Última revisión
22/12/2010
Auto Civil Nº 293/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4179/2010 de 22 de Diciembre de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 22 de Diciembre de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 293/2010
Núm. Cendoj: 36057370062010200123
Núm. Ecli: ES:APPO:2010:1285A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
AUTO: 00293/2010
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
0065T0
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36038 37 1 2010 0600672
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0004179 /2010
Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 7 de VIGO
Procedimiento de origen: EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0001079 /2008
De: Daniel
Procurador: MARIA JESUS TOUCEDO GUISANDE
Abogado: RAQUEL GARIN SILVA
Contra: ASOCIACION NUEVO CEMENTERIO DE CANDEAN
Procurador: LUIS PEDRO LANERO TABOAS
Abogado: Mª TERESA PEREZ IGLESIAS
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
o seguinte
AUTO 293/10
En Vigo, a vinte e dous de decembro de dous mil dez.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuizo Execución Títulos Xudiciais 1079/08, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm.7 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 4179/10, nos que aparece como parte apelante e demandante D. Daniel , representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA JESUS TOUCEDO GUISANDE e asistido do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL GARÍN SILVA. Como parte apelada e demandado ASOCIACIÓN NUEVO CEMENTERIO CANDEÁN representada polo/a procurador/a D./D.ª PEDRO LANERO TÁBOAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARÍA TERESA PÉREZ IGLESIAS.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia nº 7 de Vigo, con data do 13 de abril de 2010, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:
"Se desestima el recurso de reposición promovido por la Procuradora Doña María Jesús Toucedo Guisande, en nombre y representación de D. Daniel , frente a la providencia de fecha 22 de febrero de 2010, que se confirma en todos sus pronunciamientos, con imposición de las costas causadas al recurrente."
Segundo: Contra o dito auto, D/Dª MARÍA JESUS TOUCEDO GUISANDE, en representación de D/Dª Daniel , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC ).
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: A sentenza executoria de que estamos tratar contén a seguinte pronuncia literal:"declaramos a propiedade ou a concesión de terreos para dereito de enterramento, nos termos dos artºs. 13 e 14 dos Estatutos , do actor sobre catro nichos, adquiridos á Asociación Nuevo Cementerio de Candeán, condenando á mesma a outorgar a correspondente escritura pública a prol daquél, con concreción de referidos nichos". E para executar esta resolución consta nos autos o borrador de escritura notarial, discrepando o actor executante da súa redacción nun punto concreto, referido a que a escritura establece que os dereitos de enterramento se ceden "por un plazo que finaliza el día 23 de diciembre de dos mil ventiocho, fecha en que finaliza la concesión del derecho de superficie que la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de San Cristobal de Candeán concedió a la Asociación del Nuevo Cementerio de Candeán, en virtud de escritura que se relaciona en el epígrafe título". Pois ben, o executante interesa que se suprima á referenza temporal do remate do seu dereito, coa declaración alternativa expresa, de que o mesmo debe ser "permanente". E formula ademáis outra pretensión, de que "previamente se requira á parte executada para que aporte a acta notarial de sorteo para a determinación dos nichos obxecto de contratación". Analizamos entón as dúas peticións artelladas a través do presente recurso de apelación.
Segundo: Polo que fai a este segundo pedimento, non son necesarios especiais e complexos comentarios pare rexeitalo pois: A) Estamos ante unha petición novidosa, en canto non intersada na demanda executiva, e como tal, non considerable agora. B) A executoria non contén ningunha pronuncia condenatoria -nin declarativa- nese extremo, nin directamente nin colexible de xeito colateral. C) Conseguintemente, a petición realizada excede do marco dunha execución, por moito que sigamos para a apreciación da mesma unha interpretación laxa e abarcante. Sobre o alcance da execución volveremos de seguido.
Terceiro: A segunda das cuestións, sobre a mención, temporal ou permanente, dos dereitos do executante xa presenta maiores dificultades interpretativas polo silencio da parte dispositiva da sentenza executoria sobre ese punto, silencio que non se ve superado, nin polos seus antecedentes de feito, nin pola súa fundamentación xurídica nin, en fin, pola remisión que esa resolución fai aos artºs. 13 e 14 dos Estatutos da asociación demandada. Máis estas carencias non deben ser un impedimento insalvable para determinar, na medida do posible, e sen extralimitarmos evidentemente nos pronunciamentos da sentenza de cuxa execución estamos resolver, o alcance no tempo do dereito a executar, dentro dos postulados de racionalidade, defensa e realización da tutela xudicial efectiva, que veñen ser proclamados pola doutrina xurisprudencial e do Tribunal Constitucional, que citamos resumidamente pola súa utilidade para a resolución ponderada da controversia.
Como di a sentenza do T. S. de data 25-6-98 debe examinarse "si los pronunciamientos ordenados a la ejecución de la sentencia, desbordan o no el contenido de lo mandado, de tal manera, que existirá extralimitación o contradicción con lo ejecutoriado, cuando se decida sobre extremos que no sean consecuencia lógica y natural de lo examinado y resuelto en el litigio o no se produzcan los efectos propios de la sentencia, y es por ello, por lo que ha de efectuarse una indispensable comparación entre los términos del fallo a ejecutar y lo decidido en el proceso para su efectividad". E a sentenza de 24-12-2002 considera que non hai esa extralimitación cando "el auto en cuestión, tras analizar el texto de la sentencia de primera instancia y de la de esta Sala, estima plenamente ajustado a Derecho que se proceda a su ejecución determinando la cuantía que la sociedad demandada debe abonar al actor, pues no deja de ser absurdo, contrario al principio de tutela judicial efectiva, y al de economía procesal, remitir a las partes a un proceso declarativo para efectuar dicha determinación, cuando las dos se hallan personadas en autos y pueden por medio del incidente de ejecución, hacer valer sus pretensiones, sin por ello sufrir indefensión alguna".
Pola súa banda, o T. C. fai as seguintes declaracións: A) Que "con ocasión de los incidentes de ejecución no es posible resolver cuestiones que no hayan sido abordadas ni decididas en el fallo o con las que éste no guarde una inmediata o directa relación de causalidad, pues, de otro modo, no solo se vulnerarían las normas legales que regulan la ejecución sino que podría resultar menoscabado, asimismo el derecho a a la tutela judicial efectiva de las partes procesales o de terceros". B) Que "esto no puede interpretarse restrictivamente, sino más bien a favor de una ejecución satisfactoria, con lo que se quiere decir, en suma, que el Juez de la ejecución ha de apurar siempre, en virtud del principio pro actione, del de economía procesal y, en definitiva, de su deber primario de tutela, la posibilidad de realización completa del fallo, infiriendo de él todas sus naturales consecuencias en relación con la causa petendi, es decir, de los hechos debatidos y de los argumentos jurídicos de las partes que, aunque no pasan literalmente al fallo, como es lógico, sí constituyen base para su admisión o rechazo por el Juzgador y, por ello, fundamento de su fallo, del cual operan como causas determinantes". C) Que "no se puedan ampliar en fase de ejecución de sentencia los términos del debate o hacerse otras pretensiones distintas ampliando indebidamente el contenido de la ejecución de sentencia, los términos del debate o hacerse otras pretensiones distintas ampliando indebidamente el contenido de la ejecución". D) En definitiva, la ejecución "simplemente implica que la interpretación y aplicación del fallo de la sentencia no ha de ser estrictamente literal, sino finalista y en armonía con todo lo que constituye la sentencia". ( ss. 125 e 167/87, 148/89 e 120/91 ).
Pois ben, volcando os anteriores criterios sobre o caso axuizado, e para unha correcta e acabada satisfacción da sentenza executoria, debemos proclamar: A) Que o dereito que ostenta, en realidade, a asociación demandada, consiste, segundo consta documentado, nun dereito de superficie sobre os terreos cedidos a esa ultima pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Cristobal de Candeán, en virtude da escritura autorizada polo Notario que foi de Vigo, D. Santiago Botas Prego,de data 23 de decembro de 1.998 . B) Que como consecuencia desa titularidade da asociación demandada, e agora en trance de executada, dun dereito de superficie sobre unha porción de monte comunal, con destino exclusivo á construcción dun cemiterio, e en virtude do elemental postulado de que ninguén pode transmitir a outro maís dereitos dos que teña, a cesión da executada ó executante, operada en virtude da sentenza executoria, ten que circunscribirse forzosa e estrictamente a aquel dereito. C) Que, conseguintemente, ese dereito de superfice comprende as facultades propias deste instituto, agora transmitidas ao executante, que debe realizar, naturalmente, dentro dun contexto, tanto de espazo, a concretar, segundo a propia executoria, en catro nichos individualizados, como de tempo, ao non poder ir efectivamente o dereito do executante máis aló do límite temporal proclamado na cesión realizada primixeniamente pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Cristobal de Candeán a prol da asociación demandada. D) Que como corolario de todo os razoamentos anteriores, non semella conforme aos mesmos nin, en último temo, co sentir da executoria -que é o que na cerna importa-, que a escritura notarial a outorgar encorsete temporalmente o dereito en discusión coa frase "por un prazo de remata o día 23 de decembro de dous mil vinte e oito, data na que remata a concesión do dereito de superficie...", dado que con esa declaración se podía sembrar a dúbida -cos conseguintes desencontros posteriores entre as partes, nada novidosos certamente- sobre se estaba excluir, incondicionalmente e sen excepcións, a eventualiade de prórroga dese dereito, eventualidade que aparece máis que probable, non só pola finalidade última, exclusiva e excluinte -enterramentos- do dereito de superficie, senón tamén porque así cabe colexir doutros títulos outorgados a favor de membros da asociación executada, títulos nos que fálase en efecto dos dereitos de enterramento "por tempo indefinido" (folio 138). E) Que as reflexións anteriores non se poden ver desvirtuadas pola tese sustentada pola executada no seu escrito de oposición ao recurso de apelación, no senso de que esa duración indefinida tan só é predicable dos membros da asociaición, máis non dos que, como o executante, deixaron de pertecer voluntariamenta a ela, pois esa distinción discriminatoria non se colixe en absoluto da sentenza executoria, sen que, derradeiramente, poda servir de fundamento a ese tratamento temporal diferenciado o feito, por igual predicado pola executada, de que o executante non contribúe aos gastos derivados do sostemento do cemiterio, pois de ser certa esta afirmación, a mesma dará lugar, no seu cao, ao exercicio por parte da executada dos dereitos correspondentes, pero non pode implicar a imposición, unilateral pola asociación e ab initio, dun prazo concreto, expirado o cal ficaría entón extinguido o dereito do executante, esquecéndose deste xeito a posibilidade de prórroga ou prórrogas, denegación deste beneficio que non se contempla en absoluto para o executante na sentenza executoria, nin na súa literalidade, nin na súa racionalidade.
Procede entón estimar o recurso de apelación parcialmente, no senso de que a escritura pública a outorgar entre os contendentes non debe conter aquela referencia temporal concreta de extinción. Contrariamente, a estimación non pode facerse extensiva á mención de carácter "permanente" -no sentido, entendemos, pretendido pola parte, de perpetuo-, tal como interesa o recorrente, dado que, en último termo, ademáis de que non temos constancia certa desa condición, a mesma aparece como incompatíbel coa natureza mesma dos montes sobre os que recae a cesión e, en fin, coa propia figura da superficie.
Cuarto: Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada ante a acollida parcial do recurso de apelación ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Con estimación parcial do recurso de apelación formulado por D. Daniel representado pola Procuradora Srs. Toucedo Guisande contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 7 de Vigo o día 13 de abril de 2010 , decidimos que a escritura notarial a outorgar entre as partes executante e executada non debe conter a mención de que os dereitos de enterramento se ceden "por un prazo que remata o día 23 de decembro de dous mil vinte e oito". Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais da primeira instancia nin sobre as desta alzada.
Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, informándoas de que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Así, por éste auto, acórdano, mándano e asínano os maxistrados que o encabeza. Dou fe.
