Auto Civil Nº 50/2009, Au...zo de 2009

Última revisión
06/03/2009

Auto Civil Nº 50/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4303/2007 de 06 de Marzo de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 06 de Marzo de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 50/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009200099

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1454A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00050/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE

PONTEVEDRA

Sección 006

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

Modelo : AUT01

N.I.G.: 36038 37 1 2007 0600926

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004303 /2007

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 13 de VIGO

Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0001135 /2006

RECURRENTE : Francisco

Procurador/a : FELIX HOMBRIA GESTOSO

Letrado/a : EVA MARIA MAURICIO GARCIA

RECURRIDO/A : COM. PROP. C/ DIRECCION000 , NUM000 - VIGO

Procurador/a : GISELA ALVAREZ VAZQUEZ

Letrado/a : MARIA JESUS SARABIA GARCIA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 50/09

En Vigo, a seis de marzo de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Execución de Títulos Xudiciais nº 1135/06, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 4303/07, nos que aparece como parte apelante demandado D./D.ª Francisco , representada polo/a procurador/a D./D.ª FELIX HOMBRIA GESTOSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª EVA Mª MAURICIO GARCÍA, e como parte contra a que se apela e demandante COMUNIDADE DE PROPIETARIOS C/ DIRECCION000 , NUM000 DE VIGO, representada polo/a procurador/a D./D.ª GISELA ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida polo/a letrado/a D./D.ª Mº JESÚS SARABIA GARCÍA. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 28 de xuño de 2007, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Se desestima la nulidad de actuaciones solicitada por el Procurador D. Félix Hombría Gestoso en nombre de D. Francisco contra el auto de fecha veinte de Noviembre del dos mil seis , y las actuaciones posteriores. Se manda seguir adelante con la ejecución despachada por auto de fecha veintinueve de diciembre del dos mil seis . No ha lugar a imponer castos debiendo cada parte satisfacer las suyas propias y las comunes por mitad.

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Félix Hombría Gestoso, en representación de D./D.ª Francisco , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A Sala acorda acollela petición da parte recorrente, interesando a nulidade de actuacións, ao non terse agotado por parte do xulgado de instancia os medios que a lei procesual lle otorga para os actos de comunicación coas partes, que neste caso viña referido a notificar ao demandado a dilixencia de ordeación do Secretario do Xulgado, pola que se daba traslado aos contendentes da taxación de custas practicada, para que poderan impugnala.

Partindo do feito, que os litiganes non discuten, de que o demandado tiña o seu domicilio, habitual, fixo e coñecido, na rúa Colombia, nº 23-1º, desta cidade de Vigo, o que ven resultar do testemuño unido á causa é que o órgano xudicial procedeu a notificala taxación de custas ao interesado por medio de edictos, sen utilizar antes outros remedios legais alternativos de comunicación coa parte, ordinariamente máis seguros e existosos que a notificación edictal.

En efecto, e por unha banda, as duas dilixencias de notificación que obran nos autos adolecen de certas deficiencias ou carencias, tales como a falta de expresión da hora na que se intentan devanditas dilixencias no domicilio do demandado, ou a omisión tamén da forma de deixar aviso para que compareza no Servizo Común de Notificacións e Embargos (por debaixo da porta da vivenda, a un terceiro...). E a pormenorización destas elementais circunstancias semellan obrigadas para que este tribunal poda formar convicción razoada, e tomar postura fundada sobre a regularidade e idoneidade daqueles actos procesuais do órgano xudicial e, en definitiva, sobre se xerouse a oportunidade real de que a notificación da taxación podera chegar efectivamente a coñecemento do interesado, sendo entón a actitude indilixente deste a única causa do prexuizo que agora está alegar, e que non merecería conseguintemente ser reparado, ante ese comportamento cheo de pasividade e incuria.

Máis é que, en segundo termo, tampouco o Xulgado de Primeira Instancia, ante as dificultades efectivamente observadas para atopar no seu domicilio, coñecido e non modificado -insistimos- ó demandado, acodiu aos outros instrumentos de comunicación previstos no artº 161. 3 da Lei de Axuizar , ora nese domicilio, que ao parecer constitúe a morada do interesado, ora noutros domicilios alternativos, como, por exemplo, o de seu lugar de traballo, tal como dispón aquela Norma, antes de proceder a utilizalo remedio último da notificación por edictos. E todo iso baixo o prisma dos postulados da tutela xudicial efectiva e da interdicción da indefensión, proclamados polo artº 24. 1 da Constitución , ou por utilizalo razoamento da s. do Tribunal Constitucional de data 31-3-81, coa finalidade de garantizar "el derecho a acceder al proceso y a los recursos legalmente establecidos en condiciones de poder ser oído y ejercer la defensa de los derechos e intereses legítimos en un procedimiento en el que se respeten los principios de bilateralidad, contradicción e igualdad de armas procesales»

En resumo, e por recorrir aos criterios sentados polo Tribunal Cosntitucional na sua recente s. de 7-7-2.008: A) Debe destacarse "la preeminencia del emplazamiento personal -en sus diversas formas- frente al realizado por edictos, de tal modo que esta segunda forma de comunicación, si bien válida constitucionalmente, se concibe en todo caso como un remedio último al que sólo debe acudirse una vez efectuado «no sólo el agotamiento previo de las otras modalidades de más garantía y la constancia formal de haberse intentado practicarlas, sino también que el acuerdo o resolución judicial de tener a la parte como persona en ignorado paradero o de domicilio desconocido, presupuesto de la citación por edictos, se halle fundada en criterio de razonabilidad que lleve a la convicción o certeza de la inutilidad de aquellos otros medios normales de comunicación». B) A indefensión causada pola falta de emplazamento persoal "ha de ser no solo formal sino también material, para alcanzar relevancia constitucional". C) Conseguintemente, o T. C. ven a rexeitala procedencia do amparo constitucional "cuando la realidad de haberse quedado a espaldas del proceso, responda a circunstancias imputables al propio justiciable. Circunstancias que a su vez hemos definido como de dos tipos: «que el denunciante se hubiera situado al margen del litigio por razón de una actitud pasiva con el objetivo de obtener una ventaja de esa marginación, o que se hubiera acreditado un conocimiento extraprocesal de la existencia del proceso al que no fue llamado personalmente... conocimiento extraprocesal que excluye la indefensión sencillamente porque hay conocimiento y porque, por consiguiente, no ha existido imposibilidad de defensa". Pois ben, no caso axuizado, nin semella que o xulgado agotara todolos medios de comunicación precedentes ao subsidiario dos edictos, tal como quedou dito, nin menos ainda observamos que o agora apelante tivera coñecemento de seguirse contra del o procedimento de taxación de custas, tal como interesada e inconsistentemente mantén a a parte recorrida.

Segundo: A acollida do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Con estimación do recurso de apelación formulado polo Procurador Sr. Félix Hombría Gestoso en nome e representación de Francisco contra do auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 13 de Vigo o día 28 de xuño de 2007 , decretamos a nulidade de actuacións interesada, referida á taxación de custas, comprendendo a nulidade o auto de data 26 de novembro de 2.006 , debendo procederse polo Xulgado de Primeira Instancia a intentala notificación da dilixencia de ordeación da práctica da taxación por todolos medios que a Lei Procesual dispón. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta incidencia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística .

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.