Auto Civil Nº 139/2011, A...io de 2011

Última revisión
24/06/2011

Auto Civil Nº 139/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3052/2010 de 24 de Junio de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 24 de Junio de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 139/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011200088

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:815A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00139/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección 006 , Sede Vigo

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389 Fax : 986817387

Modelo : 18015

N.I.G.: 36038 37 1 2010 0600130

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0003052 /2010

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 3 de VIGO

Procedimiento de origen : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000473 /2009

RECURRENTE : Indalecio

Procurador/a : JUAN CARLOS ALVAREZ VAZQUEZ

Letrado/a : JULIO PLATERO GONZALO

RECURRIDO/A : Piedad , GROUPAMA SEGUROS

Procurador/a : JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Letrado/a : FERNANDO-ANTONIO COBAS GARCIA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es. Magistrado/s: D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 139/11

En VIGO, a vinte e catro de xuño de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuizo Ordinario 473/09, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 3052/10 , nos que aparece como parte apelante demandante D. Indalecio , representada polo/a procurador/a D./D.ª JUAN CARLOS ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JULIO PLATERO GONZALO, e como parte contra a que se apela e demandada D./D.ª Piedad e GROUPAMA CÍA. DE SEGUROS, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE A. FANDIÑO CARNERO e asistida polo/a letrado/a D./D.ª FERNANDO COBAS GARCÍA.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 5 de outubro de 2009, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Estimando como ESTIMO LA EXCEPCIÓN DE LITISPENDENCIA, se declara el SOBRESEIMINETO de las presentes actuaciones, con expresa imposición de las costas procesales a la parte actora".

Segundo: Contra o dito auto, o/a Procurador/a D./D.ª Juan Carlos Álvarez Vázquez , en representación de D./D.ª Indalecio, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: Varias reflexións cumpre facermos antes de resolver a cuestión -única- suscitada nesta alzada, de se procede ou non confirmar a Resolución ditada na primeira instancia , apreciando a excepción de litispendencia: A) A primeira é a relativa á liña argumental exposta no escrito de recurso de apelación formulado polo actor contra aquela resolución, liña argumental que non podemos menos que calificar, ademáis de novidosa en non poucos puntos, de errática, inconsistente e inconducente á decisisón daquela excepción. Non queremos nin debemos determos moito neste extremo. En todo caso, as citas do postulado "alterum non laeedere", da doutrina xurisprudencial sobre o xogo do xuros moratorios do artº 20 da L. C. S . ou, en fin, dunha suposta infracción grave do artº 40. 1 q) do RDL 6/2.004 ("presentar deficiencias na organización administrativa e contable...") , son invocacións absolutamente estériles para o trámite procesual no que nos atopamos, e non se da a máis mínima explicación sobre a súa utilidade, no seu caso , para a cerna da controversia. B) A segunda consideración se refire á ausencia de motivación que o apelante reprocha ao auto ditado pola xulgadora a quo. A denuncia, ademáis de carecer de todo fundamento, pois esa Resolución expresa sobradamente as razóns da decisión, non vai acompañada do necesario discurso argumentativo, ao limitarse expoñer a doutrina constitucional e xurisprudencial sobre a motivación das sentenzas , pero sen concretar os puntos nos que o auto impugnado non da cumprida resposta a súas esixencias de motivación, que debe ficar obviamente circunscrita ao instituto da litispendencia, no auto analizada e resolta.

Feitas as anteriores puntualizacións, son dous os argumentos que a parte apelante esgrime no seu escrito de apelación en apoio da súa tese de que non é apreciable a excepción de litispendencia, argumentos que para evitar equívocos citamos literalmente: A) "Se ben existe unha denuncia contra a compañía de seguros, baixo outra dirección letrada, a presente é unha demanda de responsabilidade extracontractual por culpa in vigilando...". B) "Só invócase á compañía de seguros aos efectos de litisconsorcio pasivo necesario...". Pois ben, as dúas consideracións son xuridicamente insostibles, e ata extravagantes , dado que, polo que fai á primeira , o auto apelado aprecia a excepción pola pendencia dun proceso civil -e non criminal- precedente , e no tocante á segunda, ademáis de que nada manifestou o recorrente na demanda sobre que se chamaba á compañía de seguros como litisconsorte, en nada afectaría á institución da litispendencia esa precisión dada, por unhna banda , a condición de parte litigante de todo litisconsorte e, por outra, e conseguintemente, a posible apreciación entón do presuposto da identidade subxectiva, integrante da litispendencia.

En resumo , está acertadamente apreciada esta excepción xa que, en último termo, e remitíndonos aos argumentos do auto recorrido, que compartimos plenamente: A) Coinciden actor e demandada, a compañía de seguros , agora apelada. B) A pretensión -indemnizatoria- segue ser a mesma, sendo absolutamente inviable - e insólito- que se pretenda eludir o xogo da litispendencia, como promove o demandante actual, aumentado simplemente a indemnización inicialmente pedida coa primeira demanda. C) A capítulo que se reclama, e a razón de pedir son exactamente coincidentes: os danos morais que se supoñen causados por unha actuación da compañía de seguros demandada, que de xeito substancialmente contexte se describen nas dúas demandas.

Segundo : Pero o rexeitamento do recurso e a estimación da litispendencia non resolven toda a problemática, dado que a parte actora formula a demanda, non só contra a compañía de seguros, senón tamén contra Piedad , Corredora de seguros daquela primeira. E semella obvio entón que a excepción non pode se apreciar respecto da acción contra desta segunda demandada, ao non darse neste suposto a identidade subxectiva na súa vertente pasiva. Todo iso, sen prexuizo -claro é-: A) Do éxito que poda correr a acción promovida contra esa demandada -a título de simple exemplo, e sen ánimo en absoluto de prexulgar , non semella doado o triunfo da acción se no proceso máis antiguo que pende non se apreciara a concorrencia do presposto obxectivo dos danos morais-. B) Da certa imprecisión e escuridade que parecen existir na demanda cando no seu encabezamento fálase da formulación dunha "demanda de responsabilidade civil por culpa "in vigilando" do artº 1902 e seguintes C.C .", nunha dualidade de culpas, a propia, do arto 1902, e in vigilando, do artigo seguinte, que non semella que sexan imputables á vez á demandada , Sra. Piedad, supostas anomalías que o xulgador a quo poderá salvar facendo uso, se así o estimare, das facultades que a tal respecto prevee o artº 424, en relación cos artºs. 399. 1 , 414 e 416. 1-5ª, da Lei procesual.

Terceiro : A estimación en parte do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español ,

Fallo

Estimando en parte o recurso de apelación promovido por D. Indalecio representado polo procurador Sr. Alvarez Vázquez contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Vigo o día 5 de outubro de 2009, apreciamos a excepción de litispendencia respecto da compañía de seguros demandada , Groupama, S. A., ordeando, pola contra, a continuación do procedimento respecto da outra demandada, procedimento que retrotraerase á faxe da audiencia previa, procedendo o xulgador con liberdade de criterio. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Notifíqueselles esta Resolución ás partes.

Esta é a nosa Resolución, que asinamos , e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2 , 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística. Así, por este auto, acórdano, mándano e asínano os maxistrados que o encabezan. Dou fe.

PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA : Seguidamente se procede a cumplimentar la no tificación de la anterior Resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.