Auto Civil Nº 187/2011, A...re de 2011

Última revisión
09/09/2011

Auto Civil Nº 187/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4079/2010 de 09 de Septiembre de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Septiembre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 187/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011200119

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1062A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00187/2011

Rolo civil: 4079/2010

Procedemento de orixe: Execución Títulos Xudiciales 920/09

Órgano de procedencia: Instancia núm. 3 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO NUM. 187/2011

Vigo nove de setembro de dous mil once

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Execución de Títulos Xudiciales 920/09 , procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 ós que correspondeu o rolo 4079/2010, nos que aparece como parte apelante e demandante CARNNOVA 2000,S.L., D. Aquilino Y D. Dimas , representados polo/a procurador/a D./D.ª Ana Pazo Irazu e asistidos do/da letrado/a D./D.ª María Soledad Bellot Fernández e como parte apelada e demandada CAJA DE AHORROS DE GALICIA, representada polo/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./D.ª...Elisa Leirado González.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo , quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Vigo, con data do 30/11/2009, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando la oposición formulada ordeno seguir la ejecución adelante, condenando expresamente a los ejecutados a pagar las costas de la presente oposición."

Segundo : Contra o dito auto, D/Dª Ana Pazo Irazu , en representación de CARNNOVA 2000,SL., D. Aquilino Y D. Dimas, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A parte executada, e agora recorrente reproduce en esencia nesta alzada a liña opositora invocada na primeira instancia, que desglosa nos motivos que pasamos analizar e resolver.

Ao abeiro do artº 557. 1, causa terceira, da L. A. C . alega primeiramente o motivo de oposición de pluspetición, por entender, por unha banda , que a executante non esmiuza adecuadamente os conceptos reclamados, e por outra, que se teñen cargado na conta de crédito efectos en contra da finalidade pactada na póliza. As invocacións da parte non se aceptan pois: A) Contrariamente ao afirmado polos apelantes, a actora sinala as partidas concretas que reclama (en esencia, folio 31) , e que logo integra e acredita a través da oportuna proba documental. B) Fronte a esa pormenorización , non se reseñan pola parte excutada as partidas coas que concretamente está en desacordo, facendo, pola contra, unha impugnación, que pola súa indeterminación non pode ser atendida. C) A Condición Xeral Primeira, último inciso da póliza autoriza todo tipo de cargos -e tamén de aboamentos-. D) Con fundamento nesa cláusula se cargan na conta asociada á póliza de crédito o valor das obrigas de pagamento, ante o impago deses efectos, e cuxo importe fora anotado previamente noutra conta da executada. E) En último termo, o fiador , Dimas, recoñeceu elocuentemente no seu interrogatorio que o desconto dos efectos era en realidade o obxectivo da póliza contratada.

Segundo.- Os recorrentes alegan, en segundo termo , que non se lles notificou o saldo debedor, e que se excedeu do límite crediticio pactado, de 90.000 euros, con vulneración entón, ao seu xuizo , do pactado, e do mandato do artº 572. 3 da Lei Procesual . Tampouco os motivos de oposición se poden estimar porque: A) O principal reclamado -incluidos igualmente nese concepto de principal os xuros ordinarios , polo importe de 1.186,32 euros, e comisións e outros gastos- non rebasaba os noventa mil euros. B) Porque a expresión "límite de crédito" debe entenderse, dacordo co Diccionario da Real Academia da Lingua, como a suma máxima de que pode dispoñer o acreditado, sen comprender pola contra nela os conceptos que resulten de aplicación, no trance de exixir o saldo resultante da liquidación, tal como, polo demáis , coleximos do propio clausulado do contrato cando, por unha banda, a cláusula cuarta obriga non só ao acreditado, senón tamén aos fiadores , a reintegrar os excedidos, e por outra, a cláusula decimoprimeira dispón a subsistencia da fianza -solidaria- ata que se cancelen definitivamente as obrigas garantidas. C) Porque o mandato da notificación -da que a lei non require que sexa fidedigna- do saldo debedor debe considerarse acatado cando o acredor interesa esa notificación no domicilio que os debedores fan constar na póliza, como sucedeu no caso axuizado , sendo neste extremo inexacta a afirmación das oficinas de correos , de que a dirección expresada para o fiador, Sr. Dimas sexa incorrecta pois, moi contrariamente , se corresponde exactamente coa indicada na póliza. Os postulados de boa fe, lealtade e dilixencia contractuais impuñan aos fiaores a obriga, tanto de acodir as oficinas para facerse cargo do aviso que se lle deixou a un deles, como, de se teren mudado de domicilio, notificar os novos domicilios á acredora, a que, en último termo, tiña que prestar o seu consentimento a ese cambio , dacordo coa previsión expresa contida na cláusula decimoterceira da póliza. D) Derradeiramente , mal poden alegar o descoñecemento da notificación quen, como os fiadores, son administradores solidarios da sociedade, a que se fixo cargo da notificación, e a que se atopaba no desfavorábel contexto dunhas serias dificultades económicas que requerían entón, se cabe, dun grao de dilixencia moito maior por parte dos administradores.

Terceiro.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto par as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394 , ambos da L. A. C .

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Rexeitamos o recurso de apelación formulado pola Procuradora Dña Ana Pazo Irazu , en representación de Carnnova 2000,S.L., e D. Aquilino e D. Dimas contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vigo o día 30/11/2009, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada aos recorrentes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1 , 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles esta Resolución ás partes, informándoas de que contra ela non cabe recurso.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.