Auto Civil Nº 103/2011, A...yo de 2011

Última revisión
12/05/2011

Auto Civil Nº 103/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3440/2009 de 12 de Mayo de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Mayo de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 103/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011200056

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:617A

Resumen:
OTRAS MATERIAS OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00103/2011

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389 Fax : 986817387

Modelo : 18015

N.I.G.: 36038 37 1 2009 060213

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0003440 /2009

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0001375 /2008

RECURRENTE : Guillermo

Procurador/a : ROSA CAMBA GARCIA

Letrado/a : CAMILO CARRAL RODRIGUEZ

RECURRIDO/A : Oscar

Procurador/a : JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO

Letrado/a : M. LUISA PARDAVILA PAZOS

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es. Magistrado/s: D. Julio Picatoste Bobillo,

Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabares, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO NUM.103/2011

En Vigo, doce de maio de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuizo Ordinario 1375/2008, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 3440/09, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Guillermo , representada polo/a procurador/a D./D.ª Rosa Camba García e asistida do/da letrado/a D./D.ª Camilo Carra Rodríguez, e como parte contra a que se apela e demandada D./D.ª Oscar , representada polo/a procurador/a D./D.ª José Francisco Vaquero Alonso e asistida polo/a letrado/a D./D.ª M. Luis Pardavila Pazos. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 5/6/2009, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva: Apreciando la excepción de litispendencia se acuerda el archivo del presente procedimiento, dejando sin efecto el señalamiento de la vista."

Segundo: Contra o dito auto , o/a Procurador/a D./D.ª Rosa Camba Garcia , en representación de D./D.ª Guillermo , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos , consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro.- Un exame das actuacións por parte deste tribunal permite afirmar sen temor a errar que nos atopamos ante un suposto de litispendencia impropia ou por conexidade, coincidindo nós coa apreciación, que nese senso, realiza realmente a xulgadora a quo, pero , contrariamente, non compartimos a solución - certamente traumática- adoptada por esta última,de arquivo do proceso ordinario iniciado.

En efecto , e en primeiro termo, non estamos ante un caso de litispendencia propiamente dita ou de plena identidade, subxectiva e obxectiva, entre os dous procesos ordinarios, pois existindo coincidencia entre os litigantes, e incluso na calidade na que litigan, ao figurar o Sr. Guillermo como parte actora, e o Sr. Oscar como demandado , respectivamente, nos dous preitos, e estando a orixe das súas pretensións (ao igual que ás do denamnadado, feitas valer neses dous litixios polos canles da compensación e da reconvención) no contrato de arrendamento de obra celebrado entre os contendentes , as pretensións do demandante son nidiamente diversas, tanto cualitativa como cuantitativamente, e consistentes, por decilo de xeito resumido, nas sumas respectivas de 17.280 ,50 e 22.502,10 euros, e polas partidas, igualmente diferentes, no primeiro suposto, de "aumentos de obra" e de "partidas inicialmente por conta do demandado e logo asumidas polo actor", mentres que as doutro preito, de "diferenzas nas retencións das certificacións de obra emitidas" e de "instalación de calefacción".

Máis , en segundo lugar, non ofrece dúbida ningunha - e a parte actora, e agora recorrente, semella, en realidade , así recoñecelo- a fonda e inseparable conexión entre as pretensións das partes artelladas a través dos pertinentes mecanismos procesuais das dúas demandas iniciais, da demanda reconvencional e, en fin, da excepción de compensación, actos alegatorios dos litigantes por medio dos cales fanse unha serie de reproches incumpridores do contrato de arrendamento pactado entre eles, e das respectivas obrigas nel asumidas (a título de simple exemplo, prazo para a execución da obra, sancións se non se remata nese prazo, a quen é imputábel o retraso , defectos de obra , materiais a subministrar por un e outro contratantes, aumentos de obra respecto das inicialmente contratadas, capítulos de obra asumidos pola propiedade...) que non admiten outra solución, dada a súa interdependencia, e so pena de incurrir en decisións contraditorias, que a de apreciar a conexidade, tal como xa viña advertir o Tribunal Supremo baixo a vixencia da Lei procesual de 1881, e advirte igualmente na aplicación da nova Lei de 2000 (con unha regulación detida da institución) , como de seguido sinalaremos.

O efecto derivado do xogo do instituto da litispendencia impropia non pode -nin debe- ser, en terceiro e último lugar, o do sobresemento e arquivo definitivo dos autos máis recentes, senón a simple suspensión dos mesmos, entrementres non se poña fin definitivamente ao máis antiguo, dacordo coa normativa atinente a esta materia (en esencia, artº 421. 2 , parágrafo segundo, en relación co artº 222 da L. A. C .) , e coa doutrina xurisprudencial que interpreta e aplica eses preceptos , da que son expoñentes as sentenzas do T. S. de datas 31 de maio de 2005, 22 de marzo de 2006, 1 de marzo e 18 de xuño de 2007, 26 de setembro de 2008 e 29 de maio de 2009, das que salientamos, no que agora ten interese as seguintes paraxes: A) "La doctrina jurisprudencial bajo el sistema de la L.E.C. de 1881 admite la aplicación de la litispendencia, aunque no concurra la triple identidad propia de la cosa juzgada , de la que la excepción de litispendencia es una institución preventiva o cautelar. Se trata del supuesto denominado de litispendencia impropia o por conexión, que en realidad integra un supuesto de prejudicialidad civil". B) "La misma tiene lugar cuando un pleito interfiere o prejuzga el resultado de otro, con la posibilidad de dos fallos contradictorios que no pueden concurrir en armonía decisoria al resultar interdependientes; litispendencia impropia que es incluso apreciable de oficio". C) Haberá, en definitiva, litispendencia impropia, se engade, cando "lo que en uno de los procesos se decida resulte antecedente lógico de la decisión del otro". D) Derradeiramente, "el efecto natural de la prejudicial devolutiva es el de la suspensión de actuaciones".

Segundo.- A estimación parcial do recurso conleva non facermos unha special declaración sobre as custas procesuais desta alzada ( artº 398 en relación co artº 394, ambos da L. A. C .).

Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español ,

Fallo

Con estimación parcial do recurso de apelación promovido por D. Guillermo, representado polo procurador D?ña Rosa Camba García contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 10 de Vigo o día 5/6/2009, e apreciando a excepción de litispendencia impropia, decretamos a suspensión do presente proceso mentres non se poña fin definitivamente ao seguido entre as mesmas partes no Xulgado de primeira instancia nº 8 desta cidade de Vigo baixo o nº 1335/2008. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Notifíqueselles esta Resolución ás partes.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Esta é a nosa Resolución, que asinamos , e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística .

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.