Auto Civil Nº 243/2009, A...re de 2009

Última revisión
04/12/2009

Auto Civil Nº 243/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3157/2008 de 04 de Diciembre de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 04 de Diciembre de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 243/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009200124

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1494A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00243/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE

PONTEVEDRA

Sección 006

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0003157 /2008

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 3 de VIGO

Procedimiento de origen : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000187 /2007

RECURRENTE : María Dolores

Procurador/a : MARTA ROBÉS CABALEIRO

Letrado/a : RICARDO M. GOMEZ LOUREDA

RECURRIDO/A : Gregorio , Melchor

Procurador/a : TAMARA UCHA GROBA, TAMARA UCHA GROBA

Letrado/a : JUAN CARLOS GARCIA MACEIRA, JUAN CARLOS GARCIA MACEIRA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 243/09

En Vigo, a catro de decembro dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuizo Ordinario 187/07, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 3157/08, nos que aparece como parte apelante - demandado Dña María Dolores , representada polo/a procurador/a D./D.ª Marta Robes Cabaleiro e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ricardo M. Gomez Loureda, e como parte contra a que se apela e demandante D. Gregorio Y D. Melchor , representados polo/a procurador/a D./D.ª Tamara Ucha Groba e asistida polo/a letrado/a D./D.ª Juan García Maceira. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 26/10/07, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Debía desestimar y desestimo el recurso de reposición frente a la providencia de fecha 25 de setiembre de 2007 teniéndose por preparado el recurso de queja frente a la misma. Líbrese testimonio de la presente resolución y de la providencia de 25 de septiembre de 2007 en el término de CINCO DÍAS, a los efectos oportunos".

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Marta Robes Cabaleiro, en representación de D./D.ª María Dolores , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro.- Ainda que non nos atopemos propiamente ante un suposto de evicción, debemos considerar procedente a pretensión de intervención interesada polos demandados, sen que esta decisión estimatoria conculque os postulados dispositivo e de congruencia, pois estamos respetar tanto a petición formulada, como os feitos nos que se basea.

En efecto, e por unha banda, non semella que a pretensión de intervención interesada polos demandados ao abeiro do artº 14. 2 da L. A. C ., en relación cos artºs. 1.480 a 1.482 do Código Civil , teña realmente acubillo nesta normaiva, pois se a parte demandante está reclamar simplemente unha parte do prezo - a non satisfeita- da venda, semella imposíbel que polo limitado desa petición, poda producirse o resultado da perda da cousa vendida en prexuizo do comprador demandado, e a prol do actor vendedor. Como este último non está reclamar -insistimos- a cousa vendida, o perigo de privación, ou evicción para o comprador non existiría nunha primeira ollada, faltando entón a razón de ser do precepto. Pero razóns de oportunidade e economía procesuais, cando non litisconsorciais de natureza necesaria non conducen ao entendimento contrario. E para explicarnos temos que expoñer loxicamente as posturas mantidas polas partes neste proceso.

A tese dos demandados é moi sinxela: Compraron ao terceiro, ao que pretenden chamar a esta lite, non tendo, pola contra, ningunha relación contractual cos demandantes. A versión deste últimos é mais alambicada, pero non menos incomprensíbel, independentemente da sus veracidade, por suposto: Son propietarios - segundos, en canto que os adquiriron dese terceiro- dos bens, e como tales donos os venderon aos demandados, mais coa finalidade de evitalos custes adicionais derivados dunha doble transmisión ou venda (unha, do terceiro aos actores, e a segunda, destes aos demandados) conviron entre todos eles unha única e directa venda do terceiro aos demandados, ponteando así a venda dos actores a estes. E para consumala operación ideada asinarían (documento privado, aos foios 13 e 14), demandantes e demandados, un contrato de préstamo - ficticio entón na tese daqueles primeiros-, en virtude do cal os actores prestaban aos segundos unha cantidade (prezo da compravenda), que o non sere pagada, hoxe reclaman. Nada desto admiten evidentemente os demandados.

Pois ben, son entón presupostos para centrala controversia: A) Que as partes litigantes deixan á marxe da mesma o contrato de préstamo, pois a parte demandada nega en redondo a sua existencia, e a parte demandante asevera que estamos ante unha pura simulación. B) Que os contendentes fundan as suas estratexias en dous contratos de compravenda radicalmente distintos, os demandados, no celebrado -único- co terceiro, e os actores, no anterior, concertado entres eles e os demandados.

Partindo deses postulados, semella oportuno, cando non preciso chamar ao proceso a quen, en tese dos demandados compradores, foi a parte vendedora, dado os efectos que para esta, para aqueles e para os propios actores poden derivarse da resolución xudicial que poña fin a este proceso pois: A) De triunfar a tese dos demandantes -venda deles aos demandados, e préstamo simulado-, a sentenza condenaría aos demandados a pagala parte do prezo reclamada, e implicaría, alomenos de xeito implícito e reflexo, a inexistencia do contrato de compravenda entre o terceiro e os demandados, coas conseguintes e obvias repercusións derivadas desa declaración implícita. B) Contrariamente, se a sentenza rexeita a pretensión da parte actora é que acepta a versión dos demandados, da celebración da compravenda entre estes e o terceiro, terceiro que podería ter loxicamente interese -ao igual que os demandados- en defender a realidade dese contrato. C) Por decilo doutro xeito, a reclamación dos demandantes parece exixir como presuposto natural a inexistencia do contrato de compravenda entre demandados e terceiro, e a decisión sobre este extremo afecta por lóxica a uns e outro, polo que a chamada á causa do terceiro se revela como convinte, cautelosa e ata obrigada. Ese contrato entre demanados e terceiro sería nulo por inexistente, e esa nulidade - que podería ser incluso interesada hipoteticamente polos demandados, entendemos de forma subsidiaria, e para o caso de que non se acollera a sua alegación defensiva inicial, ante o perigo que podería de pagar mais aló do prezo convido -non podería ser declarada sen chamar ao terceiro. CH) En definitiva, a sentenza pronunciada neste proceso podería producir un efecto reflexo para o terceiro, efecto que ainda que non fundamentaría a constitución dun litisconsorcio pasivo necesario, dado que este instituto precisa do presuposto dunha relación xurídico material idéntica, que non é do caso, pois se invocan polas partes duas relacións xurídicas de compravenda, xustifica, pola contra, a intervención do terceiro no preito, de xeito voluntario ou adhesivo, e non forzoso, todo iso de conformidade coa doctrina xurisprudencial ( ss. do T. S. de 16-12-86 e 19-5-99 ).

Segundo.- Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Acollendo o recurso de apelación formulado por Dña María Dolores , representado polo procurador Dña Marta Robes Cabaleiro contra do auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vigo o día 26 de outubro de 2007 , declaramos procedente á chamada ao proceso interesada pola parte demandada, debendo actuar o Xulgador a quo consonte e Dereito.

Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuadis de ningunha das duas instancias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.