Auto Civil Nº 217/2010, A...re de 2010

Última revisión
01/10/2010

Auto Civil Nº 217/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4290/2008 de 01 de Octubre de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 01 de Octubre de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 217/2010

Núm. Cendoj: 36057370062010200080

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00217/2010

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

Modelo : AUT01

N.I.G.: 36038 37 1 2008 0601113

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004290 /2008

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 5 de VIGO

Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0001280 /2007

RECURRENTE : Sixto

Procurador/a : ROSARIO BARROS SIEIRO

Letrado/a : GUILLERMO GARRIDO COLLAZO

RECURRIDO/A : Macarena

Procurador/a : PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Letrado/a : ISABEL BLANCO FRANCO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, Presidente, D.JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO y D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO num. 217/2010

Vigo, un de outubro de dous mi dez.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Execución de Títulos Xudiciales 1280/07, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 4290/08, nos que

aparece como parte apelante e demandante D. Sixto , representada polo/a procurador/a

D./D.ª Rosario Barros Sieiro e asistida do/da letrado/a D./D.ª Guillermo Garrido Collazo, e como parte contra a que se apela e

demandada D./D.ª Dña Macarena , representada polo/a procurador/a D./D.ª Purificación Rodríguez González e

asistida polo/a letrado/a D./D.ª Isabel Blanco Franco, sendo tamen parte o Ministerio Fiscal. É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo, con data do 24/6/2008, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva: No procede que la ejecución siga adelante, acordándose la terminación el proceso y el archivo de las actuaciones No se hace especial pronunciamiento en cuanto a las costas".

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Rosario Barrios Sieiro, en representación de D./D.ª D. Sixto , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro.- O día 9 de outubro de 2.007 preséntase demanda executiva por parte do pai non custodio, con basamento nas sentenzas no seu día ditadas nos correspondentes procesos matrimoniais ( sentenzas de datas 3 de marzo de 2.005 e 18 de maio de 2.007 ), interesando que se dea cumprimento por parte da nai ao réxime de visitas concretado nesas resolucións, e a practicar na cidade de Vigo, que se acorde a imposición á executada de multas coercitivas, que se deduza contra dela testemuño por desobediencia, e que se advirta á executada que poderá ser modificado o rèxime de garda e custodia. O día 15 de outubro de 2.007 dita o Xulgado auto despachando execución, acordando requerir á executada para que cumpra "sen dilación" o referido réxime, co apercebimento de que o incumprimento reiterado do mesmo poderá dar lugar á imposición de multas coercitivas, ao cambio de custodia, así como que poderá a executada incorrir nun delicto de desobediencia á autoridade xudicial. Así mesmo, o auto despachando execución rexeita, tanto a imposición inicial de multas coercitivas "sen prexuizo do que proceda acordar no futuro", como a deduccción de testemuño por desobediencia, "toda vez que ainda non practicouse requerimento ningún". Intentado sen efecto o requerimento xudicial en Vigo, se entende coa executada o día 12 de febreiro de 2.008 na localidade vizcaina de Getxo, á que trasladouse a residir cos súa nova parella coa contraeu matrimonio o día 8 dese mes e ano. Pola súa banda, hacia finais do ano 2.007 a nai dos menores, ante ese cambio de residencia, formulou demanda de modificación de medidas, que deu lugar ao proceso nº 1.210/07, así como medidas coetáneas a ese procedimento, medidas nas que recaíu auto de data 21 de decembro de 2.007 , acordando, no que agora ten interese, que as visitas mensuais se exerciten alternativamente co desprazamento do pai, pola súa conta, a Getxo, e dos menores en avión ao aeroporto de A Coruña ou Santiago, con cargo á nai. Ignoramos se recaiu sentenza firme nese proceso nº 1.210/07. Ante ese auto de medidas provisionais, o Xulgado dita auto, acordando o remate do proceso de execución e o arquivo das actuacións, ao considerare que non procede seguir adiante coa execución interesada por carecer de sentido ou obxecto. Derradeiramente, a nai foi requerida en múltiplas ocasións para que dera cumprimento ao sistema de comunicación paterno filial, a través do auto de data 27 de abril de 2.005, e das providencias de 13 de xuño, 15 e 29 de setembro e 21 de outubro de 2.005 . Contra aquel último auto de arquivo se alza o executante a través do presente recurso de apelación, reproducindo as súas pretensións executivas.

Segundo.- O recurso debe desestimarse polas razóns que pasamos expoñer.

Por unha banda, carece obviamente de obxecto a execución dunha resolución que aparece substituida por outra, como é neste caso o auto de medidas provisionais de data 21 de decembro de 2.007 , resolución esta última que ainda que ten puntos de coincidencia coas anteriores respecto do réxime de comunicación paterno-filial, non son conformes na súa totalidade. Conseguintemente, debería agora instarse a execución, no concernente propiamente ao novo réxime de vistas, de xeito provisorio, e mentres non se tome unha decisión definitiva e firme no proceso principal promovido pola nai.

Por outra, tampouco procede a medida reproducida polo hoxe recorrente, da deducción de testemuño por posible delicto de desobediencia, dado que ese posible ilícito penal aparece loxicamente supeditado, tal como advirte atinadamente a resolución recorrida, ao requerimento previo dirixido á nai dos menores e , en definitiva, ao resultado dese requerimento. E o certo é que practicada esta dilixencia, se formula oposición á execución despachada, invocándose un cambio de circunstancias, á postre tomadas en consideración para acordar a modificación, precisamente, do réxime de comunicación paterno-filial, pretendendo entón o agora apelante, incorrecta e inutilmente, a afectividade dun réxime en canto distinto e xa non vixente.

E por outra banda, esa mesma falta de requerimento inicial para que a parte executada cumprira o acordado na sentenza executoria de 18 de maio de 2.008 , a contestación e oposición postreiras a tal requerimento, e en fin, e especialmente, a modificación do réxime de visitas decidida no auto de medidas provisionais de 21 de decembro de 2.007 , é dicir, antes da data do requerimento á executada, realizado o 12 de febreiro do ano seguinte, son avatares procesuais de tal entidade que impedían a execución daquela primeira resolución e, conseguintemente, a imposición efectiva dunhas multas coercitivas, que nos levaría ao abxurdo xurídico -entón inaceptábel- de garantir unha obriga executoria, relativa a un sistema de visitas fenecido e superado por outro.

Por último, e fronte ao afirmado pola parte apelante: A) O motivo de oposición da parte executada ten encaixe legal, dentro do contexto especial de familia no que nos atopamos, dado que a modificación do réxime de visitas operado polo auto de medidas provisionais acarreaba, precisa e forzosamente, a falta de vixencia e conseguinte inexecutividade do título executivo representado pola sentenza precedente. B) Non houbo vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva do executante, conculcación que sí inversamente existiría de levarse a cabo a efectividade dun réxime de comunicación derogado.

Terceiro.- A natureza das cuestión formuladas, engadido iso a que a execución estivo inicialmente ben despachada polo incumprimento primeiro denunciado, nos leva a non facermos unha especial declaración sobre as custas desta alzada ( artº 561, en relación cos artºs. 394. 2 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Rexeitámolo recurso de apelación formulado por D. Sixto , representado pola procurador Dña Rosario Barros Sieiro contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Vigo o día 24 de xuño d 2.008 , sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.