Auto Civil Nº 279/2009, A...re de 2009

Última revisión
29/12/2009

Auto Civil Nº 279/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4317/2008 de 29 de Diciembre de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Civil

Fecha: 29 de Diciembre de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 279/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009200158

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1577A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00279/2009

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

N.I.G.: 36038 37 1 2008 0601068

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004317 /2008

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 6 de VIGO

Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS NO JUDICIALES 0000463 /2008

RECURRENTE : Celia , Roman

Procurador/a : ALBERTO VIDAL RUIBAL, ALBERTO VIDAL RUIBAL

Letrado/a : RAQUEL GARIN SILVA,

RECURRIDO/A : BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA,S.A.

Procurador/a : JESUS GONZALEZ-PUELLES CASAL

Letrado/a : MIGUEL A. FERRERAS DIEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D.ª Magdalena Fernández Soto, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 279/09

En Vigo a vinte e nove de decembro de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Execución Titulos non Xudiciais 463/08, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 4317/08, nos que aparece como parte apelante demandados Dª Celia e D. Roman , representada polo/a procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL GARÍN SILVA, e como parte contra a que se apela e demandante BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JESÚS GONZÁLEZ-PUELLES CASAL e asistida polo/a letrado/a D./D.ª MIGUEL ANGEL FERRERAS DÍEZ.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 11 de setembro de 2008, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando la oposición a la ejecución promovida pro el Procurador de los Tribunales Sr. Vidal Ruibal en la representación acreditada en autos de Dña. Celia y D. Roman debo acordar ya cuerdo seguir adelante la ejecución promovida por la Procuradora Sra. Carmen Fandiño en la representación de BBVA hasta la total satisfacción de la cantidad por la que se ha despachado, con imposición de las costas de éste incidente a la parte ejecutado."

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal, en representación de D./D.ª Celia e D. Roman , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A parte executada recorre o auto ditado en primeira instancia, ordeando seguir adiante coa excecuión inicialmente despachada, invocando como causas de oposición, primeiramente, o pagamento parcial do préstamo, e en segundo lugar, a nulidade da cláusula relativa aos xuros moratorios, por abusiva.

A primeira causa de oposición, formulada a cabalo entre as excepcións de pluspetición e pagamento, non pode ser acollida por indemostrada, pois sendo certo que os hoxe recorrentes fixeron os tres pagamentos que alegan, non é menos verdade que os mesmos refírense á débedas alleas á litixiosa, a que procede do préstamo formalizado na póliza de data 8 de xuño de2.007, tal como colíxese, dunha parte, dos propios documentos ou boletas bancarios aportados pola parte executada, nos que figuran uns números de conta nos que se ingresan as sumas respectivas, distintos do número de conta NUM000 , na que, de conformidade co teor literal da propia póliza, tanto "se entrega por aboamento" nesa conta "o capital prestado", como "se domicilian as cuotas" (folio 20 volto); e doutra, dos xustificantes bancarios traídos á causa pola executante, expresivos por igual das outras obrigas e, en fin, das outras contas bancarias nas que se ingresan aquelas cantidades (folios 129 e seguintes).

Segundo: A cuestión litixiosa queda entón agora circunscrita a se os xuros de demora pactados na póliza de "Préstamo Negocios" de data 8 de xuño de 2007 son abusivos ou non. E para resolver sobre ela son de utilidade as reflexións de orde xurídica que pasamos expoñer, e xa realizadas en resolucións anteriores desta Sala.

Primeiramente, non ofrece dúbida a diferenza existente sobre o concepto, natureza e finalidade dos dous tipos de xuros, remuneratorios e moratorios, diferenza que ten que levar conseguintemente a que tamén sexa diversa a sua regulación normativa. Debemos entón partir forzosamente, para centrar debidamente a controversia, da distinción entre os xuros remuneratorios dos préstamos, e os xuros de demora por incumprimento da obriga de pagamento dos prazos pactados ( ss. do T. S. de datas 19-5-95 e 15-11-2.000 ). Con respecto a estes segundos se debe ter en conta que veñen constituir unha cláusula penal típica, accesoria ao contrato de préstamo, tratándose de pactos con finalidade disuasoria do incumprimento e, á vez, de liquidación anticipada dos danos e prexuizos, en principio lexítimos e eficaces ao abeiro dos artºs. 1.152 e 1.255 do C. C .. Os xuros moratorios, fronte aos retributivos, teñen, en definitiva, unha natureza máis propiamente sancionatoria ou penal, no senso sinalado pola sentenza do T. S. de data 2-20-2.001 , ao proclamar que «los intereses de demora no tienen la naturaleza jurídica de intereses reales, sino que se califican como de sanción o pena con el objetivo de indemnizar los perjuicios causados por el retraso del deudor en el cumplimiento de sus obligaciones». Pois ben, a diferenza conceptual entres os xuros remuneratorios e moratorios conduce a unha maior marxe de discrecionalidade na cuantificación destes segundos. Ou se se prefire, é lóxico que a cláusula moratoria sexa máis onerosa ou que se estableza nela un tipo de xuros máis elevado

En segundo termo, non pode ofrecer tampouco dúbida a lexitimidade en noso dereito do pacto de anatocismo, de conformidade co postulado xeral de liberdade contractual do artº 1.255 do C. C ., e o artº. 317 do Código de Comercio , en relación co artº 1.109 daquela primeira Norma . Pacto, polo demais, consolidado como uso mercantil, incluso coa capitalización de xuros operada por prazos inferiores ao ano.

E, en terceiro lugar, ainda que nos atopamos, en efecto, ante duas institucións non exactamente coincidentes, e merecentes entón dun réxime diverso, iso non exclúe unha certa e parcial conformidade normativa na sua regulación, especialmente no capítulo concernente á protección dos consumidores e usuarios, co propósito de evitar que o prezo do diñeiro se incremente de xeito abusivo en prexuizo da persoa que precisa acudir aos mercados financieiros. Neste senso, a sentenza do T. S. de data 7-5-2.002 di que "ha de advertirse que por el hecho de que los pactos sobre intereses de demora, anatocismo y cláusula penal sean permitidos por el Código Civil no escapan a la aplicación de la Ley de 23 Jul. 1908 , que se refiere en el art. 1.º a la estipulación de un interés, sin distinguir su clase o naturaleza". Nesta tese xurisprudencial, sería de aplicación aos xuros de mora o artº 1 da Lei Azcárate , que reputa usurarios: 1°) Os préstamos nos que estipúlase un xuro superior ao normal do diñeiro e manifestamente desproporcionado coas circunstancias do caso ou en condicións tales que resulten leoninos, habendo motivos para estimar que foron aceptados polo prestatario a causa da sua situación angustiosa, da sua inexperiencia ou do limitado das suas facultades mentais; 2°) Os contratos nos que se supoña recibida maior cantidade que a realmente entregada, calesquera que sexa a sua entidade e circunstancias".

Hoxe xa existen manifestacións específicas de lexislación tuitiva dos consumidores e usuarios fronte aos posibles excesos derivados da aplicación dos tipos de xuros pactados, como son: A) Os artºs. 10. 1., letra c), e 11 bis. 1, da Lei26/1.984, de 23 de xullo , Xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, ao exixir aquel primeiro para as cláusulas pactadas "boa fe e xusto equilibrio entre os dereitos e obrigas das partes, o que en todo caso exclúe a utilización de cláusulas abusivas", entendéndose por tales, segundo o segundo do preceptos"todas aquelas estipulacións non negociadas individualmente que en contra das exixencias da boa fe causen, en prexuizo do consumidor, un desequilibrio importante dos dereitos e obligacións das partes que se deriven do contrato. En todo caso se considerarán cláusulas abusivas os supostos de estipulacións que se relacionan na diposición adicional da presente lei". Disposición adicional que no seu numeral I-3ª determina como tales " a imposición dunha indemnización desproporcionadamente alta, ao consumidor que non cumpra as suas obrigas", e no número V-29 " a imposición de condicións de crédito que para os descubertos en conta corrente superen os límites que se conteñen no artº 19.4 da Lei 7/1.995, de 23 de marzo , de Crédito ao consumo". B) Establece este artigo que "en ningún caso poderase aplicar aos créditos que se concedan, en forma de descubertos en contas correntes aos que refírese este artigo, un tipo de xuro que dea lugar a unha taxa anual equivalente superior a 2,5 veces o xuro legal do diñeiro". C) Destacamos da Lei Xeral para a defensa dos consumidores e usuarios outras duas normas, unha delas que arrinca do artº 4.1 da Directiva 93/13/CEE , e recollida no artº 10 bis. 1 , parágrafo cuarto, que di que "o carácter abusivo dunha cláusula apreciarase tendo en conta a natureza dos bens e servizos obxecto do contrato, e considerando todalas circunstancias concorrentes ao intre da sua celebración, así como todalas demais cláusulas do contrato ou doutro de quen dependa"; e asegunda delas, prevista no parágrafo terceiro daquel artº 10 bis. 1 , cando sinala que "o profesional que afirme que unha determinada cláusula foi negociada individualmente, asumirá a carga da proba". 4) Finalmente, traemos a colación o art° 4.2 daquela Directiva , que advirte que "a apreciación do carácter abusivo non se referirá á definición do obxecto principal do contrato nin á adecuación entre prezo e retribución, por unha banda, nin aos servizos ou bens que teñan que proporcionarse como contrapartida, por outra, sempre que devanditas cláusulas redáctense de maneira clara e comprensible".

Terceiro: Partindo entón de que unha cláusula fixadora de xuros moratorios pode ser revisada á luz da anterior normativa proteccionista do consumidor (pois estamos, como queda dito, ante unha cláusula de marcado carácter penal ou sancionador, e como tal, accesoria, e non afectada conseguintemente pola anterior limitación), non queremos pechalo discurso, antes de entrar propiamente no capítulo de feitos do caso axuizado, sen facer referencia á pouca axuda que pode ofrecernos á doutrina xurisprudencial atinente a esta materia, das cláusulas relativas ao xuros, e da sua posible conceptuación usuraria ou abusiva, dado, dunha parte, o carácter recente daquela normativa tuitiva, que non podía entón ser tomada obviamente en consideración polo Tribunal Supremo, e doutra, o relativismo no que forzosamente nos movemos, propio dun eido tan cambiante, como é o do mercado financieiro, crediticio e monetario, dos tipos legais do diñeiro, das tensións inflaccionistas e, en fin, dos propios usos mercantís. E todo iso agravado polo non menos volátil contexto socioeconómico reinante, e polas múltiplas e variadas condicións particulares de cada operación de préstamo (persoal ou con garantía real, cuantía, prazos de amortización e respectivos importes, saldo efectivamente amortizado e pendente de amortizar, finalidade da operación...) e polas non menos diversas circunstancias confluintes en cada prestatario (solvencia, outras operación coa entidade bancaria...). Pois ben, con estas importantes limitacións, a xurisprudencia non estimou como xuros usurarios os do 21.60% (s. 17-12-84), do 21.50% (s. 27-2-90), do 20% (s. de 10-12-92), do 22% (s. de 6-11-92), do 18% (s.de 22-9-92), do 19,50% (s. de 18-2-91), do 19% (s. de 10- 5-2.000), do 17% (s. de 2-10-2.001). Tampouco considerou usurarios os xuros de demora entre o 34,42 e o 38,80% relativo a un préstamo do ano 1.981 (s. de 17-4-89), os xuros remuneratorios do 20% para un préstamo do ano 1.983 (s. de 30-6-98), os xuros remuneratorios do 17%, e moratorios do 30% para un préstamo do ano 1.991, no que o xuro legal ordinario era do 10%, e os moratorios do 12%, segundo a Lei de 30-12-91 (s. de 2-10-2.001). Pola contra, se reputaron usurarios os xuros moratorios do 60% para un préstamo do ano 1.990 (s. de 12-7-2.001), ou os remuneratorios entre o 26 e o 28%, para un préstamo hipotecario do ano 1.977 (s. de 7-2-89).

Cuarto: Destacamos do préstamo litixioso as seguintes condicións e avatares: A) O día 8 de xuño de 2007 subscríbese entre o B.B.V.A. e os demandados a póliza de préstamo polo importe de 12.000 euros a devolver no prazo dun ano a razón de doce cuotas mensuais fixas, de mil euros cada unha. B) Ainda que na póliza fanse constar como xuros remuneratorios o 0,00%, en realidade se pactan os xuros do 3,00%, coincidente esta procentaxe coa comisión de apertura, de tal xeito que os xuros alcanzan a cifra total de 360 euros (3,00% dos 12.000 euros do capital prestado), qu se satisfacen anticipadamente. C) Non se establecen comisións de apertura nin penalizacións por amortización anticipada, total ou parcial do préstamo. CH) Se estipulan uns xuros moratorios do 29,00%, quen se liquidarán por días naturais e por meses vencidos, capitalizándose os mesmos (pacto de anatocismo da cláusula cuarta). D) A finalidade do préstamo, que se rotula "Préstamo Negocios", é a financiación do negocio " DIRECCION000 , C. B.", comunidade que integran os dous prestatarios demandados. E) Non hai constancia da constitución dalgunha garantía real para a efectividade do préstamo. F) Os prestatarios tan só pagaron os tres primeiros gastos de comunicación".

Pois ben, volcando sobre o caso de lite as pautas legais e xurisprudeciais ás que fixemos mención nos razoamentos precedentes, non consideramo abusiva a cláusula relativa aos xuros moratorios, polas causas de anormalidade e desproporcionalidade invocadas polos demandados, pois ainda que a porcentaxe establecida, de 29% anual, é elevada, máxime se tomamos en consideración o pacto de anatocismo, e que a liquidación destes xuros practícarase por días naturais e por meses vencidos, dacordo coa condición cuarta da póliza, non cabe ignorar, primeiramente, que estamos ante xuros de demora, nos que existe unha maior permisividade da sua cuantificación tal como quedou explicado; segundo, que aquela porcentaxe non é inusual na práctica bancaria para esas operacións de préstamos, con fins puramente negociais e con importantes riscos para o prestamista por carecer de garantías reais, propias doutros caos, que aseguren a devolución do capital prestado; terceira, que en liña coa anterior reflexión, os riscos actualizaronse efectivamente en impagamentos reiterados e sucesivos, a partir do cuarto prazo inclusive; cuarta, que os xuros retributivos, do 3,00%, para un préstamo de serio risco, deben tildarse de moderados; e en quinto e último lugar, que non se pactan outras comisións propias destes supostos, como de estudio, ou de apertura (a comisión que se reseña implica realmente os xuros retributivos), ademais de ningunha penalización, loxicamente, por cancelación anticipada, total ou parcial do préstamo, penalización que certamente carecería de sentido ao satisfacerse anticipadamente os xuros, e ante a inexistencia, conseguintemente, de ningún prexuizo para a entidade bancaria, derivado desa anticipación. Circunstancias anteriores que nos conducen ponderadamente a non estimar abusivo o clausulado da póliza referido aos xuros moratorios.

Quinto: Non atopamos circunstancia de excepción ningunha para non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto legalmente para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación coa artº 394, ambos da L. A. C ..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Rexeitámolo recurso de apelación formulado por Dª Celia e D. Roman contra do auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Vigo o día 11 de setembro de 2008 , con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.