase por escrito.
Deberán constar por escrito os contratos formativos, temporais e os contratos a tempo parcial. De non se cumprir tal esixencia, consideraranse efectuados por tempo indefinido.
En todo caso, calquera das partes poderá esixir que o contrato se formalice por escrito, mesmo no transcurso da relación laboral.
Artigo 12. Período de proba
Os ingresos que se acollan na empresa enténdense realizados a título de proba, a cal rexerase pola seguinte escala:
Técnicos titulados: seis meses
Resto do persoal, agás non cualificados: un mes.
Persoal non cualificado: 14 días laborais.
Ao persoal que supere o período de proba seralle recoñecida como data de antigüidade a de ingreso na empresa. En todo caso, o persoal en período de proba terá dereito á retribución e demais beneficios correspondentes a súa categoría.
Durante o período de proba, ámbalas dúas partes poderán rescindir o contrato sen previo aviso e sen que teña por isto dereito a reclamación ou indemnización algunha.
Artigo 13. Ascensos
Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións e dereito de preferencia a cubrir as vacantes existentes en calquera dos grupos profesionais destas.
Os ascensos efectuaranse coas condicións seguintes:
a) Titulación axeitada.
b) Coñecemento do posto de traballo.
c) Entrevista persoal.
d) Superar satisfactoriamente as probas que propoña a empresa, as cales se axeitaran ó posto de traballo que se vaia desempeñar.
Artigo 14. Licenzas
A persoa traballadora, logo de aviso previo e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración polos motivos e tempos seguintes:
a) Quince días naturais por casamento o rexistro de parella de feito
b) Dous días por casamento de fillas ou fillos
c) Un día por casamento de irmás, irmáns, cuñadas e cuñados.
d) Sete días en caso de falecemento: do cónxuxe, de fillos/as de calquera dos cónxuxes.
e) Seis días en caso de falecemento de pais, nais de calquera dos cónxuxes.
f) Un día por casamento de pais ou nais.
g) Dous días por falecemento, de parentes ata o 2.º grado de consanguinidade ou afinidade, ampliándose a catro cando a peresoa traballadora necesite facer un desprazamento a tal efecto. Nos supostos nos que o falecemento sexa de irmáns, irmás, cuñados e cuñadas o permiso será de cinco días. No caso unicamente de falecemento de tíos, tías, sobriños, sobriñas e curmáns que vivan no mesmo domicilio dous días, se non un día.
h) Cinco días por accidente o enfermedad graves, hospitalización o intervención quirúrgica sin hospitalización que precise reposo domiciliario del cónyuge, pareja de hecho o parientes hasta el segundo grado por consanguineidad o afinidad, incluido el familiar consanguíneo de la pareja a de hecho, así como de cualquier otra persona distinta de las anteriores, que conviva con la persona trabajadora en el mismo domicilio y que requiera el cuidado efectivo de aquella.
No suposto de familiares ata segundo grado de consanguineidad o afinidad poderase ampliar ata sete días cando por tal motivo a persoa precise facer un desprazamento para tal efecto.
i) Un día, ampliable a dous, por traslado de domicilio.
j) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal, inescusable.
k) Polo tempo indispensable, debidamente xustificado, para someterse a exames en centros de ensino.
l) Tres días de libre disposición a o ano para todo o personal, a disfrutar de común acordo coa dirección da empresa que non se poden acumular ás vacacións e quedando excluídos os períodos de máis actividade da empresa para o seu disfrute, debendo de solicitalo a lo menos 7 días naturais de antelación, salvo en caso de urxencia xustificada que podrá realizalo con 4 días de antelación.
Cando unha persoa traballadora solicite o disfrute dos días de libre disposición en forma e tempo estabrecido, de non ter resposta en 4 días naturais da empresa por escrito entenderase concedida a petición, salvo en casos de urxencia en que o prazo redúcese a dous días naturais.
Se por causas organizativas a empresa non puidera conceder o día de libre disposición solicitado, deberá de garantir que a persoa traballadora, en caso de estar interesado, poda desfrutar do mesmo dentro dos catro meses seguintes a solicitude efectuada.?
m) Polo tempo indispensable para a realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, debidamente acreditadas do propio traballador.
n) 16 horas anuais para acompañar os fillos/as menores de 18 anos e os país e nais que estén o seu cargo (entendese que dase este suposto cando convivan coa persoa traballadora e teñan reconocido un grado de dependencia por la Xunta de Galicia, circunstancia que deberá acreditar a persoa traballadora que queira disfrutar do dereito), para acompañalos na realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, así como para asistir as titorías dos fillos/as debidamente acreditadas, necesitándose nestos casos solicitar o disfrute con un preaviso mínimo de 48 horas.
E demáis permisos recollidos no E.T.
Artigo 15 . Vacacións
Establecese un período de vacacións para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, que comprenderá 30 días naturais retribuídos conforme á media obtida pola persoa traballadora, por tódolos conceptos, en xornada normal,nos tres meses anteriores á data de iniciación destas.
Os departamentos de persoal dos diferentes centros estudiarán, sempre que as necesidades así o permitan, establecelo período vacacional e de forma rotatoria entre os meses de xuño a setembro, ambos incluídos.
En todo caso, e con independencia do punto anterior, as vacacións colleranse preferentemente no período de maio a outubro e en quendas rotatorias por servicios.
Artigo 16. Excedencias
Por coidado de fillos e familiares
As persoas traballadoras terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo ou filla, tanto cando sexa por naturaleza, como por adopción ou acollemento persoal.
Este dereito concédese tamén para atender ao coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade,que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.
A persoa que exerza este dereito poderá renunciar ó mesmo e pedir o reingreso na empresa solicitándoo por escrito. A reincorporación farase efectiva dentro dos trinta días seguintes á súa solicitude de reincorporación.
O período no que a persoa permaneza en situación de excedencia por algún dos motivos expostos neste apartado terá dereito á conservación do cómputo de antigüidade e á reserva do seu posto de traballo.
Cando a excedencia sobrepase os dous anos deberá de acreditarse non ter traballado noutra empresa da competencia mediante un informe de vida laboral.
Forzosa
Este tipo de excedencia concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistenciaao traballo, e dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. Tamén poderán exercer este dereito aquelas persoas que posúa cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretario do sindicato respectivo o nacional en calquera das súas modalidades, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo, dacordo co indicado no apartado d), artigo 7.º deste convenio.
O reingreso na empresa, comunicarase con cinco días de antelación, e producirase en calquera caso dentro do mes seguinte ó cese no cargo.
Voluntaria
A persoa con alomenos unha antigüidade dun ano na empresa ten dereito a que se lle recoñeza, por motivos particulares,a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a catro meses e non maior a cinco anos. A petición da excedencia será resolta pola empresa no prazo máximo dun mes, a partir da data de presentación da solicitude.
Este dereito só poderá ser exercitado outra vez pola mesma persoa se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.
Solicitando o reingreso en tempo hábil, se non existisen prazas vacantes da súa categoría, a persoa traballadora excedente poderá ocupar unha vacante de categoría inferior á que antes desempeñaba, respectándose as condicións laborais e correspondentesá nova categoría, e conservando o seu dereito preferente a ocupar a primeira vacante que se produza na categoría ordinaria.
Terán dereito tamén a unha licenza non retribuída, non inferior a un mes e non superior a catro, con dereito á reserva do posto de traballo cuxo goce poderá pospoñerse por necesidades do servizo e non coincidirá co período vacacional. Agásno caso de hospitalización prolongada por accidente, enfermidade ou enfermidade grave que implique repouso domiciliario,acreditado por prescripción facultativa, do cónxuxe ou parentes de ata primeiro grao.
Será necesario acreditar o grao de parentesco e haberá que xustificar a denegación do permiso na data solicitada.
En todos os supostos recollidos no presente apartado facúltase á empresa para formalizar contrato de interinidade para cubrir o posto do traballador/a con reserva de posto de trabajo.
Artigo 17. Protección á maternidade e lactación
Protección á maternidade
As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto (en centros públicos e privados), previo aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Este permiso será extensible ó tempo necesario para asistir á realización de tratamentos de reprodución asistida.
O Cónxuxe ou parella de feito terá dereito a un permiso retribuído para acompañar á parella, no caso de realización de exames prenatais ou técnicas de preparación ó parto e tratamentos de reprodución asistida, sempre e cando estea xustificada a necesidade de realización dentro da xornada de traballo
Lactación
Este permiso constitúe un dereito individual das persoas traballadoras, homes e mulleres, pero só poderá limitarse su exercicio simultaneo por razons fundadas e obxectivas de funcionamento da empresa, debidamente motivadas por escrito, debendo en tal caso a empresa ofrecer un plan alternativo que asegure o disfrute de ambas persoas traballadoras e que posibilite o exercicios dos dereitos de conciliación.
Por lactación dun fillo ou filla menor de 12 meses, a persoa terá dereito a unha hora de ausencia de traballo, que poderá dividir en dúas fraccións de media hora cada unha. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen. No caso de nacementos múltiples, cada fillo/a dará lugar a un novo dereito.
Igualmente, poderase substituír o tempo de lactación, a vontade da persoa traballadora, por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, nun total de 19 días laborais despois do gozo do permiso de maternidad No caso de nacemento múltiple, cada fillo/a dará lugar a un novo dereito.
Artigo 18. Salario base
O soldo base é o que consta para cada categoría profesional na táboa salarial anexa a este convenio.
Non existirá ningunha diferencia salarial en igual prestación de servicios por razón de xénero.
Artigo 19. Complemento persoal de antigüidade
Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, por este concepto, un cinco por cento do salario base por cada tres anos de servicio na empresa. A data inicial para o cómputo da antigüidade será a de ingreso na empresa.
O importe de cada trienio comezará a retribuírse dende o día 1 do mes seguinte o seu vencemento.
En caso de que as persoas traballadoras con contrato en en formación prácticas ou de formación continuasen ó servicio da empresa ó remataren aquelas, computaráselle o tempo traballado en virtude de tales contratos para os efectos de antigüidade.
Artigo 20
1. Complemento de traballo nocturno.?Este complemento consistirá no 25 por cento do salario base. Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22.00 horas e as 6.00 do día seguinte. Se o tempo traballado dentro do período nocturno fose inferior a tres horas, aboarase exclusivamente sobre as horas traballadas.
2. Plus de festivos.?Abonarase dende o ano 2025 a cantidade de 20 Euros, (a maiores do salario base día), por cada festivo traballado.
3.- Plus día 24 decembro.- As persoas traballadoras que presten servicio nos turnos de tarde e noite do día 24 de decembro cobrarán o plus por importe de:
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
4.- Plus día 25 decembro.- As persoas traballadoras que presten servicio nos turnos de mañá e de tarde do día 25 de decembro cobrarán o plus por importe de
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
5.-Plus día 31 decembro.- As persoas traballadoras que presten servicio nos turnos de tarde e noite do día 31 de decembro cobrarán o plus por importe de
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
6.-Plus día 1 xaneiro.- As persoas traballadoras que presten servicio nos turnos de mañá e de tarde do 1 de xaneiro cobrarán o plus por importe de
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
7.-Plus día 5 xaneiro.- As persoas traballadoras que presten servizos nas quendas de tarde e noite do día 5 de xaneiro cobrarán o complemento por importe de:
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
8.-Plus día 6 xaneiro.- As persoas traballadoras que presten servicio nos turnos de mañá e de tarde do día 6 de xaneiro cobrarán o plus por importe de
Ano 2023: 30 Euros
Ano 2024: 40 Euros
Ano 2025: 50 Euros
Ano 2026: 60 Euros
9.- Plus domingos. Dende a publicación do presente convenio colectivo, as persoas traballadoras que presten servicios efectivos en domingos, que non sexan festivos ni festivos de especial significación, cobrarán en cocnepto de complemento o importe de 10 Euros.
Artigo 21. Complemento de especialidade, toxicidade, perigosidade e penosidade
Por mor da maior toxicidade, perigo e penosidade, establécese un complemento retributivo para todo o persoal dos establecimientos sanitarios (con o sin interna mento, como poden ser as clínicas o consultorios) que desempeñe traballos nalguna das seguintes seccións o departamentos: quirófanos, radioelectroloxía, radioterapia,medicina nuclear, citostáticos, laboratorio de análise, unidade de coidados intensivos, hemodiálise, anatomía patolóxica.
A contía do complemento será do 15 por cento do salario base.
Para ter dereito a percepción deste complemento será preciso que a dedicación do productor ó posto de traballo teña carácter exclusivo ou preferente, e en forma habitual ou continuada. Considerarase como continuada a dedicación nas actividades penosas, tóxicas e perigosas nun horario superior a media xornada.
Cando o destino ó posto non teña carácter habitual e continuado, só se percibirá o complemento en razón dos días en que se desempeñen labores no dito posto e calquera que sexa o número de horas de dedicación a este durante a xornada.
Este complemento percibirase única e exclusivamente mentres a persoa desempeñe a praza ou posto cualificado, e non supoñerá a consolidación persoal do dereito cando a persoa que o veña percibindo sexa destinado a posto de traballo ou cualificado como de especialidade.
As empresas comprométense a adoptar as medidas oportunas para reducir no posible a toxicidade, perigosidade e penosidade no desempeño da prestación polas persoas traballadoras.
Artigo 22. Gratificacións extraordinarias
a) Unha paga extraordinaria polo 15 de xullo e outra de Nadal, sendo o importe da cada unha delas dunha mensualidade do salario base máis a antigüidade, que se fará efectiva nos días hábiles inmediatamente anteriores a estas datas.
b) Unha gratificación anual en concepto de premio de vinculación ou permanencia por importe dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se cobrará durante o mes de outubro.
Artigo 23. Horas extraordinarias
A iniciativa do traballo en horas extraordinarias correspóndelle á empresa e a libre aceptación da persoa traballadora.
Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento do 75 por cento sobre o salario que correspondese a cada hora ordinaria.
Ámbalas dúas partes acordan a conveniencia de reduciren ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:
a) Horas extraordinarias habituais: supresión.
b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como de risco de perda de materiais e materias primas: realización.
c) Horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade de que se trata: mantemento, sempre que non caiba utilización das distintas modalidades da contratación temporal ou parcial establecidas pola Lei.
Artigo 24. Xornadas de traballo
A xornada de traballo para as empresas e persoas traballadoras afectadas por este convenio será de:
Ano 2024: 1.776 horas anuais (dende a publicación do convenio colectivo, polo que se trataría da parte proporcional da xornada ata fin de ano).
Ano 2025: 1.766 horas anuais.
Ano 2026: 1.756 horas anuais
A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de corenta horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, co límite máximo acordado para cada ano, computándose o tempo de descanso (bocadillo) de 15 minutos como traballo efectivo.
Como mínimo gózase dun fin de semana libre cada 4 semanas.
Establecerase a xornada continuada durante os meses de xullo, agosto e setembro para todas as persoas traballadoras afectadas por este convenio, coa excepción de que aquelas persoas que traballen en consultas e naqueles servizos que, por unhas especiais características e co actual cadro de persoal, non permitisen aquela implantación, caso no que estas persoas serán compensadas cun día libre en cada un dos devanditos meses con independencia do legalmente establecido.
No caso de non existir acordo entre as partes, as súas discrepancias someteranse ó dictame da comisión paritaria.
Correspóndelle á empresa a fixación dos horarios de acordo coas necesidades do servicio, debendo entregar o calendario laboral a representación legal das persoas traballadoras no primeiro mes de cada ano.
Flexibilización de xornada
O persoal con fillas ou fillos menores de 12 anos, ou con familiares con dependencia debidamente acreditada, terán dereito a solicitar a flexibilización da xornada de traballo, a distribución do horario deberá ser acordada entre a persoa que o solicita e o empresario.
Naqueles servizos nos que por causas organizativas non sexa posible flexibilizar o horario, a dirección comprométese a comunicar con carácter preferente unha vacante nun posto de traballo de similar categoría que si o permita ou favorecer a permuta entre distintos postos de traballo sempre que se cumpran uns requisitos prestablecidos e as dúas persoas estean de acordo.
Notificarase ao comité de empresa por parte da dirección os casos nos que se produzan estas flexibilizacións de xornada atendendo ós aspectos de confidencialidade que marca a Lei orgánica de protección de datos.
Reducción de xornada
A persoa traballadora que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de doce anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial acreditada, que non desempeñe actividade retributiva, terá dereito á unha reducción da súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do seu salario, entre un mínimo de un octavo e un máximo da metade da xornada habitual que viñera desenvolvendo durante o último ano.
Artigo 25. Voluntariedade de noites
O persoal maior de 55 anos con máis de 15 anos de antigüidade na empresa poderá solicitar por escrito perante o Departamento de Recursos Humanos a renuncia voluntaria á realización de quendas de noites. A dirección da empresa comprométese a comunicar por escrito, e con carácter preferente ás persoas interesadas en renunciar voluntariamente á realización de noites, calquera vacante ou praza de nova creación que se produza na empresa e que se adapte ás actitudes e aptitude da persoa que o solicita, e que teña como principal característica o feito de non ter que realizar quendas denoite.
Artigo 26. Saúde e seguridade no traballo
De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, así como nas lexislacións sucesivas que a complementan e desenvolven, os traballadores/as teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber das empresas na protección dos traballadores/as ao seu servizo fronte aos riscos laborais. Os dereitos de información, consulta e participación en materia preventiva, paralización da actividade en caso de riscos graves e inminentes e vixilancia do seu estado de saúde, nos termos previstos na citada Lei, forman parte do dereito dos traballadores/as a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
En cumprimento do deber de protección, as empresas deberán garantir a seguridade e a saúde dos traballadores/as ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo. A estes efectos, no marco das súas responsabilidades, as empresas realizarán a prevención dos riscos laborais mediante Plan de Prevención de Riscos Laborais, avaliación dos riscos e planificación da actividade preventiva, así como implantando e implementando a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos traballadores/as, como vén recollido nos termos establecidos en capítulos III, IV e V, da Lei 31/1995, 8 de novembro, de Prevención de riscos laborais e nas sucesivas normas que a desenvolven e complementan.
Igualmente, a empresa está obrigada a garantir unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada nesta materia, durante a xornada de traballo ou descontando o tempo investido nela (Art. 19 LPRL). Corresponde a cada traballador/a velar, segundo as súas posibilidades e mediante o cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas, pola súa propia seguridade e saúde no traballo e pola daqueloutras persoas ás que poida afectar a súa actividade profesional, por mor dos seus actos e omisións no traballo, de conformidade coa súa formación e as instrucións do empresario.
Prendas de traballo e uniforme
As empresas facilitaranlle a todo o persoal o vestiario que este precise (zocos, batas, medias, buzos, etc.), que será renovable cando se precise, pero non poderá superar un ano. De igual xeito, o persoal que realice traballos especiais será dotado de pezas especiais: luvas, batas, etc.
Sen prexuízo da debida atención e coidado da roupa a que se refire este artigo por parte de cada unha das persoas traballadoras, o lavado e pranchado desta realizarase na empresa e por conta desta.
Revisións médicas
Naqueles postos de traballo con especial risco de enfermidade (contaxios, infeccións, etc.) farase revisión médica, polomenos, semestralmente. Ó resto do persoal faráselle a dita revisión cando menos, unha vez ó ano. En caso de efectuar a revisión fóra das horas de traballo, o tempo empregado non será retribuído.
O recoñecemento aludido levarao a cabo un facultativo elixido pola persoa traballadora entre o persoal adscrito á empresa, co debido control por parte do comité de empresa.
O resultado de revisións médicas a que se refire este artigo farase constar nas oportunas fichas de cada persoa traballadora, debéndose remitir correspondente informe ao comité de empresa, a pedimento da persoa traballadora interesada.
Artigo 27. Premios de xubilación
Concederáselles un premio ás persoas que se xubilen antes dos 64 anos, de acordo coa seguinte táboa:
Xubilación ós 60 anos cumpridos: 3.606,07 Euros.
Xubilación ós 61 anos cumpridos: 3.005,06 Euros.
Xubilación ós 62 anos cumpridos: 2.404,05 Euros.
Xubilación ós 63 anos cumpridos: 1.803,04 Euros.
Artigo 28. Persoal con capacidade diminuída
Polo que atinxe ó persoal con capacidade física diminuída, non será este un motivo para que este persoal non poida optar a un posto de traballo axeitado ás funcións que poida desempeñar.
Artigo 29. Complemento de incapacidade transitoria
Nos supostos de baixa por I.T. as empresas aboarán ao traballador/traballadora, a partires do primeiro día de baixa,por esta continxencia, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Seguridade Social e a Mutua de Accidentesde Traballo, co salario que a persoa traballadora teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización.
Artigo 30. Violencia de xénero
A traballadora vítima de violencia de xénero que se vexa obrigada a abandonar o posto de traballo na localidade onde viña prestando os seus servizos, para facer efectiva a súa protección ao seu dereito á atención social integral, terá dereito a ocupar outro posto de traballo, do mesmo grupo profesional, que a empresa teña vacante en calquera outro dos seus centros de traballo. En tales supostos, a empresa estará obrigada a comunicar á persoa traballadora as vacantes existentes nese momento ou as que se poidan producir no futuro.
O traslado ou o cambio de centro de traballo terá unha duración inicial de seis meses, durante os cales a empresa terá a obriga de reservar o posto de traballo que anteriormente ocupaba a persoa traballadora. Terminado este período, a persoa traballadora poderá optar entre o regreso ao seu posto de traballo anterior ou a continuidade no novo. Neste último caso, decaerá a mencionada obriga de reserva.
A persoa traballadora vítima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa protección ao seu dereito á atención social integral, á redución da xornada de traballo con diminución proporcional do salario ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo de traballo que se utilicen na empresa.
O contrato de traballo poderá suspenderse por decisión da persoa traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero. O período de suspensión terá unha duración inicial que non poderá exceder de seis meses, salvo que das actuacións de tutela xudicial resultase que a efectividade do dereito de 2 protección da vítima requirise a continuidade da suspensión. Neste caso, o órgano xudicial poderá prorrogar a suspensión por períodos de tres meses, cun máximo de dezaoito meses. Non se computarán como faltas de asistencia, aos efectos do previsto no artigo 52 d) do Estatuto dos Traballadores as ausencias motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero As accións de formación poderán incluír accións positivas respecto ao acceso á formación das persoas traballadoras vítimas de violencia de xénero.
A traballadora que sofre violencia de xénero poderá exercer os dereitos de carácter laboral previstos se acredita tal situación ante a empresa mediante calquera das formas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: certificación da orde de protección ou da medida cautelar, sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero, certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios, ou dos servizos de acollida da Administración pública ou autonómica ou local, informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, informe da inspección de traballo e da seguridade social, ou calquera outra que se estableza regulamentariamente. Ademais, a condición de vítima de violencia de xénero deberá ser coñecida de forma fehaciente pola dirección da empresa.
Artigo 31. Atencións sociais
A comisión paritaria do convenio estudiará a posibilidade de integrar o persoal do sector en calquera economato laboraldos existentes ou de nova creación, ou cooperativa de consumo ou institución similar, tan axiña como sexa posible, asícomo das condicións da súa integración.
O anterior non afectará ao persoal que está integrado nalgún dos establecementos citados.
As empresas darán facilidades nas quendas a todas aquelas persoas traballadoras que estean realizando estudios.
Recoméndaselles a tódalas empresas o estudio para establecer un seguro de responsabilidade civil para todo o persoal afectado por este convenio.
Artigo 32. Permiso de formación
20 horas anuais destinadas a formación para cursos homologados oficialmente cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo.
Artigo 33. Comisión paritaria
Establecese a comisión mixta paritaria do convenio como órgano encargado da administración, interpretación, aplicacióne vixilancia do cumprimento do convenio colectivo que permite ás partes asinantes do mesmo manter unha fluidez na comunicación e dar cumprida resposta aos conflitos que poidan xurdir na interpretación e aplicación dos artigos doconvenio.
A comisión estará integrada polos seguintes membros:
Tres vogais pola representación sindical asinante do convenio.
Tres vogais pola representación empresarial asinante do convenio.
A comisión mixta paritaria axuntarase con carácter ordinario no primeiro trimestre do ano a partir da sinatura do convenio,e con carácter extraordinario a petición de calquera das partes.
Son funcións da comisión paritaria, entroutras as seguintes:
A recepción de notificación dos acordos de inaplicación das condicións de traballo.
A resolución, no prazo máximo de sete días, das discrepancias xurdidas na obtención destes acordos se así o solicitaunha das partes.
A resolución de calquera dúbida da interpretación, aplicación e vixiancia do cumprimento do convenio colectivo.
A interpretación preceptiva e previa á tramitación xudicial ou extraxudicial de conflitos colectivos de interpretación.
A comisión paritaria velará asemade polo cumprimento do convenio coa finalidade de garantir a competencia leal entreas empresas do sector.
A comisión paritaria terá o seguinte enderezo: paritaria.sanidade.coruna@gmail.com
Artigo 34. Solución extraxudicial de conflitos laborais
Ante a importancia que ten a resolución pacífica dos conflitos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederaciónde Empresarios de Galicia e as Centrais sindicais CIG, CC.OO., e UGT, as partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia acordan someterse para calquera tipo de interpretación do mencionado convenio ás fórmulas articuladas do AGA.
Artigo 35. Seguro de responsabilidade civil
As empresas contarán cun seguro de responsabilidade civil.
Artigo 36. Réxime disciplinario
Establécese un réxime disciplinario para todas as empresas que figura no anexo II deste convenio.
Artigo 37. Plans de igualdade e oportunidade e non discriminación
De acordo co establecido na Lei 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, , as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, adoptarán medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que negociarán e, no seu caso, acordarán, coa representación legal dos traballadores/as, na forma que se determine na lexislación laboral vixente.
Disposición Adicional
As partes asinantes deste convenio comprométense a facilitar a negociación dun convenio colectivo a nivel autonómico.
Anexo I. Clasificación profesional
(ANEXO OMITIDO. Consultar PDF de publicación)
TABOAS SALARIAIS
(TABOAS OMITIDAS. Consultar PDF de publicación)
