Última revisión
16/12/2011
Auto Civil Nº 298/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4164/2010 de 16 de Diciembre de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 16 de Diciembre de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 298/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011200188
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1502A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
AUTO: 00298/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N10300
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
L25618F4
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2009 0009100
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0004164 /2010
Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 10 de VIGO
Procedimiento de origen: EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0000810 /2009
Apelante: LA ESTRELLA SA
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: LAURA FERNANDEZ PEREZ
Apelado: Lourdes
Procurador: GLORIA QUINTAS RODRIGUEZ
Abogado: ADOLFO QUIROS ECHEGARAY
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
o seguinte
AUTO Nº 298/11
Vigo dezaseis de decembro de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do , procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. ós que correspondeu o rolo , nos que aparece como parte apelante e executada SEGUROS LA ESTRELLA S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª LAURA FERNÁNDEZ PÉREZ. Como parte apelada e ejecutante Dª Lourdes representada polo/a procurador/a D./D.ª GLORIA QUINTAS RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ADOLFO QUIRÓS ECHEGARAY.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo , quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia nº 10 de Vigo, con data do 24 de febreiro de 2010 , ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:
"ESTIMANDO LA OPOSICIÓN basada en plus petición formulada por la aseguradora LA ESTRELLA A LA EJECUCIÓN despachada a instancia de Dª Lourdes , SE ACUERDA seguir adelante con la ejecución despachada fijando en 11.940,12 ? el principal.
Se impone el pago de las costas a la parte ejecutada."
Segundo : Contra o dito auto, D/Dª Jose V. Gil Tránchez, en representación de SEGUROS LAS ESTRELLA SA, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC ).
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Tendo a executante a condición de condutora dun dos dous vehículo implicados no sinistro, esa cualidade impide que podan entrar en xogo os criterios -inversión da carga da proba, socialización do dano...- que tenden obxectivizar a responsabilidade civil extracontractual ou aquiliana, derivada dun accidente de tráfico. Ou por decilo doutro xeito, a intervención activa na circulación do condutor priva a este da cualidade estricta de vítimas, non gozando entón da protección apriorística que a lei outorga a estas últimas. Así, a s. do T. S. de data 28-5-90 proclama que a teoría da responsabilidade obxectiva ou por risco "resulta incompatible con aquellos supuestos de mutua o recíproca colisión de vehículos de motor, con imposibilidad de determinar a cuál de los conductores cabe atribuir la culpabilidad del accidente, como causa eficiente del mismo". Ou a de 17-6- 96 , ao dispor que "es doctrina pacífica y constante derivada de la jurisprudencia de esta Sala, la que establece de una manera llana, que la inversión de la carga de la prueba no opera en los casos de accidentes de circulación por colisión de vehículos, al encontrarse los conductores en la misma situación y anularse las consecuencias de tal inversión probatoria". No mesmo senso, di a s. de 20-12-97 que "la inversión de la carga de la prueba no opera en los accidentes de circulación por colisión de vehículos y resultado de daños materiales". Ou, finalmente, a s. de 1-4-98, que declara que "la posición cuasi objetiva e inversora de la carga de la prueba , que impera en el espacio de la culpa extracontractual, no rige si el reclamante, o la persona por cuyo fallecimiento se acciona, ha intervenido en el evento e incidido en la relación causal , pues en este supuesto las partes ocupan una situación a acreditar de acuerdo con las líneas generales del "onus probandi", que fija el art. 1214 CC ".
Por outra banda, esa carga se extende igualmente, e con maior razón, á acreditación das consecuencias danosas, persoais e nos bens, derivadas do sinistro. En definitiva, a parte demandante ten que facer unha proba clara , cumprida e cabal dos danos e prexuizos que sostén padecidos.
Segundo : Partindo de estas coordenadas analizamos agora os distintos motivos de discrepancia da compañía de seguros demandada, e hoxe apelante , coa resolución ditada en primeira instancia.
As dúas primeiras invocacións da parte recorrente, de culpa exclusiva da vítima e de concorrencia de culpas, non se acollen pois do acervo probatorio que obra en autos inferimos que a culpa do sinistro é achacable ao condutor do camión, ao facer un cambio de carril, do máis interior da rotonda ao máis exterior, pechando así o paso preferente do turismo que xa marchaba por este último carril. O feito de cambio de carril o coleximos das declaracións da testemuña, o axente da Policía Local, nunha conclusión que compartimos , e mesmo das declaracións do propio condutor do camión, recoñecendo ao ser interrogado como testemuña que "el coche estaba no carril dereito" ou que "o coche se tiña incorporado polo carril dereito" ainda que engada que "ía diante a mitade do trailer". En elocuente expresión do axente policial "o ideal -e dilixente e regulamentario, engadimos nós- era deixar ou esperar a que quedara libre o carril exterior".
Terceiro : A recorrente nega a causalidade entre o sinistro e as lesións nos dous ombreiros. A alegación da parte debe estimarse ao non xustificar adecuadamente a apelada -como lle incumbía- ese nexo causal, sendo insuficiente a este respecto o informe rendido pola Médico Forense, dado que ademáis de carecer do todo refrendo no acto do xuizo, non aparece acompañado da documentación clínica referida á historia da paciente, nin das probas ecográficas e de resonancia magnética, estas últimas decisivas como de seguido expoñemos , proba documental que non aporta, en último termo, a parte demandante. E se a iso engadimos o ditame pericial -único- prestado polo Dr. Juan Miguel, que nega a causalidade en discusión, a consecuencia non pode ser outra que a de descartar ese nexo causal.
En efecto , o Don. Juan Miguel, que fixo un seguimento da lesionada -a instancia da compañía de seguros- , relata unha serie de datos e circunstancias que o levan a rexeitar que a etioloxía do padecimento se atope no sinistro de lite: A) En primeiro termo, nos atopamos coas características do propio impacto, liviá e de xeito lateral, con roces entre os dous vehículos, e con un cativo desprazamento do turismo. A escasa entidade do suceso, engadido a que non hai a máis mínima constancia de que houbera un golpe traumático no corpo da actora, inducen a negar xa inicialmente esa etioloxía. B) En segundo lugar, a demandante revela esa patoloxía sobre desezasete días despois do accidente, e nos dous ombreiros. C) Finalmente , e o que é máis importante e decisivo, as probas obxectivas de resonancia magnética e ecográficas poñen de manifesto un proceso dexenerativo nos dous ombros da lesionada, sen revelación ningunha dunha rotura recente e traumática. Ante estes factores o perito descarta a causalidade , opinión da que nos facemos partícipes. Conseguintemente , a secuela de ombreiro dooroso non a apreciamos.
E rexeitada a causalidade entre o accidente e a anterior doenza, debemos igualmente revisar os días de curación pola escordadura cervical, para a que reseñamos o tempo de curación de 109 días, sendo os trinta primeiros impeditivos para o traballo , dado que a pericia prestada polo Don. Juan Miguel sinala que a estabilidade lesional se acada o día 21 de xullo de 2008. Pois ben polos días impeditivos lle corresponden 1.574 ,10 euros, e polos non impeditivos 2.232,54 euros. Total 3.806,64 euros.
Cuarto : Cuestiona a apelante os gastos de desprazamento en taxi, que considera innecesarios, ao existir medio de transporte público menos custoso, e, en todo caso, excesivos. O motivo do recurso debe aceptarse en parte pois: A) Non se proba que exista un medio alternativo que se acomode ao punto de residencia da actora para desprazarse ao centro médico. Contrariamente , a testemuña taxista manifesta que a lesionada vivía lonxe da estrada. B) As viaxes atopan unha parte da súa xustificación, obviamente, no padecimento dos ombreiros, que descartamos, tal como quedou exposto. C) Conseguintemente , e a falta de outros datos, sinalamos por este concepto a suma de 1.353 euros, cantidade que calculamos, por unha banda, en proporción entre os días de curación (179) que se propugnan pola demandante , e os días de curación que damos por probados (109), e por outra, polo custe medio , de 20 ,50 euros, por cada viaxe.
As indemnnizacións que corresponden definitivamente son entón: 3.806,64 euros polos días de curación. 1.353 euros polos gastos de taxi. 2.468,92 euros polos danos materiais. 160,35 euros polos gastos de farmacia. Total , 7.788,91 euros.
Segundo : A acollida parcial do recurso de apelación e da oposición á execución nos leva a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español ,
Fallo
Con estimación parcial do recurso de apelación formulado por SEGUROS LA ESTRELLA S.A. representado polo procurador Sr. Gil Tránchez contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 10 de Vigo o día 24 de febrero de 2010, mandamos seguir adiante coa execución despachada pola suma de 7.788,91 euros de principal. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 , do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño , da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles esta Resolución ás partes, informándoas de que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
