Auto Civil Nº 47/2009, Au...zo de 2009

Última revisión
05/03/2009

Auto Civil Nº 47/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4267/2007 de 05 de Marzo de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 05 de Marzo de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 47/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009200098

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1450A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00047/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE

PONTEVEDRA

Sección 006

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

Modelo : AUT01

N.I.G.: 36038 37 1 2007 0600820

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004267 /2007

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 9 de VIGO

Procedimiento de origen : MEDIDAS CAUTELARES COETANEAS 0000516 /2007

RECURRENTE : Virgilio , Esther

Procurador/a : MONTSERRAT BARRERAS GONZÁLEZ, MONTSERRAT BARRERAS GONZÁLEZ

Letrado/a : AITOR IBARRA CEBADERO, AITOR IBARRA CEBADERO

RECURRIDO/A : CREDITSERVICES, S.A., MERCONVIGO, S.L.

Procurador/a : JOSE A. FANDIÑO CARNERO, JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ

Letrado/a : MARIA JOSE MONSERRAT BADIA, JOSE DANIEL CUADRADO RAMOS

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO NUM. 47/09

En Vigo, a cinco de marzo de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Medidas Cautelares Coetaneas 516/07, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 4267/2007, nos que aparece como parte apelante- demandante D. Virgilio y Dª Esther , representada polo/a procurador/a D./D.ª Monserrat Barreras González e asistida do/da letrado/a D./D.ª Aitor Ibarra Cebadero, e como parte contra a que se apela e demandada CREDITSERVICES,S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida polo/a letrado/a D./D.ª María José Monserrat Badia e como apelada- demandada MERCONVIGO, S.L, represenada polo procurador D. José V. Gil Tranchez e asistido do letrado D. Daniel Cuadrado Ramos. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 20/6/2007, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva: "Que debía estimar y estimo la solicitud de la medida cautelar solicitada y, por ende, adoptar la anotación preventiva de la demanda en el Registro de la Propiedad de Ponteareas, Finca Registral número NUM000 , al Tomo NUM001 , Libro NUM002 de Ponteareas, Folio NUM003 , previa prestación de caución ( de cualquier clase con exclusión de la personal) por impote de 10.000 euros en el plazo de cinco días."

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Monserrat Barreras González., en representación de D./D.ª Virgilio y Dª Esther , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro.- Unha puntualización previa temos que realizar: O recurso da parte solicitante das medidas cautelares debe entenderse limitado á cuantía da caución que a resolución recorrida lle impón, de dez mil euros, e que este contendente insta que sexa rebaixada e cincocentos euros tan só. Contrariamente, debe quedar á marxe desta apelación as outras peticións, formuladas no escrito de promoción propiamente dita do recurso, pois non foron oportuna e preclusivamente anunciadas no precedente escrito, da sua preparación.

Feita a anterior advertencia, e non discutidos realmente os presupostos, do fumus boni iuris e do periculum in mora, que levaron ao xulgador a quo a decretala medida cautelar de anotación preventiva da demanda, na que se interesa -dito sinteticamente- a nulidade dun préstamo por usura, medida cautelar que foi en fin outorgada, a controversia desta alzada queda simplemente circunscrita ao quantum, de dez mil euros, que como contracautela veu exixilo órgano xudicial da parte demandante, cuantía para cuxa determinación a Lei Procesual (en esencia, artºs. 728. 3 e 737 ) establece como criterio esencial, e case único, o dos danos e prexuizos que a adopción da medida concreta de que esteamos tratar poda causar ao patrimonio da parte demandada, ante a eventualidade de que a pretensión do actor sexa rexeitada, cuantía da caución que está entón tamén en fonda e inseparable relación coa propia natureza da medida cautelar demandada, dado que nunha orde natural de sucedelas cousas, canto mais traumática e restrictiva dos dereitos do demandado sexa a medida que se adopta, maiores serán loxicamente os prexuizos por el padecidos.

Pois ben, partindo deses criterios, e tendo en conta que a cautela adoptada, de anotación preventiva de demanda, representa menores efectos negativos para o demandado que outras (por exemplo, o embargamento preventivo de bens, ou o depósito de bens mobles, que limitan notablemente a disponibilidade sobre os mesmos), debemos sinalalas seguintes circunstancias para acertar na ponderación da caución de lite.

Un feito é esencial de destacar é de tomar en consideración: A vivenda obxeto de anotación preventiva non pertece en propiedade á parte demandada, senón aos actores, sen prexuizo do claro interese destes últimos respecto dese ben, ao estar gravado o mesmo con unha hipoteca constituida en garantía dun préstamo outorgado pola agora demandada a prol dos demandantes -os que son a sua vez demandados por aquela noutro procedimento de execución hipotecaria-. Como acertadamente salienta a resolución recorrida, o prexuizo que poda padecela prestamista demandada (contra da que se promove a presente demanda de nulidade do préstamo hipotecario) radicaría, non na perda da propiedade do ben, e das suas facultades dominicais, que non lle corresponden, como sinalamos, senón na disminución de valor que poda experimentala vivenda nunha eventual subasta do mesmo, por mor da publicidade negativa derivada da anotación preventiva daquela demanda de nulidade do préstamo, e todo iso co doble condicionante, de que, por unha banda, chegue a triunfala reclamación da prestamista, e, por outra, de que fracase a pretensión de nulidade do préstamo, interesada polos prestatarios.

Abundando no dito, o prexuizo que eventualmente pode padecela prestamista demandada estribaría en que non podera realizala integridade do préstamo -comprensivo de principal, xuros, gastos...- como consecuencia de que o prezo obtido pola subasta da vivenda non alcanzase esa suma global. Ou por decilo doutro xeito, consistiría na diferencia entre o adebedado e o obtido nese venda. Circunstancia que ven conseguintemente a por de relevo que para facer esa obrigada comparativa temos que atender ao valor real da vivenda, pois se o mesmo cubrira folgadamente a débeda, ainda na versión máis optimista ou maior, sostida pola prestamista, o prexuizo sería inexistente ou mínimo, pois a disminución de valor do ben subastado pola anotación rexistarl da demanda reitora deste preito non impediría -insistimos- a realización do préstamo.

Pois ben, e dunha parte, nos atopamos con que a suma total reclamada pola prestamista no proceso hipotecario ronda os oitenta mil euros, ainda que na versión dos prestatarios xiraría sobre os sesenta mil (se descontamos os vinte mil euros de menos recibidos, na tese destes últimos). E doutra, na escritura pública de préstamo con garantía hipotecaria de data 22 de novembro de 2.006 se taxa a vivenda aos efectos da subasta en cen mil euros, mentres que segundo taxación presentada polos actores o seu valor é de cento setenta mil euros.

A conclusión a deducir das duas anteriores premisas, da débeda, e do valor do ben hipotecado, é a de que ainda na hipótese máis favorábel á parte prestataria - de que se rexeite a actual demanda de nulidade do préstamo, e se estime a demanda de execución hipotecaria na cuantía interesada pola prestamista-, a realización do préstamo sobre o ben hipotecado quedaría practicamente colmada por moito que disminuira o valor da vivenda polo feito da anotación. Por iso, sinalamos como caución ponderada para cubrilos prexuizos a cifra de mil cincocentos euros.

Segundo.- A acollida do recurso nos conduce a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Acolléndose en parte o recurso de apelación formulado por D. Virgilio y Dña Esther , representados pola procuradora Dña Monserrat Barreras González contra do auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 9 de Vigo o día 20/6/07 , establecemos a caución en mil cincocentos euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.